Santiago Ramón y Cajal

O 1 de mayo de 1852 na zona de Petilla en Aragón  naceu Santiago Felipe Ramón Cajal. Pasou toda a sua infancia vivindo en diferentes lugares sen quedar moito tempo nun sitio. En 1870 a sua familia se instala en Zaragoza e é ahi onde fai a carreira de medicina e a pesar de que él queria estudar algo relacionado coas arte plásticas seu pai obligoulle a estudar mediciana carreira que rematou en 1873.

Cajal retratob--644x362

Tras rematar a carreira tivo que ingresar no exercito obrigatoriamente. Os primeiros meses estivo en Zaragoza, pero despois de facer unhas oposicións, consegueu o posto de médico segundo no reximento de Burgos.

En 1874 é destinado a Cuba durante a “guerra dos dez anos”. O seu destino foi a enfermería de Vistahermosa un dos peores destinos posibles. Despois dunha convalecencia foi trasladado a enfermería de San Isidro. Solicitou a licencia para abadoar Cuba e foille concedida o 30 de maio de 1875 tras ser diagnosticado con caquexia (estado de extrema desnutrición, atrofia muscular, fatiga, debilidade e anorexia), declarandolle inutilizado en campaña.

Comezou o seu doutorado no ano 1875 e comprou seu primer microscopio cos poucos aforros que tiña. Axudaba tambén na consulta privada do seu pai. Doutorouse en Xunio de 1877, un ano despois e diagnosticado con tuberculosis. En 1885 estudou a epidemia de colera que houbo en Valencia.

Definido polo propio Santiago, o año 1888 foi o seu “ano cumbre”, debido ao descubrimento dos mecanismos que gobernan a morfoloxía e as conexión das celulas nerviosas da materia gris. O reflexou en  esquemas onde indicaba o sistema nervioso como un aglomerado independente de células

neurona-de-cajal

No ano 1901 logrou que o goberno creara un moderno Laboratorio de Investigacions Biolóxicas onde traballo ata o ano 1922 cando se xubilou.

Gañou o premio Nobel de medicina no ano 1906, xunto con Camillo Golgi, polo seu traballo sobre a estrutura do sistema nervioso.

O premio nobel de Ramón y Cajal, primeiro foi criticado por Ortega y Gasset dicindo que era unha vergoña para España, pero anos despois o tamén galardonado co  nobel Severo Ochoa dixo  que a investigación de medicina e bioloxía en España era moi escasa pero sen Ramón y Cajal tería sido nula.

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. O traballo científico e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.