A enexía solar fotovoltaica

Dende as primeiras innovacións tecnolóxicas, nos primeiros nucleos humanos (Mesopotamia, Exipto…), sempre se buscaron fontes de enerxía para facer funcionar aparatos, ven fosen científicos ou necesarios para a vida diaria. As primeiras civilizacións utilizaron o vento para a navegación e a auga para mover muíños entre outros. Hoxe en día empregámolas de xeito mais complexo, como por exemplo aproveitando o sol que chega aos nosos tellados para así poder quentar auga para as nosas casas.

Se ben é certo que existen moitos tipos de enerxías renovables entre elas: eólica (aproveitando a forza do vento ), mareomotriz (aproveitando a forza das mareas ). Neste post falarei da enerxía solar fotovoltaica.

enerxía solar fotovoltaica é unha fonte de enexía renovable que produce electricidade. E obtida directamente a partires da radiación solar mediante un dispositivo semiconductor denominado célula fotovoltaica, ou ben mediante unha deposición de metales sobre un sustrato.

Esta enerxía ten múltiples vantaxes: o mantemento, que é sinxelo e sobre todo de baixo custe,  os módulos a utilizar que  teñen unha longa vida de ata 20 anos e pódense facer de múltiples tamaños, que pódese integrar moi facilmente a estructuras de construcción tanto novas como antigas, é que é un sistema idóneo de aproveitamento de enerxía  para zonas donde non chega a electricidade e que  é un sitema moi silencioso.

Pero cabe destacar que tamén presenta algunhas desvantaxes: os custos de instalación inicial son altos, existe unha falta de elementos almacenadores de enerxía fiables, este tipo de enerxías son difusas e intermitentes e por último é preciso unha gran extensión de parcela para que teña unha alta retabilidade

Tamén debemos recalcar que actualmente existe unha gran demanda de enexías renovables e debido a estos a fabricación de células fotovoltaicas avanzou nestes últimoa anos.

Pero ¿cómo funciona?; unha célula fotovoltaica é a equivalente a un xenerador de enerxía ao cal se lle engade un diodo. Para lograr unha célula solar práctica, ademais é preciso engadirlle uns contactos eléctricos (que permitan extraer a enerxía xerada), unha capa que protexa a célula e que deixe pasar a luz, unha capa antirreflexante para garantir a correcta absorción dos fotóns e algún elemento que outro mais para aumentar a eficiencia da mesma.


Lista de países productores de enexía fotovoltaica:

1º Alemania: que produce 17200 megawatts

2º España:xera 3800 megawatts

3º Xapón : 3600  megawatts

4º Italia : 3484 megawatts

5º EEUU: 2528 megawatts

6º Rep. Checa: 2000 megawatts

7º Francia: 1025 megawatts

8º China :900 megawatts

9º Bélgica: 803 megawatts

10º Corea del Sur: 655 megawatss

Autora: Susana Lamas Fernandes (CTMA 2 Bac)

Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable, 4. Contaminación, 4. Enerxías renovables e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.