A Orixe da Vida (Oparin e Miller)

Os xeólogos calculan que a Terra se formou hai uns 4500 millóns de anos. Esta estimación obtívose tras medir a idade das rochas máis antigas da Terra, así como as idades das rochas da Lúa e meteoritos, coa datación radiométrica (na cal se utiliza a descomposición de isótopos radiactivos para calcular o tempo transcurrido dende a formación dunha rocha).

Durante moitos millóns de anos, a Terra temperá recibiu o impacto de asteroidese e outros obxectos celestes. As temperaturas eran como resultado disto, moi altas. Os primeiros indicios de vida poideron surxir durante unha pausa no bombardeo de asteroides, fai uns 4400 ou 4000 millóns de anos, cando a Terra estaba o suficientemente fría como para que a auga en estado gaseoso se condensara e formase os océanos. Sen embargo, prodúxose un segundo bombardeo fai uns 3900 millóns de anos. É probable que despois deste ciclo final a Terra lograra ter as condicións necesarias para a vida continua.

Os primeiros indicios de vida na Terra proveñen de fósiles descubertos en Australia Occidental, que datan de fai 3500 millóns de anos. Estes fósiles son de estruturas coñecidas como estromatolitos que, en moitos casos, formáronse co crecemento de capa tras capa de microbios unicelulares, tales como cianobacterias.

Estromatolito

Estromatolito

As bacterias son relativamente complexas, o cal indica que a vida probablemente comenzou moito antes que fai 3500 millóns de anos. Sen embargo, a falta de indicios da vida fósil anterior dificulta determinar con precisión o momento no que se orixinou a vida.

Teoría de Oparin-Haldane (Teoría da Síntese Abiótica)

O bioquímico ruso Alexander Oparin e o bioquímico e xenetista inglés John B. S. Haldane, por separado e en diferentes anos (1924 e 1928, respectivamente) propuxeron a teoría que explica a orixe e a evolución das primeiras células a partir de materia inorgánica a través da evolución química gradual.

Oparin e Haldane pensaban que a Terra nos seus inicios tiña unha atmosfera redutora (é dicir, con baixa concentración de osíxeno) na cal as moléculas tenderían a doar electróns.

Nesas condicións, as moléculas inorgánicas simples puideron reaccionar con diferentes tipos de enerxía (raios, enerxía solar) para formar unidades estruturales, como aminoácidos e nucleótidos, que puideron acumularse nos océanos para formar a coñecida como sopa primordial ou caldo primitivo. Estas unidades estruturales puideron combinarse noutras reaccións para formar moléculas máis grandes e complexas (polímeros), como proteínas e ácidos nucleicos. Os polímeros puideron ensamblarse en unidades ou estruturas que fosen capaces de manterse e duplicarse a si mesmas. Oparin pensaba que estas puideron ser “colonias” de proteínas agrupadas para levar a cabo o metabolismo, mentres que Haldane indicou que es macromoléculas quedaron encerradas por membranas para formar estruturas similares ás células.

https://es.khanacademy.org/science/biology/history-of-life-on-earth/history-life-on-earth/a/hypotheses-about-the-origins-of-life

https://es.wikipedia.org/wiki/Experimento_de_Miller_y_Urey

Esta entrada foi publicada en 1. O traballo científico, 2. Orixe da vida e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.