O pectus excavatum

O “pectus excavatum” é unha malformación conxénita da caixa torácica na que as costelas e o esternón crecen de forma anormal. Isto produce un efecto de afundimento no peito, facendo visibles incluso as pulsacións.

Pode presentarse xa no nacemento, pero o mais normal é que comece a notarse a partir da pubertade, xa que vaise afundindo pouco a pouco co paso do tempo. De feito, pode afundirse tanto que acabe dificultando a función cardiaca e respiratoria, neste caso sería necesario tratalo, pero noutros casos é un problema unicamente estético, é dicir, o peito afúndese un pouco, pero non tanto como para colisionar có corazón ou cós pulmóns.

Hai dúas formas de tratalo, a primeira é a técnica de Ravitch que é unha ciruxía invasiva que consiste en fracturar ó esternón, colocalo no seu sitio e poñerlle unha prancha de metal xusto detrás para que non se mova. A outra forma é a técnica de Nuss que é unha ciruxía mais moderna, mais eficaz e menos invasiva, xa que consiste en introducir por un costado unha vara e, con ela, poñer o esternón no seu sitio, facendo así que desapareza a malformación. Esta vara poderá ser retirada despois de tres ou catro anos, xa que o esternón estará fixo e non volverá a afundirse.

Por último só me queda dicir que o pectus excavatum é unha malformación que eu mesmo padezo, aínda que non tan pronunciada como poidades ver en fotos, ou polo menos por agora… Aínda que tamén é posible que quede así e non se afunda mais, nese caso non precisaría operación e sería cousa de ir ó ximnasio para disimulalo.

¿Coñecíades o pectus excavatum? ¿Credes que é necesario operalas? ¿Por qué? E, por último, ¿vós qué faríades se tivésedes pectus excavatum?

Autor: Christian Sandá

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to O pectus excavatum

  1. Thiago Echevarría di:

    Os vou falar sobre os tratamentos non quirúrxicos, e decir de forma natural.

    1-Exercicios:

    Abdominales: O fortalecemento dos musculos abdominales, axudan a planar a deformidade inferior.
    Pectorales: O fortalecemento dos musculos da zona pectoral, axuda detener o hundimento.
    Musculos da cintura Escapular: O fortalecemento destes musculos, axudan a mellorar a postura cifótica.

    2-Natación:

    Reconmendase natación terapéutica al menos duas veces por semana. Este deporte axudara mellor o rendimento deportivo e a capacidade pulmonar.

    3-Reeducación postural global:

    Este tratamento debe ser indicado polo medico especialista e efectuado por un profesional acreditado.

    4-Colocación de hombreras:

    Este tratamento esta indicado para mellorar a rotacion anterior dos hombros e a posición cifótica.

    Estes son uns dos tratamentos, tamen existe un quirurxico, pero o dexarei para que o explique os meus compañeiros.

  2. Naomí Mosquera di:

    Isto ten distintas complicacions respiratorias, o suxeito ten certa predisposición a sufrir procesos conxestivos e infeccions broncopulmonares. Ademáis das respiratorias, tamén presentará habitualmente unha disminución de talla e peso, aparición notable de oxeras e fatiga constante no corpo xunto cun menor gasto cardiaco e desarrollo muscular. A todo isto hai que engadir as consecuencias estéticas obvias do cadro que poden chegar a orixinar danos psicolóxicos. Tamén as persoas con pectus excavatum teñen un 5% menos de esperanza de vida, a diferencia das demais personas.
    Tamen queda destacar que debese realizar a intervención:
    Cando a malformación é grave, debe intervirse inmediatamente.
    Cando é moderada, unha vez explicada a peculiaridad do seu caso, cando o paciente o necesite polo seu complexo físico, pola sua afectación psicolóxica, ou cando explicado o beneficio subxetivo que puede obtener decida intervirse.
    Cando a deformidad é leve, normalmente non se aconsexa a intervención e sí observar a evolución por si se modificara a situación e pasara a ser unha deformidade moderada.

  3. Alexandra Parceiro di:

    Outra malformación similar é:
    -O Pectus carinatum,”Peito de Paloma” ou “Peito de Zapateiro”; constituida pola prominencia do esternon, principalmente na sua porción media e inferior e acompañada, case sempre, de depresión costal bilateral inferior, causada polo encurvamiento para abaixo dos cartílagos costais e das extremidades das costelas. É menos frecuente que o Pectus excavatum e as suas repercusions funcionais son menos importantes, pois tan só son estéticas e psicolóxicas.
    Tratase mediante unha condroesternoplastia. A condroesternoplastia é unha ciruxía invasiva,que a grandes rasgos, consiste en fracturar o esternón para que se volva a soldar no ángulo adecuado.

  4. Nahir Roig di:

    O defecto é frecuentemente percibido ao nacemento (un 86%), sendo a súa evolución variable. Nalgúns casos a deformidade discreta pode acentuarse na puberdade como o observado.

    Os pacientes, na maioría das veces, son asintomáticos. Arredor da adolescencia poden queixarse de dor retroesternal, dispnéia e palpitacións de difícil diferenciación con síntomas puramente emocionais. Un 85% dos pacientes teñen síntomas de orde psicolóxica relacionados a deformidade torácica. Son remisos, introvertidos, eventualmente con complexo de inferioridade, afastados da convivencia social e de actividades físicas en que poidan expoñer o tórax.
    Algúns pacientes, con protusiones costal inferiores relatan non poida deitar boca abaixo, especialmente as do sexo feminino ao tomar baño de sol.

    Cansazo doado, protusión abdominal e mala postura con protusión dos ombros para diante e cifose son de ocorrencia común. Arritmias, principalmente atriais, poden ser atribuídas a compresión do corazón ou factores emocionais.

  5. Sabela Escourido di:

    Eu persoalmente non coñecía esta malformación,e penso que se fose un caso moi grave si que habería que operarse pero se non e tan grave e como puxo o meu compañeiro Thiago hai outras solucións naturais eu non me operaria.Agora os vou a falar un pouco dos primeiros métodos de reparación.
    En 1911 e 1913, Meyer e Sauerbruch efectuaron a reparación cirúrxica do pectus excavatum e dende entón os métodos de reparación evolucionaron. En 1920, Sauerbruch describe a súa técnica de resección bilateral das cartilaxes costais deformadas, esternotomía e tracción esternal postoperatoria durante 6 semanas.
    Esta técnica se popularizo durante décadas en Europa e América e foi a inspiración para que Ravitch describise a súa famosa e perdurable técnica en 1949, moi ben aceptada pola comunidade científica.

  6. Jesús López di:

    Pectus excavatum é unha deformidade conxénita bastante común que representa preto do 90 por cento das deformidades conxénitas do muro. Aproximadamente 40 por cento dos pacientes pectus excavatum ter un ou máis membros da familia co mesmo defecto.
    Pectus excavatum ocorre máis frecuentes en homes que mulleres, aparecendo en 1 por cada 300 a 400 nacementos de nenos.
    A maioría dos pacientes non presentan síntomas, aínda que unha minoría dos pacientes pode ter os seguintes síntomas:

    * Fatiga
    * Falta de aire
    * Dor no peito
    * Ritmo cardíaco acelerado (taquicardia)

  7. Victoria Zherdeva di:

    A causa da pectus non é ben comprendida. Con todo, os investigadores cren que a deformación é causada por un crecemento excesivo do tecido conxuntivo (cartilaxe), que une as nervios ao esterno (tamén coñecida como a rexión costocondral), que fai que un defecto na esterno.

    Aínda que a gran maioría dos casos de pectus excavatum non están asociadas a calquera outra condición, algúns trastornos poden incluír o papel do pectus excavatum peito afundido, incluíndo:

    A síndrome de Marfan é unha desorde do tecido conxuntivo que provoca defectos esqueléticos xeralmente recoñecidos polos membros e ‘Spider-como “dedos, anormalidades no peito, curvatura da columna vertebral e certos trazos faciais, incluíndo un palato moi arqueado e dentes apinhados.

    Raquitismo: unha enfermidade de discapacidade ocorre principalmente en nenos, raquitismo resulta da falta de vitamina D ou de calcio e de exposición á luz solar, o que perturba o crecemento do óso normal.

    Escoliose: curvatura da columna vertebral.

  8. David Lamas di:

    Eu persoalmente non coñecia esta malformación, e pareceme moi interesante e sorprendente xa que eu a descoñecia totalmente.
    Eu creo que operala ou non esta na elección de cada persoa xa que se ela mesma esta ben co seu corpo non lle importará o que pensen os demais o non.
    E respondendo a última pregunta eu se tivera o pectus excavatum operariame no caso de que a malformación estivera moi avanzada e notárase moito , pero no caso contrario non o faria xa que con exercicios de ximnasio poderiase disimular bastante e non se notaria.

  9. Roxana Cadena di:

    As malformacións conxénitas, son alteracións anatómicas (estructura do corpo) que ocurre na etapa intreuterina (no desenrolo do feto) e pode ser alteracións dos órganos, estremidades o sistemas, debido aos factores medionambientáis, xenéticos, deficiencias na captación dos nutrientes, o buen consumo de sustancias nocivas.
    Estas alteracións estructuráis poden afectar tanto a seres vivíparos ou ovíparos.
    No caso do ser humá, existen estadísticas nas que revelan que é un problema de alta frecuencia, de 1,2 casos por casa 100 nacementos.
    Un alto porcentaxe dos nacementos con malformacións conxénitas fallecen ao momento de nacer o durante o primer año de vida. Aqueles que logra vivir e dependiendo da malformación , quedan expostos a unha mala calidade de vida, tratamentos costosos ou sometidos a unha série de ciruxías correctivas.

  10. Nildes Abella di:

    Eu si que coñecía dita enfermidade xa que teño un curmán que a sofre. Sería totalmente necesario operarse no caso que a malformación dificultase a vida. E por último se a tivese penso que si decantaríame por operarme se non supuxese ningún risco, xa que se existe unha operación para curar a malformación eu faría uso dela. Aínda que estiven vendo un vídeo dunha operación e asusta un pouco.

    A técnica habitual que se emprega para evaluar o grado de deformidae é o escáner TAC (tomografía axial computarizada).É unha técnica de imaxe médica que utiliza raios X para obter múltiples imaxes de seccións anatómicas con fins diagnósticos. Esta exploración por TAC brinda imaxes detalladas, moito mellores ás dunha radiografía corrente, de numerosos tipos de tecidos así como tamén dos pulmóns, osos e vasos sanguíneos.
    Ademáis na maioría dos casos elimina a necesidade de procedementos de diagnóstico adicionais e máis invasivos.

    Existe un pequeno risco pola exposición excesiva á radiación. Sen embargo, o beneficio dun diagnóstico exacto é ampliamente maior ó risco. Ademáis a dose de radiación é case a mesma que recibe unha persona promedio en tres anos.
    Métodos así foron grandes avances para a mediciña, aínda que na actualidade séguese traballando noutras técnicas que eviten o uso de raios X, que poden ser perxudicias e sábese que producen cáncer (expoñéndose a grandes doses). Un exemplo é o uso de raios T (raios de Terahertz). Estes realizan unha función similar ós raios X pero non afectan negativamente ó ser humano. Na actualidade estánse a utilizar nos aeroportos.

  11. Carlos García di:

    A conducta terapéutica debe axustarse de acordo coa presencia de cada caso en particular: idade, antecedentes familiares, desempeño das actividades físicas no ambiente familiar e escolar e a extensión da deformidade; non existe un marcador xenético identificable, pero existe predisposición familiar ata no 41 % dos casos. A pesar do predominio no sexo masculino, non existe un factor xenético ligado ó cromosoma X ou Y. Si as condicións xerais do neno e do ambiente familiar o permiten, prefirese operar a partir dos 5–7 anos de idade, xa que a plastia extensa da parede anterior do tórax en nenos menores de catro anos pode conducir ó desenrolo inapropiado da parede torácica, semellante ó síndrome de Jeune, que reclama a sua vez de operacións plásticas.

  12. Claudia Caramelo di:

    Eu non sabia nada sobre o pectus excavatum nin nada relociando sobre isto, estou bastante sorprendida a verdade.
    Eu ,home, necesario o que é necesario non, a non ser que che produzca algun problema cardioresoiratorio ou doutro tipo. Pero claro isto depende de cada persoa si de verdade sintese moi incomodo consigomismo e esta bastante seguro de que a operacion baille a axudar e facerlle semtir mellor pois claro o primeiro e o seu benestar de salud y mental.
    Eu dependendo de como o tivese me operaria ou non , se vexo que non se nota tanto e podo mellorsrlo con exercicios pois por suposto que non me operaria e buscaria outros metodos para disimulalo pero si destacase moito e sentiseme moi mal e que este problema me impedise facer cousas, como relacionarme socialmete pois si que me operaria. Pero cláro habria que verse nesa situacion.

  13. Boris Lobón di:

    Esta enfermidade teñese que intervir nestas situacions:

    Cando a malformación é grave, inmediatamente.
    Cando é moderada, unha vez explicada a peculiaridad do caso, cando o paciente o necesite por su complexo físico, por su afectación psicolóxica, o cando explicado o beneficio subxetivo que poida obter decida intervenirse.
    Cando a deformidad é leve, normalmente non se aconsella a intervención e sí observar a evolución por si se modificara a situación e pasara a ser unha deformidade moderada.

  14. Olalla Manteiga di:

    Eu non coñecía esta malformación. Se eu a padecese e non presentase dificultades para levar unha vida normal non me operaría, pero se é grave sí. O pectus excavatum foi descrito por primeira vez no 1594 por Bauhinus. No ano 1911, Meyer intentou por primeira vez a súa correción cirúrxica resecando dous cartilaxes fundidos sen lograr mellorar a anomalía. No 1913 Sauerbuch realizou unha extensa reseción de cartilaxe e sentou as bases da súa correción cirúrxica que, con diversas modificacións, hoxe se aplican.
    Dende os seus inicios, o tratamento cirúrxico para esta patoloxía foi complexo e altamente agresivo. Sen embargo, ao longo dos anos, a correción do pectus excavatum fíxose cada vez máis simple e menos invasiva ata que no 1998 o Dr. Donald Nuss describiu a súa innovadora técnica na que se evitan a reseción de cartilaxe e a seción esternal. Inicialmente, esta técnica resultaba sumamente arriscada debido a posibilidade de lesionar o corazón durante o pasaxe a cegas da barra retroesternal estabilizadora. Este inconvinte foi solucionado co uso da toracoscopia.

    • Xisela Lema Díaz di:

      As vantaxes da técnica minimamente invasora (operación de Nuss) para o tratamento do Pectus Excavatum en relación coas técnicas tradicionais están ben establecidas: non se realizan incisións na parede torácica anterior, non se necesitan colgallos musculares, nin reseccións costais ou osteotomías, o tempo operatorio é menor, redúcese o sangrado, retórnase antes á actividade normal e os resultados estéticos son excelentes.

      as complicaciones más frecuentemente descritas son neumotorax, derrame pleural e infección de herida operatoria, en general todas se manejan con medidas simples y no alargan la estadía postoperatoria. Existen complicaciones tardías poco frecuentes como migración de la barra, erosión de la piel y alergia al material de la barra, no tenemos complicaciones tardías en nuestra serie. Las complicaciones son más frecuentes en el subgrupo de pacientes con síndrome de Marfán.

  15. Amir Pose di:

    Como di a noticia de Christian, o pectus excavatum é unha malformación do peito, de tal forma que producese un hundimento nel, de forma que aparece un oco no peito.
    Eu queria mencionar outra malformación neste caso dun abultamento no peito, o pectus carinatum ou tamén chamado peito paloma.
    O Pectus carinatum é unha deformidade da caixa torácica na que o peito protuye en quilla de barco.
    É menos frecuente que o Pectus excavatum e as súas repercusións funcionais son menos importantes, pois tan só son estéticas e as psicolóxicas derivadas.
    Coma o pectus excavatum pódese solucionar en parte mediante tratamento quirúrxico ou intentar mellorar a apariencia median tratamnetos non quirúrxicos.
    ·Quirúrxica: Trátase mediante unha condroesternoplastia. A condroesternoplastia é unha cirurxía invasiva,que a grandes trazos, consiste en fracturar o esterno para que se volva soldar no ángulo axeitado.
    ·Non quirúrxica: Existe un novidoso tratamento non quirurgico para a correccion do Pectus Carinatum chamado “Sistema de Compresion Dinamica FMF”. Este tratamento ideado por cirurxiáns arxentinos, e recentemente aprobado pola FDA, consiste nun “corset” expandible que por medio dun medidor de presion calcula cal é a presion a exercer sobre a deformacion toracica para corrixila paulatinamente, obtendo resultados positivos nun 90% dos casos.

  16. Karina Espiñeira di:

    Se esta enfermidade non alcanza un grado extremo como mencionan os meus compañeiros, que sexa de operar de contado debido a que perxudica a saúde, esta malformación ten máis implicacións psicolóxicas, posto que eu ata que meu compañeiro mencionoume en clase que estaba a facer esta noticia non llo notei nunca nin sequera na praia. Eu creo que este problema non lle debería afectar a xente psicoloxicamente posto que a padecen moitas persoas é non é una malformación que chame a atención. Esta malformación que aparece moito na pubertade co paso dos anos pode desparecer sen ter que someterse a ciruxía, posto que someterse a ciruxía so por un caso estético é arriscarse moito.

  17. Sara Otero di:

    Como xa anotou Christian na entrada, o pectus excavatum trátase dunha enfermidade que pode desencadear complicacións. As máis notables son as dificultades respiratorias, pero soamente nunha malformación grave. Isto é debido á reducida cavidade pectoral, que pode causar menor resistencia física, asma, molestias no peito e demais síntomas que abundan padecer as persoas con esta enfermidade.
    Soamente nun caso grave que provoque estes síntomas é necesaria unha intervención quirúrxica. Nos demais casos, trátase dunha razón estética e psicolóxica. No hipotético caso de que me ocorrese a min e sufrira unha malformación moderada, a dicir verdade non sei que faría. Probablemente, por motivos de estética persoal quixese operarme, pero trátase dunha intervención que realmente asusta e ten un longo período de duración é recuperación. Utilizando a técnica de Nuss, tería unhas cicatrices máis escondidas (por debaixo das axilas), pero a barra metálica permanecería dentro do meu peito aproximadamente dous anos ata que se retirase nunha segunda intervención. Por iso, habendo unha solución menos agresiva, tentaría por realizala (é dicir, facendo moito exercicio) comprobando que funcionase. No caso de que non dismuíra, empregaría a técnica de Nuss aos 18 ou 19 anos, xa que non é unha idade moi tardía todavía. Os médicos aínda non poden confirmar que sexa tan efectiva coma a técnica de Ravitch, e recomendan realizala antes da pubertade (cando os ósos son aínda flexibles), pero probablemente o crecemento supoña un problema para o tamaño da barra, que habería que cambiala.

  18. Lenny Mamani di:

    Os pacentes desta enferrmidade caracterízase por ter el tórax afundido xa mencionado por Christian.

    Pero tamen hai outras características como:
    -Os ombros inclinados.
    -Unha barriga prominente.
    -Unha cifose marcada
    -E as veces unha asimetría mamaria ,é unha alteración en volumnen uns dos senos.
    -Os latidos son visibles e en muchas ocasións hai soplos, son un sonido anormal, percibido polo medico ao utilizar o estetoscopio para examinar o corazón.

    O tratamento quirúrxico o solicita o paciente mesmo e solen ser entre os 4-5 anos e entre os 18-20 anos.Nas dous técnicas xa mencionadas polos meus compañeiros chamadas Ravitch e a de Nüss.

  19. Yannick Afonso di:

    Esta malformación na maioría das veces é conxénita, e é máis común nos homes que nas mulleres.Para disimulalo podes ir ó ximnasio pero o mellor é operarse. Busquei información e econtrei un dato importante e interesante: Un docotor chamado Xavier Bisbal inventou unha técninca que tivo avances e mellorou a operación do pectus excavatum . O procedemento habitual é a través da intervención quirúrxica con técnicas que modifican a anatomía costal e esternal, e outras operacións que disimulan o defecto con relleno. Na Clínica Planas, sin embargo, fai 8 anos o Doctor Bisbal aplicou con éxito unha prótesis de silicona sólida. Conveñe sinalar que esta prótesis soamente está indicada para aqueles casos nos que únicamente se trata dun problema estético que non afecta ó sistema cardiorrespiratorio. A prótesis realízase a medida, según as necesidades de cada paciente. Para eso, se confeccioa un molde que rellena a concavidad da depresión, sen correxir e sen deixar resaltes nos límites. Baixo anestesia xeral, practícase unha incisión de 5 cm e colócase a prótesis. Hai que destacar que os pacientes reciben o alta ó día seguinte da intervención e que o postoperatorio non é complicado, tan sólo require levar durante tres semanas unha camiseta de presoterapia.

  20. Laura González di:

    Yo conozco esta enfermedad porque tengo alguna persona de mi entorno que la padece.
    Antes de pectus excavatum puede ser tratado correctamente, primero debe obtener un diagnóstico correcto. Su médico y otros especialistas, entre ellos un cirujano de tórax y el neumólogo, se le realizará un examen físico completo y exámenes completos de sangre para confirmar el diagnóstico.

    Otras pruebas se pueden realizar, incluyendo

    Físico (prueba de esfuerzo)
    Prueba de función pulmonar
    Estudios de laboratorio (de sangre), tales como estudios cromosómicos o pruebas enzimáticas
    Los estudios metabólicosRadiografía de tórax
    La tomografía computarizada (TC) del tóraxElectrocardiograma (ECG)Ecocardiograma (una imagen del corazón)

  21. Cristina Frade di:

    Na miña opinión penso que o mellor sería operarse, non só porque melloraría as condicións de vida do paciente, senón porque é unha das poucas facilidades das que aínda dispoñemos e temos que aproveitalo.
    Como xa falou a nosa compañeira Alexandra do “pectus carinatum” eu querería falar un pouco dos riscos que corren as persoas que padecen un ou o outro tipo de malformacións.
    O risco máis frecuente é o derrame pleural, a pleura é a membrana que cubre os pulmóns; ou tamén o derrame pericárdico, membrana que protexe o corazón, aunque no suelen ser de gravedad.
    Vin que Thiago dicía que con tratamentos non quirúrxicos esto podería mellorar, pero atopei nun foro que iso non é certo, e que algúns dos médicos descoñecen o tratamento do pectus excavatum xa que non se fala del na carreira.
    O pectus excavatum soluciónase cunha barra que empuxa o esternón hacia fora para que obteña o seu lugar normal.
    Por outro lado o pectus carinatum soluciónase mediante o uso dun corsé que exerce unha compresión controlada durante 24 horas, e con resultados sorprendentes a relativo corto plazo.É o chamado compresor dinámico FMF.
    Déixovos un link con máis información ao seu respecto. (http://www.mipectus.com.ar/carinatum/tratamiento_no_quirurgico.asp)

  22. Ayoub Elghotiss di:

    Si eu tivese o pectus excabatum ou carinatum, eu me operaria polo que estou de acordo coa miña compañeira Cristina. O que me sorprende é que nalgunhas esta moi notable e esto debese as seguintes causas:
    – A forma menos común é post cirúrxica como na cirurxía a corazón aberto.
    -A segunda e máis común é desde o nacemento, onde o esternón comeza a crecer aínda máis cara o exterior.
    -A última forma ocorre entre os 11-14 anos de idade, onde a pubertade masculina fai que experimente un crecemento acelerado.

  23. Yolanda Bermúdez di:

    O raquitismo è unha enfermidade de deficiencia,presentase principalmente nos nenos. Esta enfermidade causase pola falta de vitamina D o niveles baixos do calcio e do fòsforo da sangue, e da falta da luz solar, que perturbao crecimiento normal dos òsos e mala formacion deles. È moi frecuente nos paises subdesarrollados. Alguns dos sintomas son os seguintes:
    -Pernas arqueadas.
    -Deformidades pelvicas.
    -Crecemento deficiente.

  24. Mateo Fdez di:

    Sorpréndeme que tras tantos comentarios nadie falara aínda sobre o derradeiro óso de orixe do problema: o esternón, óso que se atopa diante do corazón e os pulmóns e axuda á súa protección, ó conformar a caixa torácica cando enlaza cas costelas, que a súa vez enlazan ca columna.
    Componse de tres partes: o mango, o corpo e un apéndice de forma variábel. Os dous primeiros forman unha sínfisis angular que pode chegar a osificarse (e que conecta ca primeira costela e as clavículas). O apéndice tamén empeza a osificarse a partires dos 40 anos.
    Conéctase ás clavículas na súa zona máis alta, e ás costelas por dous cartílagos (as costelas falsas só terán un cartílago de unión, polos dous dunha costela “estándar”). O esternón presenta tamén dous tipos diferentes de escotaduras (os lugares onde xúntanse cartílago e esternón): a esternal, a cal podemos incluso tocar xusto no fin do noso pescozo; e as claviculares, no lugar de unión cos ósos homónimos.
    Na segunda parte do esternón, o corpo, tamén podemos apreciar tres das chamadas crestas, estriacións recordo do período de osificación no útero materno.

  25. Diana Pérez di:

    Eu non escoitara nunca falar dista enfermidade nin tiña idea do que era.
    Penso que non é necesario chegar ao caso de operar xa que é algo de moito risgo e unha operacíon moi complicada, aunque dependendo de se é moi forte a malformación.
    Se eu tivera pectus excavatum como o meu compañeiro Christian que apenas se lle nota non me operaria e seguiria coa miña vida normal, pese a que poidera ter algun complexo.

  26. Eduardo Cagide di:

    As malformacións xenéticas podense dar por causas naturais, ou mellor dito descoñecidas, e por causas coñecidas, e polo tanto evitables. O exemplo das segundas causas é o síndrome alcohólico fetal, que é un trastorno permanente provocado pola exposición do embrión e do feto ao alcohol inxerido pola nai durante o período de xestación, e recibe o nome de síndrome polo feito de que nos casos leves é totalmente indetectable a malformación, xa que esta malformación afecta principalmente ao sistema nervioso central, incluindo na maior parte das veces un lixeiro retraso metal.

  27. Nerea Pardo di:

    A causa do pectus excavatum, toda vía hoxe permanece descoñecida. Postuláronse diversas hipóteses para explicar este trastorno como presións intrauterinas, raquitismos ou anormalidades do músculo diafragmático. O que parece claro, é que existe unha carga xenética, como o demostra, o que ata en mais de un 30% dos portadores teñan antecedentes familiares. Por outro lado, dada a asociación frecuente da malformación con outras anormalidades músculo-esqueléticas, como a escoliose (15%) e a síndrome de Marfan (5-8%), parece ser que algunha anormalidade do tecido conectivo pode xogar un papel moi importante en esta malformación.
    Normalmente, os nenos acuden á consulta por motivos estéticos e os problemas psicolóxicos derivados. Os afectados evitan todas as actividades deportivas nas que a súa deformidade poda ser revelada, como quitarse a camiseta na piscina ou na praia, o que conleva que se volvan fisicamente subdesenvolvidos e socialmente retraídos.
    Por último dicir que, na miña opinión ,no caso de Christian sempre que non lle afecte á saúde non é necesaria porque case non se lle nota e creo que non merece a pena ter que levar as cicatrices da operación e o que é peor, pasar o postoperatorio.

  28. Evelin López di:

    A ciruxía tradicional, desenvolta nas décadas de 1940 e 1950, nela realízase unha incisión longa (de aproximadamente 15cms) a través do tórax para correxir o defecto, eliminando os cartílagos costales e colocando unha placa de acero inoxidable para soportar o esternón. Esta únese ás costelas de cada lado de maneira que o esternón se eleva.
    As secuelas afastadas pola falta de tratamento son moi variables. Algúns pacentes poden non presentar ningún problema. En outros casos, a aparición de dor crónico e escoliose son as complicacions máis frecontes.
    O tratamento compresivo (non quirúrxico) non é efectivo nos adultos porque xa non poseen elasticidade torácica como os nenos. Por ese motivo é importante efectuar este tratamento durante a infancia.
    Na actualidade, únicamente indicamos a ciruxía a aqueles pacentes nos que o tratamento non quirúrxico non foi efectivo.

Deixa unha resposta