Por qué os zurdos son minoría?

Tan só o 10% da poboación mundial é zurda. Durante séculos, usar a man esquerda estivo mal visto, ata tal punto que a palabra “siniestra” é usada como sinónimo de esquerda (e antónimo de “diestra”). Dous investigadores estadounidenses acaban de demostrar que o baixo porcentaxe de zurdos é o resultado dun delicado equilibro alcanzado entre cooperación e competición ao longo da evolución humana. Tras recopilar numerosos datos de destros e zurdos, Daniel M.Abrams e os seus compañeiros da Escola de Enxeñería e Ciencia Aplicada McCormick, da Universidade Northwestern (EEUU), crearon un modelo matemático que amosa como canto mais social é unha especie maior é a tendencia á lateralidade, que no caso do ser humano tradúcese a predominancia do uso da man dereita.

“O factor mais importante para unha sociedade eficiente é a cooperación; nas sociedades humanas, iso fixo que o 90% das persoas sexan destras durante ao menos os últimos 5.000 anos”. A cooperación favorece a que todos usemos a mesma mano, por exemplo, para poder manexar as mesmas ferramentas. Sen embargo, en certos ámbitos deportivos competitivos (béisbol, boxeo, hockey, tenis de mesa…) os investigadores comprobaron que o número de atletas zurdos ronda o 50%.

Autora: Beatriz Castro

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to Por qué os zurdos son minoría?

  1. Sara Otero di:

    Malia que estivo mal visto ser zurdo durante séculos, hoxe en día no mundo dos deportes (non en todos, xa vos direi cales) é unha grande ventaxa. Actualmente rondan o 50%, en no béisbol incluso superan o 30% dos xogadores de élite. Este factor é clave nos deportes de máis rivalidade, onde os xogadores se enfrentan cara a cara directamente. A gran maioría son diestros e non están afeitos a entrenar contra un rival zurdo, o que proporciona unha ventaxa ser zurdo. De feito, moitos non son zurdos naturais, pero aprenderon dende pequenos a xogar coa esquerda, como Rafa Nadal ou David Villa. Por contra, en deportes como o golf, os xurdos non superan o 4%, e iso débese a que os palos están diseñados para destros.Gustaríame falar tamén dun tema sobre os zurdos, que seguramente escoitástedes algunha vez. Incluso uns estudios científicos aseguraron que os zurdos viven 9 anos menos que os destros, pero, non deixa eso de ser un mito? Ou é verdade? Non esquezades de ter en conta da presión que houbo no primeiro cuarto do siglo XX para que os rapaces zurdos cambiaran de mano, que eso explicaría por qué hay poucos zurdos maiores do 60 anos (os estudos realizarón ao redor de 1990, agora votade contas). E outro tema tamén moi coñecido, é verdade que os zurdos son máis intelixentes?

  2. Christian Sandá di:

    Hai tres tipos de persoas: os destros, os zurdos e os ambidestros. Isto é algo que diferenza á xente simplemente porque teñen mais control con unha man (ou con unha perna) que coa outra ou, no caso dos ambidestros, porque teñen control sobre ámbolos lados por igual.
    Como xa se di na noticia, sempre estivo mal visto empregar a man esquerda. De feito, en países como Xapón, reprimíuse a todo aquel que non escribise coa man dereita e, por iso, actualmente só un 2% da poboación xaponesa é zurda.Eu persoalmente son destro de máns e zurdo de pés, a isto chámaselle “Zurdo (ou destro) cruzado” e os estudos din que tal vez poda atopar problemas en canto ao cáculo, escritura e lectura. Ademáis de este, hai outro tipo que é o “Zurdo (ou destro) homoxéneo”, que son aqueles que controlan todo o seu corpo como zurdos ou destros, é dicir, manexan mellor o seu pé, man, oído e ollo esquerdo (ou dereito) que o contrario.

  3. Sabela Escourido di:

    O lado esquerdo do cerebro humano controla o discurso e a linguaxe, mentres que o dereito controla emocións. Os zurdos, non obstante, adoitan intercambialos e, segundo os científicos de Oxford, isto é causado polo LRRTM1(e o primeiro xen vinculado ao aumento de probabilidades de ser zurdo, polo menos se se herda dun lado do seu pai), que modifica a asimetría do cerebro.
    Os investigadores tamén sinalaron en Molecular Psychiatry que as persoas que posúen o xen que habitualmente son zurdas teñen máis posibilidades de desenvolver enfermidades psiquiátricas como a esquizofrenia. Isto débese a que os esquizofrénicos, por exemplo, teñen balances inusuais no cerebro e usan con máis pericia un ou outro lado do corpo, dixeron os científicos.
    Clyde Francks, médico que dirixiu a investigación en Oxford, espera que estes achados sirvan para analizar a asimetría, un asunto fundamental para estudar moitas condicións psiquiátricas. Pediu, non obstante, que os zurdos non se alarmen polos lazos coa esquizofrenia: “Hai moitos factores que fan a unha persoa máis capaz de desenvolver a enfermidade e a vasta maioría de zurdos nunca desenvolven o problema. Aínda non sabemos o rol preciso deste xen”, indicou Francks.
    O estudo involucrou 40 científicos de máis de 20 centros de investigación en todo o mundo.Una investigación australiana, por exemplo, revelou en 2006 que os zurdos poden pensar máis rápido ao xogar no ordenador ou realizar algúns tipos de deporte. Investigadores franceses concluíron que tamén outorga vantaxe á hora dun combate. O ser zurdo, non obstante, tamén se relacionou a un maior risco de contraer enfermidades e a ter determinados accidentes. Hai cálculos que indican que ao redor dun 10% das persoas ten máis habilidades coa parte esquerda do corpo.

  4. Mila Mosquera di:

    Unha crenza suxire que os zurdos son máis intelixentes ou creativos que os destros, aínda que hai un debate sen resolver dentro da comunidade científica sobre como relacionar a intelixencia coa creatividade. Algúns estudos demostraron que existe unha pequena correlación entre os zurdos e a creatividade-intelixencia. Isto puidese deberse ao hábito desde temperá idade de adaptar e crear recursos para uso persoal, e non poderse valer de obras para destros.
    No seu libro “Right-Hand, Left-Hand” Chris McManus, do University College of London, argüe que a proporción de zurdos está en alza, e sostén que o colectivo zurdo ha producido historicamente unha cota por encima da media de grandes triunfadores. Di que os seus cerebros están estruturados de maneira diferente, de modo que estende o seu abanico de posibilidades, e que os xenes que determinan a condición de zurdera tamén gobernan o desenvolvemento dos centros da linguaxe.
    McManus basea a súa aseveración sobre o florecemento numérico dos zurdos a novos descubrimentos na porcentaxe entre zurdos e destros na Idade Media en Gran Bretaña, e suxire que se debe a que os zurdos eran severamente discriminados e mesmo golpeados entre os séculos XVIII e XIX, e na súa idade adulta tiñan menos posibilidades de casar e de reproducirse, fenómeno que declinou no século XX, o que permitiu á súa vez que os zurdos non tivesen que converterse en pseudo-destros. Ademais, indica, a elevación da idade de maternidade nas mulleres axudou no proceso, xa que, estatisticamente, é máis probable que as nais de maior idade teñan fillos zurdos.
    McManus asegura que este incremento podería producir un avance correspondente intelectual, e un salto no número de matemáticos, deportistas, ou xenios artísticos.
    Desgraciadamente, tenden a sobre-representarse en ambos os extremos da escala intelectual, e así como xenios, o grupo tamén produce un número desproporcionadamente alto de zurdos con problemas de aprendizaxe. Hai suxestións da relación entre a zurdera e a dislexia, tartamudeo, e autismo do neno, entre outras discapacidades. Moitas destas causadas por tratar de convertelos en destros.
    En 2006, investigadores do Lafayette College e a Johns Hopkins University nun estudo atoparon que os alumnos homes zurdos eran un 15% máis ricos que os destros, e os graduados zurdos até un 26%.
    Tanto como posibles vantaxes intelectuais, o ser zurdo tamén trae consigo outras, incluíndo:
    – División do hemisferio do cerebro do traballo: A premisa desta teoría é que posto que a fala e o traballo manual requiren habilidades finas, ter un hemisferio do cerebro para ambas as actividades sería máis eficiente que telo compartido.
    – En combates de man-a-man: os zurdos contan cun factor sorpresa, posto que a maioría da poboación é destra.

  5. Nahir Roig di:

    Unha crenza suxire que os zurdos son máis intelixentes ou creativos que os destros, aínda que hai un debate sen resolver dentro da comunidade científica sobre como relacionar a intelixencia coa creatividade. Algúns estudos demostraron que existe unha pequena correlación entre os zurdos e a creatividade-intelixencia. Isto puidera deberse ao hábito dende temperá idade de adaptar e crear recursos para uso persoal, e non poder valerse de obras para destros.

    No seu libro Chris McManus, argúe que a proporción de zurdos está en alza, e sostén que o colectivo zurdo produciu historicamente unha cota por enriba da media de grandes triunfadores. Di que os seus cerebros están estruturados de xeito diferente, de modo que estende o seu abano de posibilidades, e que os xenes que determinan a condición de zurdera tamén gobernan o desenvolvemento dos centros da linguaxe.

    McManus basea a súa obseveración sobre o florecemento numérico dos zurdos a novos descubrimentos na porcentaxe entre zurdos e destros na Idade Media en Gran Bretaña, e suxire que se debe a que os zurdos eran severamente discriminados e mesmo golpeados entre os séculos XVIII e XIX, e na súa idade adulta tiñan menos posibilidades de casarse e de reproducirse, fenómeno que declinou no século XX, o que permitiu á súa vez que os zurdos non tivesen que converterse en pseudo-destros. Ademais, indica, a elevación da idade de maternidade nas mulleres axudou no proceso, xa que, estatisticamente, é máis probable que as nais de maior idade teñan fillos zurdos.

    McManus asegura que este incremento podería producir un avance correspondente intelectual, e un salto no número de matemáticos, deportistas, ou xenios artísticos.

  6. Carlos García di:

    O individuo zurdo é un fenotipo minoritario da especie humana. En xeral, un zurdo manéxase mellor ca perna ou man esquerda e o seu lado esquerdo é mais sensible. É mellor co oído esquerdo, ve mellor co ollo esquerdo e a súa visión esquerda e a súa visión espacial orientase pola esquerda. Ten máis sensación táctil na parte esquerda do tronco. Esta tendencia dos zurdos corresponde a unha lateralización simétrica do cerebro e acompañase dunha dominancia do hemisferio dereito nesta función, en alrededor da mitade dos zurdos. Ser zurdo é un fenotipo que reflexa que a dominancia cerebral do individuo está asociada o seu hemisferio cerebral dereito. O cerebro controla o corpo dun modo cruzado e casi sempre o hemisferio esquerdo é o dominante, polo que a maioría das ordes están destinadas á parte dereita do corpo.

  7. Cristina González di:

    Soamente ao redor dos 6 anos, ao inicio da ensinanza básica, tense certeza de si o neno é destro ou zurdo, porque debe optar por unha mano dominante para a escritura. Pode darse tamén o que se denomina ‘lateralización cruzada’, cando por exemplo se é destro de mano e zurdo de ollo, ou viceversa.

  8. Nildes Abella di:

    Así foi desde a Prehistoria, sempre predominaron os destros. Sábese porque oito de cada dez debuxos de mans realizados polos artistas do Cromañón reproducen a man esquerda, que facía de modelo mentres pintaban coa dereita.

    Ser zurdo sempre foi froito de numerosas supersticións e por extensión, persecucións.
    -Na antigua China, o esquerdo era o lado «malo». O adxetivo «zurdo» significa ‘impropio’ ou ‘desacordo’. Ata fai moi pouco, en China, os zurdos eran coaccionados para ser destros. En parte era porque, así como os caracteres latinos escríbense facilmente coa esquerda, os caracteres chinos resultan inintelixibles.
    -No mundo islámico, unha persoa zurda é considerada sucia.
    -En Asia, un xaponés podía repudiar a súa esposa se descubría que era zurda.
    -En Indonesia e outras partes do mundo considérase incorrecto comer ou aceptar regalos coa man esquerda. Unha razón é que a persoa que come coa zurda pode tropezar co que come xunto a el (destro). Outra razón é que esa man é a que emplean para asearse no retrete.
    -Ademáis de referencias bíblicas: No reino dos ceos, son os elexidos os que están sentados á dereita de Deus e os condenados á esquerda durante o Xuízo Final.
    -En España non é que sexamos menos: ata os años 60 non se permitía que os exames de ingreso no Bacharelato se redactaran coa esquerda.

    En definitiva, o costado esquerdo tivo sempre mala reputación, todos coñecemos a expresión «levantarse co pe esquerdo». Simplemente é unha de numerosas supersticións.
    Os zurdos non o teñen fácil nun mundo no que todo está pensado para a maioría destra. Algúns dos problemas que se lle poden presentar son: as tesoiras ,as cordas da guitarra están colocadas ó revés para eles, os pupitres universitarios, ó escribir linguas de escritura hacia á dereita poñen a man sobre a tinta, etc.

    Por último nomear algúns persoaxes coñecidos que son zurdos e seguro que os sorprenden: científicos como Albert Einstein, Marie Curie ou Isaac Newton, personaxes históricos como Xulio César, Alexandre Magno ou Leonardo Da Vinci, deportistras como Rafael Nadal e Maradona, acotres: Marilyn Monroe, Tom Cruise, Nicole Kidman ou Angelina Jolie e outros como Bill Gates ou Barack Obama. Déixovos o listado completo:
    http://www.sidar.org/contramano/bien/personas.html

  9. Boris Lobón di:

    En realidade hai mais xente que é zurda pero o oculta dado que como di na noticia veiase algo malo e siguese vendo mal.Tamen hai xente que pode utilizar oa duas mans sen diferenza son ambidestros,estes en cambio non teñen tantos problemas.Pero hai unha cousa moi curiosa ¿porque os famosos nunca os ven mal aunque sexan zurdos,feos,etc…? Os que sempre ven mal son a xente coma nos pero se eres famoso da igual que sexas zurdo ou un cardo borriquero eres famoso intocable.

  10. Claudia Caramelo di:

    O lado izquerdo do cerebro humano controla o discurso e o lenguaxe, mentras que o dereito controla emociones. Os zurdos, sen embargo, soen intercambialos e, según os científicos de Oxford, esto é causado polo LRRTM1, que modifica a asimetría do cerebro.

    Curiosidades:
    Os investigadores tamén han señalado en Molecular Psychiatry que as persoas que poseen o xen -que habitualmente son zurdas- teñen máis posibilidades de desarrollar enfermidades psiquiátricas como a esquizofrenia. xa que os esquizofrénicos teñen balances inusuales no cerebro e usan con máis pericia uno u outro lado do corpo.
    Clyde Francks, pediu que os zurdos no se alarmen polos lazos coa esquizofrenia: “Hay moitos factores que fan a una persoa máis capaz de desarrollar a enfermidade e a vasta mayoría de zurdos nunca desemvolven o problema. Aún no sabemos o rol preciso deste xen”

    Pero non todo son desventaxas:
    Una investigación australiana revelou que os zurdos poden pensar máis rápido ao xogar no ordeador o realizar alguns tipos de deporte.

    Investigadores franceses concluyeron que tamen otorga ventaxa a hora de un combate. Hay cálculos que indican que aoredor dun 10% das persoas teñe máis habilidades coa parte izquerda do corpo.

    Zurdos coñecidos : Picasso Bach, Beethoven, Mozart, Jimmy Hendrix, Bob Dylan, Paul McCartney, Gandhi ,Winston Churchill, Adolf Hitler ,Chaplin, Marilyn Monroe ,Vladimir Putin, George Bush padre, Bill Clinton, Osama bin Laden, Hugo Chávez, Fidel Castro ,Diego Armando Maradona…..

  11. Naomí Mosquera di:

    Ao longo da historia foron obxecto de tropelías varias baixo as falsas crenzas de que estaban posuídos polo diaño, que eran máis propensos a cometer crimes e unha infinidade de mitos máis. Por iso, había que “reeducar” aos nenos ‘desviados’.
    As diferenzas cerebrais entre zurdos e destros confunden aínda máis. O cerebro ten un hemisferio dereito e un esquerdo e cada un encárgase de funcións ben distintas. Así, o lado esquerdo é o encargado de procesar a información lóxica e numérica mentres que o dereito está máis centrado nas emocións e os sentimentos. Pero, que hai da escritura? Pois na maioría das persoas regúlase desde o lado esquerdo, pero ao redor dun 15% dos zurdos ten centros da fala en ambos os hemisferios.
    Investigando sobre o tema encontrime con unha paxina bastante extraña no que critican os zurdos e quedeime un tanto abraiada que ainda algunha xente pense asi. Deixovos o enlace http://perdidoeneldesierto.es/putos-zurdos/

  12. Rosalía García di:

    Cando comencei a ler a entrada do enlace que deixou Naomi no seu comentario quedeime como ela, abraiada.
    Pero, se ledes os comentarios da entrada e o resto das entradas do blog darédevos conta de que é unha parodia, trata de comparar aos zurdos co tema da homosexualidade ou do racismo.
    De calquera xeito, eu que son zurda, tiven que oír hai menos de dez anos a unha mestra que me fixo a seguinte pregunta ao verme escribir coa man esquerda: -Ti es tonta?
    Penso que este tema, como moitos outros, deixa entrever que os humanos non aceptamos a diversidade.
    Atopei un vídeo (que adxunto) no que según según estudos pedagóxicos anímase a estimular o uso dos dous hemisferios do cerebro a través do uso de ámbalas dúas mans, pes, ollos e oídos. Tamén fai referencia a que ser diestro non é nin mellor nin peor, pero si máis doado xa que a sociedade está adaptada as persoas diestras.
    Un bo exemplo disto é o caso da música. Coñecemos músicos zurdos coma Paul McCartney que tocaban o seu instrumento (neste caso a guitarra) ao revés que os diestros.
    Pero, isto non é moi común xa que por exemplo, nunha orquesta, un violinista zurdo debería tocar como os diestros porque, do contrario, o arco do seu violín batería co seu compañeiro.
    Neste vídeo, refire como vantaxe de ser ambidiestro que mellora a comunicación entre os dous hemisferios cerebrais (capacidade que teñen os músicos, por exemplo).
    http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Xf9s2djaRXg

  13. Yolanda Bermúdez di:

    Nalguns deportes obligan ter un manexo coas duas pernas ou brazos, como è no caso do futbol, a ximnasia ritmica, tenis... E respondendo a pregunta que fai a miña compañeira Sara, se os zurdos son mais inteixentes ou creativos, estiven buscando e encontrei que hay teorias que afirman que si. Explican que os zurdos teñen a necesidade de crear recursos para o seu uso persoal debido a que todo está pensado para adaptarse a parte dereita do corpo. Con lo que desarrolan capacidades extras de adaptación e creación a diferencia do resto dos nenos.

  14. Thiago Echevarría di:

    A primera tenda exclusivamente para zurdos no mundo está en Londres: Anything Left-Handed Podes encontrar dende as típicas tixeiras para zurdos, hata reloxes, boomerangs, camisetas e bolígrafos.

    Un mito moi extendido e que os zurdos viven nove anos menos que os destros. Esto e falso e foi debido a un error na extrapolación dos datos estadísticos.

    Outro mito tamén moi famoso e que Einstein foi zurdo. Einstein NUNCA foi zurdo. En calquera fotografía na que aparezca escribindo él comprobarán fácilmente que e destro.

    Existe un poblo chamado “Mano Zurda” (Left Hand) en West Virginia, EE.UU. -Hai uns cuantos libros exclusivamente dedicados a que a gente sepa escribir con a zurda. O máis famoso: Left-Handed Calligraphy ¿Útil? Pode que non. Pero curioso, moito.
    Eu sou zurdo, e nunca tiven ningun problema de marxinación, burla nin nada parecido.

  15. Vladislav Babenco di:

    Os zurdos non teñen nada fácil un mundo onde todo está deseñado e feito para o máis hábil. Aqueles con máis habilidade na man dereita non atopan tantos obstáculos nunha base diaria que deberá exceder operativo mellor coa man esquerda.

    Os zurdos, moitas veces teñen que loitar contra as barreiras que a sociedade lles impón. Pero non só teñen dificultades físicas, tamén son considerados como verdadeiros “fenómenos”, case como tolos que fan todo para atrás e as cousas máis difíciles.

    En case todos os idiomas, a dereita representa persoas capaces, listos, ou sexa, cualidades positivas. A partir da esquerda, ou siniestra non se pode dicir o mesmo que nos diccionarios tamén significa torto, non en liña recta, sen graza, infeliz, e mesmo fatal.

  16. Cristina Frade di:

    Dende sempre nos decatamos de que os zurdos son minoría, e eu que son afeccionada ao fútbol non fixen máis que fixarme nas plantillas dos equipos de fútbol. Dos 26 xogadores que conforman a plantilla do Barcelona só hai 3 zurdos nas súas filas, é o equipo que conta con menos zurdos de toda a Primeira División; por non ser menos tamén mirei nas filas do Madrid, no que hai 6 xogadores zurdos e na do Deportivo da Coruña, que conta con outros 6 zurdos.
    Sempre foron os xogadores máis buscados e necesitados por mor de ser unha minoría. Así que as minorías non son tan malas, non temos por qué desprecialas.
    Quero aportar o meu granito de arena á lista de zurdos famosos engadindo a Ernesto Guevara e Ringo Bonavena.
    Atopei unha noticia en As.com que a xente que lle guste o fútbol poderá ver se se quere rir.
    Déixovos o link: http://www.as.com/opinion/articulo/zurdos-usos-costumbres/20120302dasdaiopi_7/Tes

  17. Jesús López di:

    En canto a tendencia xenética, segundo a doutora Clare Porac, psicóloga da Universidade Pennsylvania State, existen dous alelos ou dúas manifestacións dun xene na mesma localización, que están asociados á tendencia a ser destro ou zurdo.

    Un destes alelos é D (de dereita), que é dominante e por iso, o individuo que o posúe será destro. O outro alelo é o C (de ‘chance’ en inglés, que en español significa ‘azar’) e neste caso, as posibilidades de que o individuo sexa zurdo ou sexa destro son do 50%.
    O D é máis común. A maioría dos que posúen o alelo C son zurdos. Herdamos un alelo de cada pai. Así, seguindo as Leis de Mendel teremos as seguintes combinacións: DD individuos inequivocamente destros, DC individuos que son na súa maioría destros, e os CC que son ambidiestros. Así, a maioría dos humanos somos destros e existe unha persistente minoría de zurdos.

    En 1991, a revista The New England Journal of Medicine publicaba un estudo en que se concluía que os zurdos vivían unha media de nove anos menos que os destros. Que teñen un risco seis veces máis alto de morrer nun accidente de calquera tipo e catro veces maior nun accidente de tráfico.

    Non obstante, multitude de estudos posteriores repasaron as estatísticas, afinaron máis nos seus cálculos e desmontaron os resultados da publicación. Aínda que o que si está claro é que os zurdos sofren máis accidentes porque gran parte dos dispositivos que están hoxe en día no mercado están construídos pensando en persoas que os manipulan coa man dereita.

  18. Antía Navajas di:

    Como todo rasgo particular, albinismo, enanismo, etc., a zurdera dende antaño alimentou numerosas supersticións e por extensión entrañou persecucións. Ao longo da historia, ser zurdo foi considerado algo negativo; a palabra latina sinister quería dicir ‘esquerda’, precisamente a palabra «sinistro», que tamén significa ‘zurdo’ ten unhas connotacións negativas que todo o mundo coñece. Aos nenos zurdos se lles ataba a mán esquerda á espalda para que aprenderan a escribir coa dereita.

    Se pode tamén constar que o feito de ser zurdo sempre foi visto como unha particularidade notable, «Zurdo» chegou a ser un nome propio, contrariamente a «Dereito», o que proba que se trata dun rasgo marcado destas persoas. Estas descalificacións prexuiciosas non foron privativas dos zurdos. Ata a época recente ser manco, mudo, bizco, albino, mestizo, tolleito, coxo, tartamudo, deforme, padecer unha enfermidade crónica como a tuberculose, lepra, etc., considerábase indicativo de castigo de Deus, enfermedade do espíritu, depravación psíquica, tara moral ou dexeneración.

  19. mateogarcia di:

    Na actualidade existe un día internacional dos zurdos(ou xornada mundial so zurdo) celebrado o 13 de agosto en conmemoración da fundación en 1975 da Organización Internacional de Zurdos na cidade de Topeca, en Kansas. O 13 de agosto de 1976 esta organización inaugura un alamacén, elexindo esta data para dirixir a atención aos mitos e supersticións sobre os zurdos xa explicados a gran maioría polos meus compañeiros

  20. Ayoub Elghotiss di:

    Non é unha noticia que me atraia moito pero é como moitas outras cousas que o «HOMO SAPIENS» fai distincións por como somos cada un de nos, é incrible que aínda haxa xente tan pechada de mente, pero é unha gran realidade, e todo polas culturas e relixións. Por exemplo no islam como dixo unha compañeira, Nildes, que unha persoa zurda é considerada sucia, pero é que ademais disto, a xente musulmá antiga ( que aínda abunda moita) pensa que desta maneira lle estas dando de comer a Satanás.

  21. Victoria Zherdeva di:

    Non hai que facer ningun estudo para saber que os diestros son mais numerosos que os zurdos sobre todo no ambiemte educativo (estudiantes), pero ven certo é que nos deportes co exemplo clarisimo de que moitos xogadores de futbol que usan a man dereita para escribir xogan mellor coa perna esquerda. Quizás pode ser un factor social o de elixir unha man ou outra xa que esta sociedade esta pensada para diestros

  22. Diana Pérez di:

    Ser zurdo é moito máis que usar a tua man izquerda máis que a dereita. É un don que por nada do mundo debese tratar de cambiar.Os zurdos non son torpes ni pretenden facer todo moito máis complicado; só viven nunha sociedade que os ignora e antes os perseguía.
    Problemas como o corcho que se queda na botella, as tixolas que non cortan ben, as cordas da guitarra están colocadas ao revés, os pupitres universitarios, entre outros, son situacions que se repiten con frecuencia.
    Os zurdos, moitas veces, deben loitar contra as barreras que a sociedade os impone. Pero non solamente ten dificultades físicas, sinon que, ademáis, son considerados como verdadeiros “fenómenos”, casi como bichos raros que todo o fan ao revés e da maneira máis difícil.

  23. Laura González di:

    Ser zurdo tiene también algunas ventajas:

    Son mejores en muchos deportesYa que la gran mayoría de deportistas son diestros, están poco acostumbrados a estar al frente de un zurdo, tales son los casos del box y el tenis.
    Tienen más posibilidades de tener un coeficiente intelectual altoInvestigadores aún no están seguro el porqué, pero aquellos que son zurdos ocupan una parte no proporcional de los altamente inteligentes.
    Los hombres tienden a tener más dineroAquellos zurdos que fueron a la universidad ganan 13 por ciento más que sus compañeros diestros.
    Son mejores en los videojuegosAl ser mejores pensadores y multipropósito, no hay dudas por qué son mejores en los videojuegos. Estudios dirigidos por el doctor Nick Cherbuin demostraron que los zurdos son mejores en juegos de disparos, deportes y peleas.
    Aprenden a manejar más rápidoDatos de una escuela de conducir estadounidense demostraron que el 57 por ciento de zurdos pasaron el examen de conducir la primera vez. Un 47 por ciento de diestros lo lograron a la primera.

  24. Ana Domínguez di:

    Paréceme un tema moi interesante, é certo que os zurdos antigamente estaban mal vistos, pero hoxe en día gracias a deus xa non é así. Eu teño comprobado que os zurdos, na meirande parte dos casos, soen ter unha serie de ventaxas como por exemplo ter a letra máis bonita, con escepcións porsuposto.
    Ser zurdo non sería ningún problema se os obxetos non recordaran cotidianamente que a gran maioría ten por mano hábil a dereita.Empuxar o lápiz en vez de deslizalo, dar toda a volta coa man mantendo a muñeca doblada, colocar un papel sobre o escrito para non borronealo ou cambiar a orde no debuxo das letras, son algunhas das estratexias que os zurdos utilizan para adaptarse a unha técnica pensada para ser feita coa sua man inhábil.

    O feito de ter que moverse nun mundo onde a maioría dos obxetos están diseñados para diestros dou aos zurdos experiencias e reclamos en común. Fai 17 anos, un club instaurou o día 13 de agosto como “día dos zurdos”, propoñendo experiencias de sensibilización como delimitar zonas nas que todo teña que ser feito coa man esquerda, para que o diestro entenda os obstáculos cos que se encontra diariamente o zurdo.

  25. joeltaibo di:

    no mundo do deporte, o ser zurdo de moita seguridade,xa que todo o mundo coincide, en que os zurdos desaxustan a o rival, pois este, esta preparado para un mundo de destros.
    Dende o punto de vista psicolóxico non hay ningunah diferenza na preparación dun atleta zurdo ou un destro. Ainda que algúns expertos din, que a única complicación que se pode presentar nun zurdo, cando é neno, é un retraso na coordinación ollo-man, algo que pensan, que se supera con traballo de integración.
    Ainda que me sorprendeú encontrar que en algúns deportes, esta prohibido xogar coa zurda por motivos de seguridade, como no polo ou no hockey.

  26. Xisela Lema Díaz di:

    Nestes casos, habería tamén que analizar non só a situación social do individuo, senón tamén os problemas mentais que estes pode carrexar debido á temática de grupo, cando unha persoa é diferente, apártaselle, dependendo do forte que sexa a devandita mentalidade, pode seguir o seu camiño correctamente ou vai dobrándose a medida que vai crecendo, xa que non todo o mundo é igual de forte psicoloxicamente falando.

  27. Alexandra Parceiro di:

    Sorprendeume o que dixo Nildes, que en Asia; un xaponés podía repudiar a súa esposa se descubría que era zurda, e a páxina que deixou Naomí onde burlanse dos zurdos, ainda que despois outro compañeiro dixo que era unha parodia. Persoalmente eu creo que iso non é para parodiar, pois é algo moi serio que se discrime a alguén por ser zurdo.

    Aproximadamente entre un 8 e un 13% da población mundial é zurda. Os estudos indican que o fenómeno é máis común nos varons que nas mulleres. O porcentaxe de nenos zurdos procedentes de nacementos múltiples, os de xemelos por exemplo, é moito maior.

    En argot, «batea ca ezquerda»,utilizase para referirse a homosexualidade, o «cigarrillo de man ezquerda» para referirse a marihuana.

  28. Nerea Pardo di:

    Un neno non é zurdo porque el o decida. Os expertos confirmaron que unha persoa é destra ou zurda dende o momento en que nace. Moitos pais pregúntanse se existen técnicas para que poidan cambiar o dominio da man esquerda do seu fillo para a dereita, como se iso se tratara dunha decisión do neno ou da nena. O dominio da man, sexa dereita ou esquerda, determínao o cerebro. Cambiar as preferencias laterais do neno conleva desvantaxes como dificultades para distinguir a dereita da esquerda, trastornos na escritura, dislexia e incluso tartamudez.
    A principal preocupación que existe en canto á zurdeira é a adaptabilidade dos nenos a un mundo feito na súa maioría para los destros. Normalmente é na escola onde se detecta que un neno é zurdo, porque é cando el empeza a utilizar as mans con mais frecuencia. Ata os 3 ou 4 anos, os nenos utilizan as dúas mans indistintamente. Para comprobar se un neno é zurdo ou destro hai que observar que man, pé ou ollo utiliza cando:
    – Chuta un balón
    – Se cepilla os dentes
    – Se peitea
    – Leva un vaso
    – Salta á comba
    – Tapa ou destapa un frasco
    – Escribe
    – Fai unha foto
    Eu mesma realicei un test para zurdos aínda que sei perfectamente que son destra pero decateime que aínda que para a maioría das cousas utilizo a miña parte dereita,pola contra prefiro facer outras coa parte esquerda.
    Déixovos a ligazón da páxina por se tedes curiosidade por saber que parte utilizades mais: http://www.zurdos.cl/test.html

  29. Diana Fernández di:

    Os psicólogos fixeron uns estudos e como resultado viuse que os zurdos non se lle discriminan como os homosexuais, os de outra raza … Senón que se lle discrimina como si tivesen unha discapacidade.
    Na antiga Roma, como ocurre nos exércitos modernos, tamén se lles contrariaban os zurdos. Un rapaz zurdo, formándose para ser lexionario debía manter a sua man no seu costado e usar o “gladius” coa man dereita. Esto debese a necesidade: un soldado invertido, pode interferir a cohesión e o orden de combate.

  30. Alba Guzmán di:

    Ser zurdo é moito máis que usar a túa man esquerda máis que a dereita. É un don que por nada do mundo se debe tratar de cambiar. Os zurdos non son torpes nin pretenden facer todo moito máis complicado; só viven nunha sociedade que os ignora e antes os perseguía.
    Problemas como o corcho que se queda na botella, as tixeiras que non cortan ben, as cordas da guitarras están colocadas ó revés, os pupitres universitarios, entre outros, son situacions que se repiten con frecuencia.
    Os zurdos non o teñen nada fácil nun mundo no que todo está pensado e feito para a maioría diestra. Aqueles que teñen maioir habilidade na mano dereita non se atopan coa mesma cantidade de obstáculos que, a diario, deben superar os que operan mellor coa sua mano esquerda.
    Os zurdos, moitas veces, deben loitar contra as barreiras que a sociedade lles impón. Pero non soamente teñen dificultades físicas, senon que, ademáis, son considerados como verdadeiros “fenómenos”, case coma bichos raros que todo o que fan, fano ó revés e da maneira máis difícil.
    Teño que decir que o meu pai e a miña avoa son zurdos, e para nada os sento bichos raros, faltaría máis ! Aínda sigo sin crer que exista xente que pensa ou pensou esas barbaridades das persoas que ten máis habilidades coa man esquerda que coa dereita…

  31. Amir Pose di:

    A esquerda sempre estivo moi presente nas nosas vidas, un dos exemplos mais coñecidos é o da circulación polo lado esquerdo da estrada. Os países anglosaxons como Gran Bretaña, Australia, Xapón, circulan pola esquerda porque na antigüidade os condutores de carruaxes ou coches de cabalos, sostiñan as rendas dos animais coa man esquerda e o látego coa dereita pero este sistema tenia un problema, os peóns resultaban fustrigados. Para non dar á xente que circulaba ao lado da carruaxe co látego, acordouse que circularían pola esquerda e deste xeito non danarían a ninguén agás aos cabalos.A man esquerda sempre foi un problema sobre todo polos prexuízos que se crearon sobre os zurdos. Tradicionalmente sempre se creu que a man esquerda estaba relacionada coa maldade, e coa torpeza. Moitos dos nomes que recibe ao longo e ancho deste mundo relaciónanse con eses tópicos: En Irlanda, Ciotóg (Zurdo) significa “estraño”, nalgunhas zonas de España relaciónase co esterco (cucho) e a palabra “sinistra” da cal deriva a palabra esquerda relacionouse nunha época co mal e a escuridade.
    O ser humano nace cunha organización cerebral establecida e pretender cambiar o predominio dunha man sobre a outra só acaba achegando confusión e inseguridade. O neno debe desenvolver a súa lateralidade espontaneamente.Cara aos tres anos xa mostra unha man preferente, aínda que adoite probar ambas as dúas mans en numerosas ocasións. A tan curta idade, a maioría dos nenos son ambidiestros. Cara aos catro anos establécese a preferencia dunha metade do corpo sobre a outra. E cara aos sete anos, esta lateralidade se aposenta e o neno opta por unha man para escribir, un ollo e un oído prioritarios e unha perna e un pé para xogar fútbol. En numerosos casos, inicialmente, obsérvase lateralidade cruzada, e un neno destro pode darlle o balón coa perna esquerda ou unha nena zurda pode ser destra de ollo ou de oído. Aínda que se determina que 10% da poboación é zurda (outros elevan esta porcentaxe ata 15%), dise que só 65% da poboación son destros verdadeiros, dado que son bastante frecuentes os casos.

  32. Evelin López di:

    Aún non se sabe por qué unha persoa se fai zurda ou destra, aínda que sí parece que a predilección por unha man ou outra empezase a desenrolar no feto. As teorías apuntan a que a man que o bebé teña sempre máis cerca da boca é a que máis utilizará na súa vida.Existen alguns datos confirmados sobre os zurdos. Por exemplo, que o porcentaxe de población zurda no mundo mantense constante nun 10%. Aínda que un non está seguro de hasta qué punto alguns dos destros actuais son zurdos correxidos, xa que fai moitos anos a estas persons as obligaban, con todo tipo de métodos, a utilizar a outra man.
    De feito, unha investigación publicada na revista ‘Cortex’, realizada por un equipo da Universidad de Ontario (Canadá), recolle que os destros son máis destros que os zurdos zurdos. É dicir, que as persons que usan habitualmente a ezquerda ten moita máis destreza coa man dereita que os destros coa contraria. Posiblemente porque desde pequenos víronse obrigados a usar ambas mans.
    Ás veces se considera que o feito de que moitos líderes mundiais sexan zurdos “trátase dunha coincidencia”, pero non se opina o mesmo no caso dos deportistas. Xa que no deporte, un zurdo ten moito máis fácil engañar a un destro que á inversa.

  33. Olalla Manteiga di:

    Na case totalidade dos idiomas dereito ou destro é sinónimo de correcto, xusto, recto, hábil, listo, é dicir, calidades positivas. De esquerdo ou sinistro non se pode dicir o mesmo, xa que nos dicionarios significa tamén torcido, non recto, viciado, infeliz e até funesto.
    Se algunha vez un zurdo nos chama a atención pola súa torpeza débese, sen dúbida, a que os elementos están contra eles: as tesoiras, os abrelatas, as máquinas de coser, as ferramentas, os coitelos, etc…
    Afortunadamente na actualidade estes problemas van diminuíndo debido a unha maior conciencia social sobre o desenvolvemento das minorías. Hoxe existen produtos especiais e gran cantidade de información sobre a natureza dos zurdos. Mesmo, grandes mitos propagáronse sobre as habilidades intelectuais e creativas dos que dominan máis o seu lado esquerdo.
    O hemisferio cerebral esquerdo controla o discurso, lingua, escritura, lóxica, matemáticas, ciencia; aquí esta o modo de pensamento lineal. O hemisferio cerebral dereito controla a música, arte, creatividade, opinión, emocións, xenio; aquí está o modo de pensamento holístico.
    Esta dominación do cerebro fai aos zurdos ser pensadores probablemente máis creativos e visuais que aos destros. Isto é apoiado por unha maior porcentaxe do normal de zurdos en traballos e profesións como a música e as artes en xeral.
    Os zurdos tamén son, xeralmente, mellores na percepción e o pensamento tridimensional, xerando, por exemplo, a máis arquitectos zurdos do normal. Os zurdos son tamén bastante bos na maioría dos deportes de pelota por unha maior coordinación entre man e ollo.

Deixa unha resposta