Nestes tempos que corren, estamos a ter algunhas mulleres en grandes postos de renome en distintas facetas: política (Ángela Merkel), bioquímica (Margarita Salas, presidenta da Fundación Severo Ochoa) astrofísica (Jocelyn Bell e a súa axuda á contrucción do radiotelescopio)
Este artigo é unha homenaxe a alguén que conseguiu algo inpensable fai soamente 50 anos: ser a directora do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) A partires do ano 2016 será a directora da citada organización.
Fabiola Gianoti, nacida o 29 de outubro de 1960, estudou a carreira de física na Universidade de Milán. Posúe varios doutorados, incluindo unha beca no CERN. Dende agosto de 2013 é Profesora honoraria da Universidade de Edimburgo. Ela tamén e membro da Academia Italiana de Ciencias.
Coñecíades xa a Fabiola? Sabedes de algunha física que sexa tan influínte para as rapazas que queren estudiar física?
Por aquí vos deixo un artigo da citada física:
Autora: Susana Lamas Fernandes (Ciencias da Terra)
Persoalmente non coñecía a Fabiola, pero a nosa historia está chea de mulleres importantes para a ciencia: Rosalind Franklin, a gran esquecida do descubrimento do ADN, Sophie Germain, a matemática que investigaba baixo o pseudónimo de Lle Blanc, e, sen saír do noso país, a “descoñecida” Margarita Salas, da que se pode ler máis aquí:
https://es.wikipedia.org/wiki/Margarita_Salas
E esperemos que a lista siga crecendo!