En 1863 Darwin propuxo uns 300 m.a. de antiguidade mínima da Terra para poder explicar o tempo necesario para o lento mecanismo evolutivo que defendía.
Lord Kelvin, o físico máis prestixioso da época, realizou os seus propios estudos. A súa hipótese: unha Terra orixinariamente fundida que se iría arrefriando. Quería calcular o tempo necesario para que alcanzase a temperatura actual. En 1863 da uns resultados moi imprecisos; menos de 400 m.a. e máis de 20 m.a. Pouco despois da como cifra máis probable 100 m.a. e declara que os cálculos de Darwin non son rigorosos e non se deben de tomar en consideración,
Entre ambos os científicos establécese unha forte polémica, na que se deixan notar os coñecemento físicos de Kelvin. Como consecuencia, Darwin retira o seu cálculo sobre a idade terrestre da seguinte edición de “A orixe das especies”.
Nos anos que seguen, despois de cada polémica, coma se dun castigo se tratase, Kelvin reduce a idade do planeta que remata deixando en 24 m.a. Darwin morre convencido de que esta é a obxección máis forte que se lle puxo á súa teoría.
O descubrimento da radiactividade a finais do XIX invalidou os cálculos de Kelvin, xa que proporcionaba unha fonte de calor terrestre adicional. Rutherford, o maior especialista en radioactividade, relata o ocorrido nunha conferencia que pronunciou en 1904.
” Entrei na sala, que estaba en penumbra e entre os asistentes descubrín deseguida a lord Kelvin, e decateime de que me esperaban problemas ao final da conferencia, na que debía falar da idade da Terra, tema no que os meus puntos de vista estaban en contradición cos seus. Quedei tranquilo porque Kelvin estaba profundamente durmido, pero cando cheguei ao punto importante vin que a personaxe se endereitaba, abría un ollo e me lanzaba unha siniestra mirada! Entón veume unha inspiración repentina e dixen que lord Kelvin puxera un límite á idade da Terra, sempre que non se descubrise outra fonte de calor. Esta declaración profética refírese ao feito do que estamos a falar esta tarde, o radio. O ancián miroume radiante”
Kelvin morreu sen recoñecer que o descubrimento da radiactividade invalidaba os seus cálculos.
Agradecemento á Ed. SM.