Os científicos aseguran que poden aproximarse a esperanza de vida do ADN

O ácido desoxirribonucleico (ADN), é  un ácido nucleico que contén as instrucións xenéticas utilizadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os organismos vivos e algúns virus. Tamén é responsable da transmisión hereditaria. A función principal da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo de información para construír outros compoñentes de células, como proteínas e moléculas de ARN. Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados xenes,  as outras secuencias de ADN teñen fins estruturais ou participan na regulación do uso desta información xenética.

Resultado de imagen de adn

Un grupo de científicos da Universidade de Edimburgo aseguran que poden estimar se unha persoa ten unha esperanza de vida de 5 anos máis ca outra ao estudar o seu ADN.

Despois de estudar o ADN de máis de medio millón de persoas, científicos da Universidade de Edimburgo din que poden analizar o ADN de dúas persoas de calquera idade e predicir se un vai vivir máis que outro. Máis que estimar o número exacto de anos que vivirán, a partir dunha análise de ADN dan unha nota da esperanza de vida.

Ao analizar os xenes de máis de 500.000 doadores e comparalos coa idade á que morreron, foron capaces de identificar 12 partes do xenoma humano que parecen influír na esperanza de vida. Algúns xa se sabía que estaban asociados con Alzheimer ou enfermidades cardíacas, pero 5 deles foron identificados por primeira vez.

Cal é o obxectivo de predicir a esperanza de vida co ADN?

O que o científico buscou co estudo foi identificar xenes que aceleran o envellecemento, pero non o detectaron. Non obstante, as 5 novas partes asociadas coa esperanza de vida poderían servir de punto de partida para novas investigacións. Así, os investigadores tamén cren que no futuro pode someterse a unha proba e saber se é máis probable que teña unha vida máis longa que a media ou non. Non obstante, paga a pena preguntarse cal é a utilidade de ter esta información se non podemos modificala.


Fontes Empleadas–> Wikipedia.org , Futurism , YouTube , Blogs y Noticias.

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 3. Saúde e calidade de vida, Xeral e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.