Este sábado 19, día da Hora do Planeta , un evento internacional promocionado polo Fondo Mundial para a Natureza (World Wide Fund for Nature, WWF) que se celebra, desde 2007, un sábado de marzo. Consiste en apagar voluntariamente as luces en fogares e empresas durante unha hora. Con este evento preténdese concienciar á sociedade sobre a necesidade de adoptar medidas fronte ó cambio climático e as emisións contaminantes, así como aforrar enerxía, e diminuir a contaminación lumínica.
Segundo os organizadores apagar ou reducir a enerxía en negocios, casas, e outros lugares, reducirá as emisións de CO2 na atmosfera.