Rosalind Franklin, a científica esquecida detrás do descubrimento da estrutura do ADN

En 1951, Rosalind Franklin comezou a traballar no que sería unha das investigacións científicas máis importantes do século XX e que levou a unha transformación da medicina moderna.

Tiña 30 anos cando Franklin tomou unha fotografía, coñecida como “Foto 51”, que foi clave para demostrar por primeira vez como debía ser a estrutura do ADN, que ata entón era un misterio. Pero a científica británica, que morreu de cancro de ovario en 1958 cando tiña 37 anos, nunca foi recoñecida co premio Nobel que os seus compañeiros recibiron, catro anos despois da súa morte.

Franklin estudou química na Universidade de Cambridge, traballou nun laboratorio en París da posguerra, e en 1951 comezou a traballar na Universidade Kings College de Londres como experta en cristalografía de raios X. A cristalografía de rayos X é unha técnica experimental para o estudo e o análise de materiais, baseada no fenómeno da difracción dos rayos X nos sólidos en estado cristalino.

rosalind

Rosalind Franklin comezou a experimentar con difracción de raios X para estudar a molécula de ADN e pouco despois fixo a emblemática “Foto 51” con Raymond Gosling, un estudante de doctorado que colaborou co seu departamento.

Pero ademais da fotografía, a científica rexistrou nos seus cadernos de laboratorio medicións precisas e observacións que serían decisivas para o avance da ciencia. Detallou, por exemplo, as distancias relativas dos diversos elementos repetitivos nunha molécula de ADN. Tamén observou detalles que suxeriron que a molécula de ADN consistía en dúas partes iguais e complementarias.

O que Franklin non sabía nesa ocasión é que o seu rival do departamento, Maurice Wilkins, compartiría en segredo con Watson os resultados da súa investigación.

Foi así que a “Foto 51” e os cálculos da científica convertéronse na peza clave do puzzle que faltaba a Watson e ao seu compañeiro investigador Francis Crick para formular a súa hipótese sobre o aspecto da estrutura do ADN. Así, grazas ao traballo de Franklin e as súas propias contribucións, os dous científicos da Universidade de Cambridge construíron o primeiro modelo correcto da molécula de ADN, cunha dobre hélice.

As conclusións de Crick e Watson publicáronse na revista Nature en 1953, nun estudo que se converteu nun punto de referencia para a ciencia porque alterou para sempre a lóxica da bioloxía. Franklin morreu de cancro cinco anos despois, aos 37 anos, sen saber ata que punto o traballo de Crick e Watson dependía da súa investigación.

rosalind 2

En 1962, Watson, Crick e Wilkins recibiron o Premio Nobel de Medicina pola súa investigación sobre a molécula de ADN. Nin Watson nin Crick mencionaron a Franklin nos seus discursos de aceptación e Wilkins fíxoo moi brevemente.

Se estivese viva, o comité Nobel tamén debería recoñecer a contribución de Rosalind Franklin á ciencia, xa que estaba no mesmo nivel que os seus compañeiros. Pero é difícil especular sobre o que podería ocorrer dadas as actitudes sexistas que aínda existen na ciencia como no resto da nosa sociedade, e aínda máis hai preto de 60 anos.

franklin05  typebphoto

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. Mulleres e ciencia, 1. O traballo científico, 9. Etica e ciencia e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta