Sylvia Alice Earle é unha bióloga mariña, exploradora, escritora e conferenciante que dedicou toda a súa vida ao mar. Realizou multitude de expedicións: Océano Índico (1964), Gálapagos (1966), Illas Virxes (1969, Tektite II) e ademais, formou parte activa en investimentos con traxes de mergullo como o JIM e o Deep Rover. Earle foi o primeiro xefe científico de sexo feminino da NOAA, e foi nomeada pola revista Time como o primeiro heroe para o planeta en 1998.
Hai 60 anos, cando comezou a investigar o océano, non imaxinou o que somos capaces de facerlle ao mundo natural:
Presenciou como no Golfo de Florida xunto ao que creceu aparecía unha das grandes zonas mortas do océano: Ningún animal crece, móvese ou reproducese nelas. Están totalmente desprovistas de vida animal. Esta zona é o resultado da afluencia no Golfo das augas da conca do río Misisipi, onde se verten fertilizantes e residuos animais dunha extensa rexión agropecuaria de Estados Unidos. En 1975, só existía unha zona morta no mundo. A data de 2014 cóntanse máis de 500. O remate desta situación deuse en abril do 2010 cando un pozo petrolífero contaminouno aínda máis. En 1947, cando ela chegou ás súas costas, só existía unha plataforma petrolífera. No 2014, a cifra destas estruturas ascende a 33.835.
As quenllas que admirou nas Illas Galápagos, foron perseguidas tanto para a obtención das súas aletas como para eliminalas, o que creou un enorme buraco no ecosistema e no seu funcionamento. Actualmente só se conserva o 10% das quenllas que había en 1950, o 5% do atún e do bacallau grazas a sobrepesca e o 50% de todo o coral que existía no océano.
A pesar de todo, Sylvia ten un desexo para o planeta. Chámao a Misión Azul. Este labor consiste en protexer o mar do mesmo xeito que agora protexemos a terra: Aproximadamente un 12% da terra está protexida, mentres só un 1% do mar estao. Para conseguilo, creou os chamados “Hope Spots“, puntos de esperanza, co fin de conservar porcións de mar. Cada un deles dá ao océano un respiro das actividades humanas para que poida recuperarse e prosperar.
Como a propia Earle sentenza “Sen océano, non hai vida. Sen océano, non existimos”.
Coñecendo isto, parécevos radical a súa visión sobre os océanos? Considerades importante a creación dos “Hope Spots”? Creedes que é irreversible o dano que causamos no mundo natural?
Autora: Cristina Louro Rivera (Ciencias da Terra)
Respondendo a túa primeira pregunta, creo que non é para nada radical pois ata fai ben poucos anos, como sabemos, as basuras xeradas polos humanos eran vertidas no océano sen ningún tipo de control. E agora simplemento se está a “maquillar” o que se fai.
En referencia a segunda cuestión, opino que son moi importantes non só para manter a masa biolóxica, senon para ter tamén unha pesca sostible.
Por último non sei se será irreversíbel ou non, pero que se non poñemos remedio axiña chegaremos a unha situación de non retorno.
Por outra banda aquí vos deixo un enlace sobre os impactos (negativos) das prospección petrolíferas, por se vos interesan.
http://www.ecologistasenaccion.es/article2215.html
Un saudiño