O Gran Val Do Rift

A terra abriuse fai uns días en Kenia, creando unha gran fendedura na superficie preto de Mai Mahiu, unha cidade do suroeste situada no Gran Val do Rift. A fisura ten 15 metros de profundidade, 20 metros de ancho e varios kilómetros de longo.

grieta-kenia

O Gran Val do Rift é unha fractura xeolóxica de case 5.000 kilómetros de lonxitude que recorre o continente africano de norte a sur, entre Eritrea e Mozambique. Comezou a formarse hai 20 millóns de anos debido ao empuxe en sentido oposto de dúas placas tectónicas -a somalí, que avanza cara o este, e a nubia ou africana, que o fai cara o noroeste-. O proceso de separación entre as placas prodúcese a moi baixa velocidade. É decir, o val convertirase nun océano e o continente africano acabará dividido en dous, pero iso ocorrerá dentro de 50 millóns de anos.

 

mapa-como-esta-diviendo-africa-por-grieta-kenia-1522924877859

A zona do suceso encóntrase situada nunha importante falla xeolóxica e tamén un dos terreos máis inestables de África, ainda que algúns especialistas matizan o fenómeno e insisten en que o surximento da fendidura no sería posibles sen as intensas choivas que afectaron a rexión recentemente.

A tectónica de placas é a teoría xeolóxica que explica este fenómeno: unha serie de placas ríxidas cubren a Terra, e non cesan de moverse dende fai centos de millóns de anos. Alí onde se rozan, a actividade sísmica e volcánica é maior. As correntes causadas pola radioactividade de isótopos presentes no manto e no núcleo do planeta transmítense á superficie polo manto, e as conseguintes diferencias de temperatura crean correntes de convección que moven océanos e continentes a un ritmo imperceptible a escala humana.

O fenómeno da deriva continental xa se sospeitaba dende o siglo XVIII, cando se caeu na conta de que as formas dalgúns continentes encaixaban como pezas dun puzle. O exemplo máis evidente salta á vista ao mirar nun mapa o contorno de áfrica Occidental e de América do Sur. A dorsal atlántica, a cordilleira volcánica submariña que divide o Océano Atlántico de Norte a Sur, é como un costurón que da fe sobre a existencia da tectónica de placas.

En realidade, África leva partíndose polo menos 20 millóns de anos. A rexión delimitada polo Rift sepárase do resto do continente a un ritmo de 6 ou 7 milímetros cada ano. Crese que a ruptura non será completa ata dentro de varios millóns de anos e, cando remate, orixinará unha gran isla sete veces maior que Madagascar.

1522854864_966199_1522921760_sumario_normal

Fontes: El País, El Periódico e Muy Interesante.

 

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 2. O noso lugar no universo, 2. Tectónica de Placas, Xeral. Garda o enlace permanente.