A comunicación

As ciencias da comunicación son aquelas disciplinas das ciencias sociais que se encargan de estudar a esencia dos procesos de comunicación como fenómenos en si mesmos, os medios que se empregan e o conxunto semiótico que constrúen, xerando os seus propios métodos de estudo e ferramentas analíticas.  Son unha ferramenta básica para comprender a natureza das sociedades, así como a comunicación diaria entre persoas ou entre grupos de persoas, xa sexa na súa dimensión institucional ou na comunitaria.

Estas  ciencias  son unha nova rama que xurdiu da socioloxía, a cal lle achegou as bases metodolóxicas para os primeiros estudos levados a cabo de forma sistemática. Naceu a principios do século XX, como consecuencia das inquietudes epistemolóxicas que xeraron o xurdimento dos medios de comunicación masivos (primeiros xornais e radiodifusoras, o primeiro medio masivo electrónico de comunicación).
 Gutenberg, non foi senón ata a década de 1920 cando se levaron a cabo os primeiros estudos sobre a influencia da propaganda no contexto da Europa da Segunda Guerra Mundial, co ascenso dos réximes fascistas de Alemaña e Italia.

O proceso de comunicación é absolutamente fundamental para todos os procesos psicolóxicos e sociais. Se non se realizase o acto de comunicación con outras persoas, ninguén podería desenvolver os procesos mentais humanos e a natureza humana social que os distingue doutros

Que avances foron posibles grazas a comunicación?

De que maneira desarrollouse o proceso de comunicación?

Que inventos facilitaron a comunicación entre os humanos?

Autor: Amir Pose

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to A comunicación

  1. Sabela Escourido di:

    Estou da cordo co que di Amir de que a cominación e “fundamental para todos os procesos psicolóxicos e sociais”. Non somos adiviños por iso necesitamos comunicarnos para saber o que pensan os demais e ao ser seres sociais a comunicacion e unha necesidade.
    Hai varios tipos de comunicacion,antigamente se querías comunicarte con alguén que vivira moi lonxe tiñas que escribir unha carta y esperar bastante tempo ata que lle chegase a outra persoa,hoxe en dia grazas aos avanzes ao telefono,a internet o móbil e moitos inventos mais a comunicacion entre países e moitísima.Coas redes sociais de internet podes coñecer xente de todo o mundo.
    Durante moito tempo Alexander Graham Bell foi considerado o inventor do teléfono, xunto con Elisha Gray. Non obstante Bell non foi o inventor deste aparato, senón soamente o primeiro en patentalo. Isto aconteceu en 1876. O 11 de xuño de 2002 o Congreso de Estados Unidos aprobou a resolución 269, pola que se recoñecía que o inventor do teléfono fora Antonio Meucci, que o chamou teletrófono, e non Alexander Graham Bell. En 1871 Meucci só puido, por dificultades económicas, presentar unha breve descrición do seu invento, pero non formalizar a patente ante a Oficina de Patentes de Estados Unidos.
    Arredor do ano 1857 Antonio Meucci construíu un teléfono para conectar a súa oficina co seu dormitorio, situado no segundo piso, debido ao reumatismo do seu esposa. Non obstante carecía do diñeiro suficiente para patentar o seu invento, polo que o presentou a unha empresa (Western Union, os cales promoveron o «invento» de Graham Bell) que non lle puxo atención, pero que, tampouco lle devolveu os materiais. Ao parecer, e isto non está probado, estes materiais caeron en mans de Alexander Graham Bell, que se serviu deles para desenvolver o seu teléfono e o presentou como propio.
    En 1876, tras descubrir que para transmitir voz humana só se podía utilizar unha corrente continua, o inventor estadounidense de orixe escocesa, Alexander Graham Bell construíu e patentou unhas horas antes que o seu compatriota Elisha Gray o primeiro teléfono capaz de transmitir e recibir voz humana con toda a súa calidade e timbre. Tampouco se debe deixar de lado a Thomas Alva Edison, que introduciu notables melloras no sistema, entre as que se encontra o micrófono de gránulos de carbón.

  2. Alexandra Parceiro di:

    Só basta unha retrospectiva para definir cómo o ser humano logrou evolucionar as suas formas de comunicación: Dende rudimentarios métodos como a escritura xeroglífica, pasando pola invención do alfabeto e do papel, dando un leve salto hata a chegada da imprenta, e apenas un máis para a aparición do teléfono, o cine, a radio e a televisión. Todos estos instrumentos foron certamente un avance nas formas de comunicación do home e, prácticamente todos, foron posibles grazas a tecnoloxía, que a sua vez foi o instrumento cuxa evolución foi determinado o avance da humanidade.

  3. Naomí Mosquera di:

    Eu definirei o concepto de comunicacion en xeral. A comunicación é o proceso mediante o cal se puede transmitir información dunha entidad a outra.
    Tradicionalmente, a comunicación definiuse como “o intercambio de sentimentos, opinións, ou calquera outro tipo de información mediante fala, escritura ou outro tipo de sinais”. Todas as formas de comunicación requiren un emisor, unha mensaxe e un receptor destinado, pero o receptor non necesita estar presente nin consciente do intento comunicativo por parte do emisor para que o acto de comunicación realícese. No proceso comunicativo, a información é incluída polo emisor nun paquete e canalizada cara ao receptor a través do medio. Unha vez recibido, o receptor decodifica a mensaxe e proporciona unha resposta. O funcionamento das sociedades humanas é posible grazas á comunicación. Esta consiste no intercambio de mensaxes entre os individuos.

  4. Diana Fernández di:

    A comunicación é o proceso mediante o cal pódese transmitir información dunha entidade á outra.Os procesos de comunicación son interacións mediadas por signos entre polo menos dous axentes que comparten un mesmo repertorio de signos e teñen unhas reglas semióticas comúns.
    A orixe de la escritura:
    A orixe da escritura non se deu de forma sincronizada no tempo. Estivo localizada entre a revolución neolítica e a revolucion urbana, onde conocemos cinco revolucións nas cales se desarrollou a escritura.
    Mesopotamia: Fai 5000 anos, escritura cueniforme.
    Egipto: Fai 4500 anos, escritura xeroglífica.
    O val do Río Indo: Fai 4000 anos. Escritura xeroglífica.
    Asia: Fai 3000 anos. Escritura ideográfica.
    Meso-americana: Fai 1500 anos.

  5. Mateo Fdez di:

    A Comunicación leva percorrido un extenso camiño, e a forma ca que se ten levado a cabo depende do espazo histórico, étnico ou xeográfico no que nos encontremos. Por exemplo, todos coñecemos a imaxe do indio (non confundir con hindú) manipulando o fume dunha fogueira cun manto de tela para crear formas e usalas para comunicarse con outros.
    A historia do Comunicación encóntrase ligada e subordinada ós medios dos que dispuso en cada época, e ás revolucións e acontecementos que se deron e polos que podemos dividir á Comunicación e ós seus medios en catro grandes grupos: os presentes antes da mecanización da escritura (imprenta) do século XV, os encontrados entre este século e o XIX, ca chegada da electricidad, que sentará as bases dos próximos medios audiovisuais (cine, radio ou televisión), que conformarán o terceiro grupo; e o último, derradeiro e máis actual, que son os xurdidos na chamada terceira revolución industrial, ca informática. Cada un destes avances contribuíu a alcanzar unha maior globalización, xa que proporcionou unha millor comunicación entre persoas.
    O terreo da Comunicación, debido ós beneficios e ás repercusións que desencadea, sempre foi un terreo problemático. Temos o xa mencionado caso do teléfono, pero este non é o máis sangrante. Por exemplo, xa existía unha inxenio que facía as mesmas funcións que a imprenta de Guttemberg no século XI, catrocentos anos antes do xermano; e no caso de atribuirlle o invento da radio a alguén toparíamonos con que ata catro persoas reclaman a súa autoría (esto…eles directamente non. Están mortos), a saber: Marconi (quen é o que adoita levarse a gloria), o ruso Aleksandr Stepánovich Popov, o xenio Nikola Tesla (ser merecedor dunha noticia) ou o propio Julio Cervera, comandante español. Normalmente depende da zona xeográfica na que estemos, xa que en cada unha se apelará ó heroe local.
    Ademais, e tamén dentro do terreo radiado, cabe destacar o “boicot” que se estableceu ó uso de FM na radio para favorecer unha situación conservadora ca AM durante décadas.

  6. Vladislav Babenco di:

    Algunhas das cousas que axudou a comunicación ao longo de todos estes séculos foron, proncipalmente a imprenta mesma, xa que fixo posible a copia de libros o polo tanto a almacenamento destos. Outros mais relativamente modernos son: as cartas, incluso que non parezca que son moi importante, foi utilizado moito nos anos a.C. , o teléfono, a radio, o móvil, a televisión, Internet, que é a fonte de almacenamento de datos actual mais utilizada xa que é practicamente ilimitable.

  7. Iván Ramos di:

    En 1873 o físico escocés James Clerk Maxwell formulou a teoría das ondas electromagnéticas, que son a base da radio. En 1888 o físico alemán Heinrich Hertz descubriu as ondas de radio. En 1894 Nikola Tesla fixo a súa primeira demostración en público dunha transmisión de radio, e case ao tempo, en 1895, o italiano Guillermo Marconi construíu o primeiro sistema de radio, e en 1901 logrou enviar sinais á outra beira do Atlántico. O español Xullo Cervera Baviera, que traballou tres meses en 1898 no laboratorio privado de Marconi é, segundo investigacións realizadas por un profesor da Universidade de Navarra, o inventor da radio; Marconi inventou antes de Cervera a telegrafía sen fíos, pero non traballou na radio até 1913, mentres Cervera foi quen resolveu os problemas da telefonía sen fíos, o que coñecemos hoxe día como radio, ao transmitir a voz humana -e non sinais- sen fíos entre Alacante e Eivissa en 1902, e chegou a rexistrar a patente en catro países: España, Inglaterra, Alemaña e Bélxica.

  8. Victoria Zherdeva di:

    Desde a Antigüidade o home encarou o problema das distancias e superación para solucionar este problema comezou a usar os seus propios medios.
    Cando os obstáculos enfrontados no seu camiño como montañas, ríos, lagos, mares e océanos, traídos para desempeñar todas as súas enerxías para dominar estes feitos da xeografía e da realización baseada superar grandes dificultades xurdiron grane sempre precisa. Despois de moitos séculos de loita contra a distancia xeográfica ten que actuar con medios modernos de comunicación.
    Por exemplo:
    – As primeiras estradas foron construídas polos romanos en Europa para fins militares.
    – O uso de ferrocarrís precedeu a estrada moderna. O seu uso comezou en Inglaterra ao redor de 1830 as invencións do motor a vapor por Stepnenson moito antes do que foi utilizado o transporte ferroviario foi realizada en estradas percorridas polos dilixencias e vagóns.

  9. Jesús López di:

    Outra avance na comunicación moi importante, foi o código Morse.Samuél Morse, o inventor do código Morse, demostrou que os sinais podían ser transmitidos por cable. Utilizou pulsos de corrente para desviar un electroimán, o cal movía un marcador para producir códigos escritos nunha tira de papel -o código Morse-.Ao ano seguinte, o dispositivo foi modificado para incorporar puntos e guións. Fixo unha demostración pública en 1838, pero non foi ata cinco anos despois que o Congreso lle financiou 30.000 dólares para construír unha liña telegráfica experimental de Washington a Baltimore, a unha distancia de 40 millas. Seis anos máis tarde, os membros do Congreso foron testemuñas do envío e recepción de mensaxes a través de parte da liña telegráfica.

    Morse e os seus colaboradores obtiveron fondos privados para ampliar a súa liña a Filadelfia e Nova York, e empezouse a utilizar o telégrafo en pequenas empresas.

  10. Jesús López di:

    Desde tempos antigos homes de varias nacións teñen pensou necesario establecer relacións comerciais e culturais, non só nas formas últimos, pero usando outros tipos, como o correo, telégrafo, teléfono, wireless cabo telegráfico submarino Radio, televisión, radio .
    Por exemplo ainda que non o parezca o correo é un medio moi antiguo, foi usado varios séculos antes do actual e a súa importancia é tal que a súa organización é renovada en paralelo co desenvolvemento económico e cultural dos pobos.
    A importancia do correo nun país mídese polo número absoluto e relativo dos seus despachos, para a cantidade de correspondencia que é enviada e a oportunidade que vén con esa correspondencia.

  11. Roxana Cadena di:

    A necesidade do home para satisfacer cada vez mellor a sua necesidad de comunicación ha sido un impulso que ha logrado a instauración en el mundo de instrumentos máis veloces para o proceso comunicativo.
    O internet a sido un impacto fundamental no mundo laboral, el ocio e o coñecemento a nivel mundial. Grazas a web, millóns de persoas teñen acceso fácil e inmediato a unha cantidade extensa e diversa de información en línea.
    Comparando as enciclopedias e as bibliotecas tradicionais , a web a permitido unha amplia búsqueda de información, tanto que as veces poderíamos perdernos na red.

  12. Sara Otero di:

    A comunicación é un proceso que levamos empregado dende tempos inmemorables, e non soamente as persoas, senón tamén outros animais. Indudablemente, sufríu unha extraordinaria evolución, dende sinais de humo a ondas de radio, dende cartas a mensaxes de texto ou whatsapps, ou dende pinturas rupestres a imaxes en 3D, por exemplo. Pero de todos os avances, para min os máis importantes son a linguaxe e a escritura. Sen a linguaxe, ese código formado por un conxunto de signos que toda persoa pertencente a unha comunidade coñece, non poderíamos expresar infinidade de cousas. Ademais, a gran diversidade de cógidos que existen no mundo permiten expresar calquer matiz. Por outra parte, a escritura, a representación gráfica da linguaxe, permítenos comunicarnos en moitas máis situacións. Sen a combinación de ámbalas dúas, estou segura de que non serían posibles moitos dos avances posteriores.
    Gustaríame pararme a reflexionar sobre un dos avances máis recentes: a televisión. A televisión é un medio de comunicación que como tal, ten o fin de transmitir unha información. Mais considero que se está a facer un mal uso dela, pois hoxe en día, emprégase tamén para outro tipo de fines como por exemplo críticas entre personaxes famosos (precisamente pola televisión), programas de convivencia entre un grupo de persoas, programas de resolución de xogos a cambio de premios, etc, que persoalmente, non me aportan ningún tipo de información. Que pensades vós?

    • Boris Lobón di:

      A televisión agora non serve para nada,todo é “salsa rosa” e “culebrons”,antes polo menos habia uns temas mais variados dentro dos canles.Por exemplo La 1 todas as tardes son culebrones e xa non digamos Telecinco ou La Sexta 2 que é todo o día criticas estupidas entre gente que no quiero nombrar por que son irrelevantes.

      • Santiago de la Iglesia di:

        Xa sei Boris que na televisión últimamente están aparecendo moitos programas de críticas, cotilleos, convivencias entre xente “estúpida”, pero eso o fan as grandes cadeas porque é o que máis vende e polo que apostan empresas publicitarias. Por iso hay que prescindir delas e cambiar a canais máis productivos. Mesmamente a televisión española, normalmente na segunda, facilitanos moitísimos documentais informativos, xa sexan naturais e animais, ou de ciencia e tecnoloxía. Outras moitas cadenas de adquisición gratuíta poden ser Discovery, Natura, Interconomía, e por non falar de Cuatro ou La Sexta, que as veces mostran unha moi boa programación de tipo informativa e documental. Tamén outros líderes neste sector, aínda que son de pago pero os recomendo, poden ser o canal Viaxar e National Geographic. E se non queres gastar, creo que hay un canal novo ao que lle vexo boas expectativas: Xplora; que non sei se xa empezou a emitir, pero se non é así, moi pronto o fará.

        Como ves, a televisión non está perdida, dille a túa nai que Sálvame é unha perda de tempo e faite coa posesión do mando para darte un manxar de sabiduría.

  13. Boris Lobón di:

    A comunicación foi vital para o desarrollo do ser humano,a pesar de que pensamos que noso sistema de comunicación é moi intrincado non é así;por exemplo alguns animais tñen mais complicados modos de comunicación.
    Para o ser humano foi clave a invención da imprenta xa que con isto puideronse salvar moitas obras de tradicion oral.

  14. Nildes Abella di:

    A búsqueda constante do home por satisfacer cada vez mellor a súa necesidade de comunicación foi o impulso que facilitou a instauración no mundo de instrumentos cada día máis efectivos e veloces no proceso comunicativo.
    Hai ó redor de 6.800 linguas no mundo por iso xurdiu a idea dunha lingua auxiliar, esta é un idioma que pretende ser utilizado como medio de comunicación entre grupos ou individuos con distintas linguas maternas. O inglés é a lingua auxiliar máis extendida na actualidade. O esperanto e outro exemplo.
    O esperanto é unha lingua auxiliar artificial creada polo oftalmólogo polaco Lázaro Zamenhof , coa esperanza de que se convertise en internacional. Según as estadísticas, esta é a lingua planificada máis falada no mundo. Aínda que ningún país adoptouna como lingua oficial, acadou unha cultura propia: destacando a literatura e a música e en menor medida o cine. Imaxinádevos poder falar directamente cunha persoa de calquera parte do mundo?

    Por último os tipos de comunicacións que existen son:
    Lingüística escrita: ex. carta.
    Lingüística oral: ex. conversación
    No lingüística visual:a publicidade.
    No lingüística xestual: un sorriso
    No lingüística acústica: a sirena da ambulancia.

  15. Cristina Frade di:

    Hasta o momento da creación da escritura, existía la necesidade de almacenar dalgunha forma a información na memoria, xa que non se podía almacenar mediante documentos. Para isto, creáronse mapas lingüísticos como:
    As fórmulas: unha introducción oral breve e acompañada de música, a partir na que se engancha una exposición extensa de todo aquelo que recorda.
    Os nomes de lugares e persoas: os nomes propios fan referencia a nomes dos diferentes canales e lugares.
    A poesía: histórica, relixiosa, mitolóxica, etc. soe ser musical, con ritmos moi definidos.
    As narracións: históricas, personais, introduccións a historias máis grandes pero que conteñen moita información histórica.
    Os repertorios legales ou doutro tipo: son as máis peculiares e escasas, xa que ocupan moita memoria.
    Estas fórmulas vanse trasmitindo de boca en boca hasta a aparición da escritura.
    Un medio de comunicación é un instrumento ou forma de contenido pola cal se realiza a comunicación.
    Na actualidade os medios de comunicación máis utilizados son:
    – A televisión.
    – Internet.
    – Os teléfonos móbiles.
    (Déixo unha presentación sobre os medios de comunicación: http://www.slideshare.net/luzzitha/medios-de-comunicacion-presentation-810626)

  16. Nahir Roig di:

    Ademais da imprenta hubo otro inventos que destacaron no seculo XV:

    O Papel: invento chinés, confeccionado a base do emprego de trapos de seda, cánabo e algodón. Cara ao século XIV, os árabes introducírono no vello continente, onde a raíz da xeneralización no uso da roupa interior; fíxose posible a elaboración do papel en maior escala.

    A Pólvora: É unha mestura de carbón, salitre e xofre que asume carácteres deflagrantes ou explosivos. Esta combinación tamén foi coñecida polos chineses que a utilizaron na confección de lumes artificiais que queimaban durante as súas festividades.

    A brujula:É un instrumento que serve para orientarse, xa que o seu principio fundamental esta baseado na propiedade que ten unha agulla imanada de dirixirse, sempre, ao norte, pola atracción que exerce o polo magnético da Terra.

  17. Eduardo Cagide di:

    Tipos de actos comunicativos:
    1.Acto comunicativo intrapersonal, é a comunicación que un suxeto realiza consigo mesmo.
    2.Acto comunicativo interpersonal, é a comunicación que un suxeto leva a cabo coas persoas que están ao seu redor.
    3.Acto comunicativo intercultural, é a comunicación entre suxetos de diferentes culturas.

    PD:”Ciencias sociais é unha denominación xenérica para as disciplinas ou campos de saber que reclaman para sí mesmas a condición de ciencias e que se ocupan de distintos aspectos dos grupos sociais e os seres humanos en sociedad, ocupándose tanto das súas manifestacións materiais como as inmateriais.”

  18. Evelin López di:

    A comunicación é un proceso mediante o cal un sistema transmite información a outro sistema que é capaz de recibila. Según este sistema existe:
    Emisor; persoa que emite a mensaxe ou información.
    Receptor; persoa ou persoas que reciben a mensaxe.
    Mensaxe; información que transmite ou que se quere dicir.
    Canal; medio ou via utilizado para transmitir a mensaxe.
    Código, conxunto de signos e reglas necesarios para a elaboración da mensaxe tanto o emisor como o receptor han de coñecer estas regras de codificación e descodificación.
    Axudou tamén a comunicación o sistema Braille de Louis Braille (Francés) é un sistema utilizado para a lectura de persoas invidentes, o cal abriu as portas á lectura sen importar a sua condición visual.
    En 1897 grazas á aportación dos Hermanos Weight (estadounidenses) se creou a primeira máquina capaz de voar (Aeroplano), o cal foi un gran avance para os medios de transporte.

  19. Karina Espiñeira di:

    O Misal de Constanza é un libro impreso en 1449 ou 1450 por Johannes Gutenberg, considerado por varias fontes como o primeiro en ser impreso nunha imprenta. Gutenberg formou unha sociedade con Johann Fust, un prestamista e editor alemán quen lle financiou o seu taller tipográfico. Existen na actualidade soamente 3 exemplares no mundo.

  20. Beatriz Castro di:

    A comunicación táctil, ou transmitida mediante o tacto, é especialmente importante nos animais sociais, incluíndo os insectos.
    A comunicación táctil nas abellas interesou especialmente aos investigadores a causa da súa complexidade. Cando unha abella descubre unha nova fonte de alimento, regresa á colmea e executa unha danza detallada. A información comunícase principalmente mediante contacto físico, cando as outras abellas seguen e tocan á abella danzante. A orientación e velocidade da danza, así como o tamaño da área cuberta polo danzador, comunica ás outras abellas a distancia e a localización precisa do alimento.
    O tacto e o contacto corporal son utilizados extensamente polos primates, sobre todo polos mandrís e os chimpancés. Eses animais solen unirse en cálidos abrazos e tamén poden tocarse lixeiramente, empurrarse, morderse ou incluso bicarse. O acicalamento (o acto mediante o cal os animais se lavan uns a outros) é unha forma mais estruturada de comunicación táctil que axuda aos primates a establecer un dominio social e a fortaleces os lazos afectivos.
    A efectividade da comunicación táctil está limitada pola distancia (un animal deber ser tocado por outro para transmitir información). Non obstante, a comunicación táctil pode producirse no medio da escuridade total ou nun silencio completo.

  21. Diana Pérez di:

    Os medios masivos de comunicación evolucionaron máis nos últimos vinte anos, que toda a comunicación en xeneral nos últimos dous mil. Ao respecto non hai mellor exemplo que o desarrollo de Internet a Web como mecanismo proveedor de información aos usuarios conectados a Internet. Internet é moito máis que una tecnoloxía, é un medio de comunicación, de interacción e de organización social.
    O proceso comunicativo distingue a forma de existencia dO home, polo que pOde entenderse como unHa forma de relación interpersonal na actividade humana. En este sentido resulta válido observar que no desarrollo individual do home, este no so adquiere experiencia histórico-social mediante as actividades que despliega, senon tamén mediante a comunicación con outras persoas, pois o seu desarrollo se condiciona polo desarrollo de todos os individuos con quienes él se fai en comunicación directa o indirecta, de ahí que este proceso ten un impacto transformador e enriquecedor para a personalidade.
    Os inventos que facilitaron a comunicacion entre humanos foron a imprenta,o teléfono,a televisión, Internet.

  22. Ana Domínguez di:

    Para min un dos mellores avances é o teléfono mobil. O teléfono móbil remontase aos inicios da Segunda Guerra Mundial, onde xa se vía que era necesaria a comunicación a distancia, é por iso que a compañía Motorola creou un equipo chamado Handie Talkie H12-16, que é un equipo que permite o contacto coas tropas vía ondas de radio culla banda de frecuencias nese tempo non superaban os 60 MHz..

    Este foi o inicio dunha das tecnoloxías que máis avances ten, aínda que continúa na búsqueda de novedades e melloras.

  23. Yolanda Bermúdez di:

    A comunicacion, avanzou moitisimo durante estes anos, e facilitou a comunicacion entre duas ou varias persoas a millons de kilometros, ou tamen a nivel informativo, xa que podemos enteranos inmediantamente do que pasa en calquera parte do mundo. Hoxe en dia podemos falar con unha persoa dende o movil ata na television. Grazas a isto agora temos un gran avance tecnoloxico, que porsuporto non va a parar.

  24. Nerea Pardo di:

    A semiótica ou semioloxía é a ciencia que trata dos sistemas de comunicación dentro das sociedades humanas.Saussure foi o primeiro que falou da semioloxía e a define como: “Unha ciencia que estuda a vida dos signos no seo da vida social”; engade inmediatamente: “Ela ensinaranos en que consisten os signos e cales son as leis que o gobernan…”.
    O americano Peirce (considerado o creador da semiótica) concibe igualmente unha teoría xeral dos signos que chama semiótica. Ambos nomes baseados no grego “Semenion” (significa signo) empléanse hoxe como practicamente sinónimos.
    Na semiótica danse correntes moi diversas e as veces moi dispares polo que máis que unha ciencia pode considerarse un conxunto de aportacións pola ausencia do signo e o análise do funcionamento de códigos completos.
    De semiótica ocupáronse entre outros, Prieto, Barthes, Umberto Eco,… A estos últimos débeselle a aplicación do concepto de signos a tódolos feitos significativos da sociedade humana.
    Hoxe a investigación chamada a semioloxía, céntrase no estudo da natureza dos sistemas autónomos de comunicación, e do saber humano.

  25. Ayoub Elghotiss di:

    Indubidabelmente a primeira forma que tivo o ser humanoide de comunicarse foi a fala hai máis de 35.000 anos atrás.
    Máis adiante co imperio persa e exipcio chegarían o papiro, os xeroglíficos e dende alí en adiante todo novos avances como o papel, imprente, a radio, o telegrafo, o telefono e todos os medios que coñecemos agora tal e como dixeron os meus compañeiros anteriormente.

  26. Carlos García di:

    Hoxe como no pasado remoto, a comunicación foi a maneira como os seres vivos intercambiamos emocións, sensacións e pensamentos para entendernos mutuamente, o cal nos serve para crear cousas e resolver problemas de maneira máis rápida e eficaz. Si o sistema de comunicación é o adecuado, mellor é a solución e mais rápido podemos atopala, como a fala que sempre foi por excelencia o medio do ser humano.
    A comunicación, en tanto fenómeno socio-cultural, presentase baixo tres modos (ou opcións) que estructuran as situacións comunicativas: oral, escrito e dixital. As tres deben presentarse integradas.A creación dun circuito comunicativo electrónico debe servir como un canal para potenciar os outros medios comunicativos, tendo en conta que a súa finalidade é integrar as TIC na sociedade.

  27. Xisela Lema Díaz di:

    A comunicación audiovisual é calquera intercambio de mensaxes entre persoas a través dun sistema tecnolóxico sonoro ou visual. A mediación tecnolóxica é un elemento indispensable neste tipo de comunicación.
    Os sistemas de comunicación audiovisual tradicionais son a radio, o cine e a televisión. Actualmente consolidáronse novos sistemas de comunicación audiovisual, como Internet ou os videoxogos, que xa empezan a estudarse e a denominarse como tales.
    Nalgúns países existe a licenciatura -actualmente co plan Bolonia pasou a ser un Grao- de Comunicación Audiovisual, que forma os estudantes na produción, creación, escritura e realización de produtos audiovisuais. No caso de España, Comunicación Audiovisual é un Grao impartido dentro de Ciencias da Información.

Deixa unha resposta