Os avances non paran

Por fora, un cubo de cristal galardoado en varios premios de arquitectura. Por dentro, unha colección sobre ciencia descoñecida ata agora. Así é a nova sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), que se inaugura o próximo 4 de maio na Coruña. Un novo espazo cultural que se abre, en plena crise, grazas ao traballo dos últimos anos.

O prisma de cristal, de vidro acanalado e translúcido, está situado xunto a praia de Riazor. Foi deseñado por AceboxAlonso Studio. Seguindo o director do museo, é un edificio moi singular. En total, a resplandecente sede do Muncyt custou 23 millóns de euros de inversión. En total, ocupa 6.000 metros cadrados, dos que algo mais da metade se dedican a exposicións en seis salas.

Xunto ao enorme anaco do jumbo Lope de Vega, instalado na sala Iberia e que se pode visitar por dentro , se mostran, na sala Maiúsculas, pezas relevantes polas súas dimensións e importancia histórica, como o primeiro acelerador de partículas que se construíu en España, do ano 1957, a antiga linterna do século XIX do cercano faro de Hércules…

Cun plan museístico que quere sobrepasar a visión tradicional do museo como exposición estática, este novo espazo pretende estimular a curiosidade e o interese dos visitantes de calquera idade.

Autora: Beatriz Castro

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 1. O traballo científico e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Os avances non paran

  1. David Lamas di:

    Hai moitas cousas que contar sobre este proxecto, como por exemplo a sua dudabilidade entre o que ten forma e o que non. O importante é que, ademais da forma, outras cuestións como a textura de cada edificio, deberían ser heteroxéneos. É un pouco o mesmo, a forma e o tacto, o xeito en que se comunica o edificio coa xente a través dos sentidos.
    Ademáis moits son os recursos construtivos que resultan peculiares neste edificio; xa que algúns deles veñen forzados pola necesaria mala situación económica do páis.

    Este proxecto foi galardonado co Premio de Arquitectura Nova, concedido na IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, ademais foron galardoados co premio VETECO-ASFAVE 2008 á mellor fachada lixeira.
    Por último e coma opinión persoal penso que agora fálase moito do proxecto, pero que de aqui a un tempo non albergara ningun uso xa que non lle damos o valor necesario as cousas.

  2. Yannick Afonso di:

    Paréceme unha boa idea de facer algo novo na nosa cidade, ademáis isto vendrá ven para que a nosa cidade haxa máis sitios de cultura novos onde os alumnos poidamos ir a visitalos cós colexios e así informarnos de que vai máis ou menos. Espero visitalo pronto e que é un gran paso facer cousas asi na nosa cidade que vai avanzando pouco a pouco.

    • Victoria Zherdeva di:

      Estou deacordo co meu compañeiro, pero o que penso é que non fai falta facer tantas cousas para que os alimnos poidan divertirse e aprender cousas. Segun o meu punta de vista só facía falta renovalo, mellorar algunas cousas pero non facer algo novo totalmente, pero con isto non querro dicir tampouco que non me gusta só que agora non son tempos de gastar o diñeiro en algo que non é imprescindible!

  3. Sara Otero di:

    Apodérame un sentimento de alegría e orgullo cando podes ver titulares na prensa virtual como “Coruña convértese en capital da ciencia”. Isto semella ser un sinal de que por fin invertimos máis en I+D+i, e estou segura de que vai a enriquecer a nosa cultura.
    Polos avances que nos proporciona Beatriz e a nova información que puiden atopar na rede, parece que este novo museo vale a pena visitalo. Conta con unha sala “Maiúscula” onde poderemos contemplar os descubrimentos máis grandes do museo. Un dos exemplos é o primeiro acelerador de partículas construído en España (xa citado na entrada), e outro, o cal desperta un gran interese en min, é o primeiro ordenador que chegou a España.
    Penso que as visitas serán entretidas, porque as salas están rexidas pola “norma” (por chamalo dalgunha maneira) “desmónteo vostede mismo”. Pero no será ata Xuño cando podamos acceder as instalacións, porque até entón non estará á disposición do público.

  4. Alexandra Parceiro di:

    Dende os exteriores do Prisma podese observar cómo unha caixa de cristal cobixa o que no seu interior mostraráse como dous edificios en un. Un árbol cuxas ramas son imponentes bloques de hormigón conten todos os servicios do museo. Entre esas ramas e o envoltorio de vidrio quedan definidas as salas de exposicions, de diferentes tamaños e alturas, todas elas cheas de unha luminosidade difusa.

    O edificio foi construido pola Diputación Provincial e cedido para o seu uso como Museo Nacional. Dende o exterior é posible diferenciar as zonas correspondientes os espacios de servicios do museo (oficinas, biblioteca, restauración, sala dos nenos e salón de actos).

  5. Mateo Fdez di:

    A verdade é que, como diría o rei, “éncheme de orgullo e satisfacción” que A Coruña poda albergar un museo de competencias estatais, e sobre todo este, xa que será o principal faro da ciencia en España. Tamén é o primeiro museo nacional ubicado en Galicia. O MUNCYT promove a publicación de obras de divulgación ou catálagos, ademais de servir de escaparate para a ciencia do noso país. Tamén celebrarán conferencias, talleres, actividades ou participarán na formación do futuro profesorado científico. Ademais tamén intentarán a popularización da ciencia e que a poboación a vea, dunha vez, como outra rama da cultura.
    Entre as súas exposicións, sí que é certo que destaca a mastodóntica cabeza do Boing 747 Lope de Vega, famoso por ser o avión que transportou ó Guernica (a famosa pintura de Picasso) de volta a España. É salientable tamén que algunhas das exposicións contarán cun autómata (robot) ou dous que cumprirán as funcións de guía (a un deles, Pepexan, podedes coñecelo polo Facebook).
    Actualmente o MUNCYT posee sobre 15000 pezas relacionadas ca ciencia, entres os que podemos destacar, por exemplo, un sextante do século XIX. Tamén é salientable a colección-exposición chamada “QWERTY”, que percorre a historia das computadoras e os seus ancestros, como a máquina de escribir ou a pascalina, pasando polos actuales videoxogos.
    Finalmente, para rematar, salientar que na páxina do MUNCYT podemos acceder e descargar os diversos textos que o Museo vai proporcionando, coma un estudo sobre os tubos de descarga ou parte da obra de Galileo Galilei.

    • Mateo Fdez di:

      Esquecín decir que xusto hoxe é a inauguración, na que teremos o infinito mastodóntico e superlativo “pracer” de ter as súas Realísimas Santas e Puras Maxestades os Príncipes de Asturias. Sinceramente, preferiría que o inaugurase Wonenburger. Ou calquera que realmente vivara ou sentise a ciencia.

  6. Diana Fernández di:

    O museo da Coruña tamén conta cunha mezcla de tractor, camión e tren. Esta Quimera Ferroviaria, foi utilizada pola azucareira “San Isidro” na Vega de Granada para o movemento de vagóns.
    Tamén hay un MUNCYT en Madrid.
    A sede madrileña do MUNCYT reparte o seu espacio expositivo en duas plantas situadas nos dous laterais da antigua estación das delicias. A primeira peza coa que o público se encontra nada máis entrar é a recentemente musealizada, escaleira mecánica de acceso a planta superior, construida hacia 1981 e cuxo mecanismo pode verse en funcionamento. Instrumentos de astronomía, topografía, navegación, reloxos mecánicos, vehículos e aparatos relacionados cas tecnoloxías de vida diaria completan os diferentes espacios de exposición.

  7. Amir Pose di:

    O Prisma de Cristal, escaparate da ciencia, alberga diferentes salas de exposición, das que se abrirán seis: Salga Miscelánea, diversos espazos que exhiben a diversidade de facetas da tecnoloxía; Sala Maiúsculas, a das pezas grandes e emblemáticas; Sala Patrimonio, coas “xoias tecnolóxicas”; Salga Innovación Española, un espazo para a investigación de onte e de hoxe; Sala Iberia, co Jumbo Lope de Vega como estrela; Salga Expos Interinas, cunha exposición temporal sobre o teclado QWERTY.
    A misión do MUNCYT consiste en contribuír á educación científica e tecnolóxica da sociedade española, facendo que esta comprenda, aprecie, utilice e desenvolva os coñecementos, actitudes e métodos da ciencia.

  8. Xisela Lema Díaz di:

    En España temos outros coma Museo Nacional de Ciencias Naturais é unha institución única dentro do CSIC porque, ademais de levar a cabo investigación científica punteira, xestiona unha importante colección de espécimes e desenvolve un programa de exposicións e actividades educativas dirixidas ao público xeral.

  9. Naomí Mosquera di:

    O edificio Prisma de Cristal, que obtivo o primeiro premio da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, foi construído inicialmente para albergar o Centro das Artes da Deputación da Coruña, aínda que posteriormente acordouse a súa cesión para convertelo en Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
    Unha función primordial do museo, ademais de contribuír á educación científica da sociedade, é recuperar, conservar e exhibir as pezas que forman o patrimonio tecnolóxico e científico español, e a lanterna da Torre é sen dúbida unha das primeiras pezas tecnolóxicas da Coruña, polo que ten un significado importantísimo

  10. Nildes Abella di:

    Pareceme xenial que poidamos disfrutar de este museo aquí, na Coruña. O Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt) dirixido polo coruñés Ramón Núñez nace para poñer en valor o patrimonio científico da España de onte e ser o escaparate da de hoxe.
    O gancho histórico que posibilitou a chegada do Muncyt á Coruña foron os outros tres recintos científicos da cidade que tamén dirixiu ata o ano 2008 Ramón Núñez. O conxunto está formado pola Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, que seguro coñecedes de sobra.

    Este divulgador científico está licenciado en Ciencias pola Universidad de Santiago de Compostela. Na actualidade ademáis de director do MUNCYT e da súa labor museolóxica, contribúe á educación e divulgación da ciencia con conferencias e colaboracións en televisión e radio. Ademáis de artigos na prensa en diarios como El País, La Vanguardia e La Voz de Galicia, donde foi un dos creadores do suplemento “La Voz de la Escuela”.

    Para rematar, deixovos un enlace a Youtube onde vese o exterior e interior da construcción:
    http://www.youtube.com/watch?v=etBGoKksDEQ

  11. Laura González di:

    La Fundación de Apoyo al Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, comenzó su andadura a lo largo del año 1999, cuando se formó una Comisión Gestora en la que participaron diferentes organismos públicos, personal del propio Museo, empresas y diferentes personalidades del mundo científico y académico.
    De los trabajos de la Comisión se concretaron los Estatutos actuales, que posteriormente fueron presentados y aprobados por el Protectorado de Fundaciones del Ministerio de Cultura, y a partir de ese momento se puso en marcha la Fundación.

    La Fundación de Apoyo al Museo Nacional de Ciencia y Tecnología es una entidad privada sin ánimo de lucro, de ámbito nacional, clasificada como fundación docente y de investigación por la Orden Ministerial de 2 de junio de 2000. Su principal finalidad es el fomento de la difusión de la historia de la ciencia y la tecnología en España, con especial dedicación en el apoyo al Museo Nacional de Ciencia y Tecnología.Durante sus 10 años de existencia, las subvenciones y los proyectos de investigación y de difusión de la cultura científica, unidos a las aportaciones de sus propios patronos, han permitido el desarrollo y mejora de sus programas.

    Las actividades, son revisadas por el Museo y enriquecidas y avaladas con las aportaciones del Consejo Científico de la Fundación, formado por personalidades de importante relevancia del mundo científico, docente, museístico y de la tecnología.

  12. Thiago Echevarría di:

    Un museo e, por definición, unha institución consagrada, non so a adquisición, conservación e exposición da cultura material dos distintos pobos eo seu entorno, senon tamén as investigación ea difusión do conocemento que de ela se desprende.

    A descripción física das pezas eo análise histórico no que se enmarca sua producción e usos, permiten unha mellor comprensión do patrimonio do museo. Con este obxetivo se pretende expoñer, explicar e divulgar a todo tipo de público ao conxunto dunhas coleccións que conforman unha excelente plataforma para a educación científica da ciudadanía.Nun mundo complexo onde a ciencia e a tecnoloxía marcan o ritmo de desarrollo e crecemento –así como a vida cotidiá- das sociedades posindustriais, a incorporación e extensión deste corpus de conocemento ao acervo cultural dos ciudadáns e labor ineludible do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía a través dos seus departamentos de coleccións e actividades.

    Con o fin de proporcionar ao público un servicio cada vez mellor , o MUNCYT pon a disposición do público xeral, investigadores e divulgadores, os fondos da sua biblioteca e archivo, así como as publicacións relacionadas con a sua colección e actividades.

  13. Ayoub Elghotiss di:

    Como xa dixeron os meus compañeiros, o museo ten duas sedes unha na Coruña e outra en Madrid case cinco veces máis grande ca que temos na Coruña (con 3000 m2 y 700 m2 de exposición respectivamente). Na Coruña o museo ten un total de 11 salas dedicas a:
    -Agricultura e Pesca.
    -Aplicacións cotiás.
    -Bioloxía e Xeografía.
    -Comunicación.
    -Física.
    -Industria.
    -Informática e as súas aplicacións.
    -Matemáticas, astronomía e navegación.
    -Medicina e farmacia.
    -Química.
    -Transporte.
    O MUNCYT conserva máis de 15000 obxectos entre instrumentos científicos, aparatos tecnolóxicos, vehículos de transporte, máquinas ferramenta e ferramentas industriais.

  14. Yolanda Bermúdez di:

    Este museo iba ser o novo conservatorio de musica e de danza , e as clases estan feitas a medida para os bailarines e os musicos, pero pola falta de diñeiro tiveron que vendelo, e comprarono os do museo.

  15. Rosalía García di:

    MUNCYT Coruña sumouse o Día da Ciencia na rúa cunha xornada de portas abertas que se celebrou o pasado 5 de maio, evento ao que acudiron un total de 3.250 persoas. A nova sede fora inaugurada o día anterior polos Príncipes de Asturias.
    Durante o mes de maio, o museo estará reservado para visitas dos centros educativos, a partir do día 1 de xunio abrirá a súas portas para o público en xeral.
    Aínda que a nosa cidade é pequena, conta con unha ampla oferta de espazos relacionados coa ciencia. (Acuario, Casa do Home, Planetario…)
    A inauguración dun novo espazo para a ciencia sempe é unha boa noticia.
    Descoñezo o programa científico que vai a desenvolver este novo museo pero gustaríame que non quedase como unha mera exposición e que poida servir para estimularnos a ser unha parte activa do desenvolvemento científico da nosa cidade.

  16. Carlos García di:

    Non todo é grande e espectacular nesta nova sede principal do museo que, aínda que creado en 1980, ata agora non dispoñia de instalacións adecuadas para cumprir a súa función de contribuir á educación científica e tecnolóxica dea sociedad, con especial énfasis na posta en valor do patrimonio histórico. Os trece da fama é unha cámara que alberga precisamente pezas orixinais importantes na historia da ciencia, seleccionadas para esta primeira fase e que serán sustituidas periódicamente por outras da amplia colección do Muncyt, de máis de 15.000 pezas. O reloxo de sol Copa de Ajaz, de 1563, é a mais antiga das mostradas agora, e un fonógrafo tin-foil de 1878 a máis recente.
    Especialmente chamativa, por descoñecida e pola beleza das piezas expostas, é a colección de tubos de vacío deseñados polo emprendedor español Mónico Sánchez na primeira metade do século XX na súa fábrica de Piedrabuena (Ciudad Real). Tras unha estancia en Estados Unidos, Sánchez estableceu unha empresa de aparatos eléctricos no seu pobo natal e é recordado sobre todo por un aparato portátil de raios X polo que foi condecorado polo Goberno francés durante a I Guerra Mundial. Esta mostra é unha das que responden a outro obxectivo básico do museo: ser un escaparate da ciencia española.

  17. Nahir Roig di:

    Despois de darlle moitas voltas cada vez que pasaba por ali, parece genial que este edificio con moito diseño, dediquese a tecnoloxia, xa que considero que a Coruña por sorte esta dentro dunhas cidades mais visitadas da peninsula, asi que e un orgullo que os visitantes tamen podan gozar de un pequeno espacio para a tecnoloxia.

  18. Mila Mosquera di:

    O MUNCYT conserva máis de 15000 obxectos entre instrumentos científicos, aparatos tecnolóxicos, vehículos de transporte, máquinas ferramenta e ferramentas industriais. Dende o século XVI ata a actualidade, a maioría das pezas proceden de colexios e centros de ensino secundario, universidades e institucións científicas, coleccións particulares e doazóns.
    Por exemplo, na práctica da bioloxía utilízanse diferentes instrumentos, cada vez máis sofisticados. Un reflexo diso é o microscopio que dende sempre estivo relacionado co biólogo. Os máis antigos trasládannos ao século XVIII, entón o máis popular era proxectar a gran tamaño pequenas mostras de plantas e artrópodos cos microscopios de proxección ou solares. Na actualidade os microscopios electrónicos permítennos ver o núcleo das células.

  19. Diana Pérez di:

    A construcción de este edificio na nosa ciudade é algo moi bo xa que o obxetivo do museo é aproximar a ciencia a sociedade.
    O obxetivo do MUNCYT é producir exposicions itinerantes en diversos puntos de España e incluso abrir novas sedes para estar presentes en toda a xeografía española.
    O emblema do MUNCYT é unha cabina de Jumbo, en concreto el EC-IAF e podes ver cómo se as inxeniaron para meter este xigante de 9 metros de altura dentro do Prisma.

  20. Karina Espiñeira di:

    Paréceme xenial que se renove a nsoa cidade, porsto que os museos que temos aquí, a maioria xa os hemos visitado moitas veces e aínda que haxa cousas novas sempre quedanos a idea de que non se renovan, de que buscan temas que non nos interesan é que haxa un novo museo pois nos desperta maior curiosidade e a mín gustariame visitalo cos meus compañeiros. Pareceme moi ben que por unha vez dediquen o diñeiro a facer un museo é non a outras cousas que fan menos falta.

  21. Lenny Mamani di:

    A inaguración do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) foi un éxito.Foi inagurado polos Principes de Asturias Don Felipe e Dona Letizia, tamen estaban acompañados por varias autoridades, xa que foron 150 os invitados a este acto .
    O que máis impresionoume ,foi cando lin o xornal, é que, os Principes foron recibidos por uns robots chamados “PepeXan” e “Marilu” , son obxectos que o visitantes poden encontrar no museo.
    As portas deste museo abrirase o 1 de juño para o público.

  22. Boris Lobón di:

    Este edificio é unha rareza porque como din Yolanda iba a ser unha escola de danza pero costaba moito mantela que como dise agora “coa ciencia hemos topado” que foron os que compraron o agora museo e non teño mais que dicir xa que meus compañeiros xa dixeronno todo.

  23. Alba Guzmán di:

    Ante todo, ei de dicir que estou orgullosa de ter un museo de estas características na miña cidade, para así poder visitalo e ter mais cultura sobre todo para as nosas próximas xeracións galegas.

    Despois disto, gustaríame anunciar que dentro de pouco tempo, aínda non se sabe canto, inaugurarase unha exposición neste museo da Coruña sobre a evolución dunha especie tecnolóxica:
    Con máis de 30 máquinas de escribir, máquinas de calcular, ordenadores, diversos esqueletos de animais…o museo quere unirse a esta celebración coa exposición QWERTY: A evolución dunha especie tecnolóxica.

  24. Nerea Pardo di:

    Realizando un breve paseo polo museo MUNCYT podemos visitar a Sala Miscelánea, onde encontramos en exposición un coche Citroën 5CV do ano 1922. Tamén podemos coñecer mais sobre a historia de inventos coma a lámpada ou o papel burbulla.
    Na Sala Mayúsculas,expóñense pezas de gran tamaño como o proxector do Cine París de A Coruña, a primeira sala comercial que se abriu en España así como o primeiro ordenador (IBM) utilizado por Renfe no ano 1959. Tamén temos a posibilidade de apreciar un bloque de grafito que formou parte do primeiro reactor nuclear en cadea construído no mundo.
    Na Sala Patrimonio, está un anteollo acromático que data do ano 1760 e un astrolabio de madeira de 1630. Tamén debemos mencionar unha máquina pneumática de 1770 e o sextante de 1806.
    Seguindo co recorrido pola sala encontraremos un fonógrafo creado por Edison no ano 1878.
    Na Sala Iberia o elemento exposto mais destacado é o jumbo Lope de Vega, coñecido por transportar o cadro Guernica de Pablo Piccaso dende a cidade de Nueva York en Estados Unidos, ata Madrid.
    Eu persoalmente teño moita curiosidade por visitar este museo xa que creo que é moi importante e somos moi afortunados de que se atope en Galicia. E o que tamén me intriga é ver como serán esas visitas guiadas polos robots.

  25. Sabela Escourido di:

    Fai xa algún tempo, mostrámoslle o proxecto Centro das Artes da Deputación da Coruña Museo e Conservatorio de Danza realizado por aceboXalonso Studio. Non obstante, por problemas internos, a obra non puido ser rematada e a súa función cambiou; hoxe, despois de 10 anos, trátase do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) en Coruña-España, avalado por Ministerio de Ciencia e Innovación.
    http://vimeo.com/31384571
    Este video, elaborado por 24studio, móstranos o sistema construtivo do edificio: volumes siameses unidos polas costas que non se coñecen entre si, non obstante, son o mesmo corpo.
    É unha estrutura de seis alturas diferentes conectándose a través dunha circulación vertical; a súa percepción espacial é simultanea, aínda que as salas son como ramas dunha árbore, contiguas, sucesivas, comunicadas só polo madeiro; este espazo funciona como un ámbito amplo e versátil.Su cerramento está formado por unha dobre pel de vidro imprimido sobre subestrutura de aceiro e aluminio.

  26. Evelin López di:

    Os Príncipes de Asturias inauguraron o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), que Felipe calificou como «un edificio con moitas posibilidades».
    Seu director, Ramón Núñez Centella, dixo que a posta en marcha de este museo significa que é posible ter en A Coruña unha sede do Muncyt, e que este pode ser descentralizado para chegar a todo o país.
    Aunque a Cámara dos Tesouros é un dos rincons máis preciados do Muncyt, o museo contén no seu interior pezas de incalculable valor, tanto científico como económico. Distribuidos en seis salas, unha delas todavía pendente de finalizar, os visitantes podrán coñecer cómo se inventou a cremallera, a bombilla, o velcro ou o tampón na sala Miscelánea, que ten un rincón reservado para pezas de outros museos nacionais.
    Este edificio foi cedido pola diputación para que se instalase en el o MUNCYT. A estructura interna está dividida en dous bloques independentes pero entrelazados. Esta repartición pode apreciarse desde o exterior do edificio. Se diferencian os dous módulos polo tipo de cristal que os reviste, un rugoso e outro liso, integrándose, como se de un cubo de Rubik se tratase, unha estructura na outra e permitindo así un aproveitamento máximo do espacio, xa que non hai pasillo nin vestíbulo que os separe. A súa maqueta exhibiuse fai un par de anos no MOMA de Nova York como un dos mellores proxectos de arquitectura contemporanea.

Deixa unha resposta