O grafeno máis cerca!

No 2010, coa entrega do galardón do premio nobel  aos físicos rusos, Andre Geim e Konstantin Novoselov, polos seus experimentos fundamentais sobre o material bidimensional do grafeno, coñecimos este material. Agora atopouse un proceso químico para facer que o grafeno sexa mais apto para a electrónica.

Un equipo de investigadores desenrolou un método químico para alterar o grafeno e desta maneira facer posible a creación dunha electrónica máis rápida, máis fina  e máis flexible.

É un material altamente desexado pola súa resistencia e condutividade. Entre as moitas aplicacións destaca no sector electrónico. Expertos din que podería facerlle a competencia o silicio, transformando os circuítos integrados na fabricación de ordenadores, teléfonos e outros dispositivos electrónicos, noutros con mellores prestacións, incluíndo a velocidade de procesamento.

Así a todo, para que isto se faga realidade é convinte que os investigadores aprendan a axustarlo do modo adecuado ás propiedades electrónicas que desexan, cousa nada fácil.

Que fará falta para superar as dificultades que hai, e poder usalo como usamos hoxe outro material calquera?

Autor: Ayoub Elghotiss

Esta entrada foi publicada en 5. Nanotecnoloxía, 5. Novos materiais, 6. Repercusións avances tecnocientíficos na sociedade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to O grafeno máis cerca!

  1. Vladislav Babenco di:

    As características máis destacables do grafeno son:

    1. A velocidade: os electróns circularían polo grafeno a máxima velocidade posible, como se non houbese masa. Por exemplo os procesadores poderían alcanzar unha velocidade de procesamento de 1.000 Ghz (Xigahercios), dez veces mellor que o silicio.

    2. Grosor: O transistor de silicio máis fino que se logrou fabricar é de 32 nanómetros, pero o grafeno soamente ocupa un grosor dun átomo de espesor (0,1nm). É dicir, nun milímetro , caberían 10 millóns de placas de grafeno.

    3. Dureza e resistencia: Unha lámina de acero podería intentar romper unha lámina de grafeno, pero non o conseguiría xa que soamente o diamente, o material máis duro (10 mohs), é capaz de raialo. Isto da a entender que o silicio é moito máis blando.

    4. Flexibilidade: Lográronse fabricar placas de silicio flexibles pero non continuas, senón utilizadas en microcircuitos. O silicio nunha soa peza non pode deformarse máis que nun 1% sen romper, en cambio, o grafeno pode estirarse, dobrarse… ata nun 10% (midindo o “módulo de elasticidade).

  2. Rosalía García di:

    O descubrimento do grafeno produciuse hai catro anos cando Novoselov intuiu que se podían obter capas grafíticas dun so átomo de espesor. O grafito, o material das minas do lápis, está formado por átomos de carbono que adoptan unha forma similar ao dos panais de abellas (teselado hexagonal). O grafeno é en realidade unha soa capa que o científico obtivo manchando unha tira de celo co grafito, depositado despois de pintar cun lápis no papel. O celo impregnado de grafito foi aplicado nunha superficie limpa e despóis observado ao microscopio.
    Kostya Novoselov fabricou por primeira vez grafeno no laboratorio en 2004, na Universidad de Manchester, e en xullo de 2008, a revista do MIT, Technology Review, publicaba que os científicos acababan de concluir que se trataba do material máis resistente coñecido.
    O grafeno conduce a electricidad mellor que moitos materiais metálicos, porque os electróns poden viaxar en línea recta entre os átomos sin dispersarse. Esto podería significar que uns compoñentes electrónicos basados neste material serían más eficientes e consumirían menos electricidade.
    Un hipotético chip fabricado con este tipo de transistores sería máis rápido e permitiría crear ordenadores máis veloces.

  3. Nildes Abella di:

    Despois de ver o vídeo quedei moi asombrada co que fai a rapaza con este material que lle sirve para todo: de reloxo, movil, algo que fai a función dun ordenador,etc.. Sen dúbida algunha é un material que ten futuro.
    As actuais aplicacións do grafeno inclúen baterías, pilas de combustible e superconductores.
    E os próximos usos, que atópanse en marcha son por exemplo: placas fotovoltáicas flexibles e
    novas baterías, máis finas, máis pequeñas e rápidas de cargar.

    O grafeno é unha lámina extremadamente delgada composta de carbono (so ten un átomo de grosor). É unha alotropía* do carbono; cunha forma hexagonal (como un panal de abella).
    *Unha alotropía en química é a propiedade que poseen determinados elementos químicos de presentarse baixo estructuras diferentes, como o osíxeno, que pode presentarse como osíxeno atmosférico (O2) e como ozono (O3). No caso do carbono faino como grafito, diamante, grafeno e fulereno.

    • Nildes Abella di:

      Por último quería engadir que a barreira que atopa hoxe en día o grafeno para ser accesible á maioría da poboación é o prezo.
      Unha lámina de grafeno custa entre 300 e 1.000 euros, una cifra asequible para o consumo de investigación pero elevada para o consumo persoal. Nos últimos anos descendeu o prezo á metade. E espérase que sega descendendo progresivamente e nuns cinco anos, sexa máis barato que o silicio, que na actualidade ronda os 50 euros.

  4. Iván Ramos di:

    A estrutura do grafeno perfecto, baséase en celas hexagonales. Se dita estrutura contén celas pentagonales ou heptagonales, considérase que o grafeno ten defectos. Estes defectos fan que a forma da lámina de grafeno tome formas cónicas ou en forma de cadeira.

    As propiedades máis importantes que ten o grafeno son:

    1-É 200 veces máis resistente que o aceiro.
    2-Ten moita elasticidade e dureza.
    3-É tan lixeiro como a fibra de carbono.
    4-Xera electricidade ao ser alcanzado pola luz.

  5. Naomí Mosquera di:

    O grafeno ten propiedades ideais para ser utilizado como compoñente en circuítos integrados. O grafeno ten unha alta mobilidade de portadores, así como un baixo nivel de ruído, o que permite que sexa utilizado como canle en transistores de efecto de campo (FET).
    Investigadores do ICFO de Barcelona crearon un dispositivo fototransistor baseado en grafeno e puntos cuánticos (tampón de fosfato salino) que, segundo os seus promotores, podería cambiar o mundo da optoelectrónica. A innovadora tecnoloxía española supón un avance cara a unha nova xeración de dispositivos para telecomunicacións e electrónica. Ata agora os fotodetectores de silicio que fixeron posible as actuais tecnoloxías, desde cámaras, monitores, tabletas, móviles e demás productos de electrónico de consumo, presentan limitacions para aplicacions que requieren a detección de luz.
    O grafeno por si só capta moi pouca luz, aínda menos que o silicio, pero a adición de nanocristales de sulfuro de chumbo na súa superficie faille capaz de captar máis do 50% dos fotóns. A unión dun material casi perfecto conductor da electricidade como é o grafeno con nanocristales ultra sensibles a luz é o atractivo para fotodetectores flexibles, ligeros e eficientes, abrindo a porta a unha nova xeneración de electrónica de consumo. Ademáis farian posibles novas aplicacions en sectores como a automoción, as múltiples aplicacions dos sistemas de visión nocturna e en técnicas de imáxenes biomédicas.

  6. Sabela Escourido di:

    Un dos principais problemas do grafeno é a súa produción. Esta é custosa e ademais complicada. A súa masa é moi pequena e pódese desenvolver en láminas finas, pero o proceso é complexo e require dun investimento en recursos considerable. Segundo o investigador da Xeorxia Institute of Technology James D. Meindl, o grafeno non se utilizará comercialmente ata que non se alcancen niveis de produción moi avanzados. Ata entón non será viable a substitución do silicio en procesadores e o resto de microcompoñentes. O experto fixou esta data no ano 2024. As súas razóns explícaas afondando no proceso de produción. O grafeno non se poderá utilizar a grande escala ata que non se alcance a marca de 7 nanómetros. Este é un indicador das condicións nas que está fabricado un compoñente. Canto máis baixo sexa, máis velocidade admite, menos consumo e menos custo. Hoxe en día este número está en 22.
    Malia todo o grafeno non é o único material novidoso sobre o que se traballa para mellorar a produción da industria tecnolóxica. Outra investigación, procedente do Instituto Federal Suízo de Tecnoloxía de Lausana, pon o foco noutro novo material que podería competir co grafeno para substituír ao silicio na fabricación de compoñentes. Trátase da molibdenita (MoS2). A súa principal vantaxe sobre o grafeno é a súa capacidade de pasar dun estado condutor a un non condutor. Para que isto aconteza no primeiro material hai que engadir unhas bandas, que incrementan considerablemente o gasto de produción. A molibdenita ten esta característica de serie, aínda que aínda é pronto para pensar na súa implantación.

  7. Carlos García di:

    Pese as súas extraordinarias cualidades, o grafeno non é perfecto. Sin embargo, sí parece unha base moi adecuada para desarrollar novos materiais inspirados nel e que incorporen novas vantaxas. Un dos últimos desarrollos nesta liña é o chamado grafeno artificial, unha investigación publicada recentemente na revista ‘Nature’ e na que participa o español Paco Guinea, un dos maiores expertos en grafeno do mundo.Xunto a colegas estadounidenses da Universidade de Stanford (California), o investigador do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid (CSIC) conseguiu fabricar un material que, permite manipular as propiedades máis exóticas do grafeno con gran precisión. O denominado grafeno artificial é un primer paso para sintetizar a gran escala materiais con propiedades cualitativamente similares ó grafeno. Pódense estudiar propiedades que aínda non se observan no grafeno real, por non ter a pureza necesaria.
    Este novo material fabricouse colocando e movendo moléculas de óxido de carbono sobre unha superficie de cobre, podense usar outros metais. De momento, o artificial e mais costoso de producir que o outro grafeno.

  8. Sara Otero di:

    O vídeo que nos ofrece Ayoub paréceme do máis asombroso. Se nun futuro non moi lonxe conseguirimos todas esas aplicacións con grafeno, vai causar unha total revolución da tecnoloxía de hoxe en día.
    O grafeno ten numerosas aplicacións en todos os ámbitos, eu penso que xa podemos dicir que infinitas. Podemos atopar máis de 100000 resultados en Google. Eu atopei unha que me resultou distinto e novedoso. Trátase dun avance no campo da Medicina, é un sensor basado en grafeno tatuado nos dentes que detecta se estamos enfermos. É un novo tipo de sensor que é capaz de determinar cando sufrimos enfermidades bacteriolóxicas, e incluso a clase de patoloxía que nos afecta grazas as bacterias presentes no alento. Innovador non credes? Bueno, como o resto de todas as súas aplicacións a verdade.
    Pero a mellor de todas as súas ventaxas é que non contamina no seu proceso de fabricación. No futuro, eu penso que sería unha medida moi interesante para combater o cambio climático, porque sustituiría a moitos aparatos electrónicos e materias que sí son contamimantes. Que pensades vós? Credes que este material pode axudar a reducir a cuñas de reducción do CO2? Credes que podemos conseguir non aumentar a temperatura media ata os 3 grados, o punto de non retorno?

  9. Laura González di:

    En la actualidad, un avance en la elaboración y procesamiento de grafeno en soluciones podría hacer que fuera práctico trabajar con el material a escala de manufactura. Los investigadores de la Universidad Rice han creado unas soluciones de grafeno 10 veces más concentradas de lo que hasta ahora se había conseguido. Han usado estas soluciones para crear hojas más transparentes y conductoras, similares a los electrodos de las pantallas. Actualmente están desarrollando métodos para hilar las soluciones de grafeno y generar fibras y materiales estructurales para aviones y otros vehículos que prometan ser más económicos que la fibra de carbono existente hoy día.

    Cualquiera que sea el producto final, lo ideal es comenzar con una solución de grafeno de alta concentración, aunque los métodos actuales no logran este objetivo, afirma James Tour, profesor de química en la Universidad Rice. El grafeno es muy poco soluble, en parte debido a sus dimensiones, y en parte por su química. El grafeno sólo tiene un átomo de grosor, aunque su área de superficie es enorme. “Si quieres trabajar con grafeno, hay que diluirlo, lo cual tiene sentido, puesto que es una molécula verdaderamente enorme”, señala Tour.

  10. Ignacio Pena di:

    A empresa Samsung que investiga a creacion de transistores mais pequenos pero a su vez mais efiientes, creou un trasistor feito de silicio e grafeno o Barristor. Estos transistores prometon uns chips minusculos de alta eficiencia y rendimiento, con frecuencias de traballo incribles para a industria actual de 300 GHz que é capaz de conmutar frecuencias cercanas al THz. O Barristor e basicamente un transistor, pero en vez de estar contruido soamente con silicio e una mezcla de silicio y este. Segun los voceros da empresa, o dispositivo en cuestion podria ser a crave para o desarrollo de microproesadores capaces de operar a centos de GHz.
    Pero Samsung non é a unica empresa que se dedica a esto, outras empresas como Itel o IBM tamen realizan investigaciones con o grafeno pero se desconoce se terminaran en convertirse en productos comerciales.

  11. Mila Mosquera di:

    Fabricantes como Samsung apostan por un futuro distinto con novos materiais e aquí entra o grafeno, de feito as últimas investigacións das universidades británicas de Manchester e Cambridge, incluídos os premios nobel de física 2010, están a traballar niso, para resolver un dos seus principais problemas, a pouca capacidade de absorción da luz visible do grafeno. A súa combinación con estruturas metálicas minúsculas chamadas nanoestruturas plasmónicas incrementan a capacidade de absorción de luz do material unhas vinte veces. A investigación de Samsung apunta a esa dirección coa creación dos ‘barristores’, un transistor de grafeno que promete chips minúsculos de alta eficiencia e rendemento, con frecuencias de traballo incribles para a industria actual de 300 GHz que é capaz de conmutar a frecuencias próximas ao Terahertz (Thz, ou 1,000,000,000,000 de cambios de estado por segundo). O Barristor é basicamente un transistor, pero en lugar estar construído soamente con silicio baséase nunha combinación deste e grafeno. O dispositivo en cuestión podería ser clave para o desenvolvemento de microprocesadores capaces de operar a centos de GHz ou, mesmo, superar a barreira do THz nos próximos anos.

  12. Alexandra Parceiro di:

    Konstantin Novoselov recibiu o premio nobel de física do 2010 por descubrir o grafeno con só 36 anos. O compañeiro co que o descubriu foi o seu profesor e agora é o seu compañeiro de laboratorio.
    Ningun dos dous pensou xamais en patentar o grafeno, apesar da gran cantidade de diñeiro que lles daria iso.
    Apesar de que a mairia dos cientificos soen ir vestidos formais Konstantin Novoselov vai a traballar o laboratorio con ropa de calle.
    Estos dous cientificos os venres, despois dos duros experimentos da semana, metense no laboratorio a “xogar” coa ciencia, e dun destes venres saiu o grafeno. Segun Konstantin Novoselov nunha entrevista falando dos seus “locos” vernes explicou: para probar cousas locas e divertirnos un poco no laboratorio antes de ir a tomar unhas cervezas.

  13. Boris Lobón di:

    Este material novo revolucionará a ciencia. Hace pouco uns investigadores de Barcelona crearon un dispositivo , esta é a noticia: Investigadores del ICFO ( Institut de Ciències Fotòniques) de Barcelona crearon un dispositivo fototransistor basado en grafeno e puntos cuánticos (tampón de fosfato salino) que, según sus promotores, podería cambiar o mundo da optoelectrónica. O estudo publicouse na revista “Nature Nanotechnology”

    A innovadora tecnoloxía española supon unha avance hacia unha nova xeración de dispositivos para telecomunicacions e electrónica, según os autores.

    Hasta agora os fotodetectores de silicio que fixeron posible as actuales tecnologías TIC, dende cámaras, monitores, tabletas, móviles e demáis productos electrónicos de consumo, presentan limitaciones para aplicacions que requiren a detección de luz.
    Sin embargo, o tándem descuberto polo ICFO entre un material casi‐perfecto conductor da electricidad como é o grafeno, xunto con nanocristales ultra‐sensibles á luz, pode convertirse no novo material ideal para os fotodetectores.

    Estos dispositivos poderían ser flexibles, lixeiros e eficientes, abrindo a porta a unha nova xeración de electrónica de consumo. Además farían posible novas aplicacions en sectores como la automoción, as múltiples aplicaciones dos sistemas de visión nocturna e técnicas de imáxenes biomédicas.

    O dispositivo é un híbrido fabricado a partir de materiais de baixo coste que poden ser integrados con as tecnoloxías existentes de silicio e que ademais poden depositarse fácilmente sobre cualquier tipo de sustratos ríxidos o flexibles, cristalinos ou amorfos. Parece a tan esperada ponte entre as tecnologías electrónicas e las fotónicas, e como tal ha sido comentado ya en la revista The Economist. El grafeno por sí solo capta moi pouca luz, todavía menos que o silicio, pero a adición de nanocristales de sulfuro de plomo en su superficie faille capaz de captar máis do 50% dos fotones.

  14. Yannick Afonso di:

    O grafeno é unha lámina de carbono cuio espesor pode ser dun só átomo, mostra propiedades electrónicas exóticas que revisten unha gran interese para a investigación fundamental e o desenvolvemento de novos materiais.
    A Real Academia das Ciencias de Suecia galardoou a Andre Geim e Konstantin Novoselov polos seus traballos pioneiros no desenvolvemento do grafeno, este material bidimensional útil para o desenvolvemento de dispositivos electrónicos flexibles e máis eficientes, como ordenadores e pantallas táctiles así como paneles solares.

  15. Daniel Trujillo di:

    Geim, de 51 anos, e Novoselov, de 36, extraxeron grafeno dun anaco de grafito, coma o que se encontra nos lápices. Só un milímetro de grafito contén tres millóns de capas de grafeno, polo tanto ao a industria do grafeno pode ser moi beneficiosa.
    España está moi ben posicionada tanto en investigación coma en producción deste material a nivel empresarial. De feito, o noso país é o primeiro exportador de grafeno de Europa, especialmente ao mercado asiático. Graphenea, é unha destas empresas españolas productora de grafeno. Avanzare, outra firma española productora deste material, asegura que co grafeno podranse fabricar zapatos, textiles e polímeros para a automoción ou a aeronáutica, así como neumáticos máis duradeiros.
    Pero xa encontraronse materiais similares ao Grafeno, imitando as suas propiedades. Un equipo formado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)e pola Universidade de Stanford conseguiron fabricar un material que imita as propiedades do grafeno. O traballo, que aparece publicado no último número da revista Nature, abre a vía para sintetizar a gran escala materiales con propiedades similares ao grafeno e disponer de novos dispositivos a medida.
    Estas particularidades conseguironse ao colocar, nas posicións adecuadas, moléculas de óxido de carbono sobre unha superficie de cobre. Os científicos lograron situar estas moléculas coa axuda dun microscopio de barrido electrónico.
    Como era de esperar, a disposición dos electrones da superficie de cobre viuse modificada polas moléculas, obtindo unhas propiedades parecidas ás do grafeno.

  16. Mateo Fdez di:

    Este material, aínda que moi novedoso e productivo, xa que del poderíamos descubrir mil usos, xa conta cun sucesor, ou como mínimo, rival: o siliceno. Este material, da mesma composición hexagonal e estructura de panel de abella propias do grafeno, pero a partir de átomos de silicio. Esto reportaría grandes beneficios, como o feito de que sería compatible con todos os xa fabricados chips ou circuitos (de silicio a súa maior parte), pero o maior problema que atopamos é que o silicio por sí mesmo non pode formar este tipo de enlace. Por tanto, o que ficeron foi posar átomos de silicio sobre unha superficie cerámica co que, e por medio de raios X, dislumbraron a estructura hexagonal necesaria para seu obxectivo. Outra opción é usar plata como soporte, que a priori daría millores resultados.
    Existe un laboratorio que, curiosamente, non poido rematar de crear finas láminas do material, pero sí barras sólidas que mostran esa estructura hexagonal.
    Debido á práctica igualdade en prestacións e características que comparte co grafeno (por non decir total), non sería raro que o determinante factor da compatibilidade con todo o xa construido e avanzado inclinara a balanza a favor do siliceno.

  17. Antía Navajas di:

    O termino Silicon Valley é unha invención periodística da década dos 70. Silicon (Silicio), alude á alta concentración de industrias na zona, relacionadas cos semiconductores e as computadoras; Valley refírese ao val de Santa Clara. Trátase dun espacio xeográfico dun gran dinamismo empresarial que abarca a parte sur da Bahía de San Francisco. carascterizábase por ser unha zona agrícola por excelencia, ata que os Stanfords (unha familia de ricos empresarios ferroviarios) crearon, en 1891, a Universidade de Stanford, chamada realmente Leland Stanford Jr. University, en homenaxe a un dos seus fillos, muorto de febre tifoidea en 1884.

    Fai uns 60 anos, a Universidade de Stanford tiña algúns problemas financeiros, as autoridades da universidade trataron de resolver estos problemas mediante o arrendamento de parte dos terreos universitarios a empresas de tecnoloxía por un tempo de 99 anos.

    Quen sabe se nun futuro teremos aquí en España un “Grafeno Valley“, xa que somos os pioneiros en exportación de grafeno.

  18. Jesús López di:

    Hai agora sete anos descubriuse o grafeno. Corrixo, hai sete anos illouse por primeira vez. Do grafito, este das minas do lapis da súa mesa, saíu case por casualidade unha fina lámina (tan delgada que ten un átomo de espesor) coa axuda dunha vulgar fita illante. Non obstante, a ciencia non entende de casualidades, así que o material se caracterizou, víronse as súas propiedades e aplicacións. Fibra óptica e ordenadores decenas de veces máis rápidos, paneis solares ou sensores de todo tipo son algunhas das posibilidades que ofrece deste material fino, resistente, flexible, transparente e supercondutor por citar algúns dos seus prodixios. Os seus pais, Andre Geim e Kostya Novoselov, gañaron un Nobel en Física e o público, xa dende 2012, empezará a gozar deste material. Aínda que non o saiba, o futuro móbil da súa filla, o primeiro flexible, estará feito de grafeno.

    Volveuse definitivamente a mirada ao mercado e a produción empeza a ser industrializada e sinxela. «O grafeno é ríxido e perfecto en todos os sentidos. A pesar de que os medios de produción non sexan moi sofisticados, o resultado é de boa calidade, explica Francisco Guinea, do Instituto madrileño de Ciencia de Materiais do Centro Superior de Investigacións Científicas. España estase a posicionar como produtor global de grafeno.

  19. Jesús López di:

    Hai agora sete anos descubriuse o grafeno. Corrixo, hai sete anos illouse por primeira vez. Do grafito, este das minas do lapis da súa mesa, saíu case por casualidade unha fina lámina (tan delgada que ten un átomo de espesor) coa axuda dunha vulgar fita illante. Non obstante, a ciencia non entende de casualidades, así que o material se caracterizou, víronse as súas propiedades e aplicacións. Fibra óptica e ordenadores decenas de veces máis rápidos, paneis solares ou sensores de todo tipo son algunhas das posibilidades que ofrece deste material fino, resistente, flexible, transparente e supercondutor por citar algúns dos seus prodixios. Os seus pais, Andre Geim e Kostya Novoselov, gañaron un Nobel en Física e o público, xa dende 2012, empezará a gozar deste material. Aínda que non o saiba, o futuro móbil da súa filla, o primeiro flexible, estará feito de grafeno.

  20. Jesús López di:

    As terras raras non comparten o mesmo espazo que o carbono (grafeno) na táboa periódica, aínda que son parte substancial da tecnoloxía que invade a nosa vida de cada día. Son 17 elementos químicos que se encontran amalgamados e aos que se bautizou como «raros», non pola súa escaseza, senón precisamente pola dificultade para separalos. Coparon o campo da pigmentación substituíndo ao velenoso cadmio e ao selenio e as súas propiedades magnéticas convertéronos nos elementos preferidos para facer imáns permanentes. Neodimio, Samario, Praseodimo na súa maioría veñen, como o resto das «raras», de China, que controla o 95 por cento do mercado mundial a pesar de contar só co 33 por cento das reservas. Se antes conviña comprar a China, agora empeza a ser realmente caro. Dunha tonelada a 100 euros pasouse aos 5.000 euros e, mentres os chineses rendibilizan así a súa compra de ferro estranxeiro, Europa e EUA planean substituílos ou empezar a explotar os seus depósitos.

  21. Amir Pose di:

    Lendo a información sobre o grafeno, decateime de que ten unas caracteristicas moi interesantes, que na miña opinion dan lugar a posibilidade dunha gran evolucion nos materiais.
    O grafeno ten propiedades de autoarrefriamento.
    Alta condutividade térmica e eléctrica.
    Alta elasticidade e dureza.
    Resistencia (200 veces maior que a do aceiro, case a mesma que a do diamante).
    O grafeno pode reaccionar quimicamente con outras substancias para formar compostos con diferentes propiedades, o que dota a este material de gran potencial de desenvolvemento.
    Soporta a radiación ionizante.
    É moi lixeiro, como a fibra de carbono, pero máis flexible.
    Menor efecto Joule; quéntase menos ao conducir os electróns.
    Consume menos electricidade para unha mesma tarefa que o silicio.
    Xera electricidade ao ser alcanzado pola luz.

  22. mateogarcia di:

    Un dos posibles usos que se lle pode dar ao grafeno é a fabricación de paneles solares de maior eficiencia.
    As células solares do tipo DSSC, que se basean en tintes, non dependen de materiais caros ou raros, polo que resultan máis rentables que as células solares baseadas no silicio, sen embargo non son tan boas para converter a luz en electricidade. Nestas células solares baseadas en tintes os fotóns impactan nos electróns do tinte e fanos desprazarse ata unha delgada capa de dióxido de titanio que os conduce ó ánodo.
    Sen embargo, un equipo de investigadores da Universidade Tecnolóxica de Michigan, descubriron que agregando grafeno ó dióxido de titanio a súa condutividade aumenta, producindo así un 52,4% máis de corrente no circuito. A excelente condutividade eléctrica das follas de grafeno permítelles actuar como pontes, acelerando a trasferenciados electróns dende o dióxido de titani ó fotoelectrodo. Isto podería facer do grafeno un material de vital importancia na próxima xeración de células fotovoltaicas.

  23. Jesús López di:

    Un novo campo de opcións ábrese para o uso do grafeno grazas a un desenvolvemento de enxeñeiros da Stanford University de Estados Unidos, que lograron crear grafeno con propiedades piezoeléctricas. Esta característica, que permite xerar electricidade ao someter a presión a determinados materiais, non estaba presente ata agora no grafeno, un material de grande utilidade e amplo futuro no sector tecnolóxico.

    O grafeno é un material cen veces máis efectivo como condutor eléctrico que o silicio, e é máis forte que o diamante. Concentra estas e outras propiedades en tan só un átomo de espesor, sendo tan delgado como para converterse esencialmente nun material de dúas dimensións.

    Estas prometedores condicións físicas fixeron do grafeno a substancia máis estudada da última década, sobre todo en nanotecnoloxía.Non obstante, aínda que o grafeno parece un material inmellorable en moitos aspectos, non é piezoeléctrico. A piezoelectricidade é a propiedade que posúen certos materiais para producir electricidade ante distintas presións.

    Ademais, trátase dunha propiedade reversible, o que significa que, ao aplicarse un campo eléctrico, os materiais piezoeléctricos cambian de forma, permitindo un notable nivel de control das súas características no campo da enxeñaría.

    Grazas ás súas características, os materiais piezoeléctricos utilizáronse en dispositivos e compoñentes presentes en reloxos, raios, aparatos de ultrasón, e moitos outros dispositivos.

  24. Karina Espiñeira di:

    Buscando información sobre o grafeno, encontrei isto que me pareceu moi curioso:
    “Como observar as nanoestructuras evolucionando en líquidos cun microscopio electrónico que debe funcionar no baleiro? A resposta foi atopada por un equipo internacional de investigadores. Os líquidos poden ser encapsulados entre dúas láminas de grafeno.”
    Que demostra unha vez máis a gran utilidade e importancia de este novo elemento.
    Deixobos esta páxina para que votedes un vistazo posto que me parece moi interesante: http://kerchak.com/ciencia/grafeno-clave-microscopia-electronica-liquidos/

  25. Yolanda Bermúdez di:

    O grafeno ten un gran competidor, o grafino. Un traballo publicado na revista Physical Review Letters ha examinado mediante simulaciones informáticas as propiedades electrónicas deste material. O estudo mostra que al igual que o grafeno, o grafino é capaz de conducir os electrons a gran velocidade, pero en unha única dirección. Esta propiedade podria aproveitarse para diseñar transistores e outros compoñentes electrónicos moito mais rápidos que os actuais.
    Ambos materiais consisten dunha lamina plana de atomos de carbono unidos por enlaces. O caso do grafeno, estos enlaces son sencillos o dobles, e crea se un patron hexagonal. Esta estructura forma o que se chama cono de Dirac, que fai que os electrons que circulan a través do grafeno se comporten como se non tiveran masa, polo que poden viaxar a gran velocidade.
    O caso do grafino os enlaces son dobles ou triples, e a estructura resultante non é sempre hexagonal, polo que existen moitos tipos de grafino posibles.

  26. joeltaibo di:

    O grafeno é un material cunhas características moi interesantes, entre as cales destacan a sua resistencia, flexibilidade, ten case a mesma resistencia a que o raien ca o diamante…etc.
    Isto fai que o grafeno sexa un material difícil de deteriorar, o que fixo que me preguntara, se realmente sería rentable para as empresas adicadas a fabricación de instrumentos electrónicos, que o utilicen o grafeno nun futuro, pois se o deterioro deste material é tan difícil de conseguir, a obsolescencia programada sufriría un duro golpe, e perderían diñeiro en recambio de pezas.

  27. Diana Pérez di:

    Co grafito podese crear ‘grafeno’, o material máis conductor e resistente que existe, futuro sustituto do silicio na fabricación de microprocesadores, según os expertos.
    Para superar estas dificultades que hai respeto de grafeno resolveranse nuns anos en moito menos do que imaxinamos, é cuestión de tempo, só depende de cánto diñeiro se invierta. E do que tarde o precio en ser competitivo.

  28. Cristina Frade di:

    Unha colaboración entre a Real Sociedade de Química do Reino Unido, a Universidade de Warwick e IBM permitiu desenvolver unha molécula de cinco aneis que recorda ao símbolo das Olimpiadas. O “olimpiceno”, como a bautizaron, está relacionada co grafeno, é unhas 100.000 veces máis delgada que un pelo humano e podería ter interesantes propiedades ópticas e electrónicas que permitirían o seu uso na construcción da próxima xeración de paneles solares e LEDs. Esta é a imaxe que captaron os investigadores utilizando unha complexa técnica coñecida como microscopía de forza atómica sen contacto: http://www.google.es/imgres?um=1&hl=es&sa=N&biw=1152&bih=777&tbm=isch&tbnid=JWmeeCRUQDbecM:&imgrefurl=http://noticias999.com/a/1227091/el_olimpiceno_los_anillos_ol%25C3%25ADmpicos_m%25C3%25A1s_peque%25C3%25B1os_del_mundo&docid=s3hvELs7iIHu0M&imgurl=http://noticias999.com/images/articles/38/1227091_el_olimpiceno_los_anillos_ol_mpicos_m_s_peque_os_del_mundo.jpg&w=650&h=572&ei=oYzGT7XvHM-S0QWyusDQBQ&zoom=1&iact=hc&vpx=270&vpy=177&dur=2544&hovh=211&hovw=239&tx=105&ty=97&sig=106483254067019458010&page=1&tbnh=120&tbnw=136&start=0&ndsp=26&ved=1t:429,r:1,s:0,i:75

  29. Nerea Pardo di:

    Un importante reto científico na actualidade consiste en lograr desenvolver métodos de crecemento de grafeno. Un dos métodos mais utilizados ata o momento é o da descomposición térmica de hidrocarburos sobre superficies metálicas. Sen embargo, este método non funciona correctamente sobre superficies de baixa reactividade, como as de ouro, onde a absorción dos hidrocarburos é moi débil.
    Recentemente, investigadores do departamento de Física da Materia Condensada da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) lograron desenvolver un método de crecemento do grafeno sobre metais de baixa reactividade.
    Este método proporciona resultados similares aos dos métodos mais tradicionais sobre superficies de cobre, ao tempo que permite, por primeira vez, o crecemento do grafeno sobre superficies de cristais de ouro. Isto último, segundo os autores, é enormemente relevante, xa que permitirá optimizar as propiedades do contacto entre o grafeno e o ouro, que é posiblemente o material mais comunmente usado para os contactos de grafeno.

  30. Olalla Manteiga di:

    Ao día de hoxe exploráronse moitos métodos de modelado de grafeno, tales como; o corte catalítico, o microscopio de sonda de varrido, o corte mediante un feixe de enerxía ou as técnicas fotocatalíticas. Estes métodos actuais poden cortar o grafeno a medida, con todo, a falta de resposta do sensor a tempo real durante o modelado do grafeno, limitaba a precisión do corte reducindo a eficiencia da fabricación de dispositivos. Os científicos investigaron métodos de corte controlado de grafeno, baseados en rexistros de forza a nanoescala, engadindo ao robot patróns de percepción e de comportamento, condutores, e un microscopio de forza atómica.
    Ademais, observaron que as forzas de corte están ligadas á dirección de corte da capa de grafeno, o que se debe á asimetría da estrutura cristalina do material. Este descubrimento permitirá que se utilicen as forzas a nanoescala como información, en tempo real, para cortar o grafeno con control. Combinada coas tecnoloxías existentes, a técnica desenrolada neste traballo permitirá fabricar nanodispositivos de grafeno a gran escala, e a baixo costo, con alta eficiencia.

  31. Cristina González di:

    Unha das aplicaciós do grafeno consiste en utilizar a súa capacidade para absorber moléculas de gas da atmósfera para determinar con exactitude as concentracións de certos gases da atmósfera. Un exemplo práctico sería o control da contaminación.

    Outra aplicación é mezclar polvo de grafeno con plástico producindo materiais cunha alta conductividade eléctrica e baixo prezo de coste.

    Outra máis das súas aplicacións é verter polvos de este material en baterías eléctricas o cal provocará un aumento da conductividade e a eficacia.

    Tamén se pode utilizar como almacén de hidróxeno, posto que ten gran capacidade para absorber este gas.

  32. Claudia Caramelo di:

    O grafeno tamen podria empregarse noutros campos nos que non se habia pensado usalo nun principio:

    1- A mellora de deteccion de explosivosPor exemplo, recentemente o Rensselaer Polytechnic Institute de Nova York creou materiais de grafeno que detectan gases 10 veces máis rapido e efectivo que os actuais sensores.Esta aplicación podría ser unha medida de prevención ante posibles fugas de gases.

    2- A medicina,como o seu posible emprego para elaborar prótesis máis resistentes (“músculos de grafeno”). Tamen a sua flexibilidade, densidade e resistencia ofrecen a posibilidade de empregar o grafeno como materiai envolvente das medicinas, para que éstas queden completamente aisladas do exterior.
    Tamén melloraría o rendimento de aparatos de reconocimento corporal, como os escáners, ou según Prada, “debido a su sensibilidade electrónica local ante cualquer átomo cercano, podría empregarse para a secuenciación do ADN”.

    3- Aviónica ,Dise que o Pentágono pagou tres millons de dólares a Universidade de Princeton para que crease diminutas follas de grafeno que, xunto o combustible empregado nos motores dos avions supersónicos, consiguen un mellor funcionamento e unha reducción no consumo. Segun os cientificos podrían lograr que os avions supersónicos voen máis rápido e que seus motores contaminen menos grazas o grafeno.

    En resumen o grafeno e referirse o material máis forte, flexible, resistente, transparente e fino atopado,por agora, no planeta terra.
    Aun encima e barato xa que , agora mesmo,e un componente abundante da natureza.¿Quén non ten grafeno? ¿Quén no ten un lápiz?

    Como opinión persoal pareceme un gran descubrimento que vai revolucionar case todos os sectores, cambiando e mellorando todo o que por agora conociamos, so esperemos que non salga nada malo daqui e da competencia das empresas por conseguires mais riquezas, poder e beneficios con este descubrimento.

  33. Xisela Lema Díaz di:

    É unha clara vantaxe na evolución da ciencia, noutros comentarios, e, ata no propio vídeo, aínda que algunhas cousas poidan parecermos moi futuristas, outras en cambio, están á volta da esquina.

    Pero o seu claro desenvolvemento, terá valor se lles sae rendible economicamente falando a súa fabricación en materiais. Así, que por moi cómodo que poida ser, haberá que ver se en comparación con outros materiais xa en uso, lles será máis ou menos práctico usalo.

  34. Evelin López di:

    Dadas as suas extraordinarias propiedades conductoras e semiconductoras, conduce a electricidade moito mellor que outros materiais metálicos, xa que os electrons poden viaxar en línea recta entre os átomos sen dispersarse, polo que os compoñentes electrónicos basados neste material serán máis eficientes e consumirán menos electricidade.
    Grazas as suas propiedades e según os científicos, o grafeno convertiráse nun dos materiais máis utilizados no futuro. Entre os seus usos máis destacados estarán:
    Blindaxe: Podemos afirmar que o grafeno é o material máis resistente do mundo, grazas a configuración da suas moléculas e as propiedades destas.
    Informática: Grazas a suas propiedades eléctricas, a producción de sistemas informáticos con grafeno en vez de silicio entre outros, provoca que a velocidade destes sistemas aumente. Hai que destacar que os materiais utilizados neste campo non só deben ter propiedades eléctricas se non que deben soportar a presión á que van a ser sometidos na fabricación do sistema e a calor que provocará a realización de varias operacions simultáneas, propiedades que o grafeno cumple.
    Electrónica: En este campo,podería salir ao mercado un dos primeiros sistemas compostos de grafeno. Vorbeck Materials está fabricando tintas conductoras basadas de grafeno, que poden ser utilizadas para imprimir antenas de identificación por radiofrecuencia e contactos eléctricos para pantallas flexibles.
    Aeronáutica: Estúdase o desenrolo de diminutas follas de grafeno, que añadidas ó combustible de avions supersónicos, optimicen o seu funcionamento e disminúan o consumo de combustible.
    Investigación: Os físicos pretenden fabricar unha especie de acelerador de partículas en miniatura, cuxa función sería explorar o mundo do infinitamente pequeno para buscar os elementos fundamentais da materia.
    Enerxía: As aplicacions do papel de óxido de grafeno son moitas e moi variadas. Entre outras a sua utilización para as baterías ou ultracondensadores de ámbito enerxético, nestos dispositivos o grafeno axudaría a almacenar enerxía, a cal cubriría as irregularidades do suministro por parte das fontes renovables, o cual elevaría a eficiencia destas fontes.

Deixa unha resposta