Os Odiadores

As redes sociais revolucionaron todos os nosos hábitos comunicativos. As interaccións gañaron en intimidade e capacidade de difusión. Agora podemos traspasar as fronteiras e contactar con calquera, sen importar o lexos que se encontre. Sen embargo, esta revolución tamén trouxo consigo consecuencias negativas, como a rápida difusión de noticias falsas, a adicción ás redes sociais, e o ciberacoso, en moitos casos exercido por “haters”.

Resultado de imagen para hater

A palabra “hater” tamén coñecida en galego coma “odiador” fai referencia a un termo empregado en Internet para denominar aos usuarios da rede que difaman, desprecian ou critican destructivamente a unha persoa, entidade, obra, produto ou concepto determinado, en base a causas pouco racionais ou tan so polo acto de difamar.

Xa dende a antigüidade existe a figura do odiador. Persoas de grande importancia pública, coma músicos, arquitectos, filósofos, etc… que normalmente atraían a admiración da comunidade, tamén recibían odio e desprezo de determinadas persoas. Estas persoas buscaban destruir a reputación e o valor que a comunidade lles outorgaba a aquelas figuras.

Resultado de imagen para hater

Cal é o motivo deste fenómeno? Moitos cren que os odiadores buscan ser escoitados e temidos, e para iso empregan comportamentos deseñados estratéxicamente para chamar a atención, rompendo coas normas convencionais de comportamento civil, de respeto e bondade; ademáis, o aparente anonimato que lles proporciona a rede apórtalles unha sensación de impunidade e tranquilidade que lles facilita a publicación destas manifestacións de odio. Noutros casos este desprezo xorde por motivos máis persoais, como a envexa, a frustración, sentimentos de inferioridade fronte aos demáis…

Nalgunhas ocasións, este tipo de ciberacoso pode chegar a constituir un delito penal, especialmente en casos nos que o abuso sexa especialmente agresivo ou reiterativo.

Esta entrada foi publicada en 7. A era dixital, Sen categorizar e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.