Cousas do tempo

eltiempo-presion-lluvia-201512202100

Un anticiclón é una zona da atmosfera onde existen altas presións. Nesta zona dise que existe estabilidade atmosférica e carece de precipitacións, e polo tanto non se desenrrolan frontes nin quentes, nin frías, nin ocluidas. Os ventos nesta zona son expulsados cara fora deste sistema e estes acabarán no interior das borrascas que son os centros de baixa presión na atmosfera (das altas presións ás baixas presións). Esta zona ten máis presión cas zonas que lle rodean e as da mesma altura. Nun mapa sinóptico, obsérvase como un sistema de isobaras pechadas, de forma aproximadamente circular ou oval, con circulación en sentido das manecillas do reloxo. Este fenómeno provoca subsidencia na zona onde se pousa, polo que favorece tempo estable.

Neste mapa vese o anticiclón das illas Azores que é moi coñecido pola maioría das persoas e que inflúe notablemente no noso país. Este actúa de escudo ante as frontes das borrascas e son desfeitas neste de maneira que predomina o tempo seco na península. En Galicia as borrascas soen entrar polo noroeste debido ao hoco que queda ao norte destas altas presións, pero sen embargo moitas das veces os ventos sopran do sudoeste debido ao xiro antihorario das depresións. Cando unha fronte pasa de largo e veñen os chuvascos postfrontais (chubascos moderados, ocasionalmente fortes e acompañados de sarabia) o vento si que soprará do noroeste. As veces este anticiclón móvese cara a península ou cara o norte e bloquea aínda máis as frontes. Sen embargo se este sobe moito cara o norte deixa pasar as borrascas polo sudoeste e golpean a península por Andalucía e poden chegar a Galicia. Tamén pode acontecer que o anticiclón se mova tanto ao Este que chegue ao Mediterráneo e deixe pasar a tódolas frontes do Atlántico situando a toda España nunha situación de moita inestabilidade atmosférica.

Autor: Daniel Aguilera Pastor (Ciencias da Terra)

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. O traballo científico e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta