Gliese 667 Cc

Nas estrelas mais comuns da Vía Lactea  (as ananas vermellas), un equipo internacional de astrónomos descubriu que as suas zonas de habitabilidade teñen decenas de milleiros de planetas rochosos.

O redor do 40% de todas as estrelas  ananas vermellas teñen unha súper-Terra orbitando na sua zona de habitabilidade, unha zona que permite a existencia de auga líquida sobre a superficie do planeta. Isto abrirá a excitante posibilidade de estudar a atmosfera destes planetas e buscar sinais de vida.

Un dos planetas descubertos entre as ananas vermellas é ‘Gliese 667 Cc’. É o segundo planeta deste sistema triple estelar e parece estar situado cerca do centro da zona de habitabilidad. Ainda que este planeta é máis de catro veces máis pesado que a Terra, é o máis parecido ao noso planeta de todolo atopados ata o momento, e casi con total seguridade conta con as condicions adecuadas para a existencia de auga líquida na súa superficie.

Autora: Naomí Mosquera

Esta entrada foi publicada en 2. O noso lugar no universo, 2. Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Gliese 667 Cc

  1. Diana Fernández di:

    A anana vermella é unha estrela pequena e fría de la secuencia principal, xa sexa espectral K tardío ou M.

    Para máis información deixovos un enlace:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Enana_roja

  2. Karina Espiñeira di:

    Como dí Naomi na noticia, é un sistema triplo estelar que se atopa na constelación do Escorpión, situado a 22,7 anos luz do Sistema Solar .O seu descubrimento foi anunciado en 2001, e non foi até febreiro de 2012 cando os investigadores dirixidos polo Instituto Carnegie e a Universidade de Göttingen para a Ciencia marcárono como un dos mellores candidatos de posuír auga líquida e, por tanto, de poder albergar vida. O seu período orbital é de aproximadamente 28 días terrestres. Polo momento, outros datos aproximados son que posúe unha masa 5,24 veces maior que a da Terra e que o seu radio equivale a 1,99 radios terrestres, resultando disto unha gravidade de 1,32g. A temperatura da súa superficie calcúlase próxima aos 28 ºC, maior que a media do noso planeta. Cun Índice de Similitude Terrestre de 0,84, é o planeta máis parecido á Terra descuberto até a data.

  3. Vladislav Babenco di:

    Vou ampliar a información sobre Gliese 667Cc

    Ainda que o seu descubrimento foi en 2001, non foi ata o febreiro de 2012 cando a universidade de Göttingen marcou que esta anana vermella poderíaa ter auga líquida, polo tanto unha posibilidade de que exista vida.

    A sua masa é aproximadamente 5 veces maior que a da Terra e un radio equivalente a 1,99 veces o radio terrestre e con unha temperatura media de 28ºC, sendo así clasificado como unha “superterra”.

  4. Boris Lobón di:

    Para miña opinión este é un gran avance por se nalgun futuro a Terra non pode ser habitada.Ningun planeta é como o noso,pero non se pode dicir que nonpoda albergar vida.Como o espazo é tan infinito pode haber mais dun millar de planetas nos que haxa vida.A vida extraterrestre eu non creo en bichos como salen nas peliculas,pero cabe a posiblidade de vida noutros planetas e tamen en outras galaxias. Gliese 667 Cb é un planeta extrasolar que orbita la estrella de tipo M da secuencia principal Gliese 667 C, localizado aproximadamente a 23 años luz na constelación de Scorpius. Este planeta teñe unha masa 5,7 veces a da Terra (clasificándose como unha Súper-Terra e tarda unha semana en completar su periodo orbital, sendo su semieixe maior de aproximadamente 0,05 UA. Sen embargo, a diferencia da maioría dos exoplanetas coñecidos, su excentricidad no se coñece, pero é habitual que se descoñezca su inclinación. Este planeta foi detectado por HARPS o 19 de octubre de 2009, xunto con 29 planetas.

  5. Xisela Lema Díaz di:

    Dous planetas extrasolares foron encontrados orbitando arredor de Gliese 667 C: Gliese 667 Cb (GJ 667 Cb) e Gliese 667 Cc (GJ 667 Cc), con masas de polo menos 6,0 veces e 3,9 a da Terra respectivamente, e polo tanto, son clasificados como superterras.

    GJ 667 Cb
    Foi anunciada descuberto polo espectógrafo de alta precisión de Chile coñecido como HARPS, o 19 de outubro de 2009. Móvese a unha distancia media de 0,05 UA respecto á estrela e o seu período orbital é de aproximadamente 7 días.

    GJ 667 Cc

    O seu descubrimento foi anunciado en 2001, e non foi ata febreiro de 2012 cando os investigadores dirixidos polo Instituto Carnegie e a Universidade de Göttingen para a Ciencia o marcaron como un dos mellores candidatos de posuír auga líquida e, polo tanto, de poder albergar vida. O seu período orbital é de aproximadamente 28 días terrestres a unha distancia de 0,28 UA.

    Polo momento, outros datos aproximados son que posúe unha masa 5,24 veces maior que a da Terra e que o seu raio equivale a 1,99 radios terrestres, resultando disto unha gravidade de 1,32g, sendo clasificado como unha superterra morna (a temperatura da súa superficie se calcula próxima aos 28º C, maior que a media do noso planeta). Cun Índice de Similitude Terrestre de 0,84, é o exoplaneta máis parecido á Terra descuberto ata a data, aínda que non oficialmente confirmado, a diferenza de Kepler-Kepler-22b.

  6. mateogarcia di:

    No universo existen moitos planetas con características semellantes ás da Terra, e un deles é o planeta HB85512b, que se atopa á distancia perfecta da súa estrela é ten a masa adecuada para ser habitable. Este planeta está a “só” 36 anos luz da Terra (345,6 billóns de Km), na constelación de Vela é é un dos planetas máis parecidos á Terra atopados hasta a data. Este planeta foi descuberto empregando o mesmo instrumento que xa antes atopara autros planetas, o High Accuracy Radial velocity Planet Searcher (HARPS), instalado no Observatorio Europeo del Sur, instalado en Chile. Tamén me gustaría engadir que na actualidade estase a construir un telescopio chamado James Webb, que será máis potente que ningún telescopio xa existente e que está previsto que sexa enviado ó espacio sobre o ano 2013.

    • Victoria Zherdeva di:

      Xa que Mateo mencionou High Accuracy Radial velocity Planet Searcher (HARPS) queriavos esplicar un poucos mais o que é. É un espectrógrafo Échelle de alta precisión instalado en 2002 nel telescopio de 3,6 metros de ESO en el Observatorio de La Silla, Chile, como xa o di Mateo. Pero as suas primeiras observacions se realizaron en febreiro de 2003. Puede obtener precisions de 0.97 m/s (3.5 km/h),ainda que a sua precisión efectiva chega ata los 0.30m/s. A sua exactitude é a mellor medición obtenible.

      • Jesús López di:

        O que dicen os meus compañeiros Mateo e mais Victoria está ben pero a min gustarianme añadir algunhas cousas mais como unhas cousas que foron descubertas grazas a High Accuracy Radial velocity Planet Searcher (HARPS):
        HD 330075 b, (10 de febrero de 2004):
        HD 330075 b é un planeta extrasolar algúns 164 anos luz de distancia na constelación de Norma. Este planeta orbita a estrela HD 330075. Foi descuberto polo equipo de Investigación en Xenebra planeta extrasolar en La Silla do ESO usando o espectrógrafo HARPS.
        HD 93083 b, (2005): HD 93083 b é un planeta extrasolar que orbita a estrela HD 93083 na constelación de Antlia. É probablemente moito menos masiva que Júpiter, pero só a masa mínima é coñecido. Distancia media da Terra da estrela é de case a metade da Terra e a órbita é lixeiramente excéntrico. Este planeta é outra descuberta polo equipo de investigación HARPS.
        HD 69830 b, (18 de mayo de 2006): Alpha
        D 69830 B é un planeta extrasolar cunha masa semellante á de Neptuno, en órbita da estrela HD 69830 na constelación de Puppis. É 10 veces máis masivo que a Terra, converténdose o menos masivo do sistema. Mantén unha órbita moi preto da súa estrela, completando unha revolución cada 8,7 días. Pode ser un xigante gasoso, aínda dada a súa masiva “pequeno”.

  7. Alba Guzmán di:

    Dacordo co diagrama de Hertzsprung-Russell, unha nana vermella é unha estrela pequena e relativamente fría da secuencia principal, xa sexa do tipo espectral K tardío o M. Este tipo forma a maior parte das estrelas, sendo seus valores de masa e diámetro inferiores á unha terceira parte dos do Sol ( por debaixo de 0,08 masas solares denominanse nanas marrons ) e unha temperatura superficial de menos de 3.500 K.
    Algúns exemplos de nanas vermellas son: Lalande 21185, Ross 154, Estrela de Barnard, Próxima Centauri, Wolf 359, LHS 292, LHS 2397a.

  8. Alexandra Parceiro di:

    Gliese 581 g tamén coñecido como Gl 581 g ou GJ 581 g e, inoficialmente, Zarmina; esta ubicado a 20,3 anos luz da Terra, na constelación de Libra. O descubrimento foi anunciado polo Programa de Búsqueda de Planetas de Lick-Carnegie(*) a finais de 2010, despois dunha década de observación.

    A pesar de que o planeta podría ter auga líquida na sua superficie e de que podría potencialmente albergar vida similar a da Terra esperase que teña unha temperatura alrededor de -37 a -12 centigrados.

    (*)O Butler.Programa de Búsqueda de Planetas de Lick-Carnegie iniciuse como a Búsqueda de Planetas da Universidade San Francisco en 1987 por Geoffrey Marcy e R. Paul Tratase da detección por velocidade radial das variacions das estrelas debido a presenza de planetas extrasolares. O equipo foi o gañador do 2002 do premio Carl Sagan Memorial Award.

  9. Ishaka Osigbemhe di:

    Ninguén sabe que aspecto ten Gliese 667Cc, pero crese que é un planeta rochoso que presenta sempre o mesmo hemisferio cara ao seu sol (tidal locking). Por este motivo, é probable que a rexión habitable deste mundo quede circunscrita a unha zona situada ao redor do terminador, a fronteira entre o día e a noite. O hemisferio diúrno sería moi quente e o nocturno presentaría unhas temperaturas xélidas, pero o terminador podería ser un paraíso. Doutra banda, quizá o maior tamaño de Gliese 667Cc xere unha maior actividade volcánica e un campo magnético planetario máis intenso, o que permitiría protexer a atmosfera planetaria a longo prazo.

  10. Nildes Abella di:

    Algúns ó falar das ananas vermellas dicides que son estrelas de tipo espectral K tardío ou M. Gustaríame concretar isto:
    Primeiro a análise espectral (estelar) é un medio de clasificación das estrelas atendendo ós detalles do seu espectro. Este espectro é a distribución da intensidade de radiación da estrela en función dunha magnitude concreta como pode ser a lonxitude de onda, a enerxía ou a masa.O tipo espectral estelar, é tamén coñecido como Clasificación espectral de Harvard, xa que a idea inicial é do astrónomo estadounidense Edward Charles Pickering da Universidade Harvard no ano 1890. Foi perfeccionado por Annie Jump Cannon, da mesma universidade en 1901, é a clasificación estelar máis empregada en astronomía.
    É un sistema establecido organizado atendendo á temperatura superficial, a magnitude e a luminosidade das estrelas. Consiste nunha letra, as principais son por orde O, B, A, F, G, K e M (existen outras como R, N, S, etc), seguida dun díxito. Estes son números arábicos do 0 ó 9 que indican, dentro de cada clase, a súa temperatura de máis quente (0) a mais fría (9). Por exemplo, o Sol é unha estrela de tipo G2. Ó ir avanzando nas letras a temperatura tamén vai disminuíndo e as estrelas van cambiao a súa cor desde o azul (máis quentes) ó vermello (máis frías) pasando por branco, amarelo, e laranxa.
    Tamén clasifícanse distintamente dependendo da súa luminosidade. Van dende a clase 0 ata a VII chamándoselle á máis luminosa Hiperxigante e a menos enana branca.

    A continuación nesta páxina hai unha táboa coa súa clasificación por tipos espectrales e logo una representación das citadas estrelas:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Tipo_espectral_(estelar)
    En Youtube atopei un vídeo no que compara o tamaño dalgúns planetas do noso Sistema solar con algunhas estrelas, tamén pódense apreciar as súas distintas cores:
    http://www.youtube.com/watch?v=qFzLjSNuhe8

    • Santiago de la Iglesia di:

      Sorprendeume moito o video das comparacións dos tamaños dos planetas, estrelas, nebulosas e galaxias no universo. Non podo concebir o tamaño de algo en canto salgo da Terra, sorpréndeme, pero non o podo imaxinar. Con este video descubrín unha cousa do sol que non sabía: ten un ciclo de vida. Aquí está, para algúns, a espeluznante gráfica da vida do sol: (http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Solar_Life_Cycle_spa.svg?uselang=es).

      O vídeo tamén fala das nebulosas, que moita xente non sabe qué son en realidade, e a suposta realidade é esta: son zonas do medio interestelar que están constituídas principalmente por gases, e moitas delas acaban convertíndose en estrelas, formándose polo fenómeno de condensación e agregación da materia.

      Outra cousa que quero engadir é que, aínda que tengamos os avances para localizar planetas con condicións favorables para a vida, non as temos aínda para acceder a elas, xa que habería que pasar moitos anos a velocidade da luz viaxando, na maioría dos casos máis dos que podemos ter. Aínda que a velocidade da luz tampouco a podemos alcanzar polo de agora.

  11. Yolanda Bermúdez di:

    O diagrama Hertzsprung-Russell è o diagrama mais famoso no mundo da astronomia, serve para estudar a evoluciòn das estrelas e para diferencialas. Mostra que as estrelas tenden a agruparse en rexions espeificas.Clasificanse 5 tipos de luminosidad:
    Superxigantes: moi grandes e luminosas, cercanas ao fin das suas vias.
    Xigantes Brillantes: estrelas que teñen unha luminosidad intermedia entre una xigante e unha superxigante.
    Xigantes normais:estas son principalmente estrelas de pouca masa cercanas ao fin da sua vida que se han convertido en xigantes.
    Subxigantes: estrelas que han comenzado a evolucionar a xigantes ou superxigantes.
    Enanas: Son todas as estrelas normais que queman hidroxeno. A maioria das estrelas pasan a sua vida nesta categoria antes de medrar.

  12. Olalla Manteiga di:

    As ananas vermellas, tamén coñecidas como estrelas M, son débiles comparadas con estrelas como o Sol e posúen só dun 10 a un 20% da súa masa. Compoñen aproximadamente as tres cuartas partes das estrelas na galaxia, e recentemente os científicos descubriron que as ananas vermellas son moito máis comúns do que se pensou, compoñendo até o 80% da cantidade total de estrelas. O feito de que as ananas vermellas sexan tan comúns fixo que os astrobiólogos se pregunten se elas poden ser a mellor oportunidade para descubrir planetas habitables para a vida como a coñecemos. A zona habitable dunha estrela está definida por se a auga líquida pode conservarse na superficie dun planeta, dado que a vida existe prácticamente en calquera lugar donde hai auga líquida na Terra. A habitabilidade dunha estrela depende do cálida ou fría que sexa, e de canta luz estelar absorbe e reflexa o planeta. Calquer planeta orbitando unha anana vermella absorbería máis da súa luz do que se pensaba con anterioridade, dando lugar a superficies moito máis cálidas.

  13. Nahir Roig di:

    A definición de planeta foi aprobada por unanimidade en Praga. Os expertos resolveron que os planetas e os seus corpos no noso Sistema Solar se definen en tres categorías, do seguinte xeito:

    PRIMEIRA categoría: “Un planeta é un corpo celeste que está en órbita arredor do Sol, que ten suficiente masa para ter gravidade propia para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é dicir, redonda, e que despexou as inmediacións da súa órbita”.

    SEGUNDA categoría: “Un planeta anano é un corpo celeste que está en órbita arredor do Sol, que ten suficiente masa para ter gravidade propia para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é dicir, redonda; que non despexou as inmediacións da súa órbita e que non é un satélite. ”

    TERCEIRA categoría: Todos os demais obxectos que orbitan arredor do Sol son considerados colectivamente como ‘corpos pequenos do Sistema Solar’ “.

  14. Sara Otero di:

    Eu quixera falarvos doutro planeta que tamén parece apto para á vida, o planeta Gliese 581d. A miña compañeira Alexandra falou do Gliese 581g, xa máis coñecido, pero o 581d é outro dos planetas que se atopan na “zona de habitabilidade” (nin demasiado fría nin demasiado quente) da anana vermella Gliese.
    O Gliese 581d ten unha densa atmosfera moi rica en CO2, que pode reter a calor por medio do efecto invernadoiro, e ademáis de permitir ó paso dos raios vermellos de luz da estrela que quentan a súa superficie. estos factores, son os que permiten a presencia de auga líquida. Ten 7 veces máis masa que a Terra e recibe menos de un terzo de radiación solar. Amosa sempre a mesma cara á estrela igual que o Gliese 581g, é dicir, na metade do planeta sempre é de día, mentres que a outra metade está sumida nunha oscuridade perpetua.

  15. Yannick Afonso di:

    Estas estrelas,as ananas vermellas,supoñen o 80% das estrelas da Vía Láctea. Un equipo internacional acaba de dar a coñecer esta primeira estimación directa do número de planetas lixeieros en torno a estrelas ananas vermellas. Utilizaron observacións levadas a cabo có espectrógrafo HARPS, instalado no telescopio de 3,6 metros de ESO.
    Estas estrelas son débiles e frías en comparación co noso Sol, pero en cambio moi comúns.
    Como dín no texto, un dos planetas descubertos no sondeo de ananas vermellas de HARPS é o Gliese 667 Ccs, é o segundo planeta de este sistema triple estelar e parece estar situado cerca do centro da zona de habitabilidade
    Dado que existen numerosas estrelas ananas vermellas cercanas ó Sol, a nova estimación implica que, probablemente, na vecindade do Sistema Solar, a distancias menores de 30 anos luz, pode haber do orden de cen súper-Terras nas zonas de habitabilidade de estas estrelas. Espérase que algún de esos planetas pase frente a súa estrela anfitriona durante a súa órbita en torno á mesma, esto abrirá á posibilidade de estudar a atmósfera de estos planetas e buscar signos de vida.

  16. Carlos García di:

    Estar dentro da zona de habitabilidade, non significa necesariamente que isto permitirá o sustento da vida. Outros factores mitigantes fortes, normalmente asociados á atmósfera do planeta, poden crear diferencias de temperatura, que fan que un planeta dentro da zona habitable dunha estrela, sexa inhabitable. Os planetas Marte e Venus no noso propio sistema solar, son un destes casos. Por exemplo, mentras que Venus se atopa dentro da zona habitable do noso sol, a súa atmósfera densa atrapa a radiación solar e crea un efecto invernadoiro que fai subir as temperaturas do planeta vertixinosamente, facendoo inhabitable. Por outro lado Marte, posue un conxunto de problemas diferente. Mentras que se supon que Marte estivo fora da zona habitable, existe agora boa evidencia de que unha vez existiu auga correndo sobre Marte. Todo isto significa que, para os científicos e investigadores, é moi desafiante o hallazgo potencial de planetas habitables, sobre todo similares á Terra.

  17. Diana Pérez di:

    Niguem sabe que aspecto ten Gliese 667Cc, pero creese que é un planeta rocoso que presenta sempre o mesmo hemisferio hacia o seu sol (tidal locking). Por este motivo, é probable que a rexión habitable de este mundo quede circunscrita a unha zona situada o rededor do terminador, a frontera entre o día e a noite. O hemisferio diurno sería moi quente e o nocturno presentaría unhas temperaturas xélidas, pero o terminador podría ser un paraíso. Por outro lado, quizáis o maior tamaño de Gliese 667Cc xenere unha maior actividade volcánica e un campo magnético planetario máis intenso, o que permitiría protexer a atmósfera planetaria a largo plazo.

  18. Claudia Caramelo di:

    Eu vou falar do sistema triple estelar “sistemas estelares” E un sistema con tres ou máis estrelas que poden ser inestables, e uno dos acontecimentos finais pode ser a expulsión dunha ou máis estrelas do sistema.
    Unha das formas nas que os sistemas múltiples estelares poden sobrevivir durante un largo prazos, e ser un sistema estable e como por exemplo Cástor, unha estrela deste tipo: dous binarias movendose estrechamente en órbita aorredor doutra, conformando un sistema cuádruple e outra orbita binaria aorredor das primeiras catro, levando o total de seis.
    Tamen poden existir sistemas mais numerosos.

  19. Amir Pose di:

    O termo superterra é utilizado para facer referencia a un planeta terrestre extrasolar que posúe entre unha e dez veces a masa da Tierra.Además, unha característica común é que todos eles se encontran moi preto da estrela á que orbitan, pois un planeta de tanto tamaño se se encontrase moi afastado tería perdido menos gas na súa formación e tería dado lugar a un xigante gasoso (como, por exemplo, Júpiter).
    O primeiro descubrimento dun planeta destas características foi levado a cabo en 2005 por un equipo dirixido por Eugenio Rivera, sendo o planeta en cuestión Gliese 876 d,3 e a partir de entón fóronse descubrindo máis superterras. No sistema solar, non obstante, non existe ningún planeta que reúna as características necesarias, posto que o maior planeta terrestre é a propia Terra, e todos os demais planetas teñen, polo menos, 14 veces a masa terrestre.

  20. Mateo Fdez di:

    Creo que o universo é unha fonte infinita de sorpresas, pero realmente falta ir tan lonxe para descubrir cosas novas? A resposta é negativa, xa que ata pouco máis de quince días só unha sonda sobrevoara Mercurio, o planeta máis cercano ó Sol, en máis de cincuenta anos (obviamente, antes non houbo máis). A encargada de desfacer este ¿negativo? dato foi a sonda Messenger, da NASA. Esta visita propiciou o descubrimento de novas características de Mercurio, en ocasións totalmente opostas ás que se creía antes que tiña o planeta.
    Destacan o descubrimento das pautas extraordinariamente dinámicas da magnetosfera e a exosfera, a composición inesperadamente rica en volátiles da súa superficie e interior, o descubrimento do valor exacto da gravidade do planeta ou o grosor das súas capas (como dato salientable, o núcleo do planeta, que ocupa un 85% da mas total do planeta, é líquido).

  21. Nerea Pardo di:

    A habitabilidade planetaria é unha medida do potencial que ten un corpo astronómico de sustentar vida. Pódese aplicar tanto aos planetas como aos satélites naturais dos planetas. O único requisito absoluto para a vida é unha fonte de enerxía.
    A zona habitable (ZH) é unha teórica que rodea a unha estrela, dentro da cal calquer planeta tería auga líquida na súa superficie. Despois dunha fonte de enerxía, a auga líquida considérase o ingrediente mais importante para a vida. Unha ZH “estable” implica dous factores. Primeiro, o rango dunha ZH non debe variar moito co tempo. Todas as estrelas aumentan de luminosidade cando envexecen e as súas ZH desprázanse naturalmente cara o exterior, pero se isto sucede demasiado rápido (por exemplo, cunha estrela supermasiva), os planetas terían so un breve recuncho dentro da ZH e polo tanto unha menor probabilidade de desenrolar vida. Segundo, non debe existir ningún corpo masivo como un xigante gasoso dentro ou relativamente cerca da ZH, interferindo na formación de corpos coma a Terra.

  22. Beatriz Castro di:

    Como é coñecida, a teoría da panspermia defende que a vida puido orixinarse fora da Terra e que chegou ao noso planeta en cometas ou asteroides. Como teoría para explicar o orixe da vida non é gran cosa porque o único que fai e trasladar a cuestión ata outro lugar, pero non deixa de ser un fenómeno francamente apasionante. Hoxe en día sabemos que a Terra, Venus e Marte “intercambiaron” anacos da súa corteza ao largo da historia do Sistema Solar. E tamén sabemos que determinadas formas de vida microbiana poderían sobrevivir a un impacto posterior e ao posterior viaxe interplanetario ata o seguinte planeta, o que reforza a credibilidade da panspermia como teoría “seria” nos últimos anos. Descoñecemos se se deron casos de panspermia no noso Sistema Solar ,pero o caso é que as leis da mecánica celeste non o impiden.

    Agora ben, ¿sería posible a panspermia en outros Sistemas Solares? Por suposto, cada sistema estelar presenta unhas características únicas, pero interesan unicamente aqueles onde existen planetas potencialmente habitables. Neste caso, a lista se reduce significativamente. Un dos sistemas deste tipo mais estudado é Gliese 581, situado a uns vinte anos luz de distancia e formado por catro planetas de baixa masa. Os catro mundos están localizados moi cerca da súa estrela, pero como se trata duna anana vermella relativamente pequena e fría, un dos planetas (Gliese 581d) está situado nos límites da zona habitable.

  23. Evelin López di:

    As ananas vermellas, tamén coñecidas como estrelas M, son débiles comparadas coas estrelas como o Sol e posúen so un 10 a 20% da sua masa. Compoñen aproximadamente as tres cartas partes das estrelas na galaxia, descubriron que as ananas vermellas son moito máis comúns do que se pensaba, compoñendo ata o 80% da cantidade total de estrelas.
    Dado que as ananas vermellas son frías comparadas co Sol, os planetas tendrían que orbitar moi cerca para ser habitables, en moitos casos, máis cerca que a distancia entre Mercurio e o Sol. Os planetas cercanos as suas estrelas as eclipsan máis a miudo, facendo máis fácil de detectar que os planetas que orbitan máis lonxe.Sen embargo, estar demasiado cerca dunha estrela pode ter desventaxas. Por exemplo, a atracción gravitatoria da estrela provocaría mareas que podrían causar estragos en dito mundo, levándola á coñecida como “marea de Venus” onde perde toda a sua auga superficial.
    Ademáis, as ananas vermellas xóvenes de menos de 3.000 millons de anos de idade poden ser moi activas, disparando llamaradas varias veces por día, causando que a radiación ultravioleta alcance de 100 a 10.000 veces os niveis normais e que esterilice a superficie dun planeta cercano ou incluso axude a ‘arrincar’ a súa atmósfera.
    Os científicos descubriron que calquer planeta orbitando una anana vermella absorbería máis da sua luz do que se pensaba con anterioridade, dando lugar a superficies moito máis cálidas, significando que o borde da zona habitable alrededor das ananas vermellas pode estar 10 a 30% máis lonxe da sua estrela nai.

  24. Sabela Escourido di:

    Novos resultados do cazador de planetas HARPS, de ESO, mostran que os planetas rochosos non moito maiores que a Terra son moi comúns nas zonas habitables en torno a estrelas vermellas débiles. O equipo internacional estima que debe haber decenas de miles de millóns de planetas deste tipo só na nosa galaxia, a Vía Láctea, e probablemente haxa preto dunha centena nas veciñanzas do Sistema Solar. Esta é a primeira vez que se mide de forma directa a frecuencia de super-terras en torno a ananas vermellas, as cales supoñen o 80% das estrelas da Vía Láctea.
    Un equipo internacional acaba de dar a coñecer esta primeira estimación directa do número de planetas lixeiros en torno a estrelas ananas vermellas. Para iso, utilizaron observacións levadas a cabo co espectrógrafo HARPS, instalado no telescopio de 3,6 metros de ESO (no observatorio de La Silla, en Chile). Un recente anuncio, demostrando que na nosa galaxia hai planetas en todas as partes, utilizaba un método diferente que non era sensible a este importante tipo de exoplanetas.

Deixa unha resposta