Os humedais coidan da auga

O 2 de febreiro conmemórase o Día Mundial dos Humidais. Neste día recordamos a data na que se creou a Convención Ramsar (1971), un tratado intergobernamental que serve de marco para as accións en favor da conservación e do uso racional dos humidais mediante accións locais, rexionais e nacionais, como contribución ao logro dun desenvolvemento sostible en todo o mundo.

O tratado, negociado nos anos 60 por países e organizacións non gobernamentais que se preocupaban pola crecente perda e degradación dos humidais, hábitats principais das aves acuáticas migratorias, firmouse na cidade iraní de Ramsar. Trátase do único tratado global relativo ao medio ambiente que se ocupa dun tipo de ecosistema particular.

Actualmente o listado Ramsar inclúe mais de 1700 humedais de todas as rexións do mundo. España ratificou o Convenio en 1982 incluíndo no listado dúas zonas húmidas: Doñana e Tablas de Daimiel. Actualmente 5 dos humidais mais destacados de Galicia forman parte deste listado:

Ría de Ortigueira e Ladrido.

Complexo das praias, dunas e lagunas de Corrubedo.

Lagoa e areal de Valdoviño.

Complexo intermareal Umia-Grove, a Lanzada. Punta Carreirón e lagoa de Bodeira.

Ría do Eo.

Mais información

Esta entrada foi publicada en 4. A auga, 4. Biodiversidade, 4. Cara a unha xestión sustentable e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta