O petróleo

O petróleo é unha substancia composta por unha mestura de hidrocarburos, de cor escura e cheiro forte. É máis lixeira ca auga e se encontra en estado natural en xacementos subterráneos dos estratos superiores da corteza terrestre. Desta substancia fabrícase a gasolina, o queroseno, o alquitrán, ect. Os primeiros rexistros sobre a utilización do petróleo se remontan uns 6.000 anos atrás, cando os asirios e os babilonios o utilizaban para pegar ladrillos e na medicina. Os exipcios apelaban o petróleo para engrasar peles e os indíxenas precolombinos o utilizaban para pintar esculturas. Esta substancia procede da acumulación da materia orgánica, fundamentalmente de plancton, en sedimentos arcillosos acumulados en medios marinos. Co transcurso de millóns de anos esta materia orgánica experimenta unha lenta degradación que aumenta a proporción de carbono, e tamén unha polimerización que da lugar á complexa mestura de cadenas de hidrocarburos gaseosos, sólidos e líquidos que compoñen o petróleo.

Vantaxes do petróleo:

1. A tecnoloxía para o seu procesado está moi desenvolvida e se logran produtos de alta calidade.

2. As infraestruturas para o seu transporte e distribución están moi desenvolvidas.

3. Ten un alto poder calorífico, o que brinda moita autonomía aos sistemas que os usan, xa que con un pequeno depósito de combustible se obteñen moitas horas de traballo.

4. Hai unha gran cantidade de máquinas, caldeiras, etc., adaptadas ao seu uso.

Inconvenientes do petróleo:

1. É un recurso que se consome a gran velocidade. Algunhas previsións estiman que en 20 anos podría quedar o 15% do petróleo que hoxe consumimos.

2. A súa combustión produce moito dióxido de carbono (CO2). O uso deste combustible é actualmente unha das principais fontes deste gas propiciador do efecto invernadoiro.

3. Para os países non produtores do petróleo, o seu uso supón a dependencia dun produto importado cuxo prezo tende a subir.

4. O seu transporte en barcos petroleros supón un risco importante para o medio ambiente pola posibilidade de vertidos ao mar debido a accidentes ou a actividades ilegais, como o lavado dos tanques en alta mar.

5. Os aditivos antidetonantes coma o chumbo son moi contaminantes.

Os principáis países exportadores de petróleo son os seguintes:

Estados Unidos, Arabia Saudi, Rusia, China, Canadá, Irán, Emiratos Árabes Unidos, Irak, México, Kuwait, Brasil, Nigeria, Venezuela, Noruega, Argelia, Angola, Kazajistán, Catar, Libia y Reino Unido.

O petróleo é considerado unha reliquia e tamén se denomina ouro negro.
Máis información

Autor: Daniel Aguilera Pastor (CTMA )

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.