O último en defensa

Aqui deixovos unha historia que escoitei pola radio que pareceume moi interesante:

Nos últimos cinco meses, e por primeira vez en 40 anos, a apracible vida das 400 vacas da cabana de Casa Grande de Xanceda, un terreo de 170 hectáreas situado na zona máis montañosa Da coruña, viuse alterada por  ataques de lobos. A pequena empresa utilizou métodos alternativos para frear as mandas de lobos: integrar burras novas coas vacas.

“O primeiro paso que dimos foi contactar coas principais asociacións de protección de lobos, pois son as que mellor coñecen o comportamento destes animais e quen, ao noso entender, nos poderian asesorar mellor’. Tamén pediron consello a unha organización de protección de animais carnívoros de Namibia, pois ‘eles teñen inmensos problemas con leopardos e guepardos que atacan ó gando’, engade.

Segundo explican na empresa, unha vez que se acostuman a estar co gando, as burras protexen as vacas coma se se tratase da súa propia familia. Ao contrario do que fan as vacas, as burras enfróntanse aos lobos, polo que estes prefiren buscar a súa presa en calquera outro lugar para evitar riscos. Ademais, recordan, as borricas ‘ornean alertando así da presenza do lobo’. É un método alternativo que tamén veñen utilizando os gandeiros dos Alpes suízos.

Esta medida, á que se engadiron uns chocallos, permitiu reducir drásticamente os ataques de lobos: un só e sen consecuencias graves en tres meses.

Non obstante, o equipo de Casa Grande de Xanceda mantense en garda.

Autor: Jesús López

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida, 4. Cara a unha xestión sustentable e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to O último en defensa

  1. Naomí Mosquera di:

    Casa Grande de Xanceda é unha empresa cunha forte Responsabilidade Social Corporativa que desde os seus comezos asumiu un importante compromiso ambiental, de desenvolvemento sustentable e benestar animal. Por iso Casa Grande de Xanceda adoptou métodos alternativos para acabar cos ataques do lobo. O primeiro paso foi contactar coas principais asociacións de protección do lobo, pois elas son as que mellor coñecen o comportamento destes animais e os que mellor poden aconsellar acerca de como evitar os ataques. Así mesmo buscouse asesoramento nunha organización de protección de animais carnívoros en Namibia, África, pois eles teñen inmensos problemas con leopardos e guepardos que atacan ao gando. De ahí xurdiu a primeira idea de integrar burras novas coas vacas. As burras, unha vez afanse a estar co gando, protexen ás vacas coma se fosen as súas irmás. Ademais as burras rebuznan alertando asi da presenza do lobo. Este método alternativo tamén se utiliza nos alpes suízos, onde tamén é frecuente o ataque de lobos a vacas. Este método é 100% ecológico e ademáis de protexer as vacas, o que significa un enorme éxito, volve a dar unha utilidad aos burros. Aínda que non se pode dar a batalla por gañada, hai que eloxiar a iniciativa desta leira ecolóxica. Antes de utilizar métodos drásticos na prevención ou cura tanto de pragas como, neste caso, de ataques do lobo, hai que estudar as alternativas existentes e elixir sempre o método máis respectuoso co medioambiente.

  2. Mila Mosquera di:

    Casa Grande de Xanceda é unha empresa dedicada á elaboración de produtos lácteos de alta calidade que conta ademais, coa certificación oficial ecolóxica correspondente. A orixe de Casa Grande de Xanceda remóntase á década dos anos 60 cando Felipe e Vitoria Fernández-Armesto importaron por primeira vez vacas frisoas desde Canadá para fundar en Galicia unha gandaría. Desde o principio preocupámonos polo benestar do gando e as máis estritas esixencias de calidade. As 30 hectáreas de pastos e 20 vacas iniciais convertéronse co paso dos anos nas máis de 170 hectáreas e máis de 300 cabezas de gando. Somos un dos maiores produtores de leite ecolóxico en España e desde o ano 2005 elaboramos os nosos propios iogures ecolóxicos de alta calidade.

  3. Sara Otero di:

    Esta noticia chamoume moita atención, pois nunca pensei como un animal tan simple e que parece tan pouco espabilado (se dicicimos que unha persoa é burra, queremos dicir que é tonta) como é a burra puidera proporcionar a defensa que precisan as vacas contra os ataques dos lobos.
    Trátase dunha medida 100% ecolóxica (como o son os productos da Granxa) que ademais de ser respetuosa co medio ambiente, proporciona unha nova utilidade aos burros que actualmente en España están en perigo de extinción. O único malo, e que esta solución ten un elevado coste, pero é maior o compromiso co meido ambiente. Penso que non podería haber medida mellor, porque iniciar ataques contra os lobos sería moito máis agresivo e polémico, e estaríamos a acabar con unha especie que debemos respetar coma todas as demáis.
    No 2008, os lobos mataran a 8 vacas, pero tamén provocaron o estrés en todo o rebaño, causa de numerosos abortos e a baixada na producción de leite. Nos últimos 3 meses, soamente sufriron un ataque con consecuencias de feridas leves. Parece que as dúas burras novas, Xanceda e Junior, e os 6 mastines que salvaron das perreras realizan o seu traballo con resultados moi efectivos.

  4. Sabela Escourido di:

    “A clave é o orneo”, puntualiza Guillermo Martínez, un dos socios da explotación, que, malia o éxito do sistema, toma a precaución de levar os animais a cuberto pola noite, especialmente entre agosto e abril, a época na que o ciclo reprodutivo do lobo obriga a buscar máis comida da habitual para alimentar á camada. A idea das burras nace da experiencia de Cristina Fernández- Armesto, outra das socias da granxa, que durante o tempo que estivo de voluntaria dunha organización de protección de animais en Namibia, coñeceu a rapidez destes animais para detectar os ataques de guepardos e leopardos
    “Reaccionan ben ante os cambios. Teñen que ser femias, corpulentas e ter unha gran capacidade de orneo. Se as introduces novas no grupo, acaban vendo as vacas coma se fosen a súa propia familia. Se sucede algo no rabaño, os que primeiro se decatan son os burros, explica o socio de Casa Grande de Xanceda. As dúas gardiás, Xanceda e Júnior, foron compradas en Cuntis e Melide e, aínda que á segunda o nome non lle fai ningunha xustiza -non é tan novo como lles dixeron os vendedores e “sabe o que é un carro”
    Substituír unha vaca morta por outra costa, polo menos, entre 1.500 e 1.800 euros, e iso sen contar co leite que producía e que xa se perdeu.

  5. David Lamas di:

    Casa Grande de Xanceda adopta o seu nome dunha antiga casa grande do século XVII. Estas vacas estan especialmente coidadas xa que actualmente, na maioría das gandarías as vacas viven permanentemente no corte e nunca chegan a ver a luz do sol. En cambio, as vacas desta empresa son animais moi cuidados e estan nas mellores condicions xa que son o seu substento. Non están atadas e saen todos os días aos amplos prados.Toda unha serie de factores unidos fan que estes animais teñan unha boa produccion.

    Ao principio esta noticia non me a cria e mesmo produciume risa , pero vendo que era verdade sorprendeume moito como uns animais ainda que no sexan da misma especie protexan a outros dos lobos.

  6. Daniel Trujillo di:

    Esta solución está derivada dunha mala xestión conservacionista do lobo. Despois de dez anos de intensas campañas levadas a cabo polas organizacións non gubernamentales ibéricas na defensa do lobo, surxiron en diferentes partes do territorio ocupado por esta especie, serios conflictos que obligan a unha revisión das estratexias conservacionistas. Xa ninguén duda que o lobo é unha das especies ameazadas que tivo unha maior capacidade de recuperación poblacional. A recolonización de novos territorios permite ver con optimismo o futuro da especie máis perseguida polo home durante centos de anos. Sin embargo, esta boa situación non está exenta de graves e complexas situacións que fan da conservación do lobo un dos maiores retos da protección contemporánea da natureza. Pero o Fapas foi o primeiro grupo conservacionista que rompeu un silencio que otros no se atreveron a romper pese a que son muchos os especialistas e os naturistas que coñecen sobradamente que a falta dun bó plan de xestión de esta especie, varias Comunidades Autónomas posuen como único criterio o de matar todo lobo que se ponga a tiro. O concepto de “intocable” que dende o movemento ecoloxista otorgouse ao lobo retrasa ou dificulta que as administracións pongan en práctica planes de xestión e controis científicos da especie. Que hay que conservar ao lobo, tampouco ninguén o duda, pero a súa expansión xenera importantes conflictos aos que habrá que buscar con sentido racional unha solución eficaz, asumindo criterios nos que se valore científicamente donde o lobo debe habitar e en qué otros lugares, por carencia de condicións ecolóxicas, debe ser controlados. Cremos que sempre é mellor aplicar un plan serio e riguroso que calarse a boca sabendo que o único control que se fai na actualidade co lobo é pegarle un tiro.

  7. Claudia Caramelo di:

    Eu vou falar de amizades extrañas entre animais, a verdade e que temos una idea basica dos animais depredador e presa nada mais , pero non sempre e asi e aqui temos un exemplo:
    Un lobo perdeu a sua manada e foi capturado por un gandeiro en albania este non tenia comida que darlle enton colleu a un burrito vello que xa non lle servia e meteullo na xaula, moita xente acudiu a ver o festin, o “feroz” lobo achegouse o burrito e o asombro dos cazadores foi ver como o lobo nom atacaba senon que protexia o burrito e este a el, comezando asi una amizade.http://www.liberatuser.es/IMAGENES/Wolfanddonkey1.jpg

    Non e un caso excepcional, sabense de alguns como
    Un elefante e una cabra, Un oso, un tigre e un leon(castrados e vivindo nun zoo sen ter que buscar o seu propio alimemto), Un corvo salvaxe e un gato domestico, uns Osos polares salvaxes e uns cans….
    Quero dicir que evitando certos factores (dependendo de cada amizade rara), como que as relacions sexan fructiferas porque non teñen a necesidade de comelos xa que teñen gran abundancia de alimentos ou as diferencias de especies ou que non axa loita por a reproduccion por estar castrados etc , os animais tamen sinten.

    Se queredes saber mais non te perdas o documental por episodios de : amistades extrañas entre animales en national geographic.

  8. Alexandra Parceiro di:

    A Casa Grande de Xanceda distinguese das convencionais polo seguiente:
    1. As vacas non deben comer ningún tipo de alimento que foi tratado con herbicidas ou pesticidas, nin con ningún tipo de aditivo. Polo tanto nos prados para o pastoreo das vacas ou aqueles nos que se coseita a alimentación das vacas todos estos productos químicos están prohibidos.
    2. Os abonos químicos tamén están prohibidos. A granxa usan só o compostaxe xerado polas propias vacas para fertilizar os prados.
    3. As vacas deben vivir ao aire libre e deben alimentarse sobre todo co pastoreo.
    4. Por cada duas vacas é necesario ter un mínimo de unha hectárea de prado.
    5. Non forzamos a producción das vacas artificialmente, nin con hormonas nin con potenciadores de comida artificiais. Ademáis o tratamento con antibióticos das vacas está prohibido.

  9. Carlos García di:

    A principios do 2011 a gandeira María Ángeles Méndez, que co seu marido Jacinto mantén en Mengamuñoz (Ávila) unha explotación de 150 vacas de carne das variedades limousin e charolés, recoñecía vivir con inquietude a extensión do lobo cara esa zona da provincia de Ávila.
    Perdeu o día de Reis unha novilla preñada limousin pura, valorada en 1.500 euros. Fai duas semanas perdeu a outro novillo cun valor similar.
    Jacinto fai garda prácticamente todalas noites con outro compañeiro, chegando a casa !unhas veces ás 2.30 da madrugada, outras ás 3.00, outras ás 4.00″.
    Si o ano pasado falaban de petardos para ahuyentar ós lobos, dun tiempo a esta parte tanto ela como o seu marido convertiron o pinar no que descansan as suas reses nunha especie de discoteca nocturna.
    Para impedir que os cánidos se acerquen o seu gando, instalaron na zona luces intermitentes nos pinos para asustalos. Ademáis, colocaron unha radio “todo o día e toda a noite” co mesmo obxectivo, xa que “canto máis ruido, mellor” para que non se acerquen.
    Todo é pouco para cuidar dunhas reses que escoitan música, pero tamén outro tipo de programas radiofónicos para disuadir ós lobos.

  10. Beatriz Castro di:

    O burro sempre foi un animal cunha fama que na miña opinión é equívoca, como se demostra na historia que conta Jesús que pareceume moi interesante.
    Popularmente, o asno ten fama de paciente, testán e incluso parvo. Pero os zoólogos que os estudan opinan de forma ben distinta e aseguran que estes solípedes posúen unha conduta complexa e incluso unha gran intelixencia que nada ten que envexar á dos porcos, ratas e cans.
    Moi sensible aos malos tratos, o burro négase a responder a ningún estímulo que proveña dos seus maltratadores, de alí a súa fama de testán. Agora ben, nun entorno favorable, a súa resposta aos problemas é sorprendente. Non en vano, os seus parentes salvaxes asiáticos e do corno de África, coa fama de indomesticables, sobreviven grazas a súa astucia en rexións tan áridas que case ningún outro mamífero logra facelo. Non estraña pois que na antigüidade o burro fora un animal moi valioso e que fora requirido polas súas calidades, nobreza e austeridade alimenticia. En Grecia e Roma, o carácter do asno usábase coma un exemplo de virtude para os cidadáns e, tanto no mundo árabe como cristián, a tradición relixiosa venerábao como montura de Mahoma e Xesucristo. Por último, durante séculos trazáronse os camiños de montaña seguindo os pasos do burro pois sempre elixe a pendente mais suave.

    • Mateo Fdez di:

      O asno non é o único animal “endiosado”. Máis famoso é, se cabe, o estatus das vacas na India, onde está prohibido mesmo tocalas ou molestalas, moito menos comelas. Nun pequeno libro, “Bo para comer”, o antropólogo Marvin Harris pesquisa sobre esta tradición, que ten coma orixe á relixión hindú. Pero a razón da súa santidade vai máis aló das posibles razóns dogmáticas, baseadas na crenza hindú da reencarnación e de que cada vaca contén 330 millóns de deuses.
      A explicación “histórica” (da mesma maneira que a do cerdo na relixión musulmana) é que, durante épocas de hambruna (tras as nunca millor denominadas “vacas gordas”, nas que acabábase case por completo ca poboación bovina como pricipal alimento), a protección das vacas, xunto cunha maior explotación destas, daba millor resultado: daban leite e parían bois, que logo tirarían do arado e producirían estiércol, ambas accións de importante beneficio.

  11. Nildes Abella di:

    Nin o burro é un animal parvo e testán nin o lobo é tan “malo” como o pintan. Na natureza non hai nin bos nin malos; a realidade é que existen por un lado os depredadores, como o lobo, que para alimentarse cazan herbívoros, como o gando. O lobo é útil xa que controla as poblacións de herbívoros silvestres, cuxa excesiva proliferación dana severamente a cuberta vexetal
    Ademáis este mamífero xa pagou con creces as ovellas roubadas: xa que leva sufrindo unha persecución intensa durante séculos (que levouno en moitas zonas á total erradicación). Nós fomoss eliminando ás súas presas e alterando os seus hábitats… ¿tenemos dereito logo a seguir facéndolles dano?
    O lobo e a gandaría poden ser compatibles se existen medidas de protección do gando. As explotacións que emplean algunha medida de prevención (cans gardians, valados electrificados ou corrais para gardar os animais durante as horas nocturnas) son as que sofren menos ataques de lobos.

    Por último en defensa deste cánido comentar que os ataques do lobo afectan a menos do 0,092% do gando en Galicia.
    Non obstante a mortalidade dos lobos,(que como o resto das especies sofren baixas por causas naturais, accidentes, loitas con outros lobos ou enfermidades), débese principalmente a causa da acción humana.
    Na Península Ibérica, está permitida a súa caza en dous grandes rexións: Castela e León e Galicia que supoñen máis de tres cuartas partes da súa área de distribución, ademáis é moi frecuente a persecución ilegal con armas de fogo. O furtivismo supon polo menos un 40% da mortalidade total, podendo alcanzar ata o 87% en determinadas zonas; en algunas áreas por cada lobo cazado legalmente morren 6,6 ilegalmente. Despois disto repito a pregunta: ¿Realmente temos dereito a facerlles dano?

  12. Boris Lobón di:

    Esta granxa é unha das pocas que non utilizan nada que contamina nin nada transgénico e isto é o mellor porque nos cando comemos tamen comemos os restos de herbicidas que teñen as vacas,aunque estean en pequenas dosis a larga poden ir debilitandonos.
    Outra cousa moi intelixente foi a dos perros mastines para repeler os lobos dado que estos perros son moi temidos entre estos animais.

  13. Rosalía García di:

    Esta empresa ten unha forte Responsabilidade Social Corporativa (como di Naomi no seu comentario).
    Pero, qué quere dicir isto?
    A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) pode definirse como a contribución activa e voluntaria a mellora social, económica e ambiental por parte da empresa.
    O compromiso coa sociedade de Casa Grande de Xanceda queda reflexado na súa páxina web.
    E poderíamolo centrar en estes aspectos:
    – Os envoltorios dos seus iogures son 100% reciclábles.
    – Non usan ningún tipo de pesticidas.
    Plantan 300 árboles cada ano e tratan de manter un balance entre a natureza e a gandería e por isto tentan convivir co lobo.
    E, sabíades que nas granxas ecolóxicas hai un 40% máis de fauna? A presenza de garzas e outras aves no terreo da empresa é un símbolo de sistema en equilibrio.

  14. Yolanda Bermúdez di:

    Este metodo è 100% ecoloxico, e ademais de protexer as vacas, volve a darlle unha nova utilidade aos burros que en España estan en peligro de extinciòn. Ademais, se colaboro con unha adiestradora de perros que buscou perros con cualidades fisicas e psiquicas para vivir no campo coas vacas e protexelas contra os lobos.

  15. Eduardo Cagide di:

    Tipos de alimentos:
    1.Alimentos naturais; son todos aqueles que pasaron por un proceso de crecemento e desarrolo natural. Cultivaronse e criaronse nun entorno idóneo e recibiron os cuidados necesarios para evitar enfermidades, plagas ou outras adversidades ainda que iso requira a utilización de algúns pesticidas e/ou sustancias químicas.
    2.Alimentos orgánicos; son aqueles productos agrícolas ou agroindustriais que se producen baixo un conxunto de procedementos denominados “orgánicos”. Estos procedementos teñen como obxectivo principal a obtención de alimentos sin aditivos químicos nin sustancias de orixen sintético e unha maior protección do medio ambiente por medio do uso de técnicas non contaminantes.
    3.Alimentos tranxénicos; tamén chamados alimentos sometidos a inxeñería xenética, son aqueles que foron producidos a partir dun organismo modificado xenéticamente mediante inxeñeria xenética. Dito doutra forma, é aquel alimento obtido dun organismo ao cal incorporaron xenes doutro para producir as características deseadas.

  16. Antía Navajas di:

    Eu teño unha pregunta: utilizan asnos salvaxes ou domésticos?, estiven indagando acerca do comportamento dos asnos domesticos e non atopei nada que puidera arroxar algo de luz ás miñas dúbidas, sen embargo atopei que os asnos salvaxes son animais sociais, e que os seus grupos fórmanse por un macho e varias femias, para protexerse dos depredadores. Ao millor as femias son as que protexen ao grupo e por iso son as que se utilizan neste caso da Casa Grande de Xanceda.

  17. Karina Espiñeira di:

    Estamos ante un animal nobre e intelixente, a pesar da mala fama unida ao seu nome. En perigo de extinción, esta tenra especie sufriu malos tratos durante xeracións, e nel recaeron as máis pesadas cargas debido ao seu emprego dentro das tarefas agrarias.
    Descende do burro africano salvaxe. A súa domesticación levou a cabo hai 6000 anos no Norte de África e desde entón foron utilizados principalmente para trasladar cargas, abrigo no sector agrícola, en Europa e Asia occidental. Os estadounidenses tamén os utilizaron como animais de carga en as zonas mineiras durante o século XIX, até a aparición do tren de vapor. Coa chegada da industria, a maquinaria agrícola foi substituíndo as funcións do burro e hoxe en día só se conserva a súa utilidade orixinal en países en vías de desenvolvemento ou nos pobos onde a industria non é abundante. Nos países industrializados converteuse nun reclamo turístico ou en animal de compañía. Atópase en perigo de extinción desde hai algúns anos.

  18. Ayoub Elghotiss di:

    Esta tecnica eu xa a conocia, xa que nas fincas dos meus avos en Marrocos sempre me extrañaba ver unha burra coas vacas, mais cando lle preguntei aos meus avos comprendino todo o momento, e.. efectivamente era polo que dixeron os meus companeiros, as burras adaptanse e protexen as vacas como se fosen da familia ademáis de que os animais invasores foxen ao oir os orneos das burras.

  19. Victoria Zherdeva di:

    Sen duda e unha iniciativa do mais peculiar da que nunca oira falar, xa que os gandeiros acostuman a matar os lobos ou outros animais que atacan o seu gando, pero o que mais impresiona e a idea de que un lobo teña medo dunha burra

  20. Evelin López di:

    Como complemento incorporaron ao equipo a dous perros(un mastín leonés chamado Yogur e unha perra loba por nombre Fresa),algo contundente. É o que poderíamos chamar loita biolóxica contra o lobo, xa que era o modelo que os ganaderos utilizaron con éxito durante siglos, antes de que se enzarzaran en subvencions, e escopetas.
    Coa axuda das burras, una vez se acostumbran a estar có ganado protexen ás vacas como si da sua propia familia se tratase. Coas suas grandes orellas detectan posibles ataques moito antes que as vacas e rebuznan alertando así da presenza do lobo e poñendo en alerta as vacas e mastines.
    A Xunta manten dous liñas de axuda para os ganaderos que sufren os ataques dos lobos. Unha, destinada a subvencionar métodos de prevención, como a adquisición de mastines ou o peche de fincas, aínda que os requisitos para acceder a elas non sempre coinciden coas características das explotacions que necesitan e, de feito, a granxa de Xanceda quedouse fora en algunha ocasión a pesar dos danos sufridos. A segunda liña de axudas compensar aos labradores que sufriron o ataque nas suas fincas. O malo é que o sistema non é totalmente xusto, porque ten un baremo único para valorar os danos. Para una granxa intensiva non, pero para eles, que practican unha gandería extensiva, un animal de catro ou cinco anos está no seu momento de plena producción.

  21. Santiago de la Iglesia di:

    Sorprendeume moito a información de Claudia sobre as amizades entre animais. Non encontrei moita información, pero sí algunhas imaxes que me provocaron risa, aquí as engado: (http://www.taringa.net/posts/imagenes/14429200/La-amistad-entre-animales.html) Supoño que este fenómeno caracterizarase a que os animais entre eles non necesitan facerse dano se non teñen fame, e non encontran a mala ocasión de desenrolar unha amiszade. Este é un exemplo que os seres humanos deberían de asimilar para eliminar o racismo, descriminacións e marxinacións, e máis aínda pensando que somos da mesma especie. As burras protexen ao gando, como nós temos que protexer aos máis débiles ou con dificultades, non ao contrario como é ordinario facer.

    Alégrame saber que agora as vacas non están tan estresadas e poden dar boas produccións, xa que eu consumo productos desta empresa. Tereime que informar máis a miúdo de onde veñen as bases da miña alimentación, porque non tiña nin idea que sotíñan este problema desde fai tempo.

  22. Nerea Pardo di:

    Durante 40 anos, dende que Casa Grande de Xanceda importou as primeiras vacas frisonas dende Canadá, os lobos non foron un problema. Pero, nos últimos anos os ataques foron continuos. En 2007,varias manadas mataron catro vacas e feriron gravemente a dúas mais. A reacción dos donos pido ser votarse ao monte e matar aos lobos, pero eles, en cambio, decidiron buscar una solución mellor. Asesorados por unha organización de protección de animais carnívoros en Namibia, os propietarios desta granxa decidiron combater os lobos con burros e cans mastíns leoneses.
    No caso dos mastíns, a súa capacidade para enfrontarse aos lobos está demostrada dende hai séculos na Montaña de León. Ante o primeiro ataque, os responsables de Casa Grande de Xanceda incorporaron un primer mastín, chamado Yogur, y unha cadela loba, de nome Fresa, aos que se sumou unha camada nacida de outros dous mastíns, Tom e Reina, que os responsables desta granxa rescataron en lamentables condicións dunha perreira un ano antes. En total,teñen agora cinco.
    Que os mastíns son unha das poucas armas contra os lobos demóstrao que a iniciativa é levada a cabo dende o ano pasado pola Junta. Medio Ambiente integrou varios exemplares a gandeiros de Segovia e Zamora.
    Os cans de raza leonesa son criados en Valsemana e a súa entrega é unha das medidas incluídas no Plan de Conservación del Lobo en Castilla y León, aprobada pola Junta en abril de 2008, un plan que contempla unha inversión de 5,7 millóns de euros durante un período de dez anos co obxectivo de asegurala protección da especie e previr danos á gandería.

  23. joeltaibo di:

    Eu queria falaros un pouco do burro, o burro pertence a familia dos équidos.
    Ten unaha serie de caracteristicas que chamáronme a atención, e gustariame compartilas con vosco:
    As orellas do burro, ademais de darlle unha boa capacidade auditiva, serven para perder calor ou regular a temperatura.
    O burro ten unha gran capacidade para aproveitar o auga dos alimentos vexetales, en situacións adversas como ocorre no deserto
    O seu periodo de reproduccion e durante todo o ano, pero so pode ter unha cria duns 40 Kg por parto.
    Algunhas especies son:
    O burro catalán esta caracterizado pola sua forza e resistencia pero esta en peligo de estinción
    O burro andalúz caracterizado por ser un dos mais esbeltos tamen goza dunha gran forza
    O burro de poitou, e unha das especies de burros con mais tamaño

  24. Xisela Lema Díaz di:

    Eu creo que é un bo método de defensa mentres sexa efectivo, porque estiven a indagar por métodos máis modernos de defensa, e encontrei o que veñen sendo vaias electrocutadas, muros, etc.
    Pero é comprensible que, se queren ter ven cuidado os seus animais e do modo mais “natural” posible,o vexo normal.

  25. Olalla Manteiga di:

    Con 200 hectáreas na provincia da Coruña e 400 vacas felices, Casa Grande de Xanceda é un dos maiores produtores de lácteos ecolóxicos en España.En 40 anos os lobos respectaran a esta gandaría, pero en apenas dous meses varias mandadas lobunas mataron a catro das súas vacas e feriron gravemente a dúas máis.
    Esta novedosa idea parece que funciona. Tras a chegada de Xanceda e Júnior, como foron bautizadas as orixinais pastoras, só sufriron un ataque de lobos que se saldou con feridas a unha das vacas, e foi porque as burras non estaban nese momento con elas.
    Homes prudentes, como complemento incorporaron ao equipo a dous bos cans (un mastín leonés chamado Iogur e unha cadela loba por nome Fresa), contundente reforzo a tan ecolóxica batería de excelentes elementos disuasorios.
    Os alimentos ecolóxicos, orgánicos ou biolóxicos, son aqueles alimentos obtidos a partir de sistemas de produción e elaboración nos que se prohibe a utilización de sustancias químicas de sínteses e de organismos modificados xeneticamente. Por iso os alimentos ecolóxicos teñen a garantía de estar totalmente libres de residuos de pesticidas, aditivos, transxénicos, e outras sustancias prohibidas. Na agricultura ecolóxica prevalece o principio de precaución para garantizar a existencia dunha agricultura totalmente libre de transxénicos. Posto que aínda non existen suficientes estudos sobre os seus efectos e posibles consecuencias.
    En España, do mesmo xeito que no resto de países da UE, a agricultura e produción ecolóxica réxese pola directiva comunitaria CEE 2092-91 que fixa os requisitos que debe cumprir calquera alimento ecolóxico elaborado na UE. En España son as distintas Comunidades Autónomas as que controlan o cumprimento da normativa. En Galicia é o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) o organismo oficial que vela polo cumprimento da normativa e o que somete periodicamente a controis exhaustivos externos as empresas para poder certificar que os produtos son realmente 100% ecolóxicos.

Deixa unha resposta