Gato por Lebre

Imaxe na que podemos ver o desmesurado do seu tamaño

O ano pasado ampliouse a capacidade productiva da Presa das Tres Gargantas ata os 22500 MW (máis de 16 centrais como a de As Pontes, a novena máis contaminante de Europa, que ten a chimenea máis alta do continente e cubre o 5% da demanda nacional de electricidade). Esta presa é a máis grande do mundo, e está situada en China. Construise entre 1994 e 2010.

 

Quizais sexa o exemplo máis claro de cómo unha central hidráulica afecta ó seu entorno: 2 millóns de persoas foron botadas das súas casas para construíla, repartidas en 19 cidades e máis de 320 pobos. En total, o embalse mide 630 km de largo (de aquí a Madrid), cunha lonxitude de case dous kilómetros e medio e douscentos metros de altura. Mentres se construía (ademais de morrer máis de 100 obreiros), diversas organizacións velaron pola preservación de restos Paleolíticos, Neolíticos e de antigas dinastías chinas que quedaban na zona. O goberno non parouse a sacalos de alí.

Extinto pola PresaPero eso non é o que nos ocupa. Ca construcción de semexante mastodóntica presa, chegouse a cambiar o ambiente da zona, debido a que a evaporación que experimentou a masa de auga total converteuse en algo imposible de asimilar polo ecosistema, e alterou totalmente o ciclo da auga (que non deixa de ser a fonte de vida) e a humidade da zona. Ademais, destruíu o hábitat de numerosos animais, chegando a, por ela mesma, extinguir ó xa de por sí débil Delfín do Río Chino, que adoitaba vivir no Yangtze, e era un delfín dunha curiosa cor rosada.

¿Coñecedes máis solucións que ó final non resultaran (ou non resulten) tan boas como parecen (deixando de lado os xa famosos biocombustibles)?

Autor: Mateo Fernández

Esta entrada foi publicada en 2. O noso lugar no universo, 3. Saúde e calidade de vida, 4. A auga, 4. Contaminación, 4. Enerxías renovables, 4. Riscos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.