Nobel Medicina 2015

A Real Academia de Ciencias de Suecia da a coñecer o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina de 2015, outorgado a William C. Campbell, Satoshi Ōmura y Youyou Tu polas súas contribucións no desenvolvemento de terapias contra a malaria e infeccións parasitarias como a elefantiase.

As enfermidades causadas por parásitos, segundo sinalou a Fundación Alfred Nobel, convertéronse nunha praga para a humanidade durante miles de anos, o que supuxo un grave problema de saúde pública. En particular, as infeccións causadas por parásitos afectaron especialmente ás rexións máis pobres do planeta, polo que esste premio recoñece o esforzo destes tres investigadores para desenvolver tratamentos eficaces contra estas enfermidades.

William C. Campbell e Satoshi Ōmura lograron producir a avermectina, un composto a partir do cal se obtiveron fármacos derivados (como a ivermectina) que reduciron significativamente a prevalencia de patoloxías como a cegueira dos ríos ou a filariasis linfática. Ōmura estudou microorganismos do chan da especie Streptomyces e seleccionou os cincuenta cultivos máis prometedores. A partir deles, Campbell purificó un axente bioactivo que resultou efectivo contra os trastornos provocados por este tipo de parásitos.

O estudo de Youyou Tu permitiu a fabricación da artemisina, un axente efectivo contra a malaria. Como sinalaron durante a rolda de prensa, o desenvolvemento deste fármaco mellorou a vida de 3.400 millóns de persoas en rexións endémicas de malaria, salvando a vida a máis de 450.000 persoas, principalmente nenos.

Inspirada pola medicina  tradicional chinesa, Tu aplicou o método científico para achar un composto activo contra a malaria na planta Artemisia annua. A primeira investigación foi errada, con todo, no segundo intento logrou illar a artemisina, un axente antimalárico capaz de acabar co parásito do xénero Plasmodium, tanto nos modelos animais estudados como nas persoas afectadas. Un éxito que mostra a importancia de recuperar a medicina tradicional e analizala desde a perspectiva científica.

Máis información

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. Mulleres e ciencia, 1. O traballo científico, 3. Enfermidades infecciosas, 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta