Estímase que existen decenas de miles de millóns de planetas só na nosa Galaxia, a Vía Láctea. Ata agora descubríronse 1958 planetas ao redor de estrelas distintas ao Sol. Coñécense 1241 sistemas planetarios, dos que 488 son sistemas múltiples (unha estrela con dous planetas o máis).
Como nomeamos aos exoplanetas? Case no 100% dos casos os exoplanetas desígnanse con números e letras de catálogos, como Kepler-88b ou OGLE-2015-BLG-0966-b. Difícil de lembrar e pouco imaxinativo. Por ese motivo a Unión Astronómica Internacional (IAU en inglés) en agosto de 2015, lanzou o proxecto NameExoWorlds para que sexamos os cidadáns os que demos nome a 20 sistemas planetarios.
Para iso, hai que acceder á seguinte páxina:
Un destes vinte sistemas planetarios aos que a IAU propón dar nome propio é o que se atopa na estrela mu (μ) Arae. Mu Arae é unha estrela parecida ao Sol. Está a pouco máis de 50 anos luz de nós, proxectada sobre a constelación austral Ara. Mu Arae é algo máis vella que o noso Sol (uns 6340 millóns de anos), posúe un 10% máis de masa e é 90% máis luminosa. Desde hai tempo sábese que posúe 4 planetas ao seu ao redor, só designados (por agora) como mu Arae b, c, d e e.
A comunidade astrofísica española, coordinada pola Sociedade Española de Astronomía (SEA) e apoiada polo Instituto Cervantes está a promover a iniciativa do Planetario de Pamplona, que suxeriu á IAU que a estrela mu Arae e os seus planetas recibisen os nomes de Cervantes (para a estrela) e os das personaxes principais de “El Quijote” para os planetas. Así, a iniciativa de #YoEstrellaCervantes propón que os planetas ao redor da estrela Cervantes (mu Arae) pasen a chamarse Quijote (mu Arae b), Dulcinea (mu Arae c), Rocinante (mu Arae d) e Sancho (mu Arae e).
Podes emitir o teu voto indo a:
http://nameexoworlds.iau.org/systems/106
e votando pola opción de Cervantes.