As Vacinas

Unha vacina é unha preparación destinada a xerar inmunidade adquirida contra unha enfermidade estimulando a produción de anticorpos. Unha vacina contén típicamente un axente que se asemexa a un microorganismo causante da enfermidade e a miudo faise a partir de formas debilitadas ou mortas do microbio, as súas toxinas ou unha das súas proteínas de superficie. O axente estimula o sistema inmunolóxico do corpo ao recoñecer ao axente coma unha ameaza, destruíla e gardar un rexistro do mesmo, de modo que o sistema inmune pode recoñecer e destruir máis fácilmente calquera destes microorganismos que encuentre máis adiante. As vacinas úsanse con carácter profiláctico, é dicir, para previr ou aminorar os efectos dunha futura infección por algún patóxeno natural ou salvaxe.

vacunagripe

Existen catro tipos de vacinas principais:

  • Vivas atenuadas: microorganismos que foron cultivados expresamente baixo condicións nas cales perden ou atenúan as súas propiedades patóxenas. Adoitan provocar unha resposta inmunolóxica máis duradeira e son as máis habituais nos adultos. Isto débese a que o microorganismo, ainda que está debilitado, non se encontra inactivado e crea unha lixeira infección que é combatida de forma natural polo sistema inmune. O inconveniente é que ao ter o axente patóxeno vivo, pode provocar a enfermidade en persoas inmunodeprimidas ou con problemas de saude graves. Entre as vacinas deste tipo encóntranse as da febre amarela, o sarampión, a rubéola, as papeiras ou a variola.
  • Inactivadas: microorganismos dañinos que foron tratados con produtos químicos ou calor causando a morte do patóxeno, pero mantendo a súa estrutura. Este tipo de vacinas activa o sistema inmune, pero o axente dañino non ataca ao hóspede e é incapaz de reproducirse xa que se encontra inactivo. Isto xera menos efectos secundarios causados polo axente patóxeno. A inmunidade xerada desta forma é de menor intensidade e adoita durar menos tempo, polo que este tipo de vacina adoita requerir máis doses (doses de reforzo). Exemplos de este tipo son algunhas vacinas da gripe, da rabia ou da hepatite A.
  • Toxoides: son compoñentes tóxicos inactivados procedentes de microorganismos, en casos onde esos compoñentes son os que de verdade provocan a enfermidade, en lugar do propio microorganismo. Estes compoñentes poderíanse inactivar con formaldehído, por exemplo. Neste grupo pódense encontrar o tétanos ou a difteria.

Subunidades, recombinantes, polisacáridas e combinadas: empregan partes específicas do microorganismo, como a súa proteína, polisacáridos ou a cápsula (carcasa que rodea ao microorganismo). Dado que as vacinas solo utilizan partes específicas do xerme, ofrecen unha resposta inmunitaria moi forte dirixida a partes claves do xerme. Tamén pódense empregar en prácticamente calquera persoa que as necesite, incluso en persoas con sistemas inmunitarios debilitados ou problemas de saude a longo prazo. Normalmente estas vacinas necesitan doses de reforzo para ter protección continua contra as enfermidades. Entre as vacinas deste tipo están as de Haemophilus influenzae do tipo B (tamén coñecido coma bacilo de Pfeiffer), hepatite B ou o virus do papiloma humano.

As vacinas son os medicamentos máis seguros que existen, pois para a súa autorización deberon realizarse máis estudos e controis que con ningún outro medicamento, principalmente porque están destinadas maioritariamente a persoas sanas. Os estudos de seguridade incluen a miles de persoas. Posteriormente á súa autorización e comercialización, estos estudos de seguridades mantéñense de forma moi estricta.

En cada país recoméndase que os nenos sexan vacinados tan pronto como o seu sistema inmunitario sexa capaz de responder á inmunización artificial, coas doses de reforzo posteriores que sexan necesarias, para conseguir a mellor protección sanitaria.

Ao marxe do calendario de vacinacións infantís e de situacións de viaxe, algunhas vacinas son recomendadas durante toda a vida (doses de recordo) como a do tétanos, a gripe, a neumonía, etc… Para as persoas de idade avanzada recoméndanse especialmente vacinas contra a neumonía e a gripe, enfermidades que a partir de certa idade son ainda máis perigrosas.

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. O traballo científico, 3. Enfermidades infecciosas, 3. Inmunoloxía e farmacoloxía, 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.