Nós podemos cambiar o mundo!

Xa despedímonos do curso pero non sen facer antes un recordatorio do que nos levamos desta asignatura.

Agora sabemos máis sobre temas de saúde: enfermidades como a hemofilia, a enfermidade do bico, sida, a síndrome de Asperger, escoliose, Síndrome de Down, psoriase, a oncocercose, o beizo leporino, a antiga peste negra, anorexia, daltonismo, lupus e o pectus excavatum. Así como un debate no que plantexamos se é posible a mesma saúde para todos. Tamén os problemas da memoria, o tabaco ou o risco dos esteroides.

Aprendimos nova información acerca de persoas importantes no mundo da ciencia: Lynn Margulis, Darwin, Enrico Fermi, Fleming coa súa penicilina, Einstein fronte ós neutrinos, e tamén tivemos presentes algunhas grandes mulleres científicas: Lise Meitner, Marie Curie ou María Wonenburger entre outras. Españois como Felix Rodríguez de la Fuente. E novos científicos como aquel <<Mozart da Física>> chamado Taylor Wilson.

Estudamos outros temas como os homínidos e a Teoría da Evolución, a tabla periódica, o alcol, o famoso cubo de Rubik, a selección natural propia dos seres vivos, a eutanasia, o escepticismo sobre algúns temas, celulas nai, as vacinas, o negocio do lixo e o do guano. Tamén investigamos acerca da idade á que era máis habitual recibir o nobel, de física atómica (Bosón de Higgs, neutrinos…), o porqué son minoría os zurdos, os avances da comunicación dende a imprenta ata os últimos avances ou recentemente da inxeñería xenética.

As novas tecnoloxías tamén estiveron presentes nas nosas publicacións: a adición ó movil ou ós videoxogos, Google, a nanotecnoloxía destacando ese novo material que xa todos coñecemos, o grafeno. Ademáis de acontecementos de actualidade na nosa sociedade como os recortes en ciencia e educación.

Gracias o blog coñecemos mellor a situación na que se atopa o noso planeta e o universo: a contaminación, a situación da capa de ozono, o cambio climático, a nosa vexetación e fauna así como o risco que sofre esta, entre eles destacando a historia tan impactante do tiburón, tan apreciado pola súa “inútil aleta”. E tamén fora do noso planeta indagamos acerca da posibilidade de vida fora da Terra, as estrelas, etc.

Xa non temos dúbida de que non hai afrodisiaco que funcione que o que serve é a nosa propia mente, nin homeopatia que cure, nin aleta de tiburon que solucione o cancro. Así pois nós os xoves temo-lo mundo nas nosas mans, e somos os que o temos que cambiar para que sexa mellor no futuro. Preguntándonos, dudando e buscando respostas sen recurrir á invención e á imaxinación. Por último unhas citas do físico teórico estadounidense Richard Feynman:

<< Non preciso ter unha resposta, non teño medo de non saber todas as cousas.>>

<< …Alma é dudar e preguntar. Cando dudas e preguntas é máis difícil crer.>>

Autora Nildes Abella

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 2. O noso lugar no universo, 3. Saúde e calidade de vida, 4. Cara a unha xestión sustentable, 5. Novos materiais, 7. A era dixital, 8. Pseudociencia, Xeral. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta