O meu querido Michael, é un código

No ano 1953, James Watson e Francis Crick publicaban  o que sería uns dous maiores logros da ciencia de finais do século XX e  principios do XXI: a secuenciación do ADN.  Crick quixo explicarlle  ao seu fillo Michael, un neno de doce anos que estudaba no internado, o seu descubrimento na seguinte  carta. Fixádevos no sinxelo da súa explicación e no fermoso do descubrimento.

19 Plaza Portugal, Cambridge, 19 marzo 1953
O meu querido Michael,
Jim Watson e mais eu vimos de facer un descubrimento, que probablemento é moi importante. Temos construido un modelo do  acido-des-oxi-ribosa-nucleico (leo coidadosamente) chamado A.D.N para abreviar. Lembra que os xenes dos cromosomas (os que portan os caracteres herditarios) estan feitos de proteínas e A.D.N.
A nosa estrutura é moi bonita. Podes imaxinar o A.D.N máis ou menos coma unha cadea moi longa da que saen unhas pezas chas. Estas pezas  chámanse “bases”.
A fórmula é máis ou menos así.
O que temos son dúas destas cadeas enrolándose unha na outra (cada unha é una hélice) coa cadea  (feita de azucre e fósforo) no exterior e as bases todas cara ao interior.
Non debuxo moi ben, pero sería algo así. O modelo é moito máis bonito ca este.
Pero o máis emocionante é que mentres que hai catro bases  diferentes, observamos  que só se poden emparellar dalgunhas maneiras. As bases teñen nomes. Son Adenina, Guanina, Timina e Citosina. Chamareinas A, G, T e C. Pois ben, os emparellamentos que podemos facer (nos que unha base dunha cadea se une a unha base da outra cadea) son só A con T e G con C.
Polo que podemos ver, as bases nunha cadea poden estar en calquera orde, pero se a orde está fixada , entón a orde da outra cadea tamén é fixa. Por exemplo,
imaxina que na cadea temos……….., entón na segunda debería ser……
É coma un código. Se che dan unha serie de letras, podes escribir a outra.
Agora coidamos que o A.D.N. é un código. Isto é, a orde das bases (as letras) fai un xene diferente de outro (do mesmo modo que unha páxina impresa é diferente da outra). Agora podemos ver como a natureza fai copia dos xenes. Como se as dúas cadeas se desenvolvesen en duas cadeas separadas, e cada unha delas fixese outra cadea que se pegase a ela, daquela, como A sempre vai con T e G con C, teriamos dúas copias a partir dunha soa. Por exemplo (no debuxo)
Noutras palabras, coidamos que temos atopado a base do mecanismo de copia polo que un ser vivo vén doutro ser vivo. A beleza do noso modelo é a forma na que só esas parellas poden ir xuntas, a pesar de que poderían emparellarse de calquera modo se flotasen libremente. Xa imaxinarás o emocionados que estamos. Mandaremos unha carta a Nature dentro dun día ou así.
Le isto con coidado para que o entendas. Cando veñas a casa mostrarémosche o modelo.
Con moito cariño,
Papá

 

Carta orixinal

 

Agora, sesenta anos despois, Michael Crick  doará o cincuenta por cento  dous beneficios obtidos pola venda da carta ao Salk Institute para investigación en bioloxía molecular e neuroloxía,  dous campos do interese do seu pai.

Subasta da carta

 

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. O traballo científico, 3. Revolución xenética e celular e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

One Response to O meu querido Michael, é un código

  1. Pingback: max

Deixa unha resposta