A historia no xeo

 En 1349 a peste bubónica, acabou coa metade da poboación de Europa. En 1918, a gripe matou a entre 50 e 100 millóns de persoas. Eses poderían ser considerados os anos máis aciagos da Historia. Pero Michael McCormick, da Universidade de Harvard, cre que ningunha catástrofe superou á ocorrida no ano 536. Ao seu xuízo, ese foi o comezo dun dos peores períodos de vida que a humanidade coñecese.

Nese ano, unha enigmática néboa comezou a estenderse até sumir Europa, Oriente Medio e partes de Asia na escuridade durante 18 meses. O Sol perdeu o seu brillo até ser comparable ao da Lúa, como deixou escrito o historiador bizantino Procopio, e as temperaturas caeron no verán de 1,.5° C a 2,5° C, iniciando a década máis fría nos últimos 2.300 anos. As colleitas non prosperaron durante varios anos. Aínda por riba, no ano 541, a peste bubónica golpeou o porto romano de Pelusium, en Exipto, e estendeuse rapidamente borrando do mapa a case a metade da poboación do Imperio Romano do Leste, o que acelerou o seu caida.

Tras analizar con altísima precisión o xeo do glaciar Colle Gnifetti nos Alpes suízos, descubriuse   cal foi o culpable desta época de desgrazas: unha catastrófica erupción volcánica en Islandia que arroxou cinza a través do hemisferio norte a principios do ano 536. Outras dúas erupciones masivas seguiron, nos anos 540 e 547.

Estas catástrofes naturais, seguidas da peste, sumiron a Europa nunha crise que durou até 640, cando outro sinal no xeo, un pico no chumbo no aire, marca un rexurdimento da minería de prata e, polo tanto, da economía.

                            islandia4

No núcleo de xeo de 72 metros de longo, os investigadores puideron ler máis de 2.000 anos de po de volcáns, tormentas do Sahara e actividades humanas no centro de Europa. E fixérono a unha resolución incrible que permitía chegar a estes fenómenos cunha precisión de meses. En concreto, unhas partículas microscópicas parecen relacionar o ocorrido na primavera de 536 cun volcán islandés.

Un século máis tarde, despois de varias erupciones máis, o rexistro de xeo sinala que as cousas foron a mellor: un pico de chumbo en 640. A prata fundiuse a partir de mineral de chumbo, polo que o chumbo é un sinal de que o metal precioso estaba en demanda nunha economía que se recuperaba.  Un segundo pico de chumbo, en 660, marca a importancia da prata na economía medieval emerxente. De igual forma, o chumbo desapareceu do aire durante a morte negra de 1349 a 1353, revelando que a economía se detivo de novo. Co seu traballo, os investigadores demostraron como a Historia tamén pode estar escrita no xeo.

                           islandia

Islandia ten unha alta concentración de volcáns activos debido á dorsal mesoatlántica e a un punto quente debaixo dela. A illa ten ao redor de 130 montañas volcánicas, das que 18 entraron en erupción desde a colonización de Islandia no ano 900. O máis activo e volátil é Hekla.

Durante os últimos 500 anos, os volcáns de Islandia entraron en erupción un terzo da produción global total de lava. Aínda que a erupción de Laki en 1783 ten a maior erupción de lava nos últimos 500 años, a erupción del Eldgjá de 934 e outras erupcións do Holoceno fueron aínda maiores.

islandia2

Os sismólogos explican esta alta concentración de actividade volcánica como algo que se debe á posición da illa na dorsal mesoatlántica e un punto quente volcánico por debaixo da illa.

A erupción volcánica máis recente foi a do Eyjafjallajökull. Á erupción de 2010 siguió estreitamente unha erupción en Fimmvörðuháls, que había entrado en erupción el 20 de marzo, se calmó temporalmente el 12 de abril, e logo entrou en erupción cuhna gran pluma de cinza (debido ao magma que venía fuera del hielo) o 15 de abril.

                       islandia5

 A nube de cinza foi suficientemente significativa para pechar os aeroportos en máis de 20 países europeos, moitos comezaron a reabrirse o 20 de abril.

Esta entrada foi publicada en 1. O traballo científico, 2. O noso lugar no universo, 2. Tectónica de Placas, 4. Riscos naturais e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.