A realidade que contemplo… dame dúbidas de si o que estou a ver é o certo. E para “certo”, é que non podemos ver a realidade, soamente facemos unha interpretación dela mediante os nosos sentidos. Pero a verdade é que por agora vainos bastante ben a todos, e mentras vexamos onde se divide a calzada da aceira, non teremos ningún problema. Aínda así, eu posúo daltonismo, e vou a deciros o que concerne.
O cerebro recopila información mediante os sentidos, e se algún destes vese afectado ou exiguo, terá consecuencias negativas á hora da resposta, xa que o cerebro está creado para percibir todo os estímulos que ofrecen as cores que pode observar un ollo “san”. É dicir, que a min non me chega algún dato pouco importante. Pero tamén reflicten estos efectos na sociedade, por exemplo: a hora de elexir algunha profesión onde hai que superar un recoñecemento médico, como para piloto, policía e a súas variantes ou simplemente TEDAX, se non quero morrer xoven.
No noso ollo temos células receptivas da cor chamadas conos, e outras receptivas da escala de grises (para cando estamos a oscuras) chamadas bastóns. Existen tres tipos de conos, destinados cada un a percibir unha cor determinada: vermello, verde e azul. Grazas á combinación destos tres, podedes ver ata 20 millóns de cores. Os daltónicos en cambio non, xa que temos un fallo xenético hereditario.
As nais fillas de pais daltónicos son as que a transmiten, pero en poucos casos o sofren. Vou deixar que vós expliquedes o porqué, sobre todos os de ciencias que isto debería ser moi sinxelo. No caso contrario consultar a Adela ou a Juan Mayor.
E para os demáis, engaderei que hai diferentes tipos de daltonismo, pero tampouco os mencionarei, vós seredes os protagonistas (secundarios) desta noticia.
Como información persoal complementaria, eu sospeito que conservo os tres conos, pero teño un defecto funcional polo que confundo unha cor con outra. Este caso de daltonismo chámase tricromático anómalo, e é o máis abundante
Autor: Santiago de la Iglesia
Máis preto dunha cura para o daltonismo
Investigadores da Universidade de Washington e a Universidade de Florida (UF) restauraron a visión de todas as cores en saimiris (monos ardilla) que naceron sen a capacidade de distinguir entre a cor vermello e o verde. O estudo publicouse en ‘Nature’.
Aínda que o daltonismo en humanos só altera a vida de forma moderada, os investigadores demostraron que se pode curar en animais, e que pode facerse de forma segura.Os investigadores usaron ADN humano, de maneira que non terán que cambialo cando comecen a facer ensaios con persoas. Antes de inxectar o xene aos monos, o equipo pasou 10 anos adestrando dous machos, aos que ensinaron a usar un test similar ao que se usa para detectar problemas de visión en humanos. Neste pídese aos pacientes identificar un patrón específico de puntos de cor entre un campo de puntos, que varían en tamaño, cor e intensidade. Os investigadores idearon unha pantalla táctil de ordenador para que os monos puidesen rastrexar os patróns de cor. Cando os animais escollían correctamente, recibían como recompensa zume de uva.
Cando os monos aprenderan xa a utilizar o test, os científicos inxectaron nas súas retinas o xene da opsina, pigmento fotosensible que permite aos conos ver a cor vermella e o verde. Cinco semanas despois do tratamento, os monos comezaron a adquirir todas as cores. Xa levan vendo dous anos perfectamente
En humanos, o daltonismo é a enfermidade xenética máis común.
O daltonismo -denominado así polo físico inglés John Dalton, quen o padecía– é un defecto xenético consistente na imposibilidade de distinguir as cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan o verde e o vermello; con todo, poden ver máis matices do violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.O defecto xenético é herditario e vai vencellado ao sexo, debido a que se transmite por un alelo recesivo ligado ao cromosoma X, o que produce un notable predominio no home entre a poboación afectada. A muller pode portar a enfermidade en casos non tan comúns coma nos homes, e a transmite aos seus fillos homes. Probablemente, a metade dos seus fillos serán portadores. A transmisión xenética é igual ca na hemofilia.
O procedemento máis empregado para o diagnóstico, aínda que non o único, son as cartas de Ishihara. Consiste nunha serie de 38 láminas nas que é preciso identificar un número que se atopa inserido na mesma.
Outro método é o Test de Farnsworth que está constituído por un conxunto de fichas coloreadas que se diferencian pola súa tonalidade e están numeradas no reverso. O paciente debe ordenalas segundo a gradación da cor.
O anomaloscopio é un aparello que utiliza cores espectrales obtidos mediante prismas que descompoñen a luz branca. O paciente debe comparar diversos tons. Trátase dun dispositivo moi preciso que permite apreciar se existe deficit na visión da cor e a súa gravidade, é o único método que fai posible distinguir a un dicrómata dun tricrómata anómalo. Con todo o seu emprego está limitado polo seu custo e non está dispoñible en moitos gabinetes de exploración.
Aunque existen moitos tipos de daltonismo, o 99% dos casos corresponden a protanopia e deuteranopia o seus equivalentes (protanomalia y deuteranomalia).
Os demais tipos de daltonismo son:
–Acromático:O daltonismo acromático é aquel no que o individuo non ten ningun dos tres tipos de conos o estos son afuncionales. Se presenta unicamente un caso por cada 100.000 personas
–Monocromático:Se presenta cando únicamente existe un dos tres pigmentos dos conos e a visión da luz e a cor queda reducida a unha dimensión.
–Dicromático:É hereditaria e pode ser de tres tipos diferentes: Protanopia, deuteranopia y tritanopia.
–Tricromático anómalo:O afectado posee os tres tipos de conos, pero con defectos funcionales, por lo que confunde un cor con outro. É o grupo máis abundante é común de daltónicos, teñen tres tipos de conos, pero perciben os tons dos cores alterados. Suelen tener defectos similares a los daltónicos dicromáticos, pero menos notables.
O daltonismo xogoulle máis dunha mala pasada a John Dalton, por exemplo, cando estaba a experimentar cos frascos no laboratorio, poucas veces comprobou os seus resultados porque confundía as cores dos reactivos. Ainda así seguía defendendo as súas ideas escritas no papel. Outra desgracia que acompañoulle durante a súa vida foi o ano 1832 cando foi a coñecer ao rei Guillermo IV estrenando unha vestimenta de cor vermella escarlata, que el confundía como gris oscuro, causando unha gran impresión e sorpresa entre os coñecidos. Así o daltonismo foi descrito pola mesma persoa que o padecía en 1808, sufríndoa máis tarde o seu irmán por unha alteración xenética presentando problemas en distinguir as cores vermello e verde.
Xa que Santiago nos deixou comentar sobre os tipos de daltonismo, eu me vou encargar de daros esa información:
Aunque existen moitos tipos de daltonismo, o 99% dos casos corresponden a protanopia e deuteranopia ou os seus equivalentes (protanomalia e deuteranomalia).
Acromático: O daltonismo acromático e aquel no que o individuo non ten ningún dos tres tipos de conos ou estos son afuncionais. Se presenta unicamente un caso por cada 100.000 persoas.
Monocromático: Se presenta cando únicamente existe uno dos tres pigmentos dos conos ea visión da luz e a cor queda reducida nunha dimensión.
Dicromático: O dicromatismo e un defecto moderadamente grave no cual falta ou padece unha disfunción un dos tres mecanismos básicos da cor. E hereditaria e pode ser de tres tipos diferentes: Protanopia, deuteranopia e tritanopia.
Protanopia: A protanopia consiste na ausencia total dos fotorreceptores retinianos do vermello.
Deuteranopia: A deuteranopia se debe a ausencia dos fotorreceptores retinianos do verde.
Tritanopia: E unha condicion moi pouco frecuente na que estan ausentes os fotorreceptores da retina para a cor azul.
O daltonismo vai ligado ós cromosomas sexuais.
Este trastorno é 16 veces máis frecuente nos homes que nas mulleres, debido a que o xen localízase no cromosoma X (que é un so no home e dous na muller). Polo tanto, para que unha muller sexa daltónica é necesario que teña xenes do daltonismo nos dous cromosomas X, o cal é poco frecuente. Na seguinte páxina explica o proceso xenético que fai falta para que unha persoa sexa daltónica:
http://pausurribas.wordpress.com/2010/09/12/la-herencia-genetica-del-daltonismo/
*O laranxa reflexa unha persoa sen daltonismo, e en branco as persoas portadoras ou daltónicas.
Considerando que o máis habitual no reino animal é a visión dicromática (soamente dous receptores para a cor, cómo os daltónicos), a pregunta que cabe é ¿Por qué se desenvolveu un tercer tipo de receptor nalgunhas especies como os humanos?. Quizáis porque ós nosos antecesores con tres receptores lles iba mellor en términos de supervivencia?
Aquí tedes aglunhas comparacións entre como ve unha persoa sen daltonismo e outra que si o padece:
http://www.mundoxat.com/foro/showthread.php?13988-%C2%BF-Como-Ven-Los-Daltonicos
E por último aquí deixo un vídeo onde explica como funciona a visión humana:
http://www.youtube.com/watch?v=mvBoWKe6QK0&feature=related
Agora o daltonismo ten remedio, existen unas lentes, chamadas lentes Colorite, que teñen una capa especial. Esta capa, diseñada para transformar o espectro da luz que pasa pola capa, genera un estimulo parecido á vista normal. Grazas o diseño destas lentes, a persona daltonica pode ver distintos matices de colores que antes no vei, e no 80% dos casos o daltonismo e correxido totalmente.
O Daltonismo é un defecto xenético que ocasiona dificultade para distinguir os colores. A percepción do color débese a unhas células situadas na retina ocular: os conos. Existen tres tipos de conos, encargados de percibir cada un dos tres colores primarios da luz(o azul,o verde e o vermello). O problema chega cando un de estos tres tipos de conos falta ou funciona defectuosamente. A disfunción máis freconte é a ceguera para o vermello e o verde. Ésta se da no 8% dos varóns e o 1% das mulleres.
O método máis rápido para a diagnosis do daltonismo consiste nunhas láminas de manchas de Stilling e Ishihara. Estas láminas consisten en numerosos puntos dos distintos colores primarios dispuestos sobre fondos de colores similares, agrupados de modo que unha persoa normal pode distinguir en eles números ou formas coñecidas.
O daltonismo ocorre cando hai un problema nos conos, que son células que se atopan na retina, a capa de texido sensible á luz que recubre a parte posterior do ollo.
Se só falta un pigmento pode ter dificultade para diferenciar entre o vermello e o verde, que é o tipo máis común de daltonismo. Se falta un pigmento diferente, pode ter dificultade para ver as cores azul e amarelo. As personas con daltonismo para estas cores xeralmente teñen problemas para identificar tamén as colores vermellas e verdes.
A forma máis grave de daltonismo é a acromatopsia. A persona que padece esta rara afección non pode ver ningún cor, así que todo o ve en sombras de gris. A acromatopsia soe estar asociada co ollo perezoso, nistagmo (pequenos movementos do ollo), fotosensibilidade grave e extremadamente mala visión.
A maioría dos casos de daltonismo débense a un problema xenético. Moi poucas mulleres son daltónicas e aproximadamente 1 de cada 10 homes sofren algunha forma de daltonismo.
A droga hidroxicloroquina (Plaquenil), utilizada para tratar artritis reumatoidea entre outras afeccions, tamén pode causar daltonismo.
A menudo, os síntomas poden ser tan leves que algunhas persoas non saben que padecen daltonismo.
En casos graves, se poden presentar movementos rápidos dos ollos dun lado a outro (nistagmo) e outros síntomas.
Non hai tratamento coñecido. Sen embargo, hai gafas e lentes de contacto especiales que poden axudar ás persoas con daltonismo a diferenciar entre cores similares, como xa mencioou Ignacio.
O daltonismo é una afección de por vida e a maioría das persoas poden adaptarse a isto sen dificultade.
Os síntomas varían dunha persoa a outra, pero poden abranguer:
Dificultade para ver as cores e o seu brillo na forma usual.
Incapacidade para establecer a diferenza entre sombras da mesma cor ou de cores similares.
A miúdo, os síntomas poden ser tan leves que algunhas persoas non saben que padecen daltonismo. Un pai pode notar signos de daltonismo cando o seu fillo está a aprender os nomes das cores.
En casos graves, pódense presentar movementos rápidos dos ollos dun lado a outro (nistagmo) e outros síntomas.
O médico ou o oftalmólogo poden examinar a visión cromática de varias formas. As probas para o daltonismo comunmente lévanse a cabo durante un exame ocular.
Non hai tratamento coñecido. Non obstante, hai lentes e lentes de contacto especiais que lle poden axudar ás persoas con daltonismo a diferenciar entre cores similares.O daltonismo é unha afección de por vida e a maioría das persoas poden adaptarse a isto sen dificultade ou impedimento.
É posible que as persoas que sofren daltonismo non poidan conseguir un traballo que requira a capacidade para ver as cores con precisión. Por exemplo, os electricistas (cables codificados por cores), os pintores, os deseñadores de moda (teas) e os cociñeiros (usar a cor da carne para dicir se está listo) necesitan ser capaces de ver as cores con precisión.
Os botons son receptores, celulas con terminacions nerviosas libres, para que unha celula sexa un receptor ten que ser capaz de captar as variacions do medio e transmitilas ao sistema nervioso. Outros tipos de receptores son:
– Nocireceprores: responden a dor.
– Mecanoreceptores: resopnden a presion.
– Termoreceptores: responden a calor ou ao frio.
– Fotoreceltores: responden a vision.
– Quimioreceptores: detectan subtancias disoltas no aire ou nos liquidos.
Os xenes que codifican os pigmentos dos conos verde e vermello áchanse no cromosoma X, e o do azul, no cromosoma 7. O cromosoma X está presente dúas veces nas mulleres (XX), mentres que unha soa nos homes (XY). Un cambio (mutación) neste xene pode causar que non se formen os conos para esas cores. O carácter destas mutacións é recesivo, isto é, unha muller necesita ter os seus dous cromosomas X mutantes para presentar daltonismo, mentres que un home, ao só ter un cromosoma X, será daltónico sempre que este sexa mutante. A ésto débese a diferenza nas porcentaxes de homes e mulleres daltónicos. O daltonismo é, por tanto, unha enfermidade ligada ao sexo (no caso de dicromatismos e tricromatismos anómalos do vermello ou o verde, os máis frecuentes). Segundo isto, un daltónico non terá fillos que presenten a enfermidade sempre que a súa muller non porte o xene mutante. Con todo, todas as súas fillas portarán o xene sen presentar a enfermidade. Por último, a metade dos fillos homes destas si que padecerán a anomalía.
Aquí vos deixo unha páxina, un enlace lévate a un test de daltonismo e outro de test inverso de daltonismo.
http://www.testdaltonismo.com/
http://www.testdaltonismo.com/test-daltonismo-inverso.htm
Gustaríame, en ocasións, poder verme nos ollos dunha persoa con daltonismo, e poder observar ese “mundo pero máis sepia” (segundo a teoría dalgún daltónico) e os diferentes tons de violeta que eles ven.
É certo que o daltonismo non supón ningún problema para as persoas que o posúen, de feito para personaxes famosos como foi Vicent Van Gogh e é Luis Piedrahita non supuxo un impedimento en cadansúa carreira. Pero sí existen algunhas desventaxas. Por exemplo (ademáis dos xa citados na entrada) os videoxogos, moitos deles non son aptos para daltónicos pois teñen animacións en verde e vermello que eles poden confundir. Ocorre no Folklore ou no coñecido Call of Duty. Neste último, no modo multixogador, teñen dificultades para diferenciar os enemigos, dos compañeiros de equipo. Como resultado das queixas dos usuarios daltónicos, o Call of Duty: Modern Warfare 3 conta cunha opción para daltónicos.
Finalmente, quero facervos coñecer unha curiosa isla pertencente a Micronesia que atopei buscando información. Coñécese como a “Isla dos Daltónicos”, pois 57 dos seus 200 habitantes, posúen un daltonismo de tipo acromático (sí, ese que soamente se da en 1 de cada 100000 persoas). Isto ten a súa explicación, e é que no 1775 morreu o 90% da poboación, quedando nada máis que 20 persoas, e unha delas posuía este daltonismo. Ao estar aislados, o xen pasou de xeneración en xeneración e expandiuse co tempo.
É unha condición na que quen a padece non distingue as cores de xeito normal, confundindo algúns entre si e algúns outros percibièndolos como tons de gris. Padéceno os homes e é transmitido da nai ao fillo e do pai á filla. É un xene recesivo, ou sexa, que se salta unha xeración. Ou sexa que se un home padece daltonismo non o herdará aos seus fillos senón soamente ás súas fillas, quen terán o xene pero non padecerán o mal pero si o herdarán aos seus fillos varóns. Non todas as persoas o padecen de igual forma, sendo diferente a percepción das cores entre unhas e outras.
O daltonismo pode dificultar a vida diaria aunque non e un problema grave nin afecta a salud,pero as persoas que a padecen poden correr o perigo de sufrir accidentes, xa que non diferencian as cores do semáforo.
Tamén conviene prestar atención a os nenos , posto que si detectan o daltonismo axudará a evitar dificultades na ora do aprendisaxe.
Investigando encontrei que os daltónicos non poden desempeñar profesións como : controladores aereos , policías…etc
Si bien casi todos los daltonismo es hereditario, es raro que un cambio en el cromosoma durante el desarrollo temprano puede causar ceguera al color. Participación de varias lesiones traumatismo en el ojo, e incluso algunas enfermedades también pueden causar la ceguera de color para desarrollar en una persona de cualquier edad.
Durante a Segunda Guerra Mundial, estrategas militares que buscaban calquera vantaxe para derrotar ó enimigo descubreron que os soldados daltónicos detectaban mellor a camuflaxe militar. Desta maneira, alguen afectado por esta condición , podería salvar a vida doutros soldados ou tamén podía detectar campamentos inimigos ocultos.
Anos máis tarde, xa rematada a guerra, uns científicos da universidade de Cambridge descubriron que aquela teoría non estaba tan equivocada. Segundo os investigadores, algunhas persoas con disfuncións ópticas teñen maior sensibilidade para detectar certas cores combinadas, é dicir, poden ver o que os demais non ven, o que neste caso era máis que un defecto unha vantaxe. O estudo detectou que os que teñen deuteranomalía (os que teñen reducida a sensibilidade ao verde, polo que non ven ben ningunha das cores desa gama e perciben alteradas aquelas nas que o verde participa na mezcla)son capaces de distinguir entre pares de cores que para o resto semellan idénticos.
O daltonismo é unha enfermidade xenética que só ocurre nas mulleres rara vez, pero afecta a 1 de cada 10 homes en algún grao que outro. Cando alguen é daltónico, normalmente é porque os seus ollos non poden producir todos os pigmentos que se necesitan para ter visión en cor.
El tipo de daltonismo que está presente dende o nacimento, non leva a unha pérdida adicional da vista ou a ceguera total. Pero debido a que as células cono da retina tamén se usan para ver os pequenos detalles, a xente que é daltónica tende a ter unha visión que é menos nítida. As células bastones tamen tenden a estar “sobrecargadas” pola luz brillante, así que as gafas de sol suelen axudar aos daltónicos a ver mellor.
Si crees que tes un problema con tu visión do cor, deberías de facer unha cita co teu médico dos ollos (oculista) inmediatamente. O médico poderache decir si estás vendo os cores como debes ou non, e qué facer si no os estas vendo ben.
Os síntomas varían dunha persoa a outra, pero poden abarcar:
Dificultade para ver os colores e o seu brillo na forma usual.
Incapacidade para establecer a diferencia entre sombras da mesma cor ou de cores similares.
A miúdo, os síntomas poden ser tan leves que algunhas persoaas non saben que padecen daltonismo. Un pai pode notar signos de daltonismo cando o seu fillo está aprendendo os nomes das cores.
En casos graves, pódense presentar movimentos rápidos dos ojos dun lado a outro (nistagmo) e outros síntomas.
É posible que as persoas que sofren daltonismo non poidan conseguir un traballo que requira a capacidade para ver as cores con precisión. Por exemplo, os electricistas (cables codificados por cores), os pintores, os diseñadores de moda (telas) e os cociñeiros (usar a cor da carne para dicir se está lista) necesitan ser capaces de ver as cores con precisión.
Albert Uderzo e un dos diseñadores mais importantes no mundo dos comics. Albert Uderzo (Fismes, 1927) é un debuxante importante para a historia do cómic en xeral porque non só logrou crear algúns dos personaxes máis entrañables da novena arte, senón porque soubo establecer, nos máis de 30 tomos que ten na serie ata a data, un estilo narrativo gráfico impecable. Unha dos seus comics mais coñecidos son Asterix y Obelix. Isto demostra que pese que alguen teña este problema pode chegar moi lexos.
Coas persoas que teñen este problema o que temos que facer na miña opinión e ter un pouco de empatia con elas e non burlarnos delas.
Existen traballos nos cales é necesario ter unha boa visión do cor. Por exemplo no caso de:
-Transporte:na Armada, forza aérea, Naval: pilotos, inxeñieiros.
Aviación civil: pilotos, mecánicos e inxeñieiros.
Control de tráfico aéreo.
Mariña mercante: mariñeiros e oficiais.
Ferrocarris: mecánicos e conductores de tren.
Transporte público: conductores de colectivos.
-Protección pública:Policía (certos grados)
Inspector aduanero.Bombeiros.
-Outros traballos:Electricistas e técnicos electricistas. En laboratorios: técnicos e droguistas. Textiles e industria gráfica.
Fotógrafos e pintores. Traballos onde seleccionan froitas, vexetales e carnes.
En otras ocupaciones como traballos de xeoloxía, cartografía e química.
Indagando en Internet sobre o daltonismo encontrei un artigo moi curioso que dicia o seguinte:
“O Daltonismo poderá ser curado gracias a unha terapia xenética”Unha terapia xenética agora aumentou o espectro de cores que percibía Dalton. “É evidente que disfruta de percibir o mundo dunha nova forma”, di Katherine Mancuso, neuróloga da Universidade de Washington, en Seattle. A investigadora insertou nas células da retina de Dalton un xen para a produción dos elementos sensibles á luz dos conos L. Despois de máis de 20 semanas, a retina reaccionou á luz vermella.
A vista é o sentido que mais información nos transimite. No home actual os preceptores son: a vista (90%); o oído (5%); o tacto (2%); o gusto (2%); o olfato (1%). A perda de información percibindo as cores influe na nosa calidade de vida, empeora a seguridade do proceso da información e médiante éstos influe no periodo de recoñecemento.
Como xa se dixo o 8% dos homes e o 0,5% das mulleres sofre de daltonismo (33 millóns de personas nos EE.UU, Xapón y Europa do Norte). Mais de 150 tipos de traballo non poden exercer os daltonicos e pode decirse que en diferentes areas da vida sofren desventaxas. Na infancia é un inconveniente moi importante. Durante esta idade os nenos poden sofrir desventaxas nos estudios e na valoracion de sí mesmos. Os pequenos en parvularios ou nos colexios poden debuxar herba de cor bermello ou o teito de cor verde, sacando malas notas. Por outro lado, riense deles os demais.
No tráfico os daltonistas son perigrosos para outros e o mesmo tempo para si mesmos. Os que ven ben, perciben de lonxe a cor dos discos do tráfico. Ocuren a menudo accidentes debido ó cruze de vias do tren con sinal bermella no caso de daltonistas.
Cando conducimos, entre un 80% e un 90% da información que percibimos éntranos polos ollos. Canto menor é a luz que nos rodea, mais difícil é distinguir as cores. Iso ocórrenos a todos, e non debería ser un problema para aqueles condutores que gozan dunha boa saúde visual. Pero hai determinados factores que fan que esa percepción das cores diminúa, ainda baixo condicións de boa visibilidade. É o que se chama daltonismo.
Cando a luz ambiental baixa, aumenta a dificultade que teñen os daltónicos para apreciar claramente certas tonalidades.A maioría deles non son conscientes da súa dificultade para distinguir ben as cores, que se manifestan principalmente ao atardecer ou en condicións meteorolóxicas que diminúen a visibilidade, como a choiva ou a néboa. Esta alteración da percepción visual da lugar a casos moi distintos. Hai daltónicos parciais que aínda que non distinguen as cores si aprecian un cambio na luminosidade de cada tonalidade sempre que haxa boa iluminación. Cando o condutor daltónico encóntrase ante un semáforo, non hai maior problema: ao coñecer a ubicación de cada luz ao ver que un foco brilla mais que outro saberá se a sinal estalle dando paso ou non. A cuestión agrávase cando esas cores encóntrase en outros contextos que non son tan facilmente interpretables. Nalgúns casos, o feito de deixar de ver cores como o vermello pode conlevar que o condutor non distinga facilmente se unhas luces de freo están ou non acesas, o que pode acabar facilmente nunha colisión.
O condutor con alteración do sentido cromático debe conducir con boas condicións lumínicas, evitando a condución nocturna.Por outra parte, se para conducir de día utiliza gafas de sol e os cristais son dunha cor inadecuada podería ser que se aumente a súa dificultade para velas cores.
Na actualidade, ao daltonismo non se lle considera unha enfermidade sino mais ben unha forma distinta de percibir o mundo. Así, os daltónicos poden distinguir cores pero teñen problemas para discriminalos (é frecuente que confundan o vermello e o verde); sen embargo, son capaces de ver mais matices doutros colores, así como distintas intensidades de luz ou de cor polo que son capaces de identificar obxectos camuflados. De feito, durante a guerra de Vietnam o exército dos EEUU utilizou daltónicos para a localización de campamentos camuflados do inimigo (e resultou unha práctica exitosa).
O daltonismo ven determinado por un alelo recesivo ligado ao cromosoma sexual X polo que, ademais de ser hereditario, é moito mais frecuente en homes que en mulleres xa que estas poden ser portadoras do alelo recesivo sen ser daltónicas.
Outro problema ocular é o estrabismo, a diferencia do daltonismo este problema si que se detecta a simple vista no suxeto. Aparentemente o estrabismo é so unha desviación do alineamento dun ollo en relación ó outro, que implica a falta de coordinación entre os musculos oculares. Esto fai imposible fixar a mirada de ambos ollos nun mismo punto do espazo, o que ocasiona unha visión binocular incorrecta que pode afectar a capacidade da percepción da profundidade.
Cando o estrabismo é conxénito ou se desenrrola durante a infancia, pode causar ambliopía, patoloxía na cal o cerebro ignora a visión do ollo desviado ainda que este sea capaz de ver con normalidade.
Pódense achar formas de compensar polo problema, como usar anteollos coloreados ou do tipo que apantallar o brillo. O daltónico remata por adoitar prestarse atención a detalles distintos que si poida recoñecer, como a situación ou o brillo para identificar lugares e cousas.
Este tipo de trastornos fan que aprender e ler sexa máis difícil en nenos, pero pódellos asistir asegurándonos de que sexa diagnosticado correctamente o máis temperán na súa vida posible e informando os mestres do neno do problema, que non deberían intentar impedir que o neno se sente nunha situación na que a luz non lle moleste nin en utilizar xiz da cor que o neno poida ver.
As enfermidades oculares máis frecuentes son:
-A hipermetropía. É un erro no enfoque visual que ocasiona dificultade para ver obxectos próximos. Preséntase cando as imaxes visuais non se enfocan directamente na retina senón detrás dela, este defecto na visión pódese ocasionar porque o globo ocular é demasiado pequeno de adiante cara atrás ou porque o cristalino é demasiado débil.
A hipermetropía é usualmente conxénita e se é leve, os nenos poden superar esta condición a través dun proceso de axuste do ollo (acomodación). Co proceso de envellecemento, preséntase a necesidade de usar lentes ou lentes de contacto para corrixir a visión. Os antecedentes familiares de hipermetropía son un dos factores de risco desta enfermidade.
-A miopía. É un erro de enfoque visual que causa dificultade para ver obxectos distantes.
Con este trastorno, os obxectos que están preto poden verse claramente, mentres que os que se atopan a distancia vense borrosos. Esta condición é o resultado de centrar a imaxe visual diante da retina no canto de facelo directamente nela. Pode producirse porque o globo ocular é moi longo na súa dimensión anteroposterior (de adiante cara atrás).
-O astigmatismo. É unha condición na cal a córnea do ollo está curvada asimétricamente, ocasionando unha visión distorsionada. É moi común e a súa causa é descoñecida. Xeralmente preséntase desde o nacemento, pode ocorrer ao mesmo tempo que a miopía ou a hipermetropía e tende a ser constante. Un grao menor de astigmatismo considérase normal e non require de corrección.