Ciencia e deportes

A ciencia e a tecnoloxía nos últimos tempos comezou a empregarse en absolutamente todo, e os deportes non ian ser menos.

A ciencia esta moi presente nos deportes, por exemplo na Fórmula 1, na que os coches estan feitos de materiais moi lixeiros que pouco a pouco van facendolle perder  protagonismo ao aceiro, xa que é necesario eliminar  peso dos coches para aumentar o rendemento. Xa  non estamos moi lexos de eliminar o aceiro por completo dos automóbiles.

Outro claro avance da ciencia nos deportes é no tenis, no que os materiais ultralixeiros conseguiron substituir as raquetas xa lixeiras de madeira que se empregaban fai anos.

No noso deporte rei, o futbol, tamén atopamos ciencia, nas camiseta ultraelásticas que levan os xogadores, que son dez veces máis resistentes que as de antano, e á vez son tres veces máis transpirables. E non só isto, no futbol quérese incluso facilitar a toma de decisións aos árbitros, através dunha nova tecnoloxía aplicada aos balóns que permite detectar se o balón entrou ou non na porteria nas xogadas dubidosas, ou incluso nun futuro poderase saber que xogador é o último en tocar o balón, todo isto grazas á tecnoloxía RFID (identificación por radiofrecuencia).

Autor: Eduardo Cagide

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Ciencia e deportes

  1. Sabela Escourido di:

    Os avances na ciencia do deporte crearon unha oportunidade para aqueles que, no pasado, foron excluídos, como por exemplo, as persoas con algunha discapacidade.
    Grazas á tecnoloxía, atletas con membros amputados poden correr nos Paraolímpicos.
    Nos últimos Paraolímpicos en Sidney, o estadounidense Marlon Shirley estableceu un novo récord nos 100 metros para persoas con membros amputados, cun tempo de 11.09 segundos.
    O ano pasado, el converteuse no primeiro home cunha amputación na historia que bateu o récord de 11 segundos.
    A súa perna postiza, feita de aluminio e fibra de carbón, permitiulle adestrar xunto a outros atletas sen impedimentos físicos nas sesións previas aos xogos de Atenas.

  2. David Lamas di:

    As etiquetas RFID son uns dispositivos pequenos, similares a un adhesivo, que poden ser adheridas ou son incorporadas a un produto, un animal ou unha persoa. Conteñen antenas para permitirlles recibir e responder a peticións por radiofrecuencia dende un emisor-receptor RFID. As etiquetas pasivas non necesitan alimentación eléctrica interna, mentres que as activas si o requiren.

    Hay tres tipos de tags: os activos, os pasivos e os semipasivos.
    .Os pasivos:Os tags pasivos non posúen alimentación eléctrica. O sinal que lles chega dos lectores induce unha corrente eléctrica pequena e suficiente para operar o circuíto integrado CMOS do tag, de forma que pode xerar e transmitir unha resposta.
    .Os activos:vos activos posúen a súa propia fonte autónoma de enerxía, que utilizan para dar corrente aos seus circuítos integrados e propagar o seu sinal o lector. Estes tags son moito máis fiables.
    .Os semipasivos:Os tags semipasivos parécense aos activos en que posúen unha fonte de alimentación propia, aínda que neste caso se utiliza principalmente para alimentar o microchip e non para transmitir un sinal. A enerxía contida na radiofrecuencia reflíctese cara ao lector como nun tag pasivo.

  3. mateogarcia di:

    Nalgúns deportes como o tenis, o rugby ou o gran deporte do crícket existe un sistema informático chamado “Ojo de águila”(Hawk-eye, que serve para seguir a traxectoria da bóla e desta maneira axudar aos señores colexiados(árbitros, xuíces, etc.) a tomar decisións nas xogadas dubidosas. Este avance foi creado en Hampshire, Reino Unido en 2001 por enxeñeiros que traballaban para a emresa “Roke Manor Research Limited”. Os sistemas que emprega este método consisten na triangulación a partir de imaxes visuais e medición de tempo proporcinadas por polo menos catro cámaras de video de alta velocidade situadas adecuadamente arredor da zona de xogo para proporcionar os datos necesarios.

  4. Vladislav Babenco di:

    O RFID están a sustituir pouco a pouco o código de barras e as tarxetas magnéticas en todas a súas aplicacións.

    As aplicacións que se lle da ao RFID hoxe en día é por exemplo controlar de accesos e a inmovilización de vehículos. No control de accesos se gaña en comodidade, non é necesario o contacto físico da tarxeta co lector.

    ¿Como funciona?

    Todo o sistema RFID está composto por un sistema interrogador ou base que lle graba datos para os aparellos e un “transponder” ou transmisor, que responde ao interrogador.

    1. O interrogador xera un campo de radiofrecuencia, xeralmente por unha bobina de conmutación de alta frecuencia. A frecuencia habitual franxa entre 125 kHz a 2,4 GHz.

    2. O campo de frecuencia de radio xera unha corrente eléctrica na bobina de recepción do dispositivo. Este sinal é rectificado e alimenta o circuíto.

    3. Cando a alimenctación é suficientemente, o circuíto transmite os seus datos.

    4. O interrogador detecta os datos transmitidos a súa tarxeta como un nivel de sinal de perturbación.

    Podemos atopar tamén dous tipos de interrogadores:

    -Sistema cunha única bobina, a bobina é utiliza para transmitir enerxía e datos. Son máis simples e máis barato, pero ten menos alcance.

    -Sistema con duas bobinas, unha para transmitir enerxía e outra para transmitir datos. Son máis caros, é ten maior alcance.

  5. Beatriz Castro di:

    Hoxe en día a ciencia avanza que é unha barbaridade. O deporte move masas e a tecnoloxía que está da man cos deportistas para conseguir satisfacer aos seguidores de cada modalidade deportiva; pero todos estes avances crean unha grande polémica entre aqueles que consideran positivas estás innovacións e os seus detractores.
    A tecnoloxía avanza e as marcas deportivas fanse eco de isto en función da estética e utilizando, nalgúns casos, tecnoloxías propias da ciencia ficción que dende hai décadas axudan aos deportistas de alto rendemento para obter o máximo beneficio e superar as marcas.

    Un exemplo claro deste progreso o podemos ver na natación e máis concretamente nos traxes dos nadadores coñecidos baixo o nome de Aqua Shift, que simulan a pel dun peixe e aumentan a velocidade do atleta ata 10%. Estes traxes, que ademais regulan o ritmo do corazón e a temperatura do corpo, foron fabricados con pel de tiburón por Adidas para as olimpiadas de Sydney 2000 (Australia) e perfeccionáronse para Atenas 2004 (Grecia).

    Nos pasados xogos olímpicos de Beijing (Pekín 2008) foi o turno do traxe Speedo LZR Racer, que provocou una aumento dos récords nos nadadores que o portaban. Xerado con tecnoloxía da NASA, seni costuras e cunha menor resistencia á auga, afirmase que reduce a oscilación dos músculos e a vibración da pel.
    Tamén neste xogos atopámonos con traxes para corredores deseñados por computadora á medida de cada atleta e que inclúen mecanismos de ventilación. En tenis, a marca Nike, incorporou a tecnoloxía Dri-Fit(similar ao que Adidas chama ClimaCool), que elimina o cansazo ata nun 3%, regulando a temperatura do atleta e evitando o suor.

    Aínda que tal vez o caso máis novo dos últimos tempos sexa propiedade do tenis, a inclusión do Hawk-Eye (Ojo de Halcón) ,un sistema de computadora capaz de captar a traxectoria da pelota mediante unha velocidade e exactitude moi superior á do ollo do home.Deste xeito, podemos saber se a pelota picou dentro ou fora das liñas e nalgúns torneos é utilizado tamén para os saques. So se utiliza en torneos importantes que se xoguen en superficies que non sexan de po de ladrillo.

  6. Ayoub Elghotiss di:

    Este feito de poñer novos métodos no fútbol para que os árbitros saiban que pitar e así evitarse as polémicas que ocasionan algún dos seus erros, pero eu penso que isto non beneficiaria o fútbol xa que ademais de ser un deporte e un xogo para pillos.
    Estas técnicas que intentan poñer en marcha no fútbol xa existen noutros deportes como o tenis, pero o tenis é un deporte que polas súas características permite isto polo feito de ser mais lento, pero no caso do fútbol, na miña opinión non seria posible algo así, a non ser que identificación por radiofrecuencia responda aos árbitros no momento de pitar este.

  7. Laura González di:

    El desarrollo de la ciencia del deporte en los últimos tiempos ha permitido que los atletas se preparen para las Olimpíadas utilizando tecnología que sus predecesores jamás hubiesen podido imaginar.
    Los libros de récord muestran que el desarrollo de los materiales creados por el hombre ha tenido un efecto dramático en ciertos deportes como por ejemplo el salto con pértiga.

    A principios del siglo XX, los atletas utilizaban garrochas de madera para saltar por encima de la barra. Con el transcurrir de una década comenzaron a usar el mejor material que les ofrecía la naturaleza: la caña de bambú.

    La reducción en el peso de la garrocha hizo que los atletas alcanzaran mayor velocidad y lograran más altura. Pero una vez perfeccionada esta técnica, los competidores encontraron que era difícil establecer nuevas marcas.

    La introducción en la década de los 60 de la fibra de vidrio y eventualmente de la fibra de carbón, trajo aparejados nuevos récord. Los competidores saben ahora que tanto su empuje como las limitaciones de la garrocha son los factores que determinan cuán alto pueden llegar.

  8. Lúa Roldán di:

    O RFID é un sistema de almacenamento e recuperación de datos que usa dispositivos chamados etiquetas,tarxetas,transpondedores ou tags RFID.O propósito fundamental da tecnoloxía RFID é transmitir a identidade dun obxeto (similar a un número de serie único)mediante ondas de radio.Son uns dispositivos pequenos,semellantes a unha pegatina,que poden ser fixados ou incorporados a un producto,un animal ou unha persoa.Conteñen antenas para permitirlles recibir e responder a peticións por radiofrecuencia dende un emisor-receptor RFID.
    Fai uns anos os chips RDIF implantables, deseñados orixinalmente para o etiquetado de animais estase utilizando tamén para seres humanos.Proponse como solución á usurpación de identidade,ao acceso seguro a un edificio,o acceso a un ordenador,aos arquivos médicos,a iniciativas de anti-secuestro,etc.
    Pero no ano 2003,a senadora do estado de California Debra Bowen plantexou a seguinte pregunta:
    ¿Cómo se sentiría vostede se,por exemplo,un día a súa roupa interior permitise revelar o seu paradoiro?Isto causou unha considerable polémica e incluso boicots de productos.As catro razóns principais polas que RFID resulta preocupante no que a privacidade se refire son:
    1º-O comprador dun artículo non ten porque saber da presenza da etiqueta ou ser capaz de eliminala.
    2º-A etiqueta pode ser lida a certa distancia sen coñecemento por parte do individuo.
    3º-Se un artículo etiquetado é pagado mediante tarxeta de crédito daquela sería posible enlazar a ID única dese artículo coa identidade do comprador.
    4º-O sistema de etiquetas EPCGlobal crea números de serie globais únicos para todos os productos,aínda que isto cree problemas de privacidade e xtotalmente innecesario na maioría das aplicacións.
    Déixovos un video no que se explica isto:
    http://www.youtube.com/watch?v=l9UCAL7R1n8

  9. Claudia Caramelo di:

    Ian Thorpe emprega un traxe de baño diseñado exclusivamente para él aerodinamico, que lle permite nadar con total liberdade de movementos e recduce as turbulencias causadas pola auga.

    Serena y Venus Williams as xogadoras de tenis empregan ropas especias que lles permite una sudoración libre(xa que cando mais se eleva a temperatura do seu corpo as suas ropas ofrecen mais ventilacion para refrescalas)e nin siquera se lle noten as arrugas.

    Usain Boilt ten unhas zapatillas personalizadas por Puma,Ten un peso de só 149 gramos e unha base construida de fibra de carbono (que lle permite maior lixereza e flexibilidade para conseguir un maior impulso e tracción con cada pisada)

    • Claudia Caramelo di:

      Non deberia de comentar dous veces pero atopei un tema que pareceume bastante interesante asique vois deixo aqui a titulo,podedelo comentar vostedes
      Que é a nova vici tecnoloxica 2.0?

      • Yolanda Bermúdez di:

        A bici 2.0 permite que a bicleta se mova só utilizando a enerxia cinetica sobrante da roda. É ideal para os deportistas, porque pode facer un seguimento da velocidade, cadencia de pedaleo, distancia percorrida e hasta pode analizar as condicions ambientais mentras exercitamos, e recopila datos sobre a proximidade de amigos que usen o mesmo sistema. A roda que é o impotante da bici denominase “The Copenhagen Wheel“. Esta bici esta equipada con conexion Bluetooth e soporte para o iPhone. Cando o ciclista use os freos, almacena a enerxia sobrante da roda e despois, pode utilizarse para ir costa arriba, ou engadir un extra de velocidade en situaciones de moito tráfico. Este tipo de roda tamen esta inspirada para os coches de Formula 1.

  10. Yannick Afonso di:

    Sí que é verdade que a ciencia serviu de moito e avanzou e como din na noticia agora se está empleando en moitos aspectos como o deporte. Eu que xogo ó tennis e ao pádel, doume conta de que as raquetas en este caso avanzaron moito comparado con épocas anteriores. Estas raquetas están formadas por compoñentes e elementos como carbono, grafito…que melloraron moito as condición do deporte gracias á ciencia que derivou estos compoñentes, pero eso sí,xa que emplean estos materiais os precios dos productos van a subir e serán máis caros.
    En relación disto queria falarvos un poco de un dos científicos máis relevantes en este campo que foi Willard Gibbs, ó demostrar a relación entre as propiedades dun material e a súa microestructura. E foi ao primer estadounidense que lle deron un doctorado en inxeniería.

  11. Olalla Manteiga di:

    En deportes como a natación, existe o LZ Racer, creado coa axuda de enxeñeiros da NASA. Trátase dun novedoso traxe de baño que reproduce a fricción coa auga grazas ás súas costuras ultrasónicas e facilita a flotabilidade pola lixeireza da súa tea, a cal se une ao corpo do nadador como unha segunda pel. A ciencia tamén está presente en deportes populares como o fútbol, onde ademais de innovadores balóns e uniformes a proba de suor, os expertos buscaron explicacións en canto ao segredo que encerra por exemplo o penalti. Xa se sabe que o lanzador dun penalti sempre busca enganar ao porteiro rival. Sen embargo, os científicos determinaron que nunha fracción de segundo antes de chutar o balón, pode descubrirse a verdadeira intención do tirador pola colocación dos pés. Da mesma forma os especialistas descubriron que os ollos dos porteiros novatos xiran mirando o corpo, brazos e pernas do contrincante, en tanto que os arqueiros experimentados sólo se concentran nas pernas do xogador que tira o penalti. Un exemplo significativo da aplicación da ciencia no deporte é Óscar Pistorius, un atleta sudafricano que pese a amputación de ambas pernas corre case coma os mellores con prótesis de fibra de carbono.
    En Beijing 2008 a ciencia estivo sen dúbida moi presente. Só en China existen 35 institutos de investigación que se dedican ao desenrolo da tecnoloxía no deporte. Por todo isto podemos asegurar que non só no deporte, senon que en moitos outros aspectos, a ciencia e a tecnoloxía resultan imprescindibles para lograr finalmente mellores resultados.

  12. Nildes Abella di:

    O desenvolvemento da ciencia no deporte nos últimos tempos permitiu que os atletas se preparen utilizando unha tecnología que os ses predecesores de Atenas, lugar de orixen das antigas festas deportivas xamáis poderían haber imaxinado.
    A pesar diso algunhas persoas pregúntanse se a influencia da tecnoloxía e o desempeño dos atletas non vai en detrimento.

    Esta loita por alzar un trofeo ou colgarse unha medalla xa no está ceñida á rigurosidade do entrenamento de quen compite e das súas habilidades. Desde fai algún tempo introducíronse outros factores e estes son ciencia e tecnoloxía.Día a día búscanse novos métodos para tratar de superarse. Unha forma externa de influir na forma física do atleta é mediante o consumo de sustancias, prohibidas polos reglamentos das organizacións deportivas. Defínese como dopaxe ou doping o consumo de sustancias ou produtos co fin de aumentar ou mellorar, de forma non natural e provisional, o rendimento do individuo.
    Grazas a eta innovación tecnolóxica estáse a distorsionar o deporte inicial no que importaban a cualidade física e a motivación do atleta entre outras.
    Con todo dicir que aínda que na época actual contemos con este tipo de sustancias que melloran o rendemento físico, na Antiga Grecia xa intentábase conseguir unha especie de “dopaxe”. Sábese que entre os séculos IV a VIII a. C. os deportistas das Olimpiadas de Grecia empregaban pocións estimulantes para fortificarse, quere dicir que a idea de ser mellores e superarse sempre estivo ahí.

    En 1928, a Federación Internacional de Atletismo foi o primeiro organismo que prohibiu o uso de sustancias dopantes.

  13. Cristina Frade di:

    Buscando avances científicos no deporte cheguei a unha web dunha fundación que favorece a investigación para que as persoas discapacitadas tamén poidan facer deportes.
    Esta fundación é a Fundación Handix, é unha entidade sen ánimo de lucro e de ámbito nacional que busca, como xa vos dixen, a promoción do deporte adaptado no medio natural.
    A Fundación Handix persigue o obxectivo de normalizar e integrar a persoas que padezan calquera tipo de discapacidade, e así demostrar á sociedade que os discapacitados tamén poden practicar deportes de aventura, superando barreiras hasta fai pouco impensables.A fundación asume o compromiso de preservación e conservación do media ambiente, posto que a maioría dos deportes que se practican se realizan na natureza.
    Un dos logros que conseguiron foi unha adaptación para o piolet de escalada en xeo, a petición dun usuario amputado por conxelación.Eu tamén notei os avances científicos no deporte, cando eu comecei a patinar os patíns que tiña eran moi pesados, pero agora, grazas a estes avances podo disfrutar duns moitísimo máis lixeiros e máis duradeiros, xa que os patíns de agora están feitos de titanio, que é un material moito máis lixeiro e resistente que o de antes.

  14. Ana Domínguez di:

    RFID é un sistema de almacenamento e recuperación de datos remoto que usa dispositivos denominados etiquetas, tarxetas, transpondedores ou tags RFID. O propósito fundamental da tecnoloxía RFID é transmitir a identidade dun obxeto (similar a un número de serie único) mediante ondas de radio.

    As etiquetas RFID son uns dispositivos pequenos, similares a unha pegatina, que poden ser adheridas ou incorporadas a un producto, un animal ou unha persoa. Conteñen antenas para permitirlles recibir e responder a peticións por radiofrecuencia desde un emisor-receptor RFID. As etiquetas pasivas non necesitan alimentación eléctrica interna, mentras que as activas sí o requiren. Unha das ventaxas do uso de radiofrecuencia (en lugar, por exemplo, de infravermellos) é que non se require visión directa entre emisor e receptor.

  15. Nahir Roig di:

    El Ojo de Halcón (Hawk-Eye), también conocido como ojo de águila, es un sistema informático usado en críquet, tenis y otros deportes para seguir la trayectoria de la bola. El sistema informático genera una imagen de la trayectoria de la pelota que puede ser utilizado por los jueces para decidir en jugadas dudosas. Fue desarrollado en Hampshire, Reino Unido en 2001 por ingenieros trabajando en la empresa Roke Manor Research Limited. La patente es propiedad del Dr Paul Hawkins y David Sherry. Más adelante, la tecnología se continuó en una compañía separada, Hawk-Eye Innovations Ltd.

  16. Ignacio Pena di:

    No noso libro de ingles aparecia un atleta, Oscar Pistorius, que iva a competir nas olimpiadas de 2004. Este atleta non tiña as suas pernas senon que corria cunhas protesis de fibra de carbono e polo tanto tiña unha ventaxa sobre os outros corredores. Estas protesis aparte de proporcionarle unha vida normal, tamen le ayudaron a conseguir grandes records.

    • Ignacio Pena di:

      Encontrei mais informacion sobre as protesis de Pistorius. Las cheetahs ,que asi se chaman estas protesis, estan feitas de fibra de carbono como xa indiquei arriba, son unas protesis de alto rendemento feitas sobre todo para os deportes. Estas protesis son optimas para apuntacions transtibiais y transfemorais. Se adxunta no traseiro facendoó forte, axil e un executante probado para atletas profesionais no mundo entero.

      Agora quisiera escribir algunha cousa da vida de Oscar Pistorius. Oscar Pistorius posue as marcas mundiais nas marcas de 100, 200 e 400 metros lisos para os atletas que sofreon una doble amputacion. Aunque as piernas artificiales permitenlle competir, o uso de estas ocasionaron moitas protestas xa que con elas tiña unha ventaxa sobre os demais atletas. Por culpa destas protestas no ano 2007 a IAAF modificou as suas reglas de competicion para prohibir o uso de “calquera dispositivo que incorpore rodas,resortes o calquera outro dispositivo que lle proporcione a o atleta algunha ventaxa sobre os demais”. Un seguimento que se faceron deste atleta demostrou que gozaba de ventaxas sobre os demais, o que non lle permitia participar nos Xogos Olímpicos de Pekin. Pistorius non se rindio e apeló esta decision, e o TAS (Tribunal de Arbitraxe Deportivo) auntorizoulle a particpar nos Xogos, pero para ello necesitaba obter o tempo minimo que se lle exise a todo deportista pero non o consegiu, tampouco o seleccionaron para a proba de 4X400.
      Afortunadamente foi elexido para competir nos mundiales de Daegu nos 400 metros, pero a sua meta é os Xogos Olimpicos de Londres 2012, ¿e quen sabe? si lle veremos correr al lado do gran Usain Bolt.

  17. Diana Pérez di:

    Unha interesante investigación do Instituto Karolinska de Estocolmo analizou o funcionamiento cognitivo de 83 futbolistas profesionales. Os resultados foron fascinantes. Demostraron un desenrrolo superior a media en anticipación visual, identificación de patrons, cálculo de probabilidades, creatividade, desenrrolo de estratexias, toma de decisions.

    Pero, sobre todo, destacaron polo seu alto desenrrolo de funcions executivas: importantes na planificación, programación, secuenciación, memoria de traballo, etc. Este estudo demostrou que o nivel de desenrrolo de estas capacidades é o que marca a diferencia entre un buen xogador e “un crack”. Tamén, que os futbolistas de maior categoría profesional poseen mellor desenrrolo de todas elas.

  18. Boris Lobón di:

    Os adelantos tecnolóxicos nos deportes últimamente son moi abundantes e a medida que os tempos iran millor.
    En todas as áreas levanse a cabo moitos avances pero os sectores mais avanzados son a medicina e os deportes.
    Estas dúas están conectadas porque, como din Ignacio, Oscar Pistorius non podería correr senón levase as prótesis.

  19. Ayoub Elghotiss di:

    pois penso que si a bici se move tan só coa enerxia cinetica sobrante, pouco deporte vas facer desta maneira.

  20. Daniel Trujillo di:

    No deporte recentemente apareceu un novo avance, a tecnoloxía GPS,que permite mediante un pequeno aparato receptor coñecer a posición no espacio, o que unido á súa variación ao largo do tempo vanos permitir coñecer a distancia e a velocidade.
    A exactitude da medida de posición é por tanto esencial cando pretendemos obter datos “sensibles” e “reproductibles”, e eso vai estar en relación coa “tecnoloxía GPS” utilizada. As melloras contínuas que se están producindo na infraestructura espacial dos diferentes sistemas de posicionamiento por satélite, as melloras nos receptores que son capaces de procesar as sinais de máis satélites consumindo menos enerxía, así como almacear máis datos, e o enorme desarrollo do software específico de tratamento dos datos aportados polos pequenos receptores están revolucionando o seu uso.
    Pero os sistemas de control de entrenamento baseados en GPS teñen as suas limitacións á hora de controlar distancias e velocidades nalgunhos deportes, como son os deportes de equipo. Neste tipo de actividades nos que as distancias percorridas son importantes para o entorno físico no que se desarrollan, así como os contínuos cambios de dirección, dan lugar a que a precisión de ditos sistemas que están controlando a posición cada segundo non sea moi elevada. Ao fin e ao cabo un aparato de control de entrenamento baseado en exclusiva na medición GPS vai considerar que sempre a diferencia de posición entre 2 puntos de referencia é una liña recta esto non sucede sempre así.

  21. Roxana Cadena di:

    As novas tecnoloxías aplícanse no deporte dende hay algún tempo, sobre todo nos deportes que se necesita gran precisión nos rexistros, como por exemplo nas carreiras de velocidade (ciclismo ,atletismo)nos que se utiliza as células fotoeléctricas para rexistrar os tempos empleados.
    Non solo se utiliza nas competicións sino que tamén nos entrenamentos para calcular os parámetros fisiolóxicos , bioquímicos etc… que posteriormente serán utilizados para calibrar o entrenamento.
    Actualmente no deporte, o proceso de observación do deportista se encontra relacionado xeralmente con o uso de equipos de medición, que cada vez son máis sofisticados para darnos información precisa.
    Como é:
    -O Rexistro Óptico._utilizase para rexistrar os movementos do atleta, en competicións e entrenamentos sin estar en contacto directo con él,entre elas se encontra
    *Fotografía
    *Tomas cinematográficas
    *Células fotoeléctricas.
    Das novas tecnoloxías que se aplican no fútbol se utilizan os parámetros físiolóxicos e bioquímicos.

  22. Lenny Mamani di:

    A tecnoloxía é un descubrimento que revolucionou totalmente no mundo. Grazas a tecnoloxía,a medicina avanzou, o traballo fíxose menos difícil, e agora tamen axuda ao deporte.Tenis, fútbol, atletismo, entre moitos outros avanzaron y melloraron grazas a tecnoloxía.
    Facilita e axuda a saber con precisión cousas que nos quizais non somos capaces de facer. Dentro duns anos a tecnologia tomara o posto dos entrenadores xa que todo se vai substituyendo por novas tecnoloxías . É certo que a tecnoloxía axudou a avanzar e mellorar moitas cousas pero eu creo que todo ten su límite.

  23. Thiago Echevarría di:

    Falando de metais lixeiros…O titanio, e un materia moi caro e a vez moi utilizado para facer reloxes, bicis…Debido ao seu pouco peso.
    Por exemplo unha bicicleta normal de alumino pesara sobre uns 12-13 kg, e a misma bicicleta pero de titanio o peso poderia chegar a uns 6 kg. Iso e moi util para ciclistas profesionais, pero debido ao seu prezo, non e accesible a todos os bolsillos, para que fagades unha idea: un reloxo de titanio poderia chegar aos 700E.

    Depois de esta pequena aportacion sobre o titanio, os vou falar de Oscar Pistorius.
    Pistorius posee as marcas mundiais nas probas de 100, 200 e 400 metros lisos para atletas que han sufrido unha doble amputación. Para correr utiliza prótesis transtibiales construidas en fibra de carbono. Aunque estas pernas artificiales permitenlle a Pistorius competir, seu uso ha xenerado protestas de que lle dan unha ventaxa inxusta sobre outros corredores. Rexistra 46.34 segundos en 400 metros, ou máxima velocidade nos xogos Paralímpicos de Atenas 2004.
    Os deixo un video para saber un pouco mais de el:
    http://www.youtube.com/watch?v=KRCRt2hmE08

  24. Amir Pose di:

    Traxes que se axustan ao teu corpo como unha luva; tenis que se adaptan a cada milímetro do teu pé; roupa que che permite suar e non te mollar; bebidas enerxéticas; aditamentos especialmente deseñados á medida de calquera atleta para que poida alcanzar as mellores marcas e os mellores resultados… Esto é só unha parte de como o progreso tecnolóxico aterrou no mundo do deporte.

    Moito cambiaron os tempos dende que os atletas gregos corrían descalzos naqueles primeiros Xogos Olímpicos.
    Co paso dos anos foise avanzando en materia de calzado; por mencionar un exemplo, no século XIX, uns adestradores ingleses idearon as primeiras melloras: fixar nas solas das zapatillas unhas pequenas tiras para a súa adherencia.
    Hoxe en día, as grandes marcas comerciais, encargáronse de investigar novos materiais e formas, que no caso dos traxes de baño dos nadadores tratan de imitar a pel das quenllas; e no caso dos traxes para velocistas, son capaces de adaptarse ás curvas para optimizar o rendemento; dándolles -como a un auto deportivo- a vantaxe dunha estrutura aerodinámica.

    E así poderiamos citar e citar exemplos… Y para mostra, un balón… No que respecta ao futbol, neste ano estrearanse dous produtos baseados na innovación tecnolóxica.
    O primeiro, é un balón que entre as súas capas de escuma sintética contén un xel especial que absorbe mellor os golpes, e que case de forma máxica se axusta ás condicións climatolóxicas máis adversas: vento, neve, chuvia, calor, etc.

  25. Alexandra Parceiro di:

    Un cambio tecnoloxico relacionado co deporte é que podemos ver os torneos dende as redes socias, o movil, ordenador… Non temos que estar en directo no lugar dos torneos.
    Fai 23 anos os torneos podían verse na casa, sen estar no lugar do torneo, pero na televisión e en branco e negro. Esto en medida seria un avance, pois se se celebra un deporte que che gusta na outra punta do mundo, ti simplemente colles o teu movil, ordenador ou televison e podes velo sin ter que desprazarte.
    Como falan das olimpiadas gregas da antiguedade, para eles seria impensable ver os seus torneos dende a sua casa nunha pantalla na outra parte do mundo.

    En hípica Nike ideou as Nike Ippeas, unhas botas que ofrecen melloras tales como unha cremalleira de bota completa, o cal fai que sea mais fácil poñelas e quitalas; unha zona interna (a que está en contacto co cabalo) con goma de alto agarre, para un mellor control do cabalo durante saltos; e unha espola incorporada de titanio que pode graduarse e quitarse con só atornillala.

    Os novos bates de beisbol (softball) son máis resistentes e, sobretodo, lixeiros. Esto os converte en máis controlables a hora de realizar o “swing” e de controlar onde queremos que vaia a bola.

  26. Carlos García di:

    Toda a tecnoloxía aplicada ó deportista non serve de moito si o que falla é a voluntade, a concentración ou calquer outra faceta do estado emocional. Por iso psicólogos acompañan ó atleta ou ó equipo de competición para que segan disfrutando das competicións; para saber cambiar pensamentos negativos por positivos; concentrarse e non quedarse pensando nun erro; desenvolver técnicas de relaxación, non temer ó día do partido ou competición, deixar a un lado os problemas personales, non temer ás posibles lesións, etc.
    Por iso ainda que agora parecería que a tecnoloxía aplicada ó deporte non ten límites infranqueables, o factor humano segue sendo o elemento a ter en consideración e é o que marca a diferencia entre gañadores e perdedores.

Deixa unha resposta