Unha onda vermella

O 20 de decembro de 2015 en Shenzhen, China, unha pila de residuos procedentes da construción que se acumularon nunha antiga canteira durante anos, acabaron por desprenderse formando unha montaña de barro e lixo grazas ás fortes choivas dos últimos días. Ademais, ao desprendemento seguiulle unha potente explosión nun tramo dun dos principais gasodutos do país. Esta catástrofe acabou con 33 edificios e sepultou a 85 persoas, e outras 1.500 foron evacuadas. Uns 380.000 metros cadrados, o equivalente a uns 38 campos de fútbol, quedaron cubertos pola terra e nalgunhas zonas a profundidade é de ata 10 metros.



Esta noticia volve abrir o debate sobre a acumulación de residuos en zonas non acondicionadas ou vertedoiros ilegais, como creedes que se poden liquidar estes vertedoiros non autorizados? Que medidas pensades que son importantes para minimizar os nosos refugallos? Coñecedes algún vertedoiro ilegal?

Autora: Cristina Louro Rivera (Ciencias da Terra)

Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable, 4. Contaminación e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.