Escoitando ás neuronas


O doutor en Bioloxía, Xurxo Mariño nunha charla para TEDxGalicia

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Por que o azucre é tan adictivo?


Publicado en 3. Saúde e calidade de vida | Etiquetado , | Deixa un comentario

Nobel Medicina 2015

A Real Academia de Ciencias de Suecia da a coñecer o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina de 2015, outorgado a William C. Campbell, Satoshi Ōmura y Youyou Tu polas súas contribucións no desenvolvemento de terapias contra a malaria e infeccións parasitarias como a elefantiase.

As enfermidades causadas por parásitos, segundo sinalou a Fundación Alfred Nobel, convertéronse nunha praga para a humanidade durante miles de anos, o que supuxo un grave problema de saúde pública. En particular, as infeccións causadas por parásitos afectaron especialmente ás rexións máis pobres do planeta, polo que esste premio recoñece o esforzo destes tres investigadores para desenvolver tratamentos eficaces contra estas enfermidades.

William C. Campbell e Satoshi Ōmura lograron producir a avermectina, un composto a partir do cal se obtiveron fármacos derivados (como a ivermectina) que reduciron significativamente a prevalencia de patoloxías como a cegueira dos ríos ou a filariasis linfática. Ōmura estudou microorganismos do chan da especie Streptomyces e seleccionou os cincuenta cultivos máis prometedores. A partir deles, Campbell purificó un axente bioactivo que resultou efectivo contra os trastornos provocados por este tipo de parásitos.

O estudo de Youyou Tu permitiu a fabricación da artemisina, un axente efectivo contra a malaria. Como sinalaron durante a rolda de prensa, o desenvolvemento deste fármaco mellorou a vida de 3.400 millóns de persoas en rexións endémicas de malaria, salvando a vida a máis de 450.000 persoas, principalmente nenos.

Inspirada pola medicina  tradicional chinesa, Tu aplicou o método científico para achar un composto activo contra a malaria na planta Artemisia annua. A primeira investigación foi errada, con todo, no segundo intento logrou illar a artemisina, un axente antimalárico capaz de acabar co parásito do xénero Plasmodium, tanto nos modelos animais estudados como nas persoas afectadas. Un éxito que mostra a importancia de recuperar a medicina tradicional e analizala desde a perspectiva científica.

Máis información

Publicado en 1. Ciencia e sociedade, 1. Mulleres e ciencia, 1. O traballo científico, 3. Enfermidades infecciosas, 3. Saúde e calidade de vida | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario

Carbono 14


Os vídeos de Ciencia Express presentan de forma breve e divertida ideas fundamentais da ciencia. Están realizados por Mikel Ramírez (animación) con guións de Enrique Borja para a Cátedra de Cultura Científica da UPV.

 

Publicado en 1. O traballo científico | Etiquetado , | Deixa un comentario

O 29 de setembro, é o aniversario de Cervantes. Vota pola súa estrela.

Estímase que existen decenas de miles de millóns de planetas só na nosa Galaxia, a Vía Láctea. Ata agora descubríronse 1958 planetas ao redor de estrelas distintas ao Sol. Coñécense 1241 sistemas planetarios, dos que 488 son sistemas múltiples (unha estrela con dous planetas o máis).

Como nomeamos aos exoplanetas? Case no 100% dos casos os exoplanetas desígnanse con números e letras  de catálogos, como Kepler-88b ou OGLE-2015-BLG-0966-b. Difícil de lembrar e pouco imaxinativo. Por ese motivo a Unión Astronómica Internacional (IAU en inglés) en agosto de 2015, lanzou o proxecto  NameExoWorlds para que sexamos os  cidadáns os que demos nome  a 20 sistemas planetarios.

 Para iso,  hai que acceder á seguinte páxina:

http://nameexoworlds.iau.org/

Un  destes  vinte sistemas planetarios aos que a IAU propón dar nome propio é o que se atopa na estrela mu (μ) Arae. Mu Arae é unha estrela parecida ao Sol. Está a pouco máis de 50 anos luz de nós, proxectada sobre a constelación austral  Ara. Mu Arae é algo máis vella que o noso Sol (uns 6340 millóns de anos), posúe un 10% máis de masa e é 90% máis luminosa. Desde hai tempo sábese que posúe 4 planetas ao seu ao redor, só designados (por agora) como mu Arae b, c, d e e.

 A comunidade astrofísica española, coordinada pola Sociedade Española de Astronomía (SEA) e apoiada polo Instituto Cervantes está a promover a iniciativa do Planetario de Pamplona, que suxeriu á IAU que a estrela mu Arae e os seus  planetas recibisen os nomes de Cervantes (para a estrela) e os das personaxes principais de “El Quijote” para os planetas. Así, a iniciativa de #YoEstrellaCervantes propón que os planetas ao redor da estrela Cervantes (mu Arae) pasen a chamarse Quijote (mu Arae b), Dulcinea (mu Arae c), Rocinante (mu Arae d) e Sancho (mu Arae e).

Podes emitir o teu voto indo a:

http://nameexoworlds.iau.org/systems/106

e votando pola opción de Cervantes.

máis información

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Por que hai vida na Terra?


 

Cinco razones:

1.- A Terra esta á distancia adecuada do Sol, formouse na denominada zona habitable do sistema solar.

2.- A formación do núcleo magnético orixinou unha magnetosfera que protexe á Terra do vento solar e dos raios cósmicos.

3.- A Terra se enfria e os gases quedan atrapados pola gravedade formandose a Atmósfera.

4.- O vapor de auga condénsase e se derrite o xeo achegado polos cometas. Nos océanos primitivos hai vida microscópica.

5.- Nos océanos as cianobacterias realizan a fotosíntese formadora do oxíseno.

 

Publicado en 2. Evolución, 2. Orixe da vida, 2. Sistema Solar | Etiquetado , , | Deixa un comentario

A incertidumbre do coñecemento


En 1981  Richard Feynman, premio Nobel de Física en 1965,  foi entrevistado pola BBC.

“Explora o mundo. Practicamente todo ao noso ao redor é realmente interesante, se o observas profundamente. Traballa duro e canto poidas nas cousas que máis che gusta facer. Non penses no que queres ser, senón o que ti queres facer”.

Publicado en 1. Ciencia e sociedade, 1. O traballo científico | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Unha cuestión de expectativas


Publicado en 1. Ciencia e sociedade, 1. Mulleres e ciencia | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Que é a vida?


Para pensar

Publicado o 2 de xullo en Scentia

Publicado en 2. Orixe da vida, Sen categorizar | Etiquetado , , | Deixa un comentario

O noso instituto é finalista!

FWS_200x200

A Plataforma Proyecta pon en marcha unha nova edición do concurso “Proyecta Innovación” co obxectivo de identificar e facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TIC en centros escolares galegos.

De todos os proxectos presentados ao concurso, o xurado seleccionou  dez. E un deles é o noso proxecto;

 “Obradoiro de video interactivo”

Con este proxecto propoñémonos traballar co alumnado a través da app TouchCast e empregando tablets como ferramentas TIC. Poderán así realizar vídeos interactivos e inmersivos presentando a información en diferentes capas e formatos: vídeo, imaxe, texto, hipertexto, botóns sociais, hotspots…

O aplicaremos sobre conceptos da programación de xeito transversal, colaborativo, creativo e manexando tecnoloxía motivadora.

Leer máis


para o vídeo interactivo tedes aquí o link

Publicado en 1. Ciencia e sociedade, Xeral | Etiquetado , , | Deixa un comentario