O inicio da ascensión imparable deste novo sistema de extracción remóntase a 1998 en Estados Unidos, cando o prezo do petróleo duplicouse en apenas un par de anos, o que obrigou a poñer a vista en xacementos que ata entón non foran rendibles. Ao mesmo tempo, a técnica coñecida como fracturación hidráulica experimentou importantes melloras. O empuxe definitivo chegou en 2005 ao aprobarse a denominada “Energy Policy Act“: A industria de hidrocarburos recibía novas axudas económicas, e, os fluídos que se utilizan no fracking, quedaban exentos de cumprir a lexislación ambiental.
“Fracking” é o termo asociado á técnica de fracturación hidráulica para a extracción de gas non convencional. Consiste na extracción de gas natural mediante a fracturación da roca nai (lousas e esquistos). Para extraer o gas atrapado na roca utilízase unha técnica de perforación mixta: en primeiro lugar perfórase en vertical (5000m) e despois perfórase varios quilómetros en horizontal (2-5m). Entón inxéctase auga con area (98%) e unha serie de aditivos químicos (2%) a gran presión. Isto fai que a roca se fracture e, entón, o gas libérase e ascende á superficie a través do pozo. O proceso repítese ao longo da veta de roca rica en gas.
As vantaxes principais están ligadas a motivos económicos: Os estados serían enerxéticamente independentes, e como resultado crearían postos de traballos nos xacementos. Ademais, abarataríase o prezo deste recurso, chegando a obrigar a centrais como as de carbón a cesar a súa actividade xa que non obterían suficientes beneficios, o que se traduce, entre outras cousas, en menores emisións de gases, polo que diminúe o efecto invernadoiro.
Os inconvenientes asócianse ao impacto ambiental. Vincúlanse coa propia explotació; problemas como alteracións da paisaxe e terreo, riscos durante o proceso de perforación, un preocupante aumento do nivel de sismicidade, contaminación das augas superficiais e subterráneas, contaminación do aire e, incluso, afeccións importantes na saúde humana.
Ademais de todo isto, investir en hidrocarburos reducirá os cartos destinados a investigar enerxías renovables: Máis seguras, limpas e perennes.
En conclusión, que prezo estamos dispostos a pagar por uns anos máis de enerxía?
Autora: Cristina Louro Rivera (Ciencias da Terra)