O cromosoma III de Saccharomyces cerevisiae

Científicos de varias universidades norteaméricanas e europeas logran sintetizar no laboratorio un cromosoma dunha célula eucariota.

Ata agora só se tiñan conseguido cromosomas sintéticos de bacterias e virus.

Este é un avance importante na bioloxía sintética, unha disciplina  emerxente que non só trata de modificar organismos senón de deseñalos a partir duns principios básicos.

Nos cromosomas eucariotas o ADN está empaquetado en complexas arquitecturas formadas por centenares de proteínas (como as histonas) que interactúan co  material xenético. Teñen ademais centrómero e nos extremos están os complexos sistemas denominados  telómeros que protexen o ADN en cada replicación.

A célula é un fermento, un fungo que usamos para facer pan, cervesa, biocombustibles e unha boa parte da investigación celular. A secuenciación completa do xenoma desta célula, Saccharomyces cerevisiae, finalizou en 1996, tras catro anos dun proxecto liderado pola  Unión Europea.

No actual traballo, no que participaron uns sexenta estudantes de posgrao, leváronse a cabo os seguintes pasos:

1.- Copiouse a secuencia do cromosoma máis pequeno dos 16 que contén o núcleo da célula.

2.- Fixeron algúns cambios na secuencia antes de sintetizala desde cero.

3.- Sintetízanse pequenas cadeas de ADN.

4.- As cadeas únense  noutras maiores.

5.- Os fragmentos substitúen progresivamente ao cromosoma natural.

6.- A célula da levadura ten agora un cromosoma artificial e vive e  reprodúcese con normalidade.

A levadura ou fermento ten 6 000 xenes e comparte uns 2 000 co ser humano pese aos 2 000 millóns de anos de evolución que nos separan. A versión natural do cromosoma III de Sacharomyces cerevisae ten 316 667 pares de bases (A, G, T, C)

O sintético é máis curto ten  273 871 pares de bases, consecuencia das alteracións introducidas nel.

O logro deste traballo é que os fermentos co  cromosoma sintético  se comportan de forma similar ás naturais aínda que agora poderán facer cousas distintas. O próximo logro será sintetizar os 15 cromosomas restantes.

As posibilidades desta tecnoloxía  poderánse ver reflectidas en melloras na fabricación de novos medicamentos, máis eficazes e baratos, como antibióticos, anticanceríxenos e vacinas. A industria alimentaria e a fabricación de  biocombustibles tamén se poden ver beneficiados.

Ver esquema. Ciencia El Pais

Esta entrada foi publicada en 3. Revolución xenética e celular e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta