É posible a mesma saúde para todos?

Cada ano perden a vida millóns de persoas debido a enfermidades que se poden evitar e tratar, sobre todo nos países pobres. En moitos casos poden fabricarse medicamentos baratos pero a industria farmacéutica establece uns prezos que non son asequíbles para a poboación con menos recursos. Isto débese a que o desenvolvemento de medicamentos está orientado a obter o máximo beneficio económico e non social. Pensades que esta situación é xusta para a saúde global?

As farmacéuticas xustifican o alto prezo dos medicamentos asegurando que os beneficios son invertidos nas investigacións para novos fármacos, que non sempre coinciden coas necesidades sanitarias da poboación nese momento.  En países como EE.UU, o Goberno é o que financia gran parte da investigación en cuestións de saúde, sen embargo os prezos seguen sendo elevados e o intercambio de coñecemento, limitado. Esta situación vese favorecida polo sistema de patentes; se unha empresa farmacéutica descubre unha fórmula para un medicamento non so non o compartirá con outras empresas senón que será a única que o fabrique e a que decida o seu prezo. Quen credes que debe liderar a investigación no ámbito sanitario: os Gobernos ou as empresas privadas?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) elaborou un informe chamado “Investigación y desarrollo para atender a las necesidades de salud en los países en desarrollo” no que recomenda as contribucións financeiras obligatorias por parte dos Gobernos para investigar as necesidades de saúde nos países en desenvolvemento. Ademáis da creacción dun observatorio global que detecte onde hai máis carencias que atender. Esta recomendación é unha oportunidade para diminuír as desigualdades nos servicios de saúde e chegar a conseguir modelos máis xustos para todos.

Sabedes cal é o papel da OMS na nosa saúde? Creedes que debería reformarse o sistema de patentes actual e favorecer a investigación aberta medianteo intercambio de coñecemento entre os científicos?

Recoméndovos que vexades “El jardinero fiel”,  unha película que trata sobre este tema das farmacéuticas  e o seu papel nos países pobres.

Autora: Rosalía García

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 9. Etica e ciencia e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

39 Responses to É posible a mesma saúde para todos?

  1. Lúa Roldán di:

    A Organización Mundial da Saúde (OMS),é o organismo da Organización das Nacions Unidas (ONU)responsable de realizar unha función de liderazgo nos asuntos sanitarios mundiais, configurar a axenda das investigacións na saúde, establecer normas,prestar apoio técnico aos países e vixiar as tendencias sanitarias mundiais.No século XXI,a saúde é unha responsabilidade compartida,que esixe o acceso equitativo á atención sanitaria e a defensa colectiva fronte as ameazas transnacionais.
    A primeira reunión da OMS tivo lugar en Xinebra, en 1948.
    Os 197 Estados Membros da OMS gobernan a Organización por medio da Asamblea Mundial da Saúde,composta por representantes de todos os Estados Membros da OMS.
    As súas actividades consisten en:

    Levar a cabo a Clasificación Internacional de enfermidades e manter ao día unha lista modelo dos medicamentos esenciais.

    Toma de medidas necesarias para deter unha epidemia e medidas sanitarias sobre os viaxes internacionais(como a vacunación).

    Asistencia aos Países Menos Avanzados:
    Vacunación contra as grandes enfermidades infecciosas,aprovisionamento de augua potable, eliminación de residuos,protección maternal e erradicación de certas enfermidades.

    Elaborar un programa estatal de loita contra o sida,entre os obxetivos está o acceso a tratamentos,investigación,vixilancia epidemiológica,etc.

    Garantizar o acceso a medicamentos de boa calidade,seguridade e eficacia mediante o programa de pre-evaluación de medicamentos.

  2. Carlos García di:

    O medicamento está secuestrado pola propiedade intelectual. A maior parte do investimento en Investigación e Desenvolvemento (I+D) no sector farmacéutico provén do sector privado, que se gasta cada ano medio trillón de dólares en descubrir novos fármacos e que espera que o retorno do investimento chegue dalgunha forma. Este punto de partida conleva unha situación case perversa: o 90% do esforzo das multinacionais fíxase nos problemas médicos do 10% da poboación, que é quen pode pagar o prezo que necesitan para seguir tendo beneficios, xa sexa directamente ou a través do sistema de saúde pública dos seus países.
    Según un estudio do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), o 85% da poboación mundial estaba fora do acceso ó medicamento. E o estaba fundamentalmente polo prezo abusivo que se pon ós productos en determinadas zonas do mundo. Un retroviral para paliar os efectos do VIH, pode costar catro veces máis en Colombia que no Perú únicamente porque o sistema público non esté alerta das subidas arbitrarias da empresa que o produce. Nos países europeos, para asegurar a viabilidade do sistema, existen controis de prezos dos medicamentos. Mentres, nos países en vías de desenvolvemento, entre outras cousas por esixencias do Banco Mundial, hai que liberalizar os prezos de todo, incluidos os dos medicamentos. A industria chega a países como Brasil, só lle interesa a clase alta que ten capacidade de pagar do seu bolsillo o medicamento e fixa prezos altos para facer lucro.
    La solución pasa, según Farmamundi, por cambiar por completo o sistema de patentes que rixe actualmente a industria farmacéutica. A empresa que desenvolve hoxe en día un medicamento é dona desa fórmula ata 20 anos despois e a maioria delas encarganse de buscar resquicios legais para continuar pasado ese tempo.
    A solución pasa por desvincular a I+D farmacéutica do proceso de patentes e conseguir que os estados entren como actores no sector. O cambio nas reglas do xogo podería ter o seu arrinque na Unión Europea. O seus sistemas de saude, basados na redistribución, cun financiamento público, onde o acceso á saúde e ó medicamento é un dereito do cidadán. Si na Unión Europea a I+D faise con fondos estatais, o medicamento pasará inmediatamente en dominio público, non vai ser patentado, vai ser máis barato e os países pobres que importan van a ter acceso no mercado internacional a mediciñas muchísimo máis baratas”.

  3. Cristina Frade di:

    Centrándonos en Galicia, a porcentaxe que paga a Seguridade Social dos medicamentos que nos son recetados é dun 60%.
    Páreceme unha das grandes facilidades que nos dá o Goberno, pero, en que consistirán os recortes que quere facer o Goberno actual?
    Moi ben algúns destes recortes, no referido á sanidade pública, son os seguintes:
    – Non haxa prazas interinas.
    – Deixar fora da atención programada aos inmigrantes irregulares.
    O que a xente non sabe é que, segundo lle entendín eu a unha coñecida (doutora na seguridade social), agora os médicos van segundo uns obxectivos!!! Coma o estades a ler. Teñen un límite de consumo de medicamentos por doente, ademáis de por medicamentos polo número de doentes que atenden, e se non cumplen co que lles piden descóntanlles os gastos do seu xornal.
    A parte de que cando un médico se xubila, os seus doentes pasan a outro compañeiro en lugar de contratar un novo doutor.
    Sinceramente paréceme que isto xa é chegar ao límite.

  4. Yannick Afonso di:

    A Organización muundial da saúde (OMS)é o organismo da Organización das Nacións Unidas, especializado en xestionar políticas de prevención, promoción e intervención en saúde a nivel mundial. A primeira reunión da OMS tuvo lugar en Xinebra, en 1948.
    O Comité Executivo da Organización Mundial da Saúde recomendou que unha resolución proposta por Kenia e Brasil sobre investigación e desenvolvemento se adopte na Asamblea Mundial da Saúde. Se se aproba finalmente, esto favorecerá de manera eficaz a aplicación dos progresos biomédicos e científicos en medicamentos efectivos e asequibles, diagnósticos e vacunas que respondan ás necesidades dos pacientes, particularmente aqueles que viven na pobreza.

  5. David Lamas di:

    Eu queria falar de outra institucion que tamen promulga o importante que e coidala saude, a OPS.
    A Organización Panamericana da Saúde (OPS) é o organismo especializado de saúde do sistema interamericano, encabezado pola Organización dos Estados Americanos (OEA), e tamén está afiliada á Organización Mundial da Saúde, dende 1949,de xeito que forma parte igualmente do sistema das Nacións Unidas. Ten a súa sede en Washington e está dedicada a controlar e coordinar políticas que promovan a saúde e o benestar nos países americanos.Esta sede promove a atención primaria da saúde como un xeito de estender os servizos de saúde á comunidade e aumentar a eficiencia no uso dos escasos recursos. Colabora cos países na loita contra enfermidades que reapareceron, tales como a cólera, o dengue e a tuberculose, e enfermidades novas como a epidemia da sida que se está a propagar. Esta organizacion centrase sobre todo nos grupos mais vulnerables ; e onde fan un maior enforzo e no de reducir a mortalidade infantil que en Ameria e moi alta.

    Sobre este caso parece vergonzoso que por non ter diñeiro para pagar os medicamentos deixese perder vidas humanas polo feito de ser rico ou pobre. Penso que cando a vida das persoas esta en xogo da igual a clase social o que deberia importar e que se poden salvar vidas, e neste aspecto os gobernos e organismos deberian de facer algo ao respecto.

  6. Claudia Caramelo di:

    Eu quero falar dun tema moi serio, O trafico de organos e Turismo de transplante que converteuse nunha das mayores preocupacions da OMS. Cada ano realizanse arededor de 100.000 trasplantes no mundo, un de cada dez proveñen do comercio ilícito. Isto ocurre principalmente en Pakistán, India, China e Exipto o problema e que esta rede estase a extender por todo o mundo chegando xa a latinoamerica.
    A que se debe isto? O problema e que hai moita xente en lista de espera por un organo que lle xexa compatible, pero moitas veces o corpo rechaza o organo e desperdizase.Outro problema e que hai moitas persoas enfermas e poucos doantes, entre un 15% y un 30% dos pacentes morren antes de poder encontrar un doante compatible. Só en 2006 en UE, 5.500 persoas falleceron en espera dun trasplante, xeneralmente de corazón, pulmón, riñón, hígado ou páncreas.
    Enton as persoas enfermas que soen considerar en certos paises que ademais a lista esta trucada, buscan outras alternativas para conseguir un organo, atraves de internet contactan cun doante ou un traficante e tras pagar una gran cantidade de diñeiro viaxan a ese pais onde transplantalle o organo(turismo de transplante).
    O problema e que esos paises son de probreza extrema e os cidadans buscan diñeriro pa pagar suas deudas ou simplemente sobrevivir, asique contactan cun traficante atraves de amigos ou veciños e este lles ofrece 3.000 trala operacion, pero as victimas son estafadas e so lles dan 300 moitas veces nin eso e cando intentar reclamar son ameazadas de morte.O cal supondria que ia ser un beneficio nas suas vidas custoulle o resto delas xa que trala operacion non siguen ningun recoñecemento médico, moitos case non poden traballar nin realizar esforzos nin sequera limpar a sua “casa”. E mentras tanto os traficantes consiguen entre 50.000 dolares (riñón) por cada organo dependendo de cal sea. Un exemplo e o pobo de Punjab onde entre o 75% dos seus habitantes han vendido un riñón.

    Pero o mais preocupante e que os traficantes xa no conformanse co consentemento dos que venden o seu organo! Empezaronse a dar casos onde xente que ofrecia traballos moi ben pagados a certas persoas estan aceptaban e pedianlle ir o hospital a facer una proba de saude, tras acudir, estas persoas despertanse entubadas e sen seu organo! A resposta dos traficantes mais que escusas pobres como que “cortacheste cuns vidrios” para engañar as victimas. Tamen danse a desaparicions de nenos que aparecen mais tarde sen seu organo o simplemente non aparecen…tamen asasinatos pola extraccion de organos, como China onde, no 2006 se extraxeron órganos a uns 4.000 presos executados, o que fixo un total de 8.000 riñones e 3.000 hígados, principalmente para pacentes extranxeiros. Moitas veces os problemas tamen son transmitidos aos enfermos, xa que os organos transplantados as veces non estan sans e transitenlles enfermedades aos pacentes.
    Isto esta chegando demasiados lexos, una vida por outra, a explotacion de pobres, o emprego de persoas como productos….e volvemos o mesmo ricos que empregan a pobres como obxectos para os seus beneficios.

    Se pode reciclar un organo empregado? Que leis anse empregado en certos paises contra isto? Canto custa cada organo?

  7. Ignacio Pena di:

    Principalmente eu queria contestar as preguntas que se plantean na noticia:

    Na primeira pregunta da noticia, Rosalia, nos pregunta se é xusto para a saude global, losicamente a resposta é no, porque no todo el mundo tiene as mesmas oportunidades pero si deberian ter o dereito de poder ssalvarse.

    Na segunda, eu creo que deberia lideralo o goberno e poñer un prezo significativo en vez de que as empresas privadas poñan uns prezos desorbitado, a menudo insalvables para as persoas menos desfavorecidas.

    E costestando a ultima pregunta formulada como xa dixen antes terian que reformarse os prezos dos medicamentos para que sexan adsequibles para todo o mundo.

    • Ignacio Pena di:

      A escasez de farmacos e os altos prezos destes son uns dos principales problemas dos enfermos de SIDA en mexico. Nun comunicado, indican que o pais non acadou a mesma frecuencia que outros de Latino América coma Brasil que fabrica os seus propios medicamentos contra esta enfermidade. En México, advertiu, tampouco se conta cun padrón definido e, de feito está atrasado sobre certas coordenadas de control que tiña da enfermidade, pois agora moitas mulleres novas padécena, a maioría contaxiadas polas súas parellas, algunhas delas esposas de emigrantes.

  8. Jesús López di:

    Os datos de España, sitúan o gasto sanitario público, incluíndo gasto de coidados de longa duración, en 58.466 millóns de euros, o que supón un 71,2% do gasto sanitario total do país, que ascende a 82.064 millóns de euros. Como porcentaxe do PIB, o gasto sanitario total en España é de 8,4% El porcentaxe sobre o PIB de gasto sanitario público é do 6,0% e o do gasto sanitario privado é o 2,4%.
    En canto á composición do gasto, sen incluír o gasto en coidados de longa duración, son os servizos hospitalarios e especializados os que representan unha maior porcentaxe deste, seguidos pola prestación farmacéutica e os servizos de atención primaria de saúde.
    A razón principal do aparentemente pequeno peso relativo do compoñente Saúde Pública (1,2%) derívase, ademais de pola forma de definir e clasificar esta actividade nos sistemas contables, do feito de que as actividades de saúde pública, prevención e promoción, se desenvolven basicamente a través da rede de Atención Primaria.

  9. Naomí Mosquera di:

    Todos os países contan cunha sanidade pública que difiren uns a outros nos servizos mínimos que prestan aos seus cidadáns. Excepcionalmente, algúns países non contan con sanidade privada. A regra xeral é que nun país coexistan dous tipos de sanidade: pública e privada, sendo o conxunto un sistema sanitario mixto.
    O sector saúde pertence tanto ao sector primario, secundario e terciario ou de servizos.
    Sector primario: A través do medicamento natural, as persoas utilizan remedios tradicionais ou non industriais. Na agricultura, as persoas utilizan algunhas plantas medicinais extraidas directamente da natureza. Así como a folla de coca, a cal é utilizada nas culturas andinas como un analxésico.
    Sector secundario: Gran parte das plantas medicinais requiren certas transformacións de alimentos ou de materias primas, pero sen necesidade de pasar por procesos industriais. Por exemplo, na decocción cócense tanto plantas como animais con fins medicinais. As infusións son outro tipo de bebidas obtidas de follas secas, así como o té. Na industria farmacéutica, as persoas consomen medicamentos para o tratamento ou prevención de enfermidades. Esta industria tamén abarca a produción de pastillas, cápsulas, solucións para inxección, óvulos e supositorios; todos bens económicos que reportan niveis de lucro económico altos, tamén interveñen as plantas medicinais.
    Sector servizos: Na industria do coidado da saúde, a través das empresas de servizos de saúde (hospitais, clínicas, centros de saúde, laboratorios clínicos, etc.) e a través do seu persoal administrativo e de saúde, o sector saúde produce servizos para satisfacer as necesidades de prevención, diagnóstico, tratamento e recuperación das persoas. Estes, ao ser clientes das empresas de saúde (pacientes), ademais de ter, na súa calidade de persoas, dereitos humanos incluíndo á saúde, tamén teñen, na súa calidade de clientes, dereitos de consumidor que esixen calidade tanto na atención médica como na administrativa. Neste sector, profesionais de saúde como médicos e farmacéuticos prestan os servizos de prescrición médica e especificamente a prescrición de fármacos. Neste sector, tamén se atopan as compañías de seguros, as entidades prestadoras de saúde e a seguridade social, as cales satisfán a necesidade de tranquilidade ante os riscos na saúde do paciente/cliente.

  10. Boris Lobón di:

    Como ben di Rosalía a película “El jardinero fiel” é unha pelicula onde se reflicte este tema das farmacéuticas nos paises do Terceiro Mundo.Hai peliculas coma “Diamantes de sangre”, e “Lord of war” tamen tocan estes temas pero outros coma o poder dos diamantes para os bancos, as armas, etc.
    Na película da noticia fai unha crítica bastante forte ás farmacéuticas pero tamen hai outras pelis coma “Contagio” que fai o eloxio destas multinacionais como se foran heroes é todos sabemos que isto non é así.
    Todas as peliculas mencionadas, merece a pena velas para ver o inmenso poder que ten o diñeiro,as armas e sobre todo en África os diamantes.Unha boa idea seria ver por exemplo unhas das pelis citadas co permiso de Adela nas últimas clases de CMC.

  11. Daniel Trujillo di:

    Moitos países do mundo están gobernados por grandes empresarios coma empresas petroleras (Exxon Mobil Corporation), bancos poderosos (JPMorgan Chase) e tamén empresas farmaceúticas como Pfizer, a maior farmaceútica do mundo, que sáltase con algunhas actuaciones a legalidade. Pfizer a través de comprar a xustiza, salvouse das causas xudiciales impostas polo Departamento Xudicial de Estados Unidos pola promoción fraudulenta duns dos seus medicamentos, Bextra. Este medicamento era coñecido como a “superaspirina”, un medicamento para a artritis, a artrosis e o dolor agudo, pero que en realidade multiplicaba polo menos por dous o riesgo de infartos de miocardio e cerebrais. Éste foi o acordo extraxudicial, alcanzado entre unha administración pública e unha multinacional farmacéutica, de maior monto da historia: 1.600 millóns de euros. Non será o último. En realidade, é costume no sector que cando un laboratorio crea os suficentes problemas como para enfrentar á Justicia, o primeiro prefira chegar a un acuordo previo aos tribunais. Se buscan dous obxectivos principais. O primeiro, aforrarse cartos: por alta que sexa a cifra a pagar soe ser menor da que deberían asumir no caso de celebrarse os xuicios. Segundo, coidar a imaxen corporativa: aparecer unha soa vez na prensa por motivos que debiliten con tanta claridade a imaxe dunha empresa, é menos malo que expoñerse a ser ’percha informativa’ ( recurso común da prensa) dos periodistas durante os moitos meses que, de celebrarse, dura un enfrentamento destas características.
    Polo tanto nestas empresas xa non predomina a cura de enfermidades, senon os negocios, polo que non sempre buscan o ben común da saúde para todos, senón para aqueles que teñan cartos. Por isto hai un debate aberto sobre as intencións das farmacéuticas e unha crítica polas actuacóns ilegais de empresas como Pfrize. Richard Roberts, premio Nobel de medicina critica nas súas conferencias critica ao ‘lobby’ farmacéutico polo seu afán de buscar negocio e non de curar enfermidades.
    Eu plantexovos unha cuestión, ¿Credes que deberíase aprobar unha lei que obligase a que os beneficios que se obteñen polos fármacos destinense, en parte, á investigación de curas para enfermidades que afectan a personas con poucos recursos ou que afectan a países pobres do continente africano?

  12. joeltaibo di:

    Unha compañía farmacéutica chamada Pfizer, é a responsable dunha fraude cometida con nenos nixerianos.
    En 1996, o laboratorio necesitaba experimentar con nenos un antibiótico chamado “Trovan”. Por ese entón, en Nixeria expandírase unha epidemia de meninxite.
    Pfizer trasladou un grupo de médicos ao Estado nixeriano de Kano para subministrar medicina aos nenos enfermos. Nesta misión “humanitaria” seleccionaron 200 nenos que tiñan meninxite: a 100 deles subministráronlles o antibiótico que necesitaban probar, aos outros 100 brindáronlles un remedio xa probado doutro laboratorio. Na proba morreron, polo menos, 11 nenos e outros sufriron consecuencias graves como ser cegueira parálise ou dano cerebral.
    Pfizer foise de Nixeria sen que ninguén se decatase do seu experimento. Ata que o caso saíu á luz e o goberno de Kano denunciou a Pfizer por conspiración criminal e homicidio de vítimas inocentes.

  13. Alexandra Parceiro di:

    Cada día 15.000 persoas infectanse de SIDA. No Terceiro Mundo, o número de enfermos é sete veces maior que no Primeiro. Na África subsahariana, onde concentrase o 10% da poboación mundial, o 60% ten SIDA.
    O SIDA é unha auténtica epidemia:frena os logros do desarolo, é a segunda causa de morte, deixa 14 millons de horfanos. Estos son datos que manexa a OMS e UNICEF. Según elas, hata que non se controle a enfermidade, os países pobres non saldrán do seu burato de subdesarolo.
    A OMS e Nacions Unidas recomendan a posta en marcha de programas que combinen a formación e a información, ca promoción de anticonceptivos como o preservativo.
    A enfermidade viaxa rápidamente dun lugar a outro cando as fronteiras non están ben definidas. Ademais nestes paises a maioria das mulleres vense obrigadas a prostituirse, outras moitas son violadas… isto contribue a que nestes paises haxa un maior número de mulleres con SIDA, mentres que nos países desarolados a maioria son homes.
    En conclusión,¿Porque sucede todo isto co SIDA
    (e cun monton de enfermidades que matan a milleiros de persoas no terceiro mundo)? Simplemente pola falta de medicamentos, ou incluso, por algo tan sinxelo como a falta de preservativos.

    A Conferencia Internacional sobre Atención Primaria de Saude de Alma-Ata, realizada en Kazajistán, do 6 o 12 de septiembre de 1978, foi o evento de política de saude internacional máis importante da década dos 70. A conferencia foi organizada pola OMS e UNICEF. O seu lema foi “Saude para Todos no ano 2000”. Nela participaron 134 países e 67 organizacions internacionais.
    A Declaración de Alma-Ata posee un total de dez puntos para os estados membros e son:
    Punto1-Definición de saude
    Punto2-Igualdade
    Punto3-Saude como un asunto socioeconómico
    Punto4-O acercamento o dereito da saude
    Punto5-Responsabilidade gubernamental
    Punto6-Definición de atención primaria de
    saude
    Punto7-Compoñentes da atención primaria de
    saude.Na que se inclue:
    -A educación acerca dos problemas de saude e os métodos de como prevenilos e controlalos.
    -A promoción do suministro de alimentos e a nutrición apropiada.
    -O desarolo dunha adecuada fonte de auga potable e de salubridade básica.
    -O cuidado maternal e infantil, incluindo a planificación familiar.
    -A vacunación en contra das máis importantes enfermidades infecciosas.
    -A prevención e control de enfermidades endémicas locais.
    -O tratamento apropiado de enfermidades comuns e lesions.
    -Proporcionar os medicamentos esenciais.
    Punto8-Todos os gobernos deberan formular políticas nacionais, estratexias e plans de acción para iniciar e sosteñer a atención primaria de saude como parte dun amplo sistema nacional de saude e en coordinación con outros sectores.
    Punto9-Todos os países deberan colaborar no espíritu de sociedade e servicio para asegurar a atención primaria de saude para todas as persoas do mundo.
    Punto10-Un aceptable nivel de saude para todas as persoas do mundo podía lograrse para o ano 2000 si se extendía e melloraba o uso de recursos a nivel mundial para a saude, en vez de ser utilizada na adquisición de armamentos e nos conflictos militares.

    http://www.manosunidas.org/Campana2012-medios/campana-feb2012.asp?id=16
    Nesta páxina fala das campañas do SIDA e da malaria que fai mans unidas, con videos onde explica a sua función.

  14. Laura González di:

    Según un estudio realizado por Health Action Internacional, en el año 2009, se afirma, entre otras cosas: “después de recoger datos de 93 países para comparar el precio del Ciprofloxacino, un antibiótico de uso común, se encontró que este oscila entre una media de 31 US$ en China hasta 131US$ en Colombia“, y continua el estudio en referencia: “Norepinefrina, cuyo precio al salir del laboratorio es de 41.134$, pero ante el Fosyga se han presentado recobros por 195.571$, por su parte, la Amicacina, cuyo precio en el mercado es de $1.029, pero al Fosyga se lo cobran a casi $20.000″.El impacto en la salud de la población, de los altísimos precios de los medicamentos es devastador, son costos inalcanzables, para el común de la gente, lo que a la postre produce el deterioro irremediable del paciente y no pocas veces la muerte prematura.

  15. Sara Otero di:

    Esta situación de desigualdade frente a sanidade nos distintos países do mundo que describe Rosalía na entrada non me parece xusta, pois todos deberíamos ter os mesmos dereitos. Para combater os altos prezos dos medicamentos, a OMS propuxo que os países en vías de desenrolo elaborasen os fármacos necesarios para a súa poboación mediante a tranferencia das tecnoloxías sanitarias necesarias. De este modo, reduciríase o coste dos medicamentos nos países pobres e melloraría a saúde dos seus habitantes. Ademáis, impulsa o desenrolo económico dos países máis desfavorecidos. Países como Bangladesh, Etiopía, Xordania ou Uganda emplean este mecanismo e elaboran a súa propia industria. Sen embargo, para conseguir o acceso global aos medicamentos, o cal forma parte dos Obxectivos de Desenrolo do Milenio, debemos avanzar moito a nivel político.

    Respondendo á segunda pregunta, penso que deberían ser os gobernos quen elaborasen as investigacións no ámbito sanitario. Unha vez máis, apoiamos o investimento en I+D+i, para dirixir os esforzos no descubrimento de solucións para enfermidades que máis dano causan a poboación. Malia que isto non pode suceder debido á época de crise que vivimos nestes momentos e os correspondentes recortes que o goberno vese obrigado a elaborar, especialmente no I+D+i. Esta situación, leva ás empresas privadas a poder realizar investigacións innovadoras con total liberdade de patente. Na miña opinión, os gobernos deberían dedicarse á investigación das enfermidades máis inmediatas e necesarias para cada país, e sempre impulsando o intercambio de novos coñecementos; e as empresas privadas deberían dedicarse a un tipo de investigación vencellada á ciruxía estética e ao ámbito da beleza, pois isto non deixaría de ser unha fonte de riqueza. A estética trátase dun sector ao cal acuden, maioritariamente, persoas as que o prezo non supón un problema e polo tanto, establécense prezos de venta elevados.

  16. Sara Otero di:

    Gustaríame compartir con vós un artículo que atopei o outro día e garda relación con este tema, pero dende un punto de vista satirizado. Desta maneira, fainos decatar de que as investigacións actuais en sanidade non están orientadas a obter un beneficio social e primario, senón económico e estético.
    O artículo di así: “Invírtese 5 veces máis en silicona e en medicamentos para á virilidade que no Alzheimer”. E extrae a seguinte conclusión: “De aquí a algúns anos teremos vellas de tetas grandes e vellos sen disfunción eréctil, pero ningún de eles se acordará para o que serven”.

  17. Santiago de la Iglesia di:

    Para que un país se desenvolva, o primeiro que ten que asegurar e a saúde da xente do lugar, porque se non nunca van a ter unhas condicións adecuadas para vivir nun ambiente máis civilizado. O malo é que isto non é o interés da política destos lugares subdesenrolados, xa que o número masivo de poboación alcanzaría límites moi grandes, e a xente tería outras cousas polas que preocuparse, como asaltar ao goberno con folgas e guerrillas moito máis eficaces e multitudinais. O sistema remataría co cambio de poder e a imposición dunha democracia, por iso penso que esto e o primeiro que se debe facer a un país para que medre, ademáis de impoñer educación, construir infraestructuras para mellorar a calidade da vida da xente (como hospitais, comercios xustos, lugares de ocio) e movilizar empresas para que monten alí fábricas con moitas prazas . E isto sen antes dicir que habería que cambiar o sistema económico totalmente, repartir as riquezas do pobo entre él mesmo, que antes tiña o goberno e o exército, e incitar á xente ao progreso e ao aumento de posibilidades para todo o mundo, formar un ideal patriótico, introducilo en algún tipo de organización de países para axudarse mutuamente, destacar uns valores humanitarios, en resumidas contas, facer unha constitución. Non só é culpa da corrupción desos países polo que seguen a ser así, se non que os que de verdade poden facer isto non o fan por algunhas razóns bastantes lamentables, como a de “non querer meterse en conflictos” ou por chantaxes. Aínda que é máis difícil do que parece.

    Apuntome a película para vela, chámame moito a atención ese tema.

  18. Olalla Manteiga di:

    O ámbito de mercado da industria farmacéutica é o corpo humano, e o rendemento do capital investido depende da continuación e expansión das enfermidades. Os seus beneficios dependen da patentabilidade dos medicamentos, o que converte esta industria na máis rendible do planeta Terra.
    Con todo, a prevención e erradicación de calquera enfermidade reduce de maneira drástica ou elimina totalmente os mercados para os fármacos. Por conseguinte, as empresas farmacéuticas están poñendo obstáculos sistematicamente á prevención e erradicación das enfermidades.A industria farmacéutica ofrece “saúde” a millóns de pacientes, pero non distribúe os bens. No seu lugar, distribúe produtos que simplemente alivian os síntomas á vez que manteñen a enfermidade subxacente, como condición previa para o futuro do seu negocio. Para disimular esta fraude, as empresas farmacéuticas gastan o dobre de diñeiro en ocultalo que en investigación sobre terapias futuras.
    A necesidade de milagres do medicamento é tan grande como sempre, pero mala valoración empresarial xera enormes ganancias, mentres sobe o prezo dos medicamentos que salvan vidas.

  19. Ana Domínguez di:

    Sen dúbida esta noticia confirma a teoría de que os medicamentos e fármacos é totalmente un negocio, dirixido polas grandes empresas privadas que so buscan un beneficio económico.
    A cifra impacta: 17 millóns de persoas morren ao ano por non poder conseguir os medicamentos necesarios para curar as suas infeccións. A denuncia foi formulada por médicos sen fronteiras (MSF) e a organización mundial da saúde (OMS). Infecciones respiratorias, malaria, sida, tuberculose e enfermidades sexuais machacan duramente aos países pobres.
    Para a OMS e MSF, só o 1% dos fármacos destínase a enfermidades tropicais, e a metade son derivados da investigación veterinaria. En europa, o tratamento dunha neumonía con antibióticos equivale a dous ou tres horas de salario, mentras que en África representa o sueldo mensual.

  20. Sabela Escourido di:

    Menos mal que en España temos a Seguridade Social xa que me estiven a informar e mais de 50 millóns de norteamericanos non a teñen.
    A seguridade social, ás veces tamén chamado seguro social ou previsión social, refírese principalmente a un campo de benestar social relacionado coa protección social ou cobertura das necesidades socialmente recoñecidas, como saúde, pobreza, vellez, minusvalideces, vivenda, desemprego, familias con nenos, familias numerosas, familias en situación de risco, e outras.A Organización Internacional do Traballo (OIT), nun documento publicado en 1991 denominado “Administración da seguridade social” definiu a seguridade social como:
    A protección que a sociedade proporciona aos seus membros, mediante unha serie de medidas públicas, contra as privacións económicas e sociais que, de non ser así, ocasionarían a desaparición ou unha forte redución dos ingresos por causa de enfermidade, maternidade, accidente de traballo, ou enfermidade laboral, desemprego, invalidez, vellez e morte; e tamén a protección en forma de asistencia médica e de axuda ás familias con fillos.Con respecto á noticia creo que debería haber controladores que non fosen corruptos para poñer prezo aos fármacos, xa que é comprensible que se fas un traballo che paguen por iso, pero ao fixar o prezo non deberían ser avariciosos e deberían pensar que con eses fármacos mesmo poden salvar vidas que é mais satisfactorio, a nivel moral, que todo o diñeiro do mundo.

  21. Amir Pose di:

    Os países pobres, que non teñen hospitais, drogas antivirais nin un sistema sanitario capaz de descubrir e illar novos casos de enfermidades infecciosas, cuxa poboación vive maioritariamente en vilas miseria sen hixiene, serían presas doadas dunha pandemia de gripe.

    “En todas as pandemias que foron investigadas historicamente, cando máis pobre é o país, peor lles vai aos seus habitantes”, dixo Angus Nicoll, xefe do programa sobre a gripe do Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades.

    A xente di foi horrible en Europa, pero en realidade, foi moito peor en India e probablemente tamén en Africa nesa época por ser países pobres.

  22. Cristina González di:

    A organización humanitaria Médicos do Mundo (MdM) denunciou en Atenas que os recortes que os gobernos europeos, en particular os de España e Grecia, están facendo na Sanidade pública non teñen «ningún sentido» desde o punto de vista económico.

    Os recortes na Sanidade pública terán graves consecuencias para a saude individual e colectiva, advertiron varios representantes de esta organización non gubernamental durante unha roda de prensa ao comenzo de su convención anual, que, «por razóns de solidaridade», se celebra en esta ocasión na capital griega.
    «As medidas tomadas tanto en Grecia como en España teñen graves consecuencias para a saude individual e colectiva, son inxustas cos máis pobres e non teñen ningún sentido desde o punto de vista económico: o coste do tratamento tardío das condicións e complicacións médicas supera largamente cualquera aforro a corto plazo», explica a organización en un comunicado.

    «En España a situación está deteriorando a grandes pasos nos últimos meses», advirtió el presidente de MdM en España, Álvaro González.
    Nese sentido, criticou duramente o Real Decreto aprobado recentemente polo Goberno español no que se prevén recortes do sistema público de Sanidade por valor de 7.000 millons de euros.
    Especialmente lamentou a exclusión dos inmigrantes en situación irregular do sistema básico de Saude, o que, según dixo, «rompe o concepto de universalidade da saúde» ata agora existente en España.
    Ademáis, explicou que estos recortes poden xerar un problema de saude pública importante posto que fai que as medidas preventivas perdan a súa validez e aumenta o risgo de enfermidades contaxiosas pola ausencia de diagnósticos previos.

    http://www.youtube.com/watch?v=SATGm0tdJPY&feature=related

  23. Antía Navajas di:

    A Seguridade Social naceu en Alemania, na época do Canciller Otto von Bismarck, coa Lei do Seguro de Enfermidade, en 1883.A expresión “Seguridade Social” popularizouse a partir do seu uso por primeira vez nunha lei en Estados Unidos, concretamente na “Social Security Act” de 1935. E, posteriormente, o concepto é ampliado por Sir William Beveridge no chamado “Informe Beveridge” (o chamado “Social Insurance and Allied Services Report”) de 1942 coas prestacións de saúde e a constitución do National Health Service británico en 1948.

  24. Mateo Fdez di:

    As farmacéuticas son un negocio. Iso está claro, e vese na composición dos seus consellos, por exemplo, que estan formados case íntegramente por empresarios que pouco saben, teñen que ver e están sensibilizados (o mesmo poderíamos dicir de case calquera negocio). Sen embargo, creo que o problema que atopamos é que soe ocorrer con todos os negocios: son multinacionais, asociacións con moitísimo diñeiro, o que conleva a ter poder. En ocasións mangonean a países enteiros, e íso é malo, xa que o pobo vese subordinado a intereses financieiros, a xustiza deixa de actuar…etcétera, etcétera. A aglomeración de poder en poucas mans sempre é malo, xa que pérdese a igualdade e se impón unha ideoloxía ou modus operandi (como ocorre agora mesmo no noso país, por exemplo, que se fai o que o PP ordena -que ó mesmo tempo é o que as multinacionais lles manda facer-).
    Aínda así, todavía temos que avanzar incluso no mundo civilizado en aspectos sanitarios. Por exemplo, un dos países máis avanzados do mundo, EEUU, carece dun sistema médico público que satisfaga as necesidades da poboación, que acude en masa ás aseguradoras a por un seguro médico, inasequible para máis do 10% da poboación (máis de 30 millóns de persoas), que teñen que recurrir a médicos clandestinos no millor dos casos.
    Se xa nun dos países máis avanzados hai semellante discriminación, a globalización e neocolonialismo capitalistas a elevan exponencialmente. E cos medicamentos temos o mesmo problema que en todo, aínda non temos superado un sistema económico propio de Imperios e indíxenas, de ricos e pobres, que levamos usando máis de tres séculos.

  25. Yolanda Bermúdez di:

    As mais importantes industrias farmacéuticas están invertindo no asiatico para desenrolar novos productos ademais de menores precios que nos paises centrais. Pero o exito que mostra ten unha cara oculta, a gran cantidade de persoas enfermas, pobres e sen educacion utilizanse como conexillos de indias para experimentar novos medicamentos. India é un dos paises mais poboados do planeta e case a mitade é pobre. As grandes farmaceuticas buscan aumentar as suas ganancias e na India os laboratorios poden reducir nun 20% e 30% os costes en materia para a investigacion. Ainda que este abuso foi denunciado polos medios de comunicacion. Pero os que realmente estas afectados, non poden facer nada.

  26. Nildes Abella di:

    Olalla comentaba que a farmacéutica era unha das industrias máis rentables do Planeta.
    É así, a realidade é que entre os gobernos e os consumidores financian o 84% da investigación en saude, so o 12% correspondería ós laboratorios farmacéuticos e un 4% a organizacións sen fin de lucro. Obtendo así grandes beneficios.
    Outras moi rentables son as armas,a prostitución, o petróleo, os deportes, drogas e banca. Moitas destas non son nin tan sequera legais.

    Contestando a pregunta de Truji, penso que si sería unha boa medida crear unha lei para destinar parte dos beneficios obtidos cos fármacos á poboación de países subdesenvoltos como África. O motivo é que en ocasión son os propios países desenvoltos, eses que gozan dunha sanidade envidiada por outros, os que coas súas accións provócanlle enfermidades á poboación dos máis pobres. Por exemplo, no vídeo que vimos o outro día na clase cando barcos españois botaban na costa de Somalia, azotada pola fame e considerada un dos países máis perigosos do mundo, residuos tóxicos que enfermaron á poboación.
    Tampouco creo que toda a sanidade deba estar controlada polo Estado senon non habería iniciativa privada e en épocas de recesión económica non se investiría en investigación farmaceútica.

    É curioso que o país que máis inviste no seu sistema sanitario é EEUU, alcanzando o 15.9% do PIB. No estudo que rebelou este dato tivéronse en conta tanto o gasto público como privado. Pero sin embargo este país que máis gasta no é o que brinda o mellor sistema de saude, donde a saude pública é inexistente, xa que todo está en mans privadas, ás que a maioría dos habitantes non tñen acceso.
    A EEUU séguenlle Noruega, Suiza e Países Baixos entre os que máis invisten. Ó final desta lista atópase Rumanía, o segundo país máis pobre da Unión Europea.

  27. Victoria Zherdeva di:

    Esta noticia pareceme interesante, pero eu penso que é un tema moi amplo e isto implica a moitas persoas polo que nos non podemos responder con seguridade se é posible ter a mesma salud para todos xa que non todos países son iguales en economía.

  28. Thiago Echevarría di:

    O sistema vixente de patentes médicas, auténticos monopolios sobre o dereito a vida, e a causa principal do alto precio dos fármacos no mundo. Foi imposto por Big Pharma(gran empresa farmacéutica) e o goberno de Estados Unidos na Organización Mundial de Comercio e nos acordos bilaterais deste país con outros. Naturalmente, casi todos o están violando. A lista de países en observación polo goberno de EU por esta práctica e larga, mentras os pacientes de ese país viaxan a México e Canadá a comprar fármacos máis baratos, exponiéndose a severas penas.

    A justificación de Big Pharma para os seus altos precios e que gasta 30 mil millóns de dólares anuais en investigación e desarrollo, pero non e certo. Unha investigación de Public Citizen en 2002 demostróu que máis da mitade desa cifra corresponde a gastos de administración, comercialización e publicidade. Ademáis, o gasto en investigación e desarrollo non significa que Big Pharma esté investigando e desarrollando innovacións. Significa regalías para a investigación e desarrollo de universidades e laboratorios financiados con impostos.

  29. Diana Pérez di:

    Esta situación en canto o elevado prezo dos medicamentos non é xusto, xa que é co fin de obter beneficio e por desgraza moita xente morre sen poder pagar un tratamento custoso.

    Debe liderar a investigación no ámbito sanitario os Gobernos.

    A OMS cumpre os seus obxetivos mediante as seguientes funcions básicas:
    -Ofrecer liderazgo en temas cruciales para a saude e participar en alianzas cando se requieran actuacioes conxuntas.
    -Determinar as líneas de investigación e estimular a producción, difusión e aplicación de conocimientos valiosos.
    -Establecer normas e promover e seguir de cerca a sua aplicación na práctica.
    -Formular opcions de política que aúnen principios éticos e de fundamento científico.
    -Prestar apoio técnico, catalizar o cambio e crear capacidad institucional duradeira.
    Seguir de cerca a situación en materia de saude e determinar as tendencias sanitarias.

  30. Nerea Pardo di:

    Nos países pobres, as patentes de produtos farmacéuticos pode converterse nun obstáculo para a saúde pública debido a que os propietarios da patente poden cobrar prezos non alcanzables para a maioría das persoas. Orixinariamente, as patentes foron deseñadas para asegurar que o público se beneficie das innovacións, pero é evidente que na actualidade as persoas dos países en vías de desenvolvemento non se están levando a súa parte de beneficio. Na actualidade, nestes países estanse concedendo patentes de medicamentos que non deberían ser concedida(por exemplo,paténtase “novos” usos de compostos xa existentes).
    Cada país debe ser capaz de deseñar e facer funcionar o seu sistema de patentes da mellor maneira posible para os seus intereses nacionais, facendo uso da flexibilidade existente do Acordo da Propiedade Intelectual Relacionado co Comercio (ADPIC).
    Se os propietarios das patentes non teñen vontade de asegurar que os prezos dos medicamentos sexan equitativos para os países pobres nin de emitir licencias voluntarias, os gobernos deben actuar. Poden mellorar o acceso a medicamentos alcanzables para a poboación mediante a emisión de licencias obrigatorias para medicamentos baixo patente ou facendo uso gubernamental da patente.

  31. Ayoub Elghotiss di:

    Non é posible que todo o mundo teña o mesmo tratamento, e teña acceso as menciñas, xa que como dixo o meu compañeiro Mateo Fdez, a farmacéutica é unha gran empresa que sen dubida algunha o que busca é o seu beneficio.
    Tamén teño que dicir que moitos gobernos de países non desenrolados aceptan que se fagan experimentos co seu pobo ignorantes dos medicamentos que toman e das consecuencias as que se expoñen para que máis impresas estranxeiras vaian para alí e así incharse estes os seus bolsillos, pero como isto comven tanto as farmacéuticas como os gobernos dos países, pois cando algunha persoa protesta ou intenta dar a coñecer os riscos do que esta a pasar, sácana do medio sen que pase nada.

  32. Daniel Trujillo di:

    Hoxe rematei de ver a suxerencia de Rosalía, “O xardineiro fiel”, que conta a historia dunha activista (Tessa Quayle) que é asesinada mentres prepara unha denuncia sobre o traballo dunha multinacional farmacéutica en Kenia, e a hazaña do seu marido (Justin Quayle), que se toma a xusticia pola súa propia man e acabará o que comezou a súa muller. Pero para limpar o nome de Tessa, terá que descubrir como funciona a indrustria farmaceutica e as complicidades co goberno de Kenia y de su país, Gran Bretaña. O móvil do asesinato está vinculado ao uso do Dypraxa, un medicamento contra a tuberculosis que se está probando na poboación de Kenia, poñendo en riesgos as suas vidas.
    A película denuncia ó negocio xerado en torno á industria farmacéutica dende o punto de vista de Kenia, un país profundamente empobrecido. O 56% da población, uns 15 millóns de persoas, é pobre. As secuencias grabadas no suburbio de Kibera mostranos esta realidade. Nesta zona vive aproximadamente un millón de persoas en condicións infrahumanas en chabolas, sin servicios básicos de auga, luz, etc. Resulta tamén significativo que a obra de teatro sobre o SIDA realizase neste barrio, poñendo en evidencia a tráxica relación que existe entre SIDA e pobreza. Calculase que na actualidade 1 de cada 6 keniatas é VIH positivo, o cal afecta gravemente calquera proceso de desarrollo. Pero este estado de emerxencia é aún peor en barrios coma Kibera, onde calculase que o porcentaxe de infectados é superior.

  33. Evelin López di:

    O goce do grado maximo de saude que pode alcanzarse é un dos dereitos fundamentais de todo ser humano. Sen embargo, millons de personas carecen de acceso a atención sanitaria ou tan sequera a un saneamento básico. Frente a esa realidade, as personas que viven na pobreza a miudo se senten impotentes. Descoñecen seus dereitos humanos e se resignan a aceptar o feito de que os servicios médicos están demasiado lonxe,ou son demasiado caros, e os que teñen a sorte de poder acceder a eles non soen recibir un bo trato. Todo iso ten que cambiar. É preciso que a población coñeza mellor seus dereitos, para que poida ter maior control sobre as suas vidas. So entonces será posible movilizarse de forma eficaz para
    que os gobernos e outras institucións importantes se responsabilicen.
    A industria farmacéutica, encargada da producción e comercialización de medicamentos, é un dos sectores económicos máis importantes do mundo. A Fortune 500 list –la lista das 500 maiores empresas do mundo – indica que o volumen de beneficios das 10 maiores farmacéuticas superaba os beneficios acumulados das outras 490 empresas da lista.
    O desarrollo dun novo fármaco é un proceso largo e moi custoso.
    Mentras que a investigación e o desarrollo de fármacos recibe alrededor dun 13% do presuposto, a parcela dedicada a marketing se sitúa entre un 30 e un 35% do presupuesto anual. Polo tanto, se gasta máis do dobre en promocionar un medicamento que nun descubrimiento e desarrollo.
    Os medicamentos novos poden ser de dous tipos: as ‘novas entidades moleculares’ ou os coñecidos como ‘me too’ (yo también), que son aqueles que xa teñen no mercado equivalentes químicamente casi idénticos. A normativa que regula os ensaios clínicos é o suficientemente permisiva como para que calquier producto que demostre ser mellor que un placebo, poida ser comercializado. A producción destos medicamentos que non aportan novas funcions é a contribución máis importante do sector farmacéutico: ascende a aproximadamente un 75% dos medicamentos aprobados anualmente.

  34. Lenny Mamani di:

    É verdade que cada ano morren máis e máis persoas debido a falta de actividade e movemento respecto aos medicamentos.
    Paises do tercer mundo onde a xente morre de enfermidades que aquí parecen algo normal curarlas, cua simple vacuna, alí estan matando a moita parte da población ,incluindo nenos.
    Tamén é verdade que a OMS esta facendo un bo traballo investigando e tratando de corrixir estos problemas ,pero fai falta moita mais axuda.
    Hai varios factores que impiden que os paises como os de Sudáfrica non poidan recibir e usar as axudas de medicina como eles quixeran.
    Un é o clima que non favorece en nada a estos paises. Xa que as vacunas teñen que estar nun lugar frío, e é moi difícil manelas por moito tempo frías con calor que fai neste paises .
    Outro é económico xa que é importantes neste tema. Coa crisis que varios paises agora mesmo estan afectados, as axudas vaise reducindo e mais personas van morrendo.
    Xa que o diñiero é algo moi importante neste caso.
    Qué se pode facer?Eu creo que tratar de axudar có minimo que poidamos,así se cada un pone su granito de arena, xuntos poderiamos formar unha montaña e salvar máis vidas das que un se poida imaxinar.

Deixa unha resposta