Alimentos afrodisíacos?

O cerebro é o noso  órgano sexual por excelencia. Todos os pensamentos, sentimentos e sensacións corporais son mediadas pola actividade  dalgunhas das  nosas neuronas.  Lóxicamente, os produtos químicos nos nosos alimentos ou noutras substancias poden afectar esta maquinaria complexa. Istas son algunhas das máis importantes.

A oxitocina é unha hormona natural cuxo nome  significa rápido, xa que logo do seu descubrimento, en 1900, se tornou coñecida a súa participación na indución do parto. No cerebro, axuda e ten un papel importante nas nosas emocións, fomentando conexións persoais e sentimentos de amor. Varios alimentos como ovos, polo, mazá, plátano, melón e brotes de trigo promoven a  produción de ocitocina e doutras substancias que facilitan estados de pracer (serotonina, dopamina, norepinefrina, etc.)

A dopamina é unha hormona producida nunha ampla variedade de animais, no sistema nervioso.  Cumple funcións de neurotransmisor, activando os cinco tipos de receptores celulares de dopamina. A dopamina tamén está implicada activamente no fenómeno da dependencia, o desexo de repetir a satisfacción.
Outras substancias intimamente relacionadas ao circuíto de recompensa do cerebro son a serotonina e a endorfina.

En calquera caso, son necesarias máis investigacións que apuntan os compoñentes específicos dalgúns alimentos co seu resultado final e cuantificar a súa acción.

Na última edición  do periódico Food Research International os investigadores John P. Melnyka e Massimo F. Marcone revisaron máis a fondo o tema, aceptando a existencia, nalgúns casos, de certas intensificacións sexuais, pero indicando que se necesitan máis e mellores investigacións para aclarar os mecanismos de actuación.

Autora: Cristina González

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida, 8. Pseudociencia e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.