Nova Falla no Mar de Alborán

Un equipo internacional de científicos liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) identificou una nova falla no mar de Alborán. A grieta, duns 20 kilómetros de lonxitude, concentra a maior actividade sísmica entre España e Marrocos. A fractura produce escasa deformación no fondo mariño, aínda que si produce terremotos de magnitudes relativamente altas, como o de magnitude 6,3 na escala Ritcher que afectou á cidade de Melilla e varias zonas de Andalucía o 25 de xaneiro de 2016, ferindo a 26 persoas. Tras  o temblor aprobouse unha “campaña de urxencia” co buque de investigación oceanográfica Hespérides para intentar localizar a orixe deste sismo. Os resultados desta investigación permite establecer riscos xeolóxicos potenciais no mar de Alborán.

malaga-y-melilla-afectadas-por-un-seismo-de-6-3-grados-registrado-en-mar-de-alboran

Tras o terremoto de xaneiro de 2016 que causou notables danos en Melilla e outras cidades marroquís, os investigadores propuxéronse cartografiar o fondo mariño e estudar a sismicidade da zona, xa que esta non se correspondía coa posición da falla de Al-Idrisi, que afecta á zona central e sur do mar de Alborán. A súa investigación confirma que a sismicidade inicial está asociada a unha falla nun estado inicial de formación, cunha dirección Noroeste-Suroeste e que produce escasa deformación no fondo mariño, indica Jesús Galindo-Zaldívar, investigador no Instituto Andaluz de Ciencias da Terra e principal autor do traballo.

Mar de Alborán

Vista dende satélite do Mar de Alborán

“Este estudo confirma varios traballos anteriores na mesma zona”, resalta Juan Ignacio Soto, do departamento de xeodinámica da Universidade de Granada. “A falla conecta con Alhucemas e explica a sismicidade observada. Nesta falla o que se produce é un deslizamento entre os dous bloques en plano horizontal. Van acumulando enerxía que despois se libera de forma brusca e produce os terremotos máis intensos.” En 2016 o Instituto Xeográfico Nacional rexistrou 1.547 terremotos no sur do mar de Alborán, 60 ddeles sentidos pola poboación.

ImagenOK_webO empuxe de ambas placas está a producir un desplazamento cara ao oeste da zona de contacto, en especial do arco de Xibraltrar, formando polca confluencia da cordilleira Bética na Península e o Rif marroquí que se unen xusto baizo as augas do Estreito de Xibraltar. Cada ano os arcos se desplazan uns dous milímetros cara ao oeste pola presión entre as dúas placas.

O equipo traballa xa en novas campañas para estudar mellor a nova falla. Estas zonas onde aínda non se produciron moitas fracturas no terreo son as que hai que estudar máis, porque son as que máis posibilidades teñen de provocar novos terremotos.

Fontes de información: CSIC, El País e La Vanguardia.

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 2. O noso lugar no universo, 2. Tectónica de Placas, Sen categorizar, Xeral. Garda o enlace permanente.