O noso instituto é finalista!

FWS_200x200

A Plataforma Proyecta pon en marcha unha nova edición do concurso “Proyecta Innovación” co obxectivo de identificar e facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TIC en centros escolares galegos.

De todos os proxectos presentados ao concurso, o xurado seleccionou  dez. E un deles é o noso proxecto;

 “Obradoiro de video interactivo”

Con este proxecto propoñémonos traballar co alumnado a través da app TouchCast e empregando tablets como ferramentas TIC. Poderán así realizar vídeos interactivos e inmersivos presentando a información en diferentes capas e formatos: vídeo, imaxe, texto, hipertexto, botóns sociais, hotspots…

O aplicaremos sobre conceptos da programación de xeito transversal, colaborativo, creativo e manexando tecnoloxía motivadora.

Leer máis


para o vídeo interactivo tedes aquí o link

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, Xeral e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.