La voz que enamora


Generalmente lo primero que nos atrae de una persona es su físico, luego queremos conocerla y saber  si congeniamos con ella, pero que su voz sea lo que nos atraiga y hasta pueda llegar a enamorarnos no es muy factible. Sin embargo el efecto que produce la voz en una relación es importante; el tono, las palabras, el acento y el grado de conversación que puede establecerse entre las dos personas, parecen ser aspectos de peso en el enamoramiento.

Se han realizado investigaciones científicas para comprobar que la voz tiene un efecto contundente en la formación de la opinión sobre una persona, incluso éstas investigaciones señalan que existen voces que son muy atractivas como las de tonos más bajos, y que además a través de ella se pueden trasmitir otros aspectos como la imagen física, emocional y psíquica.

Podemos llegar a considerar que conocemos a una persona por su voz aunque fisicamente no sepamos como es, pues con sólo escuchar su tono y agudeza, la voz puede trasmitir seguridad o incertidumbre lo que a su vez nos lleva a hacernos una idea de la persona, a tal grado de considerarla paciente, tranquila nerviosa, atractiva, inteligente, etc.

Otro estudio a cargo de Daly y Bench señalaba que aún cuando el efecto visual influye en la percepción que se forma uno de las personas, el efecto de la voz es aún mayor para formarse una imagen o idealizarla.

Autora: Laura González

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 2. Os Homínidos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to La voz que enamora

  1. Thiago Echevarría di:

    A voz e un instrumento que sirve para “atraer ao sexo oposto e mellorar a imaxen que ten de nos” e, para iso, se vale do tono eo timbre, explican os expertos da Facultade de Antropoloxía da Universidade de Pensilvania (Estados Unidos). Según seu estudo, publicado o anterior mes de abril na revista ‘Journal of Sexual Research’, algúns rasgos vocales asociados a testosterona “influe na mellora das posibilidades dos homes de encontrar parella”.Por outro lado, a Universidad de Psicoloxía da Universidade de Saint Andrew (Reino Unido) deduce en outra investigación que “as mulleres no periodo fértil do ciclo menstrual son capaces de medir o nivel de testosterona dos homes en función da sua voz”. Neste sentido, o presidente da SEORL(Sociedade española de otorrinolaringoloxia), o doctor Primitivo Ortega, engade que o nivel de hormona masculina “e só parte da información que da a voz de unha persoa”.

  2. Evelin López di:

    A voz humana é producida na larinxe, cuxa parte esencial, a glotis ( porción máis estreita), constitúe o verdadeiro órgano de fonación. O aire procedente dos pulmóns, é forzado durante a espiración a través desta, facendo vibrar os dous pares de cordas vogais, que se asemellan a dous lengüetas. As cavidades da cabeza, relacionadas có sistema respiratorio e nasofarínxeo ( porción nasal da farinxe que está situado detrás do nariz e por encima do paladar blando), actúan como resonadores.
    O aparato de fonación pode ser controlado conscientemente por quen fala ou canta. A variación da intensidade depende da forza da espiración. En homes as cordas vogais son algo máis longas e máis grosas que na muller e o neno, polo que produce sonidos máis graves. Para que a fala sea comprensible, é indispensable utilizar unha frecuencia hachada entre 500 e 3500 Hz.

    • Ayoub Elghotiss di:

      Estou de acordo coa miña compañeira Evelin, e vou engadir algo, o que nos namora dunha persoa é a súa forma de ser e non como fale nin o ton da súa vos.

      • Victoria Zherdeva di:

        Xa, o que dis Ayoub esta ben pero a voz forma parte de como é esa mesma persoa e como é o seu caracter. Polo que eu creo que si, pode ser que unha voz enamore, por exemplo os politicos tienen que saber falar de tal maneira para que os ciudadans les escoiten.

  3. Naomí Mosquera di:

    Unha investigación levada a cabo na Facultade de Antropoloxía da Universidad de Pensilvania, en Estados Unidos, concluiu que certas características da voz masculina asocianse a testosterona e contribuen a aumentar o atractivo que tieñen os homes para as mulleres. Outro estudio, realizado esta vez no Reino Unido, revela que, durante o periodo fértil do ciclo menstrual, as mulleres poden detectar o nivel de testosterona nun home pola sua voz.Investigando sobre isto encontreime con que existia un dia mundial da voz, cousa que eu non sabia. O 16 de abril celebrase o Día mundial da Voz, proposto pola Federación Internacional de Sociedades de Otorrinolaringología (IFOS) en 1999; co fin de difundir a necesidade de coidar a voz, indispensable na comunicación , así como un instrumento de traballo e de expresión artística.

  4. mateogarcia di:

    No mundo, moitas persoas sufriron unha larinxectomia ou extirpación da larinxe, de modo que perderon a súa capacidade para falar. Pero existen métodos alternativos para restituir a capacidade de comunicación oral. Un deles é a erigmofonía(erigmo vén de eructo, por certo) na que a voz xenérase mediante a inxección de aire no esófago a modo dun eructo voluntario e controlado que fai pasar o aire a través do efecto esfínter do constrictor medio e inferor da farinxe que constitúe unha verdadeira glotis vibratoria. Sen embargo para poder ter unha voz esofáxica clara é necesario un aprendizaxe que plantea certos problemas tales como que a escasez de persoal adiestrado para impartir a ensinanza detas técnica ou que non todos os afectados por este problema teñen acceso a esta aprendizaxe.
    Esta aprendizaxe baséase nos seguintes principios básicos:
    1.Individualizar o fluxo bucal do estómago para cinseguir succionar maiores fluxos de aire á hipofarinxe e esófago, ademais de evitar o ruido que orixina a turbulencia de aire no estoma traqueal.
    2.A succión ou deglución de aire cara a hipofarinxe e primer segmento esofáxico, non chegando ao estómago.
    3.A erupción automática fluída ou no seu defecto a eructación voluntaria de aire desde o esófagoe hipofarinxe ata a cavidade oral.

  5. Alexandra Parceiro di:

    A lista dos acentos máis atractivos do mundo son: Irlandés, Italiano, Escocés, Francés, Australiano, Inglés, Sueco, Español, Galés, Estadounidense.
    Esta lista ven dunha encosta feita a 5 mil mulleres alrededor do mundo, publicada polo periódico británico “Daily Mail”.

  6. Olalla Manteiga di:

    Un traballo previo ao da Universidade de Pensilvania, realizado na Universidade de Aberdeen en Escocia, atopou que as voces masculinas graves quedan grabadas na memoria máis rápido que calquera outra. A modulación da voz tamén intervén cando estamos en plan de conquista. Resultados aportados por un traballo da Universidade de Albright indican que tanto homes coma mulleres baixan o tono de voz cando se sinten atraídos cara a outra persoa.

  7. Rosalía García di:

    Na procura de información sobre o recoñocemento da persoa a través da voz, atopei un curioso artículo que di o seguinte:
    Un grupo de científicos británicos afirman que os homes están biolóxicamente incapacitados para procesar os sons que emiten as mulleres.Según estes investigadores, a voz da muller é moito máis complexa e musical que a do home, non tanto polo ton de voz se non polas ondas que emiten. Polo tanto, para descifralo, os homes teñen que facer un esforzo maior que para descifrar as voces doutros homes.
    No experimento que levaron a cabo, someteron a unha series de homes a grabacións de son de 12 mulleres (por un lado) e 12 homes (polo outro). A continuación analizaron as respostas cerebrais dos participantes e descubriron que a voz das mulleres activaba células diferentes das que activaban as voces dos homes. Ademáis comprobaron que as voces das mulleres activaban as áreas do cerebro que procesa o son e a música e non a da linguaxe.
    Gustaríame propoñervos un pequeño experimento para o que preciso da axuda de Adela e do noso profe de mate.
    O experimento consistiría en escoitar voces de homes e mulleres descoñecidas para nós e escribir que tipo de persoa recoñecemos detrás de esa voz. Despóis, comparar os resultados do que escribimos tanto os homes como as mulleres. E como neste momento non temos aínda case ningún coñecemento de estatística precisamos da axuda de Quique.

    • Santiago de la Iglesia di:

      Pois non estaría mal facer ese experimento. A verdade é que sí que existe o mito de que aos homes costanlle máis asimilar as voces das mulleres, do que non discrepo en absoluto, e menos aínda tras leer o teu comentario. A ver si podemos coller unha hora e procedemos a facer unha boa hipótesis, aínda que sería moi difícil.

      Tamén apoio que a voz é un factor importante que inflúe no enamoramento e na atracción entre persoas, pero tamén cabe destacar que tamén pode ocasionar un síntoma de repulsión, incluso de risa ou emoción, como as voces de artistas que xa mencionou Cristina, que a todos nos conmoven.

  8. Carlos García di:

    Rindy Anderson, da Universidade de Duke, argumenta que “parece que a nosas voces levan máis información que as palabras e sabelo pode axudarnos a entender factores que influen nas nosas relacións sociais, e incluso explicar por qué hai tan poucas mulleres en altos cargos políticos”.Investigadores da Universidade de Duke afirman, que a voz grave fai percibir á xente capacidade, honradez e fortaleza. Chegaron así é mesma conclusión que a investigadora española Emma Rodero,que concluiu que a voz grave era unha ventaxa, aínda non todos a saben usar. “É como quen ten unha guitarra e logo non sabe usala”, señala Rodero, que trabaja agora na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. A doutora Rodero dirixiu varios traballos sobre a influencia da voz tanto nos medios de comunicación como na vida política.
    Aínda que o castelan, en xeral, ten un ton máis grave que o inglés, Rodero, como os norteamericanos, xa constatou que a máis profundidade, os oientes perciben unha maior seguridade, firmeza e credibilidade. “É unha característica que, aínda que ten unha parte física, tamén se pode cambiar e educar porque o ton varía según o movemento de varios órganos”, explica a investigadora.
    O curioso, destaca Rodero, é que as voces femininas preferidas polos homes foron cambiando co tempo: antes se preferían agudas porque era sinal de feminidade, pero os medios de comunicación de masas terminaron por impoñer a preferencia por voces máis fortes. No caso do sexo masculino, non hai modas: aos varóns de voz aflautada costalles moito máis ter éxito, tanto na política como ffora dela.

  9. Sara Otero di:

    Estiven lendo varios artigos relacionados co feito de que a voz é un dos factores máis importantes para enamorarse, e atopei un que me chamou especial atención. Dicía o seguinte:
    “Se ao efecto da voz sumámoslle unha imaxe, conversando coa persoa poderala coñecer (non físicamente), e coñecerás como pensa e reacciona ante diferentes situaciones, se mantén o seu tono sereno ou se altera con facilidad… Así podes evitar decepcionarte cando o coñezas físicamente. Entón podemos concluír que sí é factible e incluso máis probable que alguén se poda enamorar dunha voz que dunha cara bonita por todo o que transmite unha voz ben modulada.” Na miña opinión, paréceme algo esaxerado e case subrealista. Eu persoalmente, se teño (como di o artigo que citei) a imaxe dunha persoa que non me atraia moito físicamente, mais teña unha voz cun ton sereno, moderado, sen alteracións ante situacións de presión (desas que según os estudos son as que máis gustan as mulleres) non creo que me enamorase de ningunha maneira. Considero que outros factores tales como un aspecto físico (que non desagrade á vista a poder ser), a forma de ser, a mirada ou o olor son factores, ademáis da voz, que sí inflúen no enamoramento. Para min é moi pouco probable enamorarte dunha imaxe con voz. Que pensades vós?

    • Cristina González di:

      A min non me parece subrealista para nada xa que ao contrario do que di Ayoub, o modo de falar das persoas(ou de escribir) dinos algo (bastante) da súa forma de ser, non son cosas que van separadas, aínda que si estou de acordo en que tamén influen os demais factores.

      A personalidade podería decirse que é esa forma de ser na que incluiríamos os sentimentos, os pensamentos e a conducta, que mantense máis ou menos estable no tempo e que chega a definir á persoa.O desenrrolo da personalidade iniciase desde a temprana infancia e interveñen diferentes factores como poden ser a bioloxía, os modelos que temos máis cercanos, os límites educativos, as situacións máis ou menos traumáticas, etc.

  10. Nahir Roig di:

    A voz humana é producida na larinxe, cuxa parte esencial, a glote, constitúe o verdadeiro órgano de fonación humano. O aire procedente dos pulmóns, é forzado durante a expiración a través da glote, facendo vibrar os dous pares de cordas vogais, que se asemellan a dúas lingüetas dobres membranáceas. As cavidades da cabeza, relacionadas co sistema respiratorio e nasofarínxeo, actúan como resoadores.
    Aínda que o ton e a intensidade do fala están determinados principalmente pola vibración das cordas vocais, o seu espectro está fortemente determinado polas resonancias do tracto vocal. Os picos que aparecen no espectro sonoro dos vogais, independentemente do ton, denomínanse formantes. Aparecen como envolventes que modifican as amplitudes dos harmónicos da fonte sonora.

  11. Vladislav Babenco di:

    Existen estudos científicos que demostran que a voz ten un forte efecto sobre a formación de opinión sobre unha persoa, mesmo estes estudos indican que hai voces fortes, e así ser aquelas voces con tons máis baixos, e considerar outros aspectos que son transmitidos a voz e imaxe corporal, formas emocionais e psíquicos do oínte.

    Noutro estudo, Daly e Bench observaron que aínda que o efecto visual inflúe na percepción de que forma unha das persoas, o efecto de voz é aínda maior para formar unha imaxe idealizada ou imaxe, pero non sempre coherente coa realidade.

  12. Mila Mosquera di:

    Os nosos políticos e voceiros recorren a asesores de estratexia, a expertos en mensaxe que lles axudan a elaborar o groso dos seus discursos e mesmo a adestradores de imaxe pública que lles asesoran sobre que gravata poñerse ou a pertinencia de usala en función da actividade desa xornada, pero poucas veces se acordan de adestrar a voz para a comunicación pública, a pesar de que en boa medida, o resultado desa comunicación depende da efectividade na transmisión das súas mensaxes.
    Sen dúbida, en calquera situación de comunicación en público, o uso da voz é imprescindible para trasladar as nosas mensaxes ao auditorio, e facelo ben é unha arma indispensable para que esa comunicación sexa eficiente. Saber falar en público é a materia pendente de moitos políticos, directivos e voceiros, non obstante ninguén dubida da importancia que ten ser unha persoa capaz de informar e comunicar as nosas mensaxes con eficacia. O propio Aristóteles dicía que a habilidade de expoñer unha idea é tan importante como a idea mesma.

    Estudos como os de Albert Mehrabian demostraron, ao analizar os impactos da conduta comunicativa, que só o 7% do significado social da mensaxe se debe ao contido expresado por palabras faladas ou escritas, mentres que o 55% da totalidade dese impacto está relacionado coa expresión do rostro, os xestos e o uso do corpo e o 38% restante á voz do comunicante.

  13. Nildes Abella di:

    Estiven indagando sobre a voz humana e atopei un par de curiosidades:
    Durante a aparición e o desenvolvemento da menstruación nas mulleres a calidade da voz disminúe a causa do engrosamento fisiológico da mucosa das cordas vocais. É máis difícil a emisión das notas agudas.
    Os bebés de apenas un día de vida poden recoñecer a voz da nai.
    Un grupo de investigadores canadienses usaron electrodos para explorar o cerebro de 16 bebés recén nacidos e veron que, desde moi temprano, respondemos á voz materna de forma diferente.
    Os bebés reaccionaban á voz de outras mulleres, pero coa da nai se activaban áreas do cerebro distintas e únicas.

    Ademáis para manter este don que temos que é o da fala as persoas devemos coidar a nosa voz. Algunhas medidas para facelo son:
    -Non fumar. O tabaco é nocivo para a mucosa da larinxe: inflama as cordas, perdendo movilidade.
    -Aprender a respirar ben. No poñer en tensión a parte superior do tórax, os ombreiros, o pescozo e a garganta para inspirar ou para emitir os sons.
    -Evitar a tos brusca, o carraspeo ou a risa esaxerada.
    -No facer uso da voz en estados de agotamento físico.

  14. Karina Espiñeira di:

    Existen matrimonios onde soamente un ou ambos os cónxuxes son invidentes, pero que de bo ou rechamante atopan os cegos na súa parella para que esta gústelles? hai tres aspectos básicos nos que un invidente se podería fixar ao momento de elixir unha parella:
    1. O modo de ser :
    Sen dúbida leste é un dos aspectos máis importantes, pois a comprensión mutua é necesaria para que xurda unha relación afectiva feliz e duradeira.

    2. A voz :
    Xeralmente cando dous ou máis persoas videntes coñécense por primeira vez, o primeiro que fan é fixarse na aparencia física, xa que a través da vista obtéñense as primeiras imaxes e impresións dos suxeitos. Pero, que sucede cos cegos? Poderán levar unha imaxe dunha persoa sen vela?
    Por sorte a resposta é afirmativa.
    Grazas ao oído os cegos poden escoitar as voces das persoas e por medio da voz poden coñecelas e identificalas.
    Por isto, unha voz doce e melodiosa pode ser tan grata ao oído como un espléndido físico o é para a vista.

    3. A referencia dada :
    Algúns cegos, non contentos con escoitar a voz da persoa que lles atrae, esixen aos seus familiares ou amigos que lles dean unha descrición física detallada del ou dela. Entón, formaranse unha idea de como é a persoa, aínda que non desde o verdadeiro campo visual, senón dentro do seu propio modo de imaxinación. Con todo, ademais deste tres elementos existen sen dúbida moitos máis, pero todo isto depende das cuestións de gusto.

  15. Boris Lobón di:

    A voz para min si que é un punto que hay que tocar xa que por exemplo os cantantes teñen que ter a voz limpia porque senon non serven para a profesión.Isto o sei por experiencia xa que eu canto nun grupo que eu mesmo formei onde toco a guitarra e canto,ó principio sonaba a miña voz fatal pero agora vai a millor e isto nas mulleres é algo moi importante dende meu punto de vista.

  16. Diana Fernández di:

    “O son da voz dunha persoa revela unha cantidade considerable de información sobre a súa bioloxía” -afirma Susan Hughes, psicóloga evolucionista- e ” pódese reflexar a materia prima da persoa”

    Fixeron unha encuesta dos actores coa voz máis atractivas do mundo do cine e querían saber o porque desas “voces perfectas” e descubriron que tiñan algo en común.

    Duas características que influyen positivamente no atractivo da fala e da voz de quen se expresa son a seguridade en sí mismo e a confianza nos demáis.Para resultar atractiva, unha persona debe pronunciar un máximo de 164 palabras por minuto e emitir pausas de 0.48 segundos entre as frases, as cales deben expresarse con distinta entoación.

  17. Jesús López di:

    Aretha Franklin, alcumada como «Lady Soul» ou «Queen of soul» («A Dama do Soul» ou «A Raíña do Soul»), é para algúns unha das artistas máis influentes na música contemporánea, no posto número un dos «100 cantantes máis importantes de todos os tempos» da revista Rolling Stone. Influíu a moitos cantantes, como a súa afillada Whitney Houston.
    Mencioneina porque moita xente apodouna, xunto con Frank Sinatra, co alcume «Da Voz», porque o que conseguía con ela era enamorar ao seu público.

  18. Alba Guzmán di:

    A propósito de que o tono de voz pode chegar a ser atraínte, o mesmo sucede co acento, non por nada díxose durante largo tempo que o acento francés era electrizante.
    Sen embargo agora o título xa non lle pertence máis ó francés posto que foi desbancado polo irlandés, o cal foi votado como o acento máis sexy do mundo, según un sondeo publicado polo periódico británico “Daily Mail”.
    Un estudo mostrou que o acento irlandés foi máis votado como o máis atractivo do mundo na actualidade, de acordo cos resultados do sondeo realizado a 5000 mulleres ó redor do mundo.
    O estudo tamén encontrou que seis de cada dez mulleres admitiron que “sucumbiron” á seducción dun home “só polo seu acento“, o tanto que catro de cada dez dixeron que prefiren ter unha relación íntima con alguén que teña un tono de voz agradable.

  19. Claudia Caramelo di:

    A voz humana e producida na larinxe, onde a glotis, e o verdadero órgano de fonación human. O aire procedente dos pulmons, e forzado durante a espiración a través da glotis, facendo vibrar os dous pares de cordas vocais, que se asemellan a dous lengüetas dobres membranáceas. As cavidades da cabeza, relacionadas con sistema respiratorio e nasofaríngeo, actúan como resonadores.
    A variación da intensidade depende da forza da espiración. No home as cordas vocais son algo máis largas e máis grosas que na muller e o niño, polo que produce sonidos máis graves.

  20. Yannick Afonso di:

    Por primeiro a voz é o sonido producido voluntariamente polo aparato fonatorio humano. A fonación realízase durante a espiración,cando o alento ou aire contido nos pulmóns sae de éstos, baixo a presión dos músculos abdominais, os intercostais e o diafrágma e, a través dos bronquios e a tráquea, chega á larinxe. A voz pode ser un método para gustarlle á xente que se fixa e gústalle as voces nas persoas. O primeiro que gusta na voz é o acento e o tono no que falas, por exemplo o acento irlandés é supostamente o máis atractivo,o francés o máis electrizante.Un estudo encontró que seis de cada 10 mulleres admiteron haber chegado á seducción dun home sólo polo seu acento, en tanto que catro de cada 10 dixeron que prefiren ter unha relación íntima con alguén que teña un tono de voz agradable.

  21. Mateo Fdez di:

    A voz é un dos máis antigos instrumentos que temos, xa que ten estado connosco desde o principio dos tempos, sendo anterior a unha primixenia frauta, a cal adóitase situar como o primeiro dos instrumentos “mecánicos” que desarrollou o home.
    A voz baséase no principio físico que determina a producción de sonido, para o cal necesítanse e tense que cumprir tres caondicións: un corpo que vibre, un soporte físico polo cal propagarse e unha caixa de resonancia para aumentar o volume do sonido (estes tres conceptos son nos que están baseados tódolos instrumentos).
    A altura, timbre e intensidad da nosa voz depende das nosas cordas vocais (cuxo termo anatómico é “pliegues vocales”, xa que non teñen forma de corda), da súa flexibilidade. Na música, e según o ton da nosa voz, distinguimos tres grupos de voces femininas e outros tres masculinas: soprano, mezzosoprano e contralto por unha banda; e tenor, barítono e baixo pola outra (ambos grupos, de mási agudo a máis grave, sendo as femininas más agudas sempre).
    Na música, ademais, distinguimos dous tipos de voz: a voz de cabeza, usada nas notas agudas de ambos grupos, e a voz de peito, usada nas notas centrais das voces masculinas e as graves das femeninas (a diferencia entre ambas áchase no movemento das cordas vocais, sendo extremadamente complexo de entender, co que non me atrevo a explicalo). Por último, distínguese tamén o falsete, que non é só cantar moi agudo, senón que é calquera sonido que rompa bruscamente ca percepción estándar da voz do executante.

  22. Cristina Frade di:

    Dende a miña opinión este tema é moi entretido porque dá lugar a multitude de opinións e discrepacións entre uns e outros. Intrigada busquei o ránking das mellores voces masculinas e grazas ás listas que fai o diario 20minutos o atopei. É o seguinte:
    Á cabeza atópase Michael Jackson, seguido de Luis Miguel, en terceiro lugar atópase Luciano Pavarotti, en cuarto Justin Timberlake e no quinto posto o rapeiro Chris Brown.
    Pola parte das féminas a primeira clasificada é Christina Aguilera, de segunda atópase Céline Dion, no terceiro posto Beyoncé, no cuarto Withney Houston e por último no quinto lugar está Amy Winehouse.

  23. Eduardo Cagide di:

    Eu persoalmente penso que a voz ten pouca influencia á hora de namorar de corazón a unha persoa… bueno, máis ben debería dicir namorar de cerebro e non de corazón, xa que na última década numerosos estudos neurolóxicos chegaron a conclusión de que hasta doce areas do cerebro estan involucradar no sentimento de amor. O hipotálamo, a corteza prefrontal, a amígdala, o núcleo accumbens ou a área tegmental frontal, son das zonas que máis interveñen neste sentimento. Este ano, no día de san valetín, a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) quixo recordarnos que este día debía de estar máis relacionado cos neurólogos e non cos cardiólogos, como acostuma a estar, xa que tanto o amor como a fidelidade poseen unha crara base neurolóxica, donde neurotransmisores como a adrenalina ou a oxitocina son elementos fundamentais para comprender porque unha persoa se enamora.

  24. Nerea Pardo di:

    Eu opino como Sara, a voz pode xogar un papel moi importante nas relacións sentimentais pero hai tamén moitas outras cousas que inflúen como a personalidade, o a apariencia física ou o olor corporal.
    Sorprendentemente o olor é moi importante e despois de múltiplos estudos a expresión de amor a primeira vista debería ser substituída por amor ao primeiro olor. Polo tanto, o que romanticamente coñécese como un “frechazo” nunha relación de dúas persoas ten unha explicación bioquímica: o órgano vomeronasal, ubicado no nariz, detecta a feromona e envía unha sinal ao tálamo, o cal indica que se produza feniletilamina (neurotransmisor de efecto estimulante), e con elo se inicia unha cascada de químicos e emocións; o cerebro tamén xenera outras sustancias que inciden no comportamento, como norepinefrina, dopamina, oxitocina, serotonina, endofinas e mais.
    Agora ben, cabe destacar que a atracción bioquímica esgótase, é dicir, dura entre catro e sete anos, o que pódese interpretar como o lapso de vida da pasión na parella.Polo tanto o feito de que as parellas duren mas de sete anos indica que a personalidade segue a ser o principal.

  25. Sabela Escourido di:

    Un estudo mostrou que o acento irlandés foi o máis votado como o máis atractivo do mundo na actualidade, de acordo cos resultados da sondaxe realizada a 5 mil mulleres arredor do mundo.
    O estudo tamén encontrou que seis de cada 10 mulleres admitiron ter “sucumbido” á sedución dun home “só polo seu acento”, en tanto que catro de cada 10 dixeron que prefiren ter unha relación íntima con alguén que teña un ton de voz agradable.
    A lista dos acentos máis sexies do mundo esta composta por:
    1.- Irlandés.
    2.- Italiano.
    3.- Ecocés.
    4.- Francés.
    5.- Australiano.
    6.- Inglés.
    7.- Sueco.
    8.- Español.
    9.- Galés.
    10.- Estadounidense

  26. Beatriz Castro di:

    Unha dúbida moi frecuente que nos podemos plantexar, é porque nos cambia a voz.
    A larinxe e as cordas vocais poden vibrar mais ou menos dependendo da constitución de cada persoa, pero tamén da súa idade. Por outra parte, a denominada “huella vocal” está determinada pola forma do tracto larínxeo superior, que varía dun individuo a outro, polo que a resonancia da voz tamén varía. O primeiro grito dun bebé, seguindo os expertos, ten unha tonalidade media entre 440 e 500 Hz (moi aguda). Aos sete anos de idade, a frecuencia da voz reduciuse en 200 Hz, e ronda os 295 Hz para as nenas e os 268 Hz para os nenos. Ao alcanzar a puberdade, a testosterona masculina fai que a masa muscular vocal aumente, as paredes da larinxe engrosen, medren os cartílagos larínxeos, alarguen as cordas vocais e a voz dos varóns vólvese mais grave. O ton de voz nos chicos diminúe aproximadamente unha oitava. A voz das adolescentes femininas tamén cambia debido á acción dos estróxenos sobre as cordas vocais. Ademais, prodúcense frecuentes “gallos” pola adaptación á nova modulación.
    Na senectude, diminúe a testosterona nos homes e a voz vólvese a agudizar. Nas mulleres, polo contrario, vólvese lixeiramente mais grave polos estróxenos. Ademais, as cordas vocais perden elasticidade e fibras de coláxeno.

  27. Xisela Lema Díaz di:

    Isto estaría dentro dás funcións de relación, na que permite aos seres vivos percibir cambios de estímulos que se producen tanto no medio interno como no externo, interpretar ou procesar estas variacións e elaborar respostas coordinadas axeitadas para sobrevivir. Grazas a esta funcion o ser humano encóntrase integrado no seu medio do que obtén información a través de receptores.
    Os receptores captan estímulos procedentes tanto do exterior do organismo coma do interior. Esas informacións analízanse no sistema nervioso, que elabora as respostas.
    Son os sistemas ou órganos que permiten aos organismos poñer en contacto co medio que o rodea e ter unha axeitada coordinación interna. Estas funcións comprenden dous mecanismos:
    Coordinación nerviosa: Véxase: Sistema periferico
    Coordinación química: Véxase: Sistema central

Deixa unha resposta