O Mozart da Física

Coma en “Big Bang Theory” pero real, así é a historia deste precoz científico:

Sendo aínda un meniño, amosou interese pola construcción. Pero el non quería xoguetes, trocou as pezas de Lego por ladrillos verdadeiros. Con catro anos baixaba cun chaleco reflector para dirixir o tráfico. Cando tiña cinco anos pidiu que lle mercaran unha guindastre. Non un de xoguete senón a tamaño real. Xa a tan tenra idade, manexou unha de verdade.

Pódese dicir que o máis rechamante deste rapaz, foi dende sempre a súa vocación autodidacta. Sen antecedentes científicos na súa familia, o seu pai, empregado como embotellador de Coca- Cola e a súa nai, monitora de ioga, ningún deles entende a paixón pola investigación do cativo.

Taylor Wilson (así é como se chama), memorizou a tabla periódica dos elementos aos 10 anos. Ten un irmán, Joey, con 15 anos, que destaca no estudo das matemáticas. Quizáis, teña que ver nesto o estilo de educación que están a recibir. Cando o neno mostrou o seu interese pola enerxía nuclear comezou a construir un reactor nuclear, inspirado polo libro The radioactive boy scout, de Ken Silverstein. Empezou a levar a cabo o seu proxecto no garaxe da casa. Ante  a inseguridade que esto lles provocou, levárono a unha escola moi especial, a academia Davidson, un colexio público ao carón da Universidade de Nevada. Foi admitido e a familia trasladóuse a Reno. O resto é historia.

Agora aos 18 anos é o físico nuclear máis prometedor do mundo. Colabora coa axencia norteamericana de enerxía atómica, foi invitado como conferenciante ás charlas tecnolóxicas da organización TED, xuntouse co Presidente Obama, etc. O mellor esta aínda por chegar. As súas investigacións darán que falar nos próximos anos. Sigamóslle a pista.

http://www.youtube.com/watch?v=9B0PaSznWJE

Hai outros ciéntificos teenagers? Qué consecuencias pode ter para estes nenos a súa preparación?  Existe unha explotación destes cativos? Que outras cousas desinou este xoven?

Autora: Cristina Frade

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. O traballo científico e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to O Mozart da Física

  1. Victoria Zherdeva di:

    Esta noticia pareceme moi interesante xa que tamen escoitela na television e leinla na revista hace pouco e sorprendeume bastante, e eu penso que este é un gran avance para o país ter persoas, máis ben xovenes, que se interesan pola ciencia.

  2. Mila Mosquera di:

    TED (Tecnoloxía, Entretemento, Deseño) é unha organización sen ánimo de lucro dedicada ás “Ideas dignas de difundir”. TED é amplamente coñecida polo seu congreso anual (TED Conference) e as súas charlas (TED Talks) que cobren un amplo espectro de temas que inclúen ciencias, arte e deseño, política, educación, cultura, negocios, asuntos globais, tecnoloxía e desenvolvemento, e entretemento. Os conferenciantes incluíron persoas como o Ex Presidente dos Estados Unidos Bill Clinton, os laureados co Premio Nobel James D. Watson, Murray Gell-Mann, e Al Gore, o co-fundador de Microsoft, Bill Gates, os co-fundadores de Google Sergey Brin e Larry Page, e Billy Graham.
    Hai máis de 900 charlas TED dispoñibles en liña para consulta e descarga gratuíta. Ata marzo de 2011, as charlas foron vistas máis de 400 millóns de veces e foron traducidas a 80 idiomas.

  3. Cristina González di:

    Ao redor do mundo existe cerca de 100 reactores de fusión nuclear feitos por aficionados, dos cales soamente 25 teñen un funcionamiento estable. Pero, ¿qué é a fusión nuclear?, a fusión nuclear é a unión de dous núcleos atómicos para crear uno de maior peso atómico, o núcleo resultante ten menor masa a la suma de las masas de os dous núcleos que se uniron para formalo, esta diferencia de masa liberase en forma de enerxía cuxa cantidade ven dada pola famosa ecuación E=m.c², onde m é a diferencia de masa vista antes e despois do proceso de fusión e C es la velocidad da Luz (299.792.458 m/s).
    A reacción de fusión máis básica é a do deuterio e o tritio formando helio.

  4. Mila Mosquera di:

    Sintoo volver a comentar pero e que chamoume a atención unha noticia. Atopei unha rapaza de aquí, da nosa Galicia. O seu nome é Iris González e ten 16 anos. Estuda Física na Universidade de Santiago. Increíble non os parece? So ten 16 anos pero o seu é un dos casos que entra dentro dese 2% de nenos galegos superdotados e dese 12% de persoas con altas capacidades que vivenen na comunidade, pero tamén é un dos máis especiais. Non en van, foi capaz de estudar todas as materias de segundo de bacharelato en menos de dous meses, presentarse aos exames en setembro, aprobar, acudir a selectividade e sacar un 9.Todo pasou o verano pasado xusto despois de que fose diagnosticada como unhe nena superdotada. E non pensedes que Iris é unha friki sen amigos que pasa todo o día estudando, mais ben todo o contrario. Ela mesma confesa que na ESO iba aos examen sen estudar nada o moi pouco.
    Agora mesmo xa está matriculada na Universidade compostelana, estuda Física xunto cos seus compañeiros de 18 anos e trátanlla coma unha máis.

    • Sara Otero di:

      Perdoa Mila, pero quixera facer unha discrepancia do teu comentario.
      Tal e como nos presentas a Iris González, cabe esperar que está a recopilar novos logros e conseguir bos resultados académicos, pero a realidade é que non está a suceder nada parecido. De feito, puiden ter o coñecemento de que suspendeu senón todas, casi todas, as asignaturas do primero cuadrimestre nesta carreira de Física. Cando lin o teu comentario, lembrei que a miña irmá falárame dela – xa que acude a mesma facultade, pero está nun curso superior – e da decepción que levaron moitos acerca do seu rendemento.
      Con isto, quero dar a entender que poden chegar a ser rapaces moi intelixentes, pero que aínda non alcanzaron o grao de madurez apropiado, e pode provocar unha mala concentración nos estudos e un mal aproveitamento do seu potencial. Por exemplo, na facultade de Física de Santiago (e supoño que en moitas outras ocorre o mesmo) hai moitos estudantes con un coeficiente intelectual superior ao normal, pero a maioría deles non o aproveitan. Moitos dedícanse a deixar de lado os estudos e a prestar máis atención as liberdades das que agora poden disfrutar como universitarios que son (como creo que sucedeu neste caso).

  5. Mateo Fdez di:

    Taylor é famoso, entre outros logros, por conseguir desenrolar un detector Cherenkov por menos de mil dólares, cando usualmente o seu costo pode chegar a ser de varios centos de miles de dólares. Co este inxenio gañou unha prestixiosa convención promocionada por Intel frente a outras 1500 persoas, ademais dun premio de 50000 dólares.
    Estes detectores Cherenkov rexistran os raios cósmicos (máis específicamente, a súa caída) e están baseados no efecto homónimo. Este baséase, á súa vez, na radiación electromagnética provocada polo paso de partículas por un medio a velocidades máis altas que a da luz. Isto explícase con que a velocidade da luz depende do medio no que se atope, sendo máis rápida no vacío, pero en medios (que deberán ser dieléctricos -malos conductores-) nos que a velocidade se reduzca drásticamente, algunha partícula pode acadar velocidades maiores. Esto emitirá unha tenua luz azulada.
    Na actualidade, un proxecto iniciado na universidade de Colorado aspira a prantar uns 1600 novos tipos (un cada kilómetro e medio) de detectores baseados nunha bolsa de polietileno cheos de 12000 litros de auga ultra pura, nos que a partícula reflexa seu rastro cando está no exterior, dando lugar a que os paneis máis interiores (ubicados tras as bolsas) podan captar distintas anomalías.

  6. Yannick Afonso di:

    Este xenio con 18 anos, xa é un físico nuclear. O seu laboratorio é o garaxe da súa casa. Ahí, Wilson ten unha colección de materiales radiactivos, moitos dos cales obtén de desertos onde o Goberno de Estados Unidos facía experimentos con bombas atómicas.
    Eu quería destacar a Hans Bethe que foi un destacado físico alemán-estadounidense de orixe xudío,estaba interesado nos números desde moi corta edad,era moi intelixente e atento, cando tiña solo sete anos, aprendeu as potencias e fixo enteiro un caderno con as potencias de dous e tres. Máis tarde foi gañador do Premio Nobel de Física en 1967 polo seu descubrimento da nucleosíntesis estelar.En 1932 y 1947 calculó o efecto Lamb combinando a teoría da relatividade e a mecánica cuántica.
    En 1938 encontrou o mecanismo das reaccións nucleares, coñecido como o ciclo de Bethe ou do carbono que explica cómo as estrelas producen a súa enerxía.

  7. Boris Lobón di:

    Este chaval se nun futuro segue fabricando bombas atómicas mal vamos .Os americanos poden aprovecharse disto para entrar en guerra con outos paises dos que teñen ganas isto é dende meu punto de vista bastante peligroso .
    Que siga como di na noticia con outras cousas como a contrucción de casitas de ladrillos non vaia ser que construindo unha exploten os EE.UU polos aires, mellor que siga co guindastre que é mellor para o futuro da Terra e os Estados Unidos.
    Eu non o digo por desprestixiarlo que me parece ben que haxa xente así no mundo pero non fabricando bombas atómicas e menos para EE.UU.Ademais os Estados Unidos é de esos paises que mentres che sorrien están cravandoche un coitelo; vamos que non hai que fiarse.
    O chaval este que vaia con coidado que sea responsable de sus actos.

    • Claudia Caramelo di:

      Cando Taylor comezó a armar seu laboratorio cos materiais radiactivos seu pai, asustado, consultou a un especialista, quen inmediatamente foi a revisar. A gran sorpresa foi que o xoven xenio había adoptado todas as medidas de seguridade necesarias para que no houbese problemas.

  8. Xisela Lema Díaz di:

    Outro científico coñecido sería Stephen Hawking físico, cosmólogo e divulgador científico británico. Os seus traballos máis importantes ata a data consistiron en achegar, xunto con Roger Penrose, teoremas respecto ás singularidades espaciotemporales no marco da relatividade xeral, e a predición teórica de que os buratos negros emitirían radiación.

    Tamén é membro da Real Sociedade de Londres, da Academia Pontificia das Ciencias e da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos.

    Hawking padece unha enfermidade motoneuronal relacionada coa esclerose lateral amiotrófica (ELA) que foi agravando o seu estado co paso dos anos, ata deixalo case completamente paralizado.

  9. Ana Domínguez di:

    Este xoven estadounidense falou tamén sobre a sua obsesión por combatir o terrorismo, dixo que xa diseñou un escáner capaz de detectar armas nucleares nos contenedores dos buques mercantes. Tamén, resaltou que outro gran reto é “acabar co cancro”.

    “Taylor leva traballando en novedosas técnicas de radioterapia dende a adolescencia. A diferencia de outros xenios con tendencia a vivir nas nubes, a sua creatividade non se limita ao campo teórico: enseguida busca aplicacións prácticas ás suas investigacións”,

    • Claudia Caramelo di:

      Como din Ana outro dos seus logos foi ganar un premio na Feria Internacional de Inxenería e Ciencias, de Intel, por inventar un detector nuclear para escanear os cargamentos que veñen do exterior. Tal creación valeulle, en conversaciones con o Departamento de Seguridade Nacional estadounidense para volver seu proyecto realidade.

  10. Naomí Mosquera di:

    Gabriel Lee trátase dun mozo estadounidense de 13 anos que está a asombrar a científicos e educadores de todo o mundo coa súa intelixencia, que parece romper todos os límites que atopa.
    Aos 8 anos e só por diversión, Gabriel tomou o exame de matemática de admisión universitaria (o SAT, tan temido polos adolescentes norteamericanos), quedando no 95% superior, con 720 puntos sobre 800 posibles. Un dato non menor, Gabriel preparouse a se mesmo, aprendendo cálculo directamente das páxinas de Internet que visitaba. Ao cumprir 9, comezou a tomar cursos avanzados de bioloxía, cálculo, física, estatística e química para estudantes secundarios a piques de ingresar á Universidade. Sacouse un 10 no cinco materias. Tamén participou en competencias e proxectos de investigación de importantes universidades e institutos. Gabriel é capaz de discutir sobre a teoría do caos cun matemático, ou charlar cun físico acerca de física cuántica ou a teoría das cordas. Leu obras de Einstein, Descartes, Fibonacci, Hawkings e Shakespeare, entre outros. Interésalle moito a bioloxía, os robots, o latín e a teoría musical. Todos aqueles que estiveron en contacto con Gabriel quedan impresionados pola súa capacidade para asimilar novos coñecementos, pode lerse un libro sobre cálculo avanzado nun par de días e comprendelo case por completo, relacionando os novos coñecementos cos que xa sabía. Este neno é todo un prodixio.

  11. Sara Otero di:

    Ademáis de Taylor WIlson, existen máis “Sheldon Cooper reais” repartidos polo mundo. Jacob Barnett é unha das mentes prodixiosas dos EEUU, con un coeficiente intelectual de 170, superior ao de Albert Einstein. Non soamente o supera nisto, senón que está traballando na súa propia teoría alternativa e máis ampliada da Teoría da Relatividade do susodicho posto que atopou varios fallos. Dita teoría, involucra algúns dos problemas máis difíciles da astrofísica e da física teórica, o que lle otorgaría a candidatura ao Premio Nobel. Tamén está a crear unha nova teoría que refutaría o Big Bang. É licenciado en Astrofísica, iniciou os seus estudos na Universidade aos 8 anos, e,con soamente 12 anos, pode ser o home que cambie a física do futuro.
    Quixera facervos unha pregunta, que hai de ese neno se fora español? Pensades que o noso sistema educativo está preparado para identificar e potenciar de forma adecuada aos nenos intelixentes coma Jacob?
    Por último, déixovos unha lista que me comprace compartir convosco pola grata sorpresa que me levei. Famosos actores, escritores e multimillonario tamén esconden un coeficiente intelectual por encima do “normal” e non estás dedicados ao mundo da ciencia e investigación, como por exemplo Shakira, Nicole Kidman, Quentin Tarantino, Al Gore, Bill Gates, Arnold Schwarzenegger e Paris Hilton (incríble pero certo).

  12. Antía Navajas di:

    Como non tiña moi claro o significado de superdotación busqueino e atopei o seguinte:

    Tradicionalmente identificouse a superdotación cun alto cociente intelectual (CI) dende que Lewis Terman publicou a escala de intelixencia Stanford-Binet en 1916. Segundo esta definición, un superdotado sería todo aquel que alcanza unha puntuación de máis de 130 puntos nun test de CI. Esta percepción subsiste hoxe en día, sendo unha forma moi extendida de identificación de superdotación.
    Seguindo esta línea, algúns pedagogos e psicólogos presentan a seguinte clasificación para describir diferentes niveis de superdotación intelectual, co CI como punto de referencia:

    Intelixencia brillante (non alcanza a superdotación intelectual): máis de 115 de CI. Representa aproximadamente o 16% da poboación.

    Superdotación intelectual moderada: Máis de 130 de CI. Representa o 2,0% da poboación.

    Superdotación intelectual alta: Máis de 145 de CI. Representa o 0,1% da poboación.

    Superdotación intelectual excepcional: Máis de 160 de CI. Representa o 0,003% da poboación.

    Superdotación intelectual profunda: Máis de 175 de CI. Representa o 0,00003% da poboación, e dicir aproximadamente 2330 persoas no mundo coa poboación de 2011, que aproxímase aos 7 mil millóns de habitantes.

    Tamén busquei a diferencia entre altas capacidades e superdotación pero o significado de altas capacidades parécese moito ao de superdotación déixovos o seguinte enlace con información, é da xunta de Andalucía, pero para o caso serve a información:

    http://www.juntadeandalucia.es/averroes/impe/web/contenido?pag=/contenidos/B/ProfesoradoEnRed/NecesidadesEducativasEspeciales/Seccion/AltasCapacidades/ContenidoAltasCapacidades&idMenu=mE1&idSeccion=27351

  13. Claudia Caramelo di:

    Una curiosidade Taylor comezó a involucrarse no mundo das ciencias cando sua avoa regaloulle un libro, O boy scout radiactivo, escrito por Ken Silverstein.

  14. Amir Pose di:

    Google xunto con Lego, o CERN, National Geographic e a Scientific American organizan un concurso para nenos/as entre 13 e 18 anos.
    Os participantes precisan ter unha conta de Google para participar, os concursantes terán que formular una hipótesis, realizar un experimento e presentar os seus resultados.
    Aqui vos deixo o video de presentación do concurso:
    http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=w6mBC69_tc8

    • Karina Espiñeira di:

      Eu quero aportar máis información acerca de este concurso que me parece incrible, sobre todo o premio pois para os xóvenes científicos, visitar as illas Galápagos sería incrible.
      Google fixo un concurso científico no que poderán participar adolescentes entre os 13 e 18 anos de todo o mundo e que ofrece un xugoso premio de 50 mil dólares e unha viaxe de 10 días ás illas Galápagos para o gañador. O Google Science Fair ten como obxectivo “que os mozos científicos máis brillantes do mundo envíen proxectos creativos e interesantes que sexan relevantes para o mundo de hoxe”, indicaron os organizadores no seu sitio. Os estudantes poden participar sós en grupos de dous ou tres e deben presentar os seus proxectos en inglés. Os proxectos deben incluír un vídeo de dous minutos ou unha presentación de 20 páxinas que dean unha idea xeral do proxecto. O xurado está composto de eminentes científicos, entre eles premios Nobel e visionarios tecnolóxicos,que elixirán os proxectos gañadores.

  15. Nahir Roig di:

    Os vou falar das caracteristicas dun neno nena superdotado, sempre me chamo a atencion e creo que son bastante interesantes.
    As características dos nenos superdotados:

    a) Desenvolvemento avanzado.
    b) Interese pola aprendizaxe.
    c) Afondar nos coñecementos.
    d) Alto nivel de actividade.
    e) Precaución e temores.
    f) Sensibilidade.
    g) Desenvolvemento desigual.
    h) Capacidade precoz para diferenciar entre realidade e fantasía.
    i) Interese temperán en cuestións morais ou sociais.
    j) Maior poder de razoamento e manipulación.
    k) Habilidades Sociais.
    l) Individualidade.
    m) Perfeccionismo.

  16. Ignacio Pena di:

    Eu queria falarvos dalguns dos motivos por lo que os nenos superdotados fracsan a pesar de terun intelixencia superioir aos demais. O verdadeiro superdotado non so ten unha intelixencia superior senon que tamen é super-sensible, curioso e mais ben solitario. Moitas veces presenta unha “desincornizacion” do nivel intelectual e o sistema psicomotriz. A persoa superdotada pode ser varon ou femia e vivir nun entorno acomodado, pero a sua sorte non é sempre envidiable xa que moitas veces suelen ser fraxiles e inadaptados, e moitas veces non cursan estudios superiores ou fracasan na escola.Os preguntaredes o porque de estas dificultadas, pois estas dificultades surxen por la principal singularidade dos nenos superdotados que no reside en ser mas intelixente senon en que pensa diferente ao resto. Algun psicologo como a doctora Siaud-Facchin afirma que : ” Pola sua percepcion aguda do mundo, a sua capacidade para rexistrar informacion simultaneas e a sua repidez de compresion , o superdotado funciona nun sistema intelectual moi diferente a dos outros nenos”.Ao entraren na universidade, moitas veces aparecen as primeiras señales de aburrimiento. Para quien no aprendio a aprender y se toma con as suas primeiras dificultades, o shock que sofren e forte. “De pronto se dan contan de que no saben e o interpretan como unha herida narcisista” dice Siaud-Facchin.

  17. Jesús López di:

    Referíndonos as características dos superdotados, ata o momento, as causas dos problemas emocionais non foron axeitadamente determinadas. Aínda que algunhas causas poden incluír factores tales como a herdanza, desordes mentais, dieta, presións, e o funcionamento familiar, ningun estudo puido demostrar que algún destes factores sexa a causa directa dos problemas emocionais ou do comportamento. Algunhas das características e comportamentos típicos dos nenos con problemas emocionais inclúen:

    A hiperactividade (a falta de atención, impulsividade);
    Agresións/un comportamento que pode resultar en feridas propias;
    Retraemento (falta de iniciar intercambios cos demais; o retiro dos intercambios sociais; temores ou ansiedades excesivas);
    Inmadurez (o neno chora en ocasións inapropiadas; temperamento; habilidade inadecuada de adaptación);
    Dificultades na aprendizaxe (rendemento académico por debaixo do nivel correspondente ao grao).

    Os nenos cos problemas emocionais máis serios poden exhibir un pensamento distorcionado, ansiedade, actos motoras raros, e un temperamento demasiado variable. Ás veces son identificados como nenos cunha psicósis severa ou esquizofrenia.

    Moitos nenos que non teñen un problema emocional poden experimentar algúns destes comportamentos durante diferentes etapas do seu desenvolvemento. Non obstante, cando os nenos teñen problemas emocionais, este tipo de comportamento continúa a través de longos períodos de tempo. O seu comportamento indícanos que non están ben dentro do seu ambiente ou entre os seus compañeiros.

  18. Sabela Escourido di:

    Na antiga China xa se realizaban probas de aptitude para desempeñar traballos de elite, a finais do século XIX Alfred Binet, psicólogo francés, empezou a elaborar os primeiros test de intelixencia. O obxectivo destas probas era identificar rapaces e rapazas con problemas escolares para axudalos.
    Nos primeiros anos do século XX os americanos adaptaron e melloraron os test. Entre a segunda e terceira década as probas que medían o coeficiente intelectual tiveron moito éxito.
    Esta cifra obtense de dividir a idade mental entre a cronolóxica e multiplicar por 100, de tal maneira que que obteña a cifra de 100 se lle supón unha intelixencia normal para a súa idade, se obtén máis de 100 a súa intelixencia é superior e por debaixo da centena inferior.
    Os test de intelixencia son unha das formas máis eficaces de identificar un neno ou adulto superdotado. As probas deben realizarse por profesionais e deben completarse coa acreditación doutras calidades como a creatividade artística ou o razoamento lóxico das situacións.Os test de habilidade intelectual máis coñecidos son:
    Test de intelixencia de Stanford-Binet
    Escala Wechsler: Formado por tres escalas para tres grupos de distintas idades: 4 a 6 anos, de 6 a 16 anos, e de 16 en diante, que é cando se considera que se estabiliza a intelixencia.
    De todos eles, o de Standford- Binet é o máis recomendado por investigadores, directores de colexios, psicólogos e profesores. Achega maior confianza, ten mellor capacidade de predición e distingue as facultades avanzadas con maior exactitude.

  19. Nildes Abella di:

    Cando tiña 12 anos, Taylor Wilson quería simplemente crear unha estrela nun frasco. Era o soño dun neno, a diferencia entre un neno común e Taylor, é que os soños dos nenos xeralmente non se cumplen, ou polo menos non tan cedo. Este extraordionario rapaz cumpliu o seu desexo ós 14 anos cando logrou unha reacción de fusión nuclear, cousa que únicamente fixeran 31 personas antes que el, todos científicos.Conseguía os materiais para o traballo que facía na súa casa en Albuquerque (Novo México). Donde en 1957, un avión estadounidense deixou caer unha bomba de hidróxeno 700 veces máis potente á bomba atómica de Hiroshima. Non tiña a mortífera dose de plutonio, pero igual provocou un cráter de 8 metros de diámetro e escombros radioactivos en varios quilómetros á redonda.
    Para atopar restos da bomba empregou un detector de metais e un contador Geiger (medidor de radioactividade).

    Unha compañeira explica o que é a fusión nuclear. Pero eu quería distinguir entre a fisión e a fusión nuclear. Explicado brevemente:
    Fusión nuclear: é o proceso polo cal varios núcleos atómicos de carga similar únense e forman un núcleo máis pesado. Simultáneamente se libera ou absorbe unha cantidade enorme de enerxía. Por exemplo:
    Deuterio + Tiritio -> Helio 4 + 1neutron

    Fisión nuclear: reacción nuclear (é dicir ten lugar no núcleo atómico) que ocorre cando un núcleo pesado é bombardeado e divídese en dous ou máis núcleos pequenos, ademáis de algúns subproductos como poden ser neutrones,fotones…

    Aínda que penso que o entenderedes mellor vendo este pequeno vídeo:
    http://www.youtube.com/watch?v=GndhY3xlwdU

  20. Rosalía García di:

    Todo este tema das altas capacidades plantexoume varias dúbidas:
    Que nos diferencia destas persoas á hora de aprender? Sempre van por diante do resto dos compañeiros aínda cando non están nos cursos que lles corresponde? e tamén, se é axeitado que estes nenos/as adianten cursos.
    Indagando respostas, atopei unha páxina na que unha superdotada contesta a algunha destas preguntas.
    É habitual que ensalcemos as persoas con altas capacidades intelectuais, a realidade é que esto é unha característica coa que xa se nace (non que se adquire) e que nun 70% débese a factores hereditarios.
    A diferencia do resto, os cerebros dos superdotados funcionan máis rápido polo que alcanzan antes os coñecementos e desenvolven antes a capacidade de razoamento. Un rapaz de sete anos pode razoar coma un de nove ou dez pero, emocionalmente segue tendo sete anos.
    No noso país non existen centros educativos específicos para este tipo de persoas pero si, programas complementarios. A lexislación establece a flexibilidade en adiantar cursos (non máis de tres), aínda que os profesores non están moi a favor de esta medida polo que se pode dar que os alumnos, dado a súa capacidade elevada para aprender sen esforzo, non adquiran hábitos de estudio e presenten problemas en cursos superiores que os levan a ter un peor rendemento e incluso a abandonar os estudios.

  21. Alexandra Parceiro di:

    Oscar Wrigley é un neno de tan so dous anos de Reino Unido que xa coñece a historia da época grecorromana como a sua palma da man.
    Ten o coeficiente intelectual superior a 160, similar ao de Einstein e Hawking. Pero o test de Stanford-Binet, o que el fixo, só pode medir IQ’s de hata 160, polo que nun futuro faranlle un novo test.
    Foi admintido como o membro máis xoven por Mensa, a sociedade mundial de persoas con alto coeficiente intelectual, cando cumplía os dous anos, cinco meses e once días de idade.
    Os catro meses de idade, Oscar xa podía escoller o traxe preferido, os nove meses comenzou a falar e o un ano e medio logrou memorizar o alfabeto. Os dous anos dominaba varios millares de vocablos, en contraste ca maioria dos nenos da mesma idade que so poden usar como unhas cincuenta palabras para expresarse.
    Oscar tamén mostra moito interese pola música. Recentemente interesalle a música clásica. E incluso, pode explicar con qué instrumentos interpretase as melodías que escoita. Os seus pais están dispostos a regalarlle un saxofón.
    Os pais de Oscar Wrigley teñen un coeficiente intelectual común, pero o seu tío tamén e un xenio e os 13 anos ingresou na universidade para cursar estudos de computador.

    Encontrei a páxina web da s.e.e.s.(Sociedade Española para o Estudo da Superdotación).
    http://www.ucm.es/info/sees/
    Se lle dades a diagnostico atoparedesvos con tres cuestionarios, un para nenos de 3-4 anos outro para nenos 5-8 e o terceiro para nenos de 9-14.

  22. Yolanda Bermúdez di:

    Este da clases nun colexio de superdotados, na que a sua intelixencia destaca. Este apoio academico, axudalle a sacar calquera dos seus proyectos por mais absurdo que parezca. A sua fan, empezou cando a sua aboa regaloulle o libro “ El boy scout radiactivo“ escrito por Ken Silverstein, conta a historia dun xoven que a principios dos noventa intentou facer un reactor nuclear no xardín da sua casa. Taylor leu o libro e fascinouse co mesmo reto. E puxose mans a obra.

  23. Carlos García di:

    Por primeira vez dous adolescentes españois foron finalistas en ISEF (Intel International Science and Engineering Fair),a maior competición cientifica para secundaria celebrada en Pittsburgh que contou con mais de 1.500 proxectos cientificos nas 17 areas que van desde as matematicas ata a enxeñeria e a bioloxia do comportamento.Teñen 17 e 18 anos e falan dos seus proxectos co detalle e a terminoloxía dun estudante de doutorado. Glòria Macià, estudante da Escola Industrial d’Arts i Oficis de Sabadell, creou un software capaz de calcular a evolución dunha característica xenética nunha población determinada, ó ler unha noticia sobre dous pais de raza negra que tiveron un fillo de pel blanca, a partires disto tratou de crear un modelo para entender cómo se dispersan rasgos xenéticos ó longo dos anos, aprendeu programación e creou un software para poder visualizar o proceso.
    A pasión de Adrià Arbués, estudante do INS Vilatzara en Vilassar de Mar, era o baloncesto. Fai dous anos decidiu crear unha pizarra electrónica para entrenadores. Como dispositivo físico a pizarra pode utilizar calquer tableta, salvo o iPad, porque o desenvolveu en flash e non é compatible. O programa permite debuxar as diferentes líñas de movimento para os xogadores de forma sinxela e moito mais práctica que unha pizarra tradicional.
    O gañador deste ano foi un xove estadounidense do estado de Madison, Jack Andraka, que desenvolveu un método para detectar cáncer de páncreas nos primeiros estados de desenrolo mediante o análises dos ouriños. O seu método é 28 veces máis barato e rápido que as técnicas de detección actuais e ten un 90% de eficacia. ¿A súa idade? 15 anos.

  24. Laura González di:

    Me parece una noticia muy interesante,ya que hoy en día no se dan personas así.Me sorprende que el dedicarse a la ciencia no venga de su familia sino que salga de por sí solo,creo que deberían haber más personas así en el mundo.

  25. Alba Guzmán di:

    AEST, Asociación Española para Superdotados e con Talento, de ámbito nacional, xa leva 20 anos (dende 1992) ó servizo e en axuda dos superdotados: nenos e as súas familias, así coma adultos.
    AEST é unha asociación que quere contribuir á sociedade proporcionando atención, información e apoio á Superdotación e ó Talento.
    Para isto ofrece unha serie de servizos a todos aqueles que o solicitan:

    – Atención ás demandas de información de calquera persoa ou institución, pública ou privada, asñi como orientación e asesoramento a quen o solicite. Axúdaos.
    – Ser un punto de encontro para todas aquelas familias que, con similares problemáticas, necesitan comprensión, apoio e axuda para ós seus fillos.
    – Acoller a persoas que por ser superdotados ou talentos, familiares, ou profesionales, queiran participar neste proxecto de hoxe cara o futuro.
    – Colaboración cos profesionais da educación para previr o fracaso escolar de estos nenos e favorecer o desenvolvemento.

  26. Lúa Roldán di:

    Algúns pensan que a superdotación distribúese de diferente maneira segúndo o sexo,como o científico Richard Lynn que propón que o compoñente intelectual dos individuos está ligado ao cromosoma X e que en xeral homes e mulleres obteñen resultados similares a nivel de intelixencia promedio.En cambio,a intelixencia masculina ten maior variabilidade de resultados,habendo unha población maior de homes tanto con discapacidade mental como superdotación intelectual.Isto é debido a que a probabilidade de herdar tal cromosoma é maior nas mulleres(XX)ca nos homes(XY).Horst Hameister,investigador da Universidade de Ulm en Alemania, argumenta que na media femenina existe unha ventaxa e di o seguinte:“As mulleres tenden a ser mellores nas probas de cociente intelectual, que en promedio atópanse arredor de 100 puntos, mentres que os hombres teñen un promedio de 99 puntos”(…) “Ademáis,hai un maior número de homes con retrasos mentais”.Asimesmo,vai máis alá propoñendo que hai diferencias entre as distintas variedades raciais.As premisas deste científico son cuestionables por partir de prexuízos máis ca dunha hipótese.Argumenta que este fenómeno pode deberse a que os movementos migratorios durante as últimas glaciacións están relacionados co desarroio da intelixencia nos distintos grupos humanos,e dicir,que cando os tempranos humanos emigraron de África a Eurasia e encontraron serias dificultades para sobrevivir aos invernos e as actividades de caza,fabricacións de armas e prendas de vestirprecisaban dun esforzo adicional para exercer a súa intelixencia.Obviamente,estos estudos atoparon moitos criticos,sobre todo aqueles que traballaron con poblacións do continente africano.

  27. joeltaibo di:

    É característico dos nenos superdotados, ter unha curiosidade incrible e incesante por algúns temas, este interese fai que o neno faga preguntas constantemente facéndose pesados , provocando deste xeito que os pais ou tutores sintanse cansos ou incómodos, ademais a curiosidade do rapaz fai que necesite profundizar en calquer tema que lles chame a atención.
    Tamén estoú dacordo en que a pesar de que son moitísimo mais intelixentes do normal, e que necesitan unha antención especial, non deixan de ser nenos, e como tal, hay que tratalos coma o que son.

  28. Jesús López di:

    Vou mencionar o caso dun neno mexicano superdotado, chamado Andrew Almazán, de apenas 12 anos de idade, que estudiou dúas licenciaturas de xeito simultáneo nunha universidade do centro de México, informou a Universidade da América, onde cursará ambas as dúas carreiras. Andrew Almazán, quen acaba de concluír os seus estudos de bacharelato, ” xa foi inscrito nas licenciaturas de Médico Cirurxián e Psicoloxía “, indicou o centro educativo nun comunicado. Por ser un caso peculiar, académicos e especialistas desa universidade ” crearon para Andrew Almazán un programa de estudos á súa medida, xa que o pequeno, polas súas tan relevantes condicións intelectuais, requiriu o deseño dun proxecto para nenos superdotados “, detallou o boletín. O neno superdotado fixo os seus exames de ingreso de Matemáticas, Computación e Inglés, e a seguinte semana comenzou as súas clases. Para iso, a institución outorgoulle unha bolsa ” que cobre o 100% do seu colegiatura para ambas as dúas licenciaturas “. Ademais, ” o neno e a súa familia viven nunha casa da zona residencial da universidade cuxo custo será cuberto na súa totalidade por esta institución “, explicou a Universidade da América.

  29. Jesús López di:

    O último xenio descuberto, trátase dun rapaz indio de 16 anos que vive en Dresde, Alemaña, e foi capaz de resolver correctamente un problema formulado por Isaac Newton hai 300 anos. Calcular a traxectoria exacta dun proxectil afectado pola gravidade e pola resistencia do aire, algo que conseguiu mentres traballaba para un traballo que lle mandaran no colexio.

    Para Ray o cálculo non é un problema xa que o estuda dende os 6 anos grazas ao seu pai, enxeñeiro de formación que traballa en Alemaña como profesor nunha escola técnica dende que se trasladaron a este país hai 4 anos.

    Como Shouryya hai moitos nenos que deixaron o seu nome inscrito na historia da ciencia. A maioría dos casos pertencen a sectores moi específicos da ciencia, a arte ou a medicina.

  30. Evelin López di:

    As persoas cun CI entre 120 e 130 se consideran brillantes, cunha intelixencia superior, e a partir de 130 puntos podemos falar de Superdotación Intelectual. Aproximadamente 2 de cada 100 persoas son Superdotados.
    A Superdotación Intelectual asociase habitualmente cunha serie de rasgos de comportamento xa mecioados como: Alta sensibilidade, excesiva cantidade de enerxía , perdida de atención, aburrimento fácil, creatividade, intuición,etc. Defínese intelixencia como a capacidade de entender ou comprender. Howard Gardner, autor da teoría das Intelixencias Múltiples propón oito tipos de intelixencia: lingüística, lóxica-matemática, musical, espacial, naturalista, corporal-cinética, interpersoal e a intrapersoal e R.J. Sternberg fala dunha teoría tripartita da intelixencia: analítica, creativa e práctica.
    A intelixencia é unha cualidade xenética, pero si durante o crecemento dispon de ambiente adecuado se desarrollará máis ou menos. Se nos anos 1970 creíase que o 80 % da intelixencia se heredaba, últimamente creese que so o 50% é debido á herencia, e que o entorno e a educación influen noutro 50%. Así a intelixencia dos superdotados é algo có que nacen, pero que necesita un ambente adecuado para desenrolarse.
    Un exemplo é Georgia unha nena de Inglaterra, empezou a gatear aos cinco meses e a os nove xa andaba. A os catorce meses, xa se vestía sola e comezou a fablar moi pronto. Con 18 meses xa mantiña unha conversación.
    Someteronna a un test para ver o cociente intelectual que tiña e a sorpresa foi cando descubriu o dato: un IQ de 152, moi por encima do normal (nun adulto son 100 puntos). Con estos resultados, Mensa, organización para persoas con elevado cociente intelectual, invitou a Georgia a unirse a eles.

  31. Beatriz Castro di:

    As persoas que se distraen cunha mosca e apenas conseguen manter a atención nunha sola cousa poden botarlle a culpa a un grupo de neuronas do lóbulo parietal superior, seguindo un estudo que publica a revista “Journal of Neuroscience”.
    Concretamente, os resultados revelan que as persoas mais distraídas solen ter un maior volume de materia gris nesa rexión cerebral, algo aparentemente contraditorio, xa que en teoría ter mais neuronas debería axudar a manter a concentración.
    En la era de la sobrecarga de información, la atención é todo un reto. Pero algunhas persoas son especialmente susceptibles a distraerse mirando o correo electrónico, Twitter, Facebook… Para descubrir se hai algunha base anatómica para o “despiste”, realizouse un estudo do cerebro de 145 suxeitos que cubriron previamente un cuestionario para calcular a súa tendencia á distracción na vida cotiá (ter lapsus mentais, non lembrar que foron comprar cando chegan do supermercado ou onde aparcaron…). Os resultados amosaron que había certas diferenzas cerebrais que estaban relacionadas coa capacidade de manter a atención. Concretamente, canto maior era o numero de neuronas no lóbulo parietal superior do hemisferio esquerdo dun suxeito, maior era a súa tendencia á distracción.Así cando se da o caso de nenos superdotados, estes tenden a aburrirse na clase, o que sole levar a confusións, xa que algúns profesores o entenden como unha falta ao respeto.

    A hipóteses manexada é que a medida que o cerebro madura se destrúen algunhas neuronas e conexións nerviosas, e ese proceso axuda ao control da atención. De acordo con esta idea, as persoas con mais materia gris na cortiza cerebral serian tamén un pouco mais “infantís” e, en consecuencia, algo mais distraídas.

  32. Nerea Pardo di:

    A Comunidade de Madrid conta co Programa de Enriquecimento Escolar (o mais importante dos que se realizan en España)dirixido específicamente a nenos con Altas Capacidades (AC). Pode inscribirse nel calquer menor entre seis e 18 anos que teña un dictamen de AC. Actualmente hai 1.500 alumnos matriculados, divididos en cinco sedes e en 112 grupos según a idade . Realizan actividades en torno a catro ámbitos: habilidades sociais, científico-matemático, artístico e o humanístico-literario. Así, experimentan en laboratorios, en aulas de informática,talleres de robótica…
    O asunto da alta capacidade é un tema emerxente. Durante os últimos años está tomando relevancia, non obstante, existe un unha gran falta na formación dos docentes nesta materia.
    Os pais reclaman para os seus fillos unha atención, canto menos, similar á que reciben outros alumnos con necesidades especiais como sucede cos problemas motóricos, psíquicos ou auditivos onde existe mais tradición, experiencia e conñecemento na detección e atención do alumno.

  33. Olalla Manteiga di:

    O intelixente é o que chama a atención pola súa capacidade mental global ou parcial, xeralmente cun CI ou coeficiente de intelixencia alto. O listo é o que utiliza ao máximo a súa capacidade intelectual, aproveita as súas aptitudes e sácalles todo o partido que pode, e é capaz de afrontar e emprender múltiples empresas das que sae airoso, adaptándose a situacións novas e resolvendo os problemas de forma eficaz. A diferenza do intelixente que ten un CI importante, o listo pode telo dentro da normalidade, pero sabe desenvolver e aproveitar ao máximo a súa capacidade intelectual.O “listo” pode ser resultado dun bo número de estímulos. As situacións ambientais obrigan a pór en marcha solucións concretas para resolver conflitos ou simplemente contratempos de forma eficaz. Hai quen se pon obxectivos claros e concretos, que conseguen alcanzar a base de tenacidade, esforzo e traballo, logrando o éxito aínda que non destaquen precisamente por unha intelixencia cegadora. Isto mesmo pódese conseguir a forza de estudo, adestramento en certas tarefas e desenvolvemento cultural.Outro factor que inflúe na intelixencia é a situación afectiva e o equilibrio psicolóxico. Unha persoa afectivamente equilibrada e estable pode pór en marcha todos os seus recursos intelectuais sempre que resulten necesarios. Pero se existe calquera tipo de descompensación, en forma de ansiedade, angustia, depresión, o suxeito ten unha diminución subxectiva e obxectiva da súa capacidade intelectual, de forma que é menos eficaz ante calquera tarefa que se propoña. Non é que perda a súa intelixencia, que permanece exactamente igual, senón que se alteran outras funcións psíquicas directamente relacionadas con ela, como pode ser a atención.
    Hai que ter claro que a intelixencia non é unicamente a puntuación que dá o coeficiente de intelixencia, senón a capacidade global do suxeito para adaptarse á vida, lograr os seus obxectivos con éxito, axustarse ao ambiente e aos que o rodean e obter de si mesmo aquilo que quere obter.

Deixa unha resposta