O negocio do lixo

Naser Manshiyat, no Cairo (Exipto), é  unha cidade con 60.000 habitantes que conta cunha escola, unha oficina de correos, un pequeno centro de saude e alguns negocios. Ata aquí todo é normal ou incluso algo máis do normal, xa que se trata dunha cidade do mundo pobre.

Pero isto non é o máis destacable da cidade, senon que, esta poboación está chea de lixo e os seus habitantes  persoalmente  clasifican, reutilizan ou venden calquera material que poda ser aproveitado ou reciclado, do lixo do Cairo.

Por este motivo esta cidade é máis coñecida como a cidade do lixo. Os “zabbaleen” (recolledores de lixo en árabe) cargan cada día nos seus carros tirados por burros, as bolsas de lixo que recollen por cada rúa do Cairo e as traen a este lugar. Aquí, as depositan nas entradas dos seus fogares.

Máis tarde homes, mulleres e nenos,  poñense mans a  obra para separar os refugallos de cada bolsa e empaquetalos en sacos, para despois distribuilos nas máquinas instaladas nos baixos das casas para o proceso de reciclaxe. De esta maneira, os “zabaleen”, revenden o material reciclado ás fábricas locais e ao mesmo tempo o utilizan para fabricar os seus propios utensilios.

Antes o material orgánico era empregado para alimentar os porcos que eles mesmos coidaban, os cales convivian nas rúas con todo o lixo ao redor, pero isto rematou  coa peste porcina. Dende entón cambiaron os porcos por cabras.

Autora: Alexandra Parceiro

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida, 4. Cara a unha xestión sustentable, 4. Contaminación e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to O negocio do lixo

  1. Jesús López di:

    Viven con menos dun dólar ao día, fáltalles traballo, comida, ás veces auga e electricidade e, non obstante, construíron nos seus teitos tecnoloxía sostible de primeira calidade co único que lles sobra: lixo.

    Algúns habitantes do barrio zabalín (recolectores de lixo, en árabe) construíron quentadores solares con materiais reciclados que lles proporcionan auga limpa e quente ao momento.

    Así, para os habitantes deste barrio converteuse nunha cousa do pasado quentar auga na estufa ou con queimadores de queroseno, que anualmente causan a morte de 30 persoas por accidentes.

    O autor intelectual -e principal executor- desta idea é Thomas Culhane, un científico estadounidense que moi ben podería ser o condutor estrela de calquera programa de divulgación científica pola paixón coa que explica e materializa o seu sono de crear cidades sostibles.

    “Preparamos eco-comunidades que poidan producir solucións de auga, enerxía, residuos sólidos e que a xente as sinta nos seus ósos, nas súas mans, que as vivan todos os días”, dixo Culhane a EFE, que se mudou a este barrio hai catro anos para iniciar o proxecto.

  2. Amir Pose di:

    A capital de Exipto ten unha poboación próxima aos dezaseis millóns de habitantes, que xeran diariamente unha media de seis mil toneladas de lixo.Os zabbaleen – “a xente do lixo”, en árabe- pertencen á comunidade dos cristiáns coptos. “Coptos” provén de Aegyptos, e significa literalmente “Exipto”.
    Hai que sinalar que os zabbaleen chegaron a constituír na antigüidade a grande elite intelectual, económica e política de Exipto (Ademais do idioma árabe, os cristiáns coptos teñen unha linguaxe propia que devén dos xeroglíficos exipcios.)Michael Slackman, xornalista do New York Time, resume a posible reacción do mundo occidental con estas palabras:
    Moita xente aquí recoñece que este é un sistema doado de criticar, dende os porcos e as insalubres condicións de vida á vista dos nenos transportando lixo, coas súas caras sucias e as súas roupas manchadas.
    Pero é así como comen e sobreviven. E é así como permaneceron independentes dun goberno no que non confían.En relación cos zabbaleen All Gore dixo: “A historia dos zabbaleen é un claro exemplo de que modernización non sempre quere dicir progreso”

    • Cristina González di:

      Quizás, tanto técnica como comercio debieran convertirse en ferramentas dun sentido da modernización que, como fixeron os zabbaleen, sepa aproveitar de forma precisa e efectiva todolos recursos, respetando a orde natural e as súas leis. E ante todo, a súa dignidade como pobo e individuos.

      Sen pretender ignorar o sufrimiento e a dureza que impoñen as súas condicións de vida, os zabbaleen nos mostran que o sentido da dignidade e a voluntade dependen sobre todo de nós mesmos.

  3. Naomí Mosquera di:

    Cando un visita Exipto, este non é un deses lugares que aparecen nas listas de que visitar. É máis, é probable que se un acabase aquí por equivocación levaría un mal recordo. Falamos de Naser Manshiyat, tamén coñecida como a cidade do lixo.
    Naser Manshiyat é un asentamento de tugurios na periferia de Exipto. A vida neste lugar xira ao redor do lixo, e é que a súa economía se sustenta en todo aquilo que é susceptible de venda ou reciclaxe. A pesar de ter outros elementos das cidades típicas como bloques ou tendas, faltan elementos básicos como redes de sumidoiros, auga corrente ou electricidade.
    As familias acostumbranse a especializarse nun tipo de residuo concreto, e dependendo de que se recolla o destino será un ou outro. Papel, vidro ou metal, aquí todo se recicla. Incluso a materia orgánica ten unha utilidade, e é que con iso se adoitaba alimentar aos porcos que había na cidade antes da gripe porcina.

  4. Mateo Fdez di:

    O lixo é unha das consecuencias máis directas da cada vez maior excesiva sobrepoblación do noso planeta, o maior problema ó que nos enfrontamos. O tratamento destes residuos debería considerarse unha industria ou obxectivo vital, pero non sempre é así, o que dá lugar a exemplos como os da noticia ou os dos vertedoiros que un día sí e outro tamén vemos.
    Onde está o problema? É lóxico que non reside só nun factor, xa que o tratamento de residuos é unha longa cadea, pero debemos centrarnos en qué podemos facer nós. As solucións máis básicas son as que xa coñecemos: reducir, reutilizar e reciclar, resumindo. Pero son suficientes? En moitos casos só é un paripé que remata no mesmo lugar.
    O método no cal se basea esta separacón acada o nome de “recollida selectiva de basura”, pero un dos novos métodos imprantados na sociedade (aínda só en pobos pequenos, maiormente catalanes e vascos) é a “recollida selectiva de basura porta a porta”. Nela, son os propios veciños os que separan seus refugallos, entregando cada tipo deles (orgánico, plástico, envases, inclasificables…) un día distinto ó basureiro que pasa pola casa. A porcentaxe na reciclaxe chega a acadar o 75%, polo 34% usual da comunidade mediterránea. Sen embargo, este método ten inconvintes para o usuario, tanto estéticos como “olorosos”, xa que o lixo ten que esperar na mesma casa a que pasen a recollelo.

  5. Sara Otero di:

    Esta forma de vida que levan os habitantes deste pobo, Naser mashiyat, desperta certa curiosidade para min e paréceme unha boa medida contra a contaminación. Todos debéramos seguir un modelo de reciclaxe, mais penso que este non é o apropiado para nós, os países desenrolados.
    Na cidade do Cairo carecen de un sistema de recollida da basura público, e son os zabbaleen quen se encargan de recoller (por medios autónomos, sen ningunha axuda) o lixo que vai acumulando día tras día nas rúas da cidade. Fanno como un medio de subsitencia, para poder sobrevivir, e sen se decatar están axudando ao noso planeta. Logo, cando a basura chega a esta “cidade do lixo”, encárganse de reciclar todos os residuos. Parece cousa boa, e algo do que os demais deberíamos de tomar exemplo. Mais, se coidar e loitar polo planeta significa vivir nunhas condicións de sanidade pésimas, rodeados de un cheiro desagradable constantemente, e carecer dos medios para lograr un desenrolo sostible, eu non estou a favor destas medidas. Estes métodos de reciclaxe soamento os considero factibles nos países que carecen dos medios públicos para lograr unha mellora da calidade de vida. Es España, debemos empegrar uns métodos de reciclase máis efectivos dos que actualmente dispoñemos.

  6. Ignacio Pena di:

    Aparte dos problemas claro que ten tanta cantidade de basura no medio ambiente, tanta basura coma esta repercute tamen na saude das persoas. Alguns dos problemas directos que ten son:
    Aumento da cantidade de axentes patógenos, e dicir, de microrganismos que aumenta as posibilidades de contraer enfemidades.
    -A presenza de gases tóxicos que ocasionan daños a la piel, las vias respitorias, irritacion en los ojos y alergias, aparte de los efectos repulsivos a la vista y al olfato.
    -Os desechos son un bo lugar para que habiten numerosas plagas, al brindarles fontes de alimento e boas condiciones de vida. Alguns destes animais poden ser ratas, mosquitos, cucarachas, mosca y demas animais que transmiten todo tipo de enfermidades coma: apeste bubónica, o tifus, a rabia, a disentería, enfermedades do tracto digestivo, febre amarela, dengue, encefalitis, tuberculosis, leptospirosis y otrass.

    En resumo o continuo desperdigamento da basua non so é perxudicial para o medio ambiente senon tamén para as persoas que viven nesa rexion, e que ten moitas mais posibilidades de contraer enfermidades.

  7. Antía Navajas di:

    A historia da reciclaxe no Cairo remóntase fai xa máis dun século, cando unha gran maioría dos cristiáns coptos que xa se dedicaban ao reciclaxe das basuras residían xunto a musulmanes nas zonas máis pobres do Cairo como os barrios de Imbaba, ou Shobra. A tarea era a mesma que a que realizan hoxe en día, anque poseían unha gran axuda para o reciclaxe dos refugallos orgánicos: os cerdos. Debido a que a relixión musulmá non acepta ao cerdo como animal para ser criado nin consumido, o Goberno decidiu alexar a todos os cristiáns coptos desa zona, propoñéndolles que se asentaran na zona de Manshiet Nasser, onde hoxe residen, e para que así construísen a sua propia metrópolis da reciclaxe.

  8. Victoria Zherdeva di:

    A situación na que se encontran e moi parecida a que se enfrontan en Ghana o chamado “vertedoiro do mundo” onde todolos desperdicios, sobre todo tecnolóxicos, van a parar poñendo en verdadeiro perigo a saude dos seus habitantes por respirar os vapores nocivos que desprenden os materias que se acumulan neste sitio, afectando maioritariamente os nenos da zona facendo que aparezan numerosos casos de desnutrición infantil e outras enfermidades.
    A verdade é que e indignante que no mundo no que vivimos ahora se sigan dando estas situacións de desapanro e pobreza

  9. Mila Mosquera di:

    Consideramos lixo todo aquilo que xa non nos serve e cada día esta cantidade vai aumentando, actualmente ten cuadriplicado a súa produción. A contaminación do aire é actualmente un dos máis graves problemas que enfrontan as cidades dos países en desenvolvemento.
    A cantidade diaria de residuos sólidos urbanos xerados en América Latina (1995) era da orde de 275000 toneladas. Estímase que só 75% é recollido e diso 30% disponse en recheos sanitarios. Pode dicirse que predominan os botaderos a ceo aberto con queima indiscriminada de refugallos e sen tratamento de lixiviacións, situadas moitas veces en áreas densamente poboadas.
    A forma máis sinxela para librarnos de do lixo é queimala. Esta práctica, non obstante, non é recomendable, xa que a queima a ceo aberto de lixo ocasiona a emisión de distintos contaminantes ademais de xerar efectos moi negativos sobre os seres vivos.Outro xeito consiste en depositala nos tiraderos ao aire libre, que constitúe o sistema máis usual entre nós para resolver o problema do lixo, aun que tamén e perxudicial xa que na zona escollida como recolledor de lixo desaparecen as plantas. O vento, ao pasar, levanta tolvaneras que arrastra á atmosfera o lixo xuntamente cos microbios que esta xera e os malos olores; desta xeito vaise contaminando pouco a pouco o chan que está arredor dos recolledores de lixo.
    Na actualidade moitas cidades teñen sistemas modernos de tratamento de lixo.
    A maquinaria separa, mediante correntes de aire, o papel; despois, mediante separadores magnéticos, o metal, o ferro e o aceiro; bandas vibradoras separan o vidro e o aluminio.
    O que queda ao final do proceso quéimase e a enerxía calirífica resultante aprovéitase para xerar electricidade.

    Dependerá de nos mesmos que no futuro aprendamos a reusar e reciclar todos os materiais que usamos, además dun correcto uso da eliminación do lixo.

  10. Jesús López di:

    Vou mencioar o caso da nosa ciudade relacioada coa basura.
    En setembro de 1996, 100.000 toneladas de lixo do vertedoiro de Bens, derrubáronse sobre o pequeno pobo de O’Portiño, nas inmediacións Da coruña, sepultando casas, coches, rúas, etc. provocando a morte dunha persoa. Agora, un xigantesco parque de 600.000 metros cadrados, inaugurado o pasado 5 de xuño, ocupa o espazo do antigo vertedoiro, que albergaba preto dun millón de toneladas de lixo.

    Os residuos sólidos urbanos Da coruña e da maior parte dos municipios do seu ámbito, o que supón unha poboación dunhas 400.000 persoas, víñanse acumulando dende había anos na zona, un cavorco o fondo do cal se encontraba O’Portiño. As paredes do estreito val fóranse elevando, capa a capa, a base de acumular lixo prensado con terra. A derruba inundou esta ampla zona e chegou ata o mar, convertendo o panorama nunha amálgama de lixo. O escenario parecía surrealista, o olor desprendido inundou a capital coruñesa e mantívose durante varios días.

  11. Xisela Lema Díaz di:

    Os maiores produtores de Lixo a nivel mundial son: Estados Unidos, Corea do Sur, Xapón e Canadá. Aínda así nos países desenvolvidos cada vez adóptanse medidas para que o lixo cause menos efectos e danos ao medio e tómanse medidas como: Reciclaxe, compostaxe ou a incineración como o fan en Suecia que se volveu líder en produción de enerxía a través de incinerar.

    Os principais datos que se teñen do lixo en Latinoamérica veñen principalmente de México, desafortunadamente México non ten índices de ser un país cunha gran cultura no manexo do lixo, polo tanto non se lle pode considerar un país limpo, a maioría do lixo que se tira minuto a minuto vai dar ao que comunmente se lle chama Recheo Sanitario. Outro país que tamén causa un dano ecolóxico bastante forte é Chile, unha empresa importante sinalou que o 83% dos residuos que causa este país é lanzado ao medio.Os residuos non aproveitables constitúen un problema para moitas sociedades, sobre todo para as grandes urbes así como para o conxunto da poboación do planeta, debido a que a sobrepoblación, as actividades humanas modernas e o consumismo acrecentaron moito a cantidade de lixo que se xera; o anterior xunto co ineficiente manexo que consegue os devanditos residuos (queimas a ceo aberto, disposición en tiraderos ou vertedoiros de lixo ineficientes) provoca problemas tales como a contaminación, que resume problemas de saúde e dano ao ambiente, ademais de provocar conflitos sociais e políticos.
    Antes de converterse en lixo, os residuos foron materias primas que no seu proceso de extracción, son polo xeral, procedentes de países en desenvolvemento. Na produción e consumo, empregouse enerxía e auga. E só 7 países, que son unicamente o 21% da poboación mundial, consumen máis do 50% dos recursos naturais e enerxéticos do noso planeta.

  12. Jesús López di:

    Os materiais que pódense reciclar son:
    Refugallos orgánicos: constitúen a maior parte dos residuos sólidos domiciliarios, tales como: as feces/fecas, os restos de comida, poda de xardíns e prazas, refugallos de feiras. Poden ser reciclados transformándoos en aboamento orgánico ou compost. Este aboamento é similar á terra de follas, pero é máis nutritivo ao ser produto de máis elementos orgánicos que se descompuxeron.

    Papeis e Cartóns: case todos son reciclables, agás aqueles que están moi sucios ou plastificados. No proceso de reciclaxe utilízase o papel ou cartón como base para a fabricación de novo papel. Por exemplo para cadernos, envases e embalaxes, papel hixiénico, toallas de papel e panos da mesa.

    Vidrios: é un material duro e hixiénico, usado principalmente en botellas e frascos. A través dun proceso de fundición pode ser continuamente reciclado para producir botellas novas.

    Plásticos: é fabricado a partir do petróleo, é un material livián e resistente que serve para facer moitos produtos, tales como envases (bolsas, frascos, bidóns, etc.), canos, artefactos domésticos; existindo moitos tipos de plásticos, só algúns deles poden ser reciclados industrialmente, como por exemplo algúns envases de bebidas.

    Metais: a nivel de consumo doméstico úsanse principalmente para a fabricación de latas ou tarros para conservas e bebidas entre outros; poden ser fabricados de diferentes metais: aluminio, estaño, aceiro. A produción destes envases metálicos é bastante máis custosa que a do vidro e igualmente implica usar recursos naturais non renovables (metais), e producir contaminación atmosférica e acuática. Actualmente o aluminio está a ser cada vez máis usado e a súa reciclaxe tamén vai en aumento.

  13. Boris Lobón di:

    Esta cidade como moitos outros lugares do mundo ten unha calidade de vida e condicions pesimas pero a pesar disto son visitadas por moitos turistas.Exemplo disto son a cidade dos mortos e esta as duas son cidades de Exipto.
    Estas cidades son bastante ou moi concurridas polos turistas de todo o mundo sobre todo pola “cidade dos mortos” unha cidade que é toda un cememterio onde conviven neste caso cos mortos.
    Tratase dun cementerio musulmán no que se encontran, entre moitas outras, as tumbas reais dos mamelucos. As tumbas, construidas como casas, foron ocupadas por familias de clase baixa. En moitos casos chegouse a un acordo entre as familias dos muertos e as dos vivos. Uns permiten a ocupación e os outros comprometense ó coidado das casa-tumba.

  14. Karina Espiñeira di:

    Hai unhas semanas atrás Greenpeace denunciou a alta contaminación química en Ghana como consecuencia dos emprazamentos de reciclaxe e xestión de residuos electrónicos (tamén chamada lixo tecnolóxico). Na denuncia déixase explicito tras variados estudos na zona, que esta contaminación é altamente perigosa para os habitantes, pois as sustancias que se detectaron ademais de cualificadas de altamente tóxicas, afectan directamente o desenvolvemento do sistema reprodutor, o desenvolvemento cerebral e tamén do sistema nervioso, algo extremadamente perigoso para a poboación de calquera país. En países como Ghana, India e China, os traballadores (moitos deles nenos e menores de idade) adoitan estar expostos a niveis realmente importantes destas sustancias altamente nocivas. As mostras e resultados de estudos obtivéronse de dúas plantas de reciclaxe de residuos electrónicos, recolléronse datos durante queimas ao descuberto e tamén no caso dun dos lugares nunha lagoa situada nos arredores á planta de reciclaxe. Puidéronse atopar: metais tóxicos como chumbo en cantidades realmente sorprendentes, atopouse unha concentración cen veces maior á admisible para que un chan non se considere contaminado por chumbo. Tamén se puideron atopar ftalatos, sustancias que xa eran coñecidas por causar alteracións no sistema reprodutor; tamén se atoparon sustancias altamente canceríxenas como as dioxinas cloradas.

  15. Jesús López di:

    Outro exemplo de ciudad repleta de basura é a de Dhaka. Para empezar direivos que está considerada no informe que realiza todos os anos “The Economist” sobre a calidade de vida en todas as cidades, a segunda peor cidade do mundo (por dous anos consecutivos), despois de Harare, para vivir.
    Non existe a rede de sumidoiros e as augas fecais corren pola rúa. E de todo isto estouvos a falar do mellor barrio de toda a cidade: onde viven os banglas millonarios, os expatriados e onde están todas as representacións diplomáticas. Ademais, non se pode pasear polas rúas porque non existen as beirarrúas, os coches non respectan os peóns, as rúas están cheas de lixo (aquí non existe a recollida de lixos). Aquí os homes fan as súas necesidades na rúa como o máis normal do mundo.

  16. Nildes Abella di:

    ¿Sabiades que…?
    reciclar unha tonelada de papel sálvanse 17 árbores e afórranse 130.000 litros de auga e 9.600 kw/h de enerxía (suficiente para suministrar enerxía a unha familia durante un ano).
    Reciclando todos os xornais de EEUU aforraríanse ata 250 millóns de árbores cada ano.
    Reciclando unha lata de aluminio afórrase suficiente enerxía cómo para facer funcionar un televisor por 3.5 horas.
    Os plásticos poden permanecer sen descompoñerse de 500 a 1.000 anos.
    Os españois xeran un 6,6% máis basura que a media da Unión Europea e reciclan so o 15% dos residuos.
    -A Coruña é unha das cidades españolas que máis contenedores de envases para reciclar ten.
    Con oito caixas de cereales pódese crear un libro. Con 80 latas unha llanta de coche e con seis briks unha caixa de zapatos.
    Unha soa pila pode contaminar ata 3.000 litros de auga. Unhna pila botón de mercurio ata 600.000 litros de auga, o equivalente ó consumo de trinta persoas durante toda á ssúa vida.

    Cada persona produce unha media de 1 kg de basura ó día (aínda que a media de España ronda o quilo e medio). Tendo en conta que a poboación mundial é case de 7 mil millóns os resultados que se obteñen poñen a pel de galiña… case 7.000 toneladas de basura diaria?
    Ademáis cada kilogramo de basura que nos apresuramos a desechar e olvidar, a pagamos a precio de material novo. É dicir, ó desfacernos da nosa basura desfacémonos de parte do noso diñeiro.
    A continuación déixovos unha enquisa sobre materiais e residuos para que sepades cantos kg de basura producides ó día e outras curiosidades:http://www.vidasostenible.org/ciudadanos/a1_04.asp

  17. Vladislav Babenco di:

    Manshiyat Naser é un asentamento na periferia do Cairo, a súa principal actividade reside na recollida e reciclaxe de residuos. Aínda que a área ten rúas, tendas e apartamentos como noutras partes da cidade, xeralmente non ten infraestrutura e non ten auga corrente, sumidoiros ou electricidade.

    Zabbaleen son chamados,literalmente, recolledores de lixo. Eles comezaron a incorporarse o lixo na cidade de Cairo, gañando consellos, empilaban pilas dentro dos seus edificios e rúas, á espera de ser reciclados e vendidos. A parte orgánica é usada para alimentar porcos e cabras que viviron con eles en tellados e nos patios.
    Recentemente, a cidade de Cairo contratou a unha empresa privada dedicada á recollida de lixo. Con todo, moitas persoas seguen a confiar a tarefa dos Zabbaleen.

  18. Roxana Cadena di:

    O reciclaxe._ é un proceso fisicoquímico ou mecánico que consiste en someter a unha materia o un producto xa utilizado a un ciclo de tratamento total ou parcial para obter unha materia prima o un novo producto.
    Tamén se podería definir como a obtención de materia prima a partir de desechos, introducindoos de novo no ciclo da vida,e se produce ante a perspectiva do agotamento de recursos naturáis, macro económico e para eliminar de forma eficaz os desechos dos humanos que non necesitamos.
    A cadea de reciclado e o seguinte:
    _Orixen._pode ser doméstico ou industrial.
    _Recuperación._que pode ser realizadas por empresas públicas ou privadas. Consiste únicamente na recolección e o transporte de os residuos hacia o seguinte eslabón da cadea.
    _Plantas de transferencia._aquí se mezclan os residuos para realizar transportes maiores a menor costo.
    _Plantas de clasificación (ou separación)._donde se clasifica os residuos e se separa os valorizables.
    _Residuo final (ou planta de valoración)._donde finalmente os residuos se reciclan , se almacenan o se usan para a producción da enerxía.

  19. Lúa Roldán di:

    É habitual atoparse por Internet listas das cidades máis contaminadas do mundo pero a máis coñecida é a que elaborou a OMS (Organización Mundial da Saude) hai alguns anos, baseandose na abundancia de metais pesados tóxicos e elementos perigosos como o uranio ou o chumbo.Nela figuran Chernobil (Ucrania), Dzerzinsk (Rusia), Haina (República Dominicana), Kabwe (Zambia), La Oroya (Perú), Linden (China), Mailuu-Suu (Kirguizistán), Norlisk (Rusia), Raniput (India) e Rudnaya Prestan (Rusia).
    Noutros casos o que se valora é a calidade (ou neste caso o deterioro) do aire. Neste aspecto as peores son Pekín, O Cairo, Yakarta e Os Ánxeles. O pasado mes de decembro publicóuse outro ranking que tiña como criterio de elección o estado das súas auguas. Como era de esperar,a maioría son lugares do Tercer Mundo e, sobre todo, de Asia, aída que hai algunha sorpresa europea: Bagdad, Cidade de México, Moscú, Bombay e Nova Delhi.
    Adxúntovos unha lista cos distintos tipos de contaminación:
    Contaminación atmosférica: é a liberación de substancias químicas e partículas na atmosfera alterando a súa composición e supoñendo un perigo para a saúde das persoas e demais seres vivos.
    Contaminación hídrica: dase pola liberación de residuos e contaminantes que drenan ás escorrentías e que logo son transportados cara os ríos, penetrando en auguas subterráneas ou descargando en lagos ou mares.
    Contaminación do chan: ocurre cando productos químicos son liberados por un derrame ou por filtracions sobre e baixo a terra.
    Contaminación por lixo: as grandes acumulacions de residuos e de lixo son un problema cada día maior, orixínanse polas grandes aglomeracións de poboación nas cidades industrializadas ou que están en proceso de urbanización.
    Contaminación radiactiva: pode ser resultado de grandes desperfectos en plantas nucleares ou por investigacións en bombas nucleares.Tamén polo uso de materiais radioactivos.
    Contaminación xenética: é a transferencia incontrolada ou non desexada de material xenético(por medio da fecundación)hacia unha poboación salvaxe.
    Contaminación electromagnética: é producida polas radiacións do espectro electromagnético xeneradas por equipos electrónicos ou ootros elementos producto da actividade humana,como torres de alta tensión e transformadores,as antenas de telefonía móvil,os electrodomésticos,etc.
    Contaminación térmica: é un cambio na temperatura dun corpo de agua causado pola influencia humana.
    Contaminación acústica: comprende o ruido de avenidas producidos por automóviles,ruido de avions,ruido industrial ou ruidos de alta intensidade.
    Contaminación visual: que pode referirse á presencia de torres para o transporte de enerxía eléctrica,paneis publicitarios nas estradas e rúas,accidentes xeográficos como as “cicatrices” producidas pola minería a ceo aberto.
    Contaminación lumínica: inclue a sobre iluminación e a interferencia astronómica,esta contaminación dase durante a noite nas cercanías das cidades,por isto os observatorios astronómicos importantes asentanse en rexiones alonxadas das cidades.

  20. Claudia Caramelo di:

    Nas cidades o lixo leva sendo un problema case desde o orixen destas, debido a alta densidade da pobación e o feito de arroxar o lixo as calles. Isto produciu a proliferación de insectos, roedores e microorganismos patóxenos, traendo como consecuencia enfermidades catastróficas para o hombe como a peste. Un mal sistema de xestión das basuras, producirá un deterioro do entorno debido a contaminación do aire,o agua e do chan.
    Aqui una tabla de contaminacion:
    http://html.rincondelvago.com/basura-en-las-ciudades.html

    Encontrei un reportaxe sobre a vida nos vertederos ecuatorianos que pareceume interesante:

    http://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanal-crecer-basura/613404/
    Só a Comunidade de Madrid produce 1.460.000 toneladas o año.

  21. Diana Pérez di:

    Botellas de plástico vacías, cadernos usados, periódicos vellos, vidrios, chatarras… Todo ten un valor económico en China, onde aumenta o número de industrias dispostas a comprar calquer cousa reutilizable. No xigante asiático, a recollida de materiales reciclables non está organizada, nin sequiera subvencionada por organizacions públicas, sinon que se convertiu nun negocio millonario que da traballo a centos de miles de personas por todo o país, aunque de maneira irregular.Pequenas empresas, a maioría sen rexistrar, gañanse a vida: buscando, limpando, clasificando,empaquetando e vendendo materiais utilizables as plantas de reciclaxe, a maioría de elas tamén en mans privadas.
    Según datos do Banco Mundial, un 20% do lixo que produce china acaban en aldeas como Dongxiaokou e na sua maioría volven as fábricas. “En China existe unha enorme tradición de reciclado porque o Goberno sempre dixo que alí non debe sobrar nada. Que son un pís super poblado e non se deben desperdicias as cousas.

  22. Nahir Roig di:

    A mañá do 10 de setembro de 1996 está marcada na memoria colectiva da cidade da Coruña como o día en que se produciu unha das maiores catástrofes ecolóxicas de Galicia. O vertedoiro de Bens caeuse, e 200.000 toneladas de lixo rodaron pola ladeira do monte. O alude sepultou todo canto encontrou ao seu paso: vehículos, embarcacións, mesmo unha ponte e cobrouse a vida dun veciño do barrio do Portiño cuxo corpo nunca apareceu.
    O vertedoiro de Bens era o punto de concentración dos desperdicios da cidade e dos 400.000 habitantes do seu ámbito. Creado a finais dos 70 nun cavorco ao fondo do a cal se encontraba o poboado do Portiño, foise elevando sobre as paredes do val nunha amálgama de capas de lixo e terra. Catro anos antes do desastre, o Concello era consciente do perigo e propuxo destinar unha partida presupostaria para un muro de contención na zona.En 1993 a empresa concesionaria non compactaba os lixos e o Concello non quixo ver que o vertedoiro se encontraba ao límite da súa capacidade. Un incendio meses antes desestabilizar o terreo e acelerou o desprendemento anunciado que, finalmente, converteu o ámbito nunha esterqueira con desperdicios acumulados durante meses. Mesmo chegaron ao mar e inundaron a cidade cun olor pestilente.
    O que no seu día era unha montaña de lixo é hoxe unha das maiores zonas verdes da cidade. Un parque de 600.000 metros cadrados cun investimento de 18 millóns de euros. O selado do antigo vertedoiro conseguiu desenvolver un proxecto que recolocou máis dun millón de metros cúbicos de lixo. O biogás resultante do selado aproveitouse para a produción de enerxía nunha planta de coxeración. O parque foi inaugurado o 5 de xuño de 2001, coincidindo co Día Mundial do Medio.

  23. Diana Fernández di:

    Acumulación do lixo na casa, na escola, terrenos baldíos, nas rúas, drenaxes y os tiradeiros dan como resultado sitios insalubres debido a que os desfeitos encuentranse mezclados, orgánicos e inorgánicos, e na sua descomposición proliferan hongos, bacterias e moitos outros microorganismos causantes de enfermidades e infeccións que se non son atendidas poden provocar hasta a morte.Entre as principais enfermidades producidas pola acumulación de basura encuentranse as gastrointestinales como infeccións de estómago e intestinos, así como a amibiasis, cólera, diarrea e tifoidea, entre outras.

  24. Yolanda Bermúdez di:

    Pareceme incrible a tremenda cantidadede basura que podemos chegar a xerar, e estamos a acabar coa vida neste planeta. Estiven buscando e encontrei unha illa situada entre Hawai e a costa oeste de Estados Unidos, è chamada a illa do lixo, nin sequera é un deposito pre planeado para albergar tanta cantidade de lixo senon que os restos de plastico e lixo concentranse nunha zona debido a un movemento circular das correntes ecuatoriais, chamado “vortice de plastico“. Este lixo e altamente nocivo para xa que non so moitas especies confunden as bolsas de plastico con medusas se non que o plastico fundese con sol e solta toxinas ao mar que afectan coa vida mariña e repercute de maneira importante na atmosfera planetaria.

  25. Olalla Manteiga di:

    Auga, aire e terra tan contaminados que fan a vida imposible. Moitas persoas habitan en zonas onde os niveis de contaminación ambiental son tan elevados que sofren día a día consecuencias inimaxinables. Os científicos estableceron moitos dos efectos locais da contaminación do aire. Sabemos que as nubes de aire contaminado ou smog reducen a visibilidade, e que a choiva ácida de emisións químicas danan propiedades, contaminan fontes de auga, e poden danar os bosques, a vida salvaxe e a agricultura. Pero tamén que afecta negativamente a saúde humana. Xa non é un segredo que a contaminación ambiental é causante de moitas enfermidades nos seres humanos, as cales están relacionadas principalmente cos ollos e co aparello respiratorio, entre elas a bronquite, a asma, o efisema pulmonar, e os arrefriados frecuentes que ocasionan o maior número de ausencias en traballos e escolas. Xunto a estes males, hai que considerar que recentes investigacións descubriron que nos ambientes contaminados con hidrocarburos, e no carbón negro que se usa para a fabricación de neumáticos, existen sustancias canceríxenas.Novos estudos relacionan a exposición á contaminación ambiental con enfermedades cardiovasculares como a trombose venosa. Un estudo realizado na Escola de Saúde Pública de Harvard (EEUU) comparou as análises de 870 pacentes diagnosticados de trombose venosa profunda con máis de mil pacentes sans.
    Os resultados mostraron que as persoas que padeceran unha trombose venosa, en xeral, foron sometidas a unha maior exposición á contaminación atmosférica que os controis sans, evidenciando que por cada aumento na exposición durante o ano anterior de 10 microgramos por metro cúbico de partículas, o risco de trombose aumentaba nun 70%. Así mesmo, demostrouse que a coagulación sanguínea dos pacentes expostos a maiores niveis de contaminación era máis corta, o que constitúe un factor determinante para a formación de trombos. Noutras palabras, maiores niveis de contaminación significan máis persoas que padecen males cardíacos.
    A contaminación do aire producida polas persoas e os seus efectos, son un exemplo da “Traxedia dos Comúns”– concepto que indica que todo recurso aberto a todos será eventualmente destruído. A pesar de que as persoas están a producir gran cantidade de contaminación no aire, a resposta dependerá de que fan as mesmas para responder a este problema. É moito o que se fixo para mellorar a calidade do aire en décadas recentes, pero aínda hai un longo camiño por percorrer.

  26. Daniel Trujillo di:

    Un aspecto importante que agrava este problema, é a queima do lixo non aproveitable, por ista razón nas áreas onde depositase o lixo, un grave problema sanitario o constitue a incineración destes residuos, o cal empeora tendo en conta que os residuos domésticos van acompañados de residuos hospitalarios e industriais. No proceso de incineración de residuos sólidos, o lume producese a nivel do chan, polo tanto, será maior a probabilidade de que os contaminantes non se dispersen ou se disolvan afectando ás poblacións veciñas. Os contaminantes emitidos pola quema do lixo (Óxido de Xofre, Monóxido de Carbono,Bióxido de Nitroso…) poden extenderse ata longas distancias. Datos estudados mostran que quemar residuos sólidos perigosos, aún en incineradores moi modernos e sofisticados, conducirá á liberación de tres tipos de perigosos contaminantes no ambiente: metais pesados tóxicos, químicos tóxicos producto da combustión incompleta e novos químicos formados durante o proceso de incineración. Esta emisión de gases contaminante afectalle á atmosfera (gases invernadoiros, degradación da capa de Ozono), perxudica aos seres vivos (ecosistemas da zona, a nós mesmos) con graves enfermidades e contamina en gran medida á auga que consumimos.

  27. Sabela Escourido di:

    Só as persoas xeramos lixo. Na natureza, os refugallos, excrementos e ata os restos mortíferos de animais e plantas convértense naturalmente en aboamento e nova vida. Non obstante, como parte da nosa vida cotiá, os seres humanos xeramos residuos sólidos altamente contaminantes como as pilas, baterías e refugallos industriais, ademais de plásticos, vidros, carrocerías de automóbiles e maquinarias, refugallos farmacolóxicos e desaugadoiros que requiren dun tratamento para a súa reciclaxe. Porque necesitamos eses produtos para vivir en sociedade, temos unha responsabilidade respecto dos residuos que cada un de nós xeramos, e como cidadáns respecto do accionar das nosas autoridades na materia. Se non podemos converter os nosos refugallos en algo útil como aboamento, temos polo menos a responsabilidade de evitar que o que producimos afecte ao planeta.
    É por iso moi positivo que unha gran maioría de municipios a nivel nacional (83%) teñan programas de recollo do lixo, pero preocupa que só 2% de todo o lixo se recicle. En efecto, segundo o BoletinCAD “Lixo e Municipios” publicado o día de hoxe, 3% do lixo vértese a un río, lagoa ou ao mar; 12% quéimase ao aire libre, contaminando o medio; e 61% déixase nun botadero a ceo aberto.
    Hai experiencias exitosas de reciclaxe en Áncash e en Lambayeque, onde as autoridades encontraron formas creativas para converter o lixo en produtos de exportación, postos de traballo e ingresos para o municipio.
    http://www.youtube.com/watch?v=NUzpK9jz0fM&feature=player_embedded

  28. Eduardo Cagide di:

    Hai cidades que non aparentar ser o que son, estouvos a falar da cidade arxentina de Gran Mendoza, con 114822 habitantes, no último censo, e unha superficie urbana de 162 kilómetros cadrados. É unha das cidades máis turísticas de Arxentina, pola súa beleza, xa que ten uns parques e xardíns preciosos e inmensos. Por iso a xente que visita esta cidade, marcha coa impresión de que é moi fesmosa e de que está moi ben coidada. Pois resulta que non, xa que para que unha cidade estea ben coidada ten que ter un bo sistema de tratamento de residuos, cousa que esta cidade non é que teña un mal sistema, senon que non ten ningún sistema de tratamento de residuos, bueno… eles din que si, e que consiste basicamente en ter varias zonas a ceo aberto nas que depositan unhas cantidades de residuos inmensa, iso si o que fai o goberno arxentino é acabar cos vertedoiros clandestinos que se atopan pola cidade, xa que estes reducirían o turismo.
    Nesta cidade unhas catro mil persoas viven da basura, e calculase que máis de duas mil familias dependen directamente dun ou varios familiares que traballan na basura.
    Dende a Secretría de Ambiente pensan xenerar puntos verdes para que nestos lugares, os carreteiros, que son os que recollen a basura en carretas, poidan depositar neles o que recolectan. Tamén teñen como obxectivo ir conseguindo oficios para a xente que traballa na basura, pero coa condición de que escolaricen aos seus fillos, e así pouco a pouco ir acabando cos carreteiros e coa xente que traballa na basura.

  29. Evelin López di:

    Todos os días do ano, miles de persoas que viven neste asentamento exipcio desplazanse con camionetas ou carros tirados por animais a O Cairo có fin de recoller a basura que xeran os ricos e a clase media da cidade. Normalmente, soen recolectar arredor de 3.000 toneladas, o que supon un tercio dos desperdicios que produce a gran urbe africana. Logo, regresan a Mokattam, onde se inicia un proceso de reciclaxe no que participan todos os membros de cada familia. Os residuos separanse e clasificanse de modo riguroso. Se habilita un lugar para o plástico, outro para o papel, outro para o vidrio, outro para o metal e outro para as teas, que a sua vez se apartan según o seu tamaño, cor, forma e posible uso.
    A Fundación Ford e a Asociación para a Protección do Medio Ambiente colaboran e axudan aos ‘zebaleen’ e o seu esforzo valeulles para que, en 1998, o Centro para Asentamentos Humanos da ONU, designara o traballo que se realiza en Mokattan como un dos dez mellores exemplos do mundo no melloramento medioambiental.Neste asentamento exipcio, a basura pasou de ser unha molestia a un recurso para gañarse a vida. Todo un exemplo para os países ricos.
    A recilclaxe é un proceso onde materiais de desperdicio son recolectados e transformados en novos materiais que poden ser utilizados ou vendidos como novos productos ou materias primas.
    Tamén pode definirse como un proceso que ten por obxeto a recuperación, de forma directa ou indirecta, dos compoñentes que conteñen os residuos urbanos.
    Prácticamente o 90% da basura doméstica é reciclable, por iso é importante que separemos a basura e os depositemos nos contenedores adecuados.
    Os obxetivos do reciclaxe son os seguintes:
    Conservación ou aforro de enerxía.
    Conservación ou aforro de recursos naturais.
    Disminución do volume de residuos que hai que eliminar.
    Protección do medio ambiente.
    “Non estaría mal dar dous minutos diarios do teu tempo para vivir nun mundo máis limpo”.

  30. Ayoub Elghotiss di:

    Eu xa comentara nunha ocasión que a basura que xeneramos é moita e ai lugares nos que agora esto se comvirte nun problema como di a noticia e a miña companeira Lúa.
    É conviniente que se faga un reciclaxe con moito coidado e separar ben os desfeitos e sobre todo comezar a usar materiais recilados e así non seguir cortando arbores, neste caso para facer papel e como este exemplo moitos outros.
    É necesario que nos conciencemos de que o que estragamos e deixamos de utilizar vai para a outros lugares os cales cando vemos nas noticias deixanos con mal sabor de boca, pero non nos damos conta de que eso poderianos pasar a nos dentro duns anos se continuamos así.

  31. Nerea Pardo di:

    Lixo cero é un concepto de vida urbana sostible,no cal o lixo non é algo que haxa que facer desaparecer sen importar o custo social ou ambiental.
    Baixo o enfoque de lixo cero, búscase reducir a produción de residuos, reciclar e revalorizar a maior cantidade posible de materias, así como promover a fabricación de produto que estean deseñados para ser reusados a largo prazo. A súa premisa básica é a separación en orixe que consiste en que cada cidadán separe os residuos reciclables dos que non o son e que poda desfacerse deles de maneira diferenciada.
    A primeira cidade en aplicar este tipo de lexislación foi Canberra, Australia que en 1995 plantexou “ningún desperdicio no 2010”. A cidade de San Francisco, en Estados Unidos, con 7.000.000 habitantes, tamén a aplicou ao mesmo tempo e logrou reducir nun 50% os seus residuos urbanos en 10 anos.
    Paréceme una medida a seguir e os gobernos de moitos países deberían de tomar exemplo e aplicar medidas coma esta para poder aproveitar todo o lixo que producimos.

  32. Carlos García di:

    O lixo pode deixar de ser unha fonte de gases de efecto invernadoiro que afecten a atmósfera, para convertirse nun xenerador de enerxía que contribua á loita contra o cambio climático, de acordo cun informe da Organización das Nacións Unidas (ONU).O documento, titulado Lixo e cambio climático: tendencias globais e marcos estratéxicos, foi elaborado polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).
    O seu propósito é examinar a contribución que o sector do lixo pode facer no combate contra o cambio climático e suxerir unha estratexia para incrementar esa contribución.
    O informe indica que o lixo xera entre 3% e 5% das emisións de gases de efecto invernadoiro atribuibles ó ser humano, o que equivale ó que producen a aviación e a navegación.
    Según o informe, si o lixo é manexado de forma máis eficiente, pode deixar a posición de “fonte de emisións” para ser “unha maior aforradora de emisións, a través de medidas como a cosecha de gas metano dos vertedoiros de lixo para elaborar combustible e electricidade”.
    Para lograrlo, o informe propón traballar sobre tres eixes: reducir a cantidade de residuos que produce o home e reciclar materiais, producir enerxía a partir do lixo para que éste reemplace á xenerada por combustibles fósiles, e almacenar o carbono que sae dos vertedoiros do lixo.Según o PNUMA, as accións que propón poden xogar un rol importante para diminuir as emisións de gases de efecto invernadoiro ó nivel no que necesitan estar no 2020.

  33. Beatriz Castro di:

    Durante moitos anos, non existiu excesiva conciencia colectiva sobre onde ían para os aparatos dos que nos desfacíamos tan alegremente. Moitos collían po nos recolledores de lixo pero outros foron enviados as zoas do mundo onde se dedicaban a aproveitar os que os occidentais non querían.
    Giuyo, en China, considerada a principal “cidade tóxica” do mundo, onde as infravivendas e as pilas de tecnodesperdicios mesturáronse ata facerse indistinguibles. Calcúlase que un millón de toneladas de lixo electrónico recíclase aquí cada ano, ao marxe de controis sanitarios ou legais, pois ningún dos seus 100.000 traballadores leva protección cando queima cables de PVC para extraer o cobre que conteñen, e ninguén impide que o ácido empregado para desfacer as placas base en busca de metais preciosos vértase nos ríos unha vez utilizado. Como consecuencia, na poboación multiplícanse os casos de afeccións cutáneas, mareos, úlceras ou gastrite, ademais de elevados niveles de chumbo na sangre, dos que non se libran nin os nenos, pois non queda unha sola fonde de auga sen contaminar.
    Giuyu é o caso mais espectacular, pero non o único: o pasado outono, o periódico oficial Diario do Pobo declarou a China “o maior vertedoiro da vasoira electrónica do mundo”, o pais podía ser o receptor de ata o 70% da tecnovasoira que se produce no planeta. Durante algúns anos, esta foi a práctica mais habitual de Occidente á hora de tratar a súa vasoira dixital: levala lonxe.

    O problema é que un teléfono móbil, un ordenador ou un televisor resístense mais ao reciclado que unha botella ou unha revista do mes pasado. Os aparellos electrónicos teñen compoñentes prexudiciais para a saúde humana.
    A Comisión Europea promulgou en 2005 a directiva WEEE (Waste Electrical and Electronic Equipment) para establecer a forma en que estes aparellos debían ser tratados, restrinxindo o uso de sustancias perigosas na súa fabricación e fomentando o reciclado do maior porcentaxe posible das súas pezas.

Deixa unha resposta