A ceo aberto

A empresa Edgewater Exploration pretende reactivar a mina a ceo aberto de Corcoesto Os sondeos desta empresa, atoparon sete vetas de ouro que darán beneficios millonarios aos seus xestores. Para obter o beneplácito da comunidade veciñal, a empresa asegura a creación de 1 300 postos de traballo (270 directos e 1 100 indirectos).

As minas a ceo aberto son excavacións que se realizan na superficie e nas que se mobilizan enormes cantidades de rocha, polo que o seu impacto negativo sobre a paisaxe é moi grande.

– Deforestación e eliminación do solo.  Nas zonas de tránsito de camións e maquinaria, o solo se compacta e degrada.

– Alteración do relevo ao realizárense excavacións e levántarense escombreiras.

– Ruídos e vibracións. Debido ao uso de explosivos, ao emprego de maquinaria pesada e ao tránsito de vehículos.

– Contaminación do aire con fume e po principalmente.

– Rectificacións de cursos de auga.

– Alteración do rexime hídrico e da calidade das augas subterráneas.

– Contaminación do solo, dos acuíferos e dos cursos de auga. Debido  á utilización de compoñentes químicos tan  nocivos para a vida como:  cianuro, antimonio, níquel e arsénico.

É precisamente este último compoñente, o arsénico, o que foi detectado  (pola Universidade de Vigo e o CSIC) en estudos realizados nesta antiga mina, en cantidades 400 veces superiores ao normal. Tambén o río Anllóns, ao seu paso por esta localidade, presenta niveis de arsénico que duplican os límites permitidos.

Se existen estes niveis de contaminación por unha actividade que cesou hai 40 anos, qué pasará se se abre a mina proxectada, cunhas dimensións moito maiores  que as anteriores?

A resposta  é que a contaminación,   provocará a destrución  do medio natural, afectará ao sector gandeiro e impedirá o consumo humano de auga e produtos da terra ante o risco de  enfermidades  como cancro, problemas reprodutivos, hipertiroidismo e  danos permanentes no sistema nervioso. Ademais, se os compostos químicos se filtraren ata o mar, produciríanse danos irreparables  para o sector marisqueiro.



Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable, 4. Contaminación e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta