Día da nosa Terra

O Día da Terra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoblación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

Neste dia reflexiónase sobre a importancia do  líquido vital que é indispensable para a vida de todas as especies do planeta, incluída a humana. O problema é que de toda a auga que existe no planeta tan só o 2% é potable.

O Día da Terra apunta á toma de conciencia dos recursos naturais da Terra e o seu manexo, á educación ambiental, e á participación como persoas ambientalmente conscientes. Unha reverencia pola vida e as fontes do noso ser.

Cales son os maiores problemas ecolóxicos no noso planeta?

Autora: Mila Mosquera

Esta entrada foi publicada en 1. Ciencia e sociedade, 2. O noso lugar no universo. Garda o enlace permanente.

30 Responses to Día da nosa Terra

  1. Yolanda Bermúdez di:

    Un dos maiores problemas è o cambio climatico, debese á acumulacion de gases, o efecto invernadeiro, na atmosfera. Os gases mais importantes son o dioxido de carbono, oxido nitroso e os CFC. A causa principal mais directa do cambio climatico na saude è o aumento da mortalidade durante as “olas de calor“ en ancians, nenos e persoas con problemas cardiovasculares.Tamen o cambio climatico afecta a moitos organismos e procesos bioloxicos relacionados coa difusion das efermidades infecciosas debido aos cambios de temperatura, precipitacions e a humidade.

  2. Adela di:

    Lembrade: a resposta breve é entre todos.

  3. Naomí Mosquera di:

    Outros dos problemas ecoloxicos do noso planeta é a deforestación.
    As consecuencias da destrucción da capa arbórea de todo o mundo constitue un problema grave con consecuencias múltiples. Dentro dos efectos encontrase: a reducción da productividade xeral da zona, o solo está máis suxeito a erosión, alterase o ciclo hidrolóxico, disminue en boa medida a biodiversidade e reducense as reservas de nutrientes e biomasa antes almacenadas nos restos de árbores e follas.
    A deforestación de todos os países procedeu con unha velocidade alarmante desde a Revolución Industrial, pero reducese ao feito de que os países no que ocurre este problema necesitan maior progreso económico e o seu crecimento demográfico é apresurado.
    É evidente que a deforestación non será fácilmente controlada por múltiples razons: ausencia de voluntad política e organización, a poca voluntade de reconocer e aceptar as consecuencias a largo prazo, inhabilidad de controlar os responsables e a falta de capacidad científica para administrar os recursos naturales.

  4. Evelin López di:

    O obxetivo deste día, celebrado por primeira vez en 1970, é o desenrolo da conciencia medioambiental en todo o mundo.
    Durante esta festa, algunhos cidadans plantan árbores para combatir a contaminación urbana, outros viaxan en bicicletas para demostrar que existen medios de transporte que non contaminan, etc.
    Un dos problemas ecolóxicos que afectan a terra é a chuvia ácida; no que a auga de chuvia normal é lixeiramente ácida. Cando os ácidos fortes se introducen en ambientes naturais poden causar graves danos ás plantas, animais e persoas.A maior parte dos óxidos de xofre e de nitróxeno que se combinan con auga para formar chuvia ácida producense ó quemar combustible. Pese a seu nome, non sempre é húmida. As substancias que se combinan para formala producen un polvo seco que ó caer nun lugar dana o medio ambiente.

  5. Nildes Abella di:

    Outros problemas ecolóxicos que afectan o noso planeta son por exemplo:
    -Superpoblación
    -Contaminación
    -Deforestación
    -Desertificación

    Eu vou falar deste último: a desertificación. É un proceso de degradación ecolóxica no que o chan fértil e produtivo perde o potencial de producción. Isto sucede como resultado da destrución da súa vexetación, da erosión do chan e da falta de auga; con frecuencia o ser humano favorece e incrementa este proceso con accións humanas como a deforestación.
    Según datos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), o 35% da superficie dos continentes considérase como área desértica. Dentro de estos territorios sobreviven millóns de persoas en condicións de persistente sequía e escaseza de alimentos.

    Ademáis este é un problema que aféctanos de preto xa que España é o país da Unión Europea que ten o máximo índice de desertificación, xa que o Sáhara avanza cara o norte de África e acabará alcanzando ó noso país.
    Por último destacar que hai un Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Sequía é o 17 de xunio. A continuación un mapa coa sitaución actual:
    http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/68/Desertification_map.png

  6. Karina Espiñeira di:

    Eu creo que os problemas máis graves ante os que nos encontramos é: A falta de auga, a deforestación é a extinción de animais que altera de forma notable o ciclo de natureza. A forma en que derrochamos auga é incrible, non nos paramos a pensar que é un ben que se esgota, temos a idea de que a terra está formada por auga na sua maioria, pero como mencionan arriba os meus compañeiros, só un 2% é potable. A deforestación tamen nos afecta de maneira grave, posto que necesitamos arbores e vexetación para poder sobrevivir. Pero sin embargo a min o tema que máis me preocupa é a extinción de especies animais, a ocupación de seres humans no seu espazo vital, a destrucción da sua area de vida e a alteración que sufren as paisaxes só para a comodidade do home.

  7. Ayoub Elghotiss di:

    Outro dos problemas que afectan o noso medio ambiente é a realidade que avanza silenciosamente e que pode afectar perigosamente a nosa calidade de vida, é o incremento dos désechos, o que é a “basura”, tanto en forma sólida como en liquida. Desta maneira, a contaminación do chan e dos cursos dos rios aumenta e ten consecuencias que poden chegar a ser realmente perigosos para a vida na Terra.
    A acumulación de residuos é unha problemática urbana que a maioría dos cidadáns do mundo non poden resolver de forma orgánica. Isto provoca grandes focos de contaminación, capaces de reproducir enfermidades de tódalas clases, trasladar esa contaminación as correntes subterráneas e incluso formarse novos elementos tóxicos na cadea alimenticia.

    • Victoria Zherdeva di:

      Estou totalmente de acordo co meu compañeiro Ayoub pola basura, porque non só contaminamos o noso planeta se non que somos nós os culpables da extincion dos alguns aves, xa que no lugar no que habitan o unico que hai é a basura e nada mais e ao non saber que non é comestible la comen e como non poden dixerirla morren moitos millons deles!!!
      Polo tanto cada un de nós deberia ter mais cuidado con o que fai e donde tira as cousas, porque de nós dependen outros.

  8. Carlos García di:

    O Programa Nacional ds Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) é un organismo da ONU que vela pola consecución dun desenrolo sostible. Entre os obxectivos que se plantexan para o presente milenio atópanse os seguintes: incorporar os principios de desenrolo sostible nas políticas e os programas nacionais; invertir a pérda de recursos do medio ambiente; reducir á metade a porcentaxe de personas que carecen de acceso á auga potable e mellorar considerablemente a vida de polo menos 100 millóns de habitantes para o ano 2020.

  9. David Lamas di:

    O debilitamento da capa de ozono é outro dos problemas.
    Produciuse unha notable redución da capa de ozono estratosférico, provocado polos residuos de hidróxeno, nitróxeno e radicais libres de halóxenos. Estas substancias químicas son de orixe natural pero as súas concentracións na atmosfera aumentaron durante os últimos anos, a causa sobre todo da actividade industrial.
    Dende principios de 1990 comezou a comprobarse unha notable diminución da capa de ozono da rexión do polo norte (Bojkov et al, 1997).
    A consecuencia máis importante da redución da capa de ozono estratosférico é o aumento da proporción de radiación ultravioleta solar que chega á superficie da Terra.
    A Organización Mundial da Saúde (OMS) calcula que ata 20% de lesións oculares como cataratas ou de cancer de pieñ, é dicir 3 millóns anuais, poderían ser causadas pola exposición á radicación ultravioleta.
    O aumento da radiación ultravioleta ao nivel do chan podería influír indirectamente na saúde humana, a través dos seus efectos nocivos para a bioloxía vexetal e animal e, en especial, a través da alteración das cadeas alimentarias acuáticas e terrestres, o que causaría maior inseguridade alimentaria.

    Como opinión persoal penso que temos que poñer un pouco mais da nosa parte para coidar un pouco mais a Terra, xa que é único planeta que ten as condicións propicias para poder vivir.

  10. Nahir Roig di:

    A continuación suxiro uns consellos para coidar o medio:

    – Apague as computadoras pola noite, non as deixe acendidas nin en hibernación.
    – Utiliza ambas as dúas caras do papel, tanto ao imprimir coma para anotar neste.
    – Pecha a billa da auga cando cepilles os dentes.
    – Acurta a ducha.
    – Solicita os teus estados bancarios por Internet, así evitas usar innecesariamente papel.
    – Compra baterías recargables, malia que son máis caras que as convencionais, a mediano prazo recuperas o investimento, ademais que evitarás que sigan contaminando.
    – Usa bolsas reutilizables, as bolsas de plástico son unha praga que dana ao medio.
    – Camiña ou anda en bicicleta cando poidas porque é mellor para o medio e para a saúde.

  11. Sara Otero di:

    Unha cousa que me sorprendeu, é que no día de onte, o Día da Terra, non houbese ningún acto benéfico como ocorreu o 31 de Marzo coa Hora do Planeta. Os 60 minutos que permaneron apagadas as luces de 6494 cidades de 150 países foi un xesto que supuxo un gran aforro de enerxía e sobre todo, un respiro para o noso contaminado planeta. A resposta ao meu desconcerto é que este día é unha festa celebrada pola xente, pero que non está regulada por ningunha entidade ou organismo, e tampouco está relacionado con reivindicación políticas, nacionais, relixiosas, ideolóxicas nin raciais. Nós, como habitantes hóspedes da Terra, penso que deberamos de facer tamén algún acto en sinal de “agradecemento” sen necesidade de estar guiados por unha institución, non credes?

    Un problema ecolóxico polo que tamén nos vemos afectados hoxe en día é o derretemento dos glaciares do mundo. O aumento da auga doce procedente do glaciar Ártico impide a correcta circulación das correntes mariñas do Atlántico que, como xa falamos en outras entradas, son as que regulan o clima mundial. Se este sistema de correntes non funciona, a temperatura global aumenta, desencadeando este famoso e, por lástima, presente fenómeno do quecemento global.

  12. Nerea Pardo di:

    A primeira manifestación do Día da Terra tivo lugar o 22 de abril de 1970 e en 1972 celebrouse a primeira conferencia internacional sobre o medio ambiente: a Cumbre da Terra de Estocolmo, cuxo obxetivo foi sensibilizar aos líderes mundiais sobre a magnitude dos problemas ambientais e que se aplicaran as políticas necesarias para erradicalos. A conferencia foi aberta e dirixida polo primeiro ministro sueco, Olof Palme e o secretario xeral Kurt Waldheim para discutir o estado do medio ambiente mundial. Coa asistencia dos representantes de 113 países, 19 organismos intergubernamentais, e mais de 400 organizacións intergubernamentais e non gubernamentais, é considerado como o comezo da conciencia moderna política e pública dos problemas ambientais globais.Na reunión acordouse unha Declaración que conten 26 principios sobre o medio ambiente e o seu desenrolo, un plan de acción con 109 recomendacións, e unha resolución.

  13. Laura González di:

    Os voy a hablar sobre la importancia del agua para la vida aunque creo que es un tema que todos más o menos sabemos pero para recordarlo un poco:

    -Es fuente de vida: Sin ella no pueden vivir ni las plantas, ni los animales ni el ser humano.
    -Uso doméstico: en la casa para lavar, cocinar, regar,etc.
    -Uso industrial: en la industria para curtir, fabricar alimentos, limpieza, generar electricidad,etc.
    -Uso agrícola: en la agricultura para irrigar los campos.
    -Uso ganadero: en la ganadería para dar de beber a los animales domésticos.
    En la acuicultura: para criar peces y otras especies.
    -Uso medicinal: en la medicina para curar enfermedades. Las aguas termales y medicinales son muy abundantes en el Perú.
    -Uso deportivo: en los deportes como la natación, tabla hawaiana, esquí acuático, torrentismo, canotaje, etc.
    -Uso municipal: en las ciudades para riego de parques y jardines.

  14. joeltaibo di:

    O burato da capa de ozono, é un tema de vital importancia.
    O ozono é un composto inestable de tres átomos de osíxeno, que ten a función de protexer a terra da radiación dañina que manda o sol, esta radiación pode afectar os seres vivos alterando a sua saude.
    Desde os anos 70, podemos apreciar na Antártida, unha vaixa tasa de ozono.
    Tamén queria dicir que estas cousas que facemos que destruen o planeta, afectan os paises pobres, cando estes, son os que menos contaminan.

  15. Boris Lobón di:

    Eu penso que para isto non fai falta un día senon todos terian que ser os dias da Terra.Este como mais dias especiais como o día do árbol(celebrado o 21 de marzo),do medio ambiente(o día 5 de xunio)e incluso da maceta.Este último é unha acción a realizar ó 22 de abril, Día da Terra, que consiste que los particulares se regalen e intercambien plantas.
    Poniendo plantas nas viviendas e lugares de traballo,os particulares melloran as condicions de vida do planeta Terra.As plantas,al respirar,absorben dióxido de carbono,causante principal do efecto invernadoiro y do cambio climático,e emiten oxíseno.Ligado a esto existe incluso un movemento a favor chamado slow,unha corrente cidadá que defende a lentitude e vivir de acordo co los ciclos das estaciones como una manera de levar una existencia mellor y mais sabia. Por esta razón,o movimiento slow recomenda que se emplee o tiempo en aficions que impliquen o detenimento e o sosiego como a lectura o a pintura e,por suposto,a jardinería.

  16. Rebeca Vila di:

    Outro problema é o enfraquecemento da capa de ozono.
    Nas latitudes medias e altas produciuse unha notable redución da capa de ozono estratosférico, catalizada polos residuos de hidróxeno, nitróxeno e radicais libres de halógenos. Estas sustancias químicas son de orixe natural pero as súas concentracións na atmosfera aumentaron moito durante os últimos anos, a causa sobre todo da actividade industrial.
    Aínda que o esgotamento da capa de ozono estratosférico e o cambio climático son fenómenos independentes, ambos dependen de varios procesos comúns.Os maiores graos de redución prodúcense nas rexións polares, ao final do inverno e comezos da primavera. Na Antártida, ten lugar sobre todo en setembro e outubro. Así mesmo desde principios do decenio de 1990 comezou a comprobarse unha notable diminución da capa de ozono da rexión do polo norte (Bojkov et ao, 1997).
    A consecuencia máis importante da redución da capa de ozono estratosférico é o aumento da proporción de radiación ultravioleta solar que chega á superficie da Terra. Prevese que a maior exposición do home á radiación ultravioleta terá un impacto directo na súa saúde con incremento da incidencia de cancro na pel nas poboacións de pel clara. Tamén poderá aumentar a incidencia de lesións oculares, como as cataratas. A Organización Mundial da Saúde (OMS) calcula que até 20% destas lesións, é dicir 3 millóns anuais, poderían ser causadas pola exposición á radicación ultravioleta.
    Crese que a exposición aos raios ultravioleta tamén produce a supresión do sistema inmunitario. A supresión inducida polos raios ultravioleta podería ter un impacto desfavorable nos programas de inmunización contra as enfermidades transmisibles, particularmente nas zonas onde a intensidade desta radiación é maior.
    O aumento da radiación ultravioleta ao nivel do chan podería influír indirectamente na saúde humana, a través dos seus efectos nocivos para a bioloxía vexetal e animal e, en especial, a través da alteración das cadeas alimentarias acuáticas e terrestres, o que provocaría o colapso das economías de subsistencia ou causaría maior inseguridade alimentaria.

  17. Sabela Escourido di:

    Unha forte explosión no sol afectará as comunicacións por satélite, sinais de GPS, frecuencias de raio e rede eléctrica. A hora pico sería ás 9:00 hrs deste martes 24
    A máis grande tormenta solar dende 2005, causada por unha forte explosión liberada este fin de semana polo sol, podería interromper os sinais de GPS e redes eléctricas o día de mañá, especialmente nas latitudes altas do planeta, segundo indicaron expertos do clima espacial a mañá deste luns, así sinálao o sitio washingtonpost.com
    A tormenta comezou cun estalido de rayos-X proveniente dunha mancha solar e, aproximadamente, ás 11 pm do domingo, unha grande explosión de plasma, á que os científicos chaman unha exección de masa coronal, empurrou unha onda de protóns que avanza cara á Terra, provocando unha tormenta de radiación en curso á nosa atmosfera.
    Esta tormenta podería interromper as comunicacións por satélite e é probable que haxa impactos de alta frecuencia de raio nas comunicacións polares.

  18. David Villar di:

    Eu creo que un dos maiores problemas que nos pode afectar a longo prazo e a subida do nibel do mar.Este problema non e moi coñecido pero pode ter grabes consecuencias como a
    Inundacion de diversas ciudades:Tokio,Dacca,Osaka,Nueva Orleans,Miami,Venecia…
    Migracion de grandes masa de poblacion debido a subida do nobel do mar no ano 2050.
    -Aparicion de plagas por causa da contaminacion e chegada de residuos atraves do mar as diversas cidades sumerxidas.
    Tamen queria aclarar que o Dia internacional da terra se celebra o 20 ou 21 de marzo e o dia da terra que se iniciu en Estados Unidos en 197o celebrase o 22 de abril

  19. Yannick Afonso di:

    Hai moitos problemas que existen na Nosa Terra,os máis graves de todos son :
    Calentamento global,que é un fenómeno que ocasionou un aumento na temperatura da superficie da Terra.
    -Outro problema é a deforestación,a tala de árbores afecta tamén á Terra xa que os bosques axudan a manter o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade, limitan a erosión nas cuencas hidrográficas e inflúen nas variacións do tempo e no clima.
    -A sobrepesca tamén é un problema que ademáis de ter efectos devastadores sobre os ecosistemas, tamén van máis alá do impacto directo que se exerce nas especies capturadas.
    -A capa de ozono tamén é moi importante na Terra, é unha rexión da atmósfera que protexe ó planeta dos dañinos raios ultravioleta, a grandes alturas. Se non existiera esa capa gaseosa, que encóntrase a uns 400 km de altitude sobre o nivel do mar, a vida sería imposible sobre o noso planeta.

  20. Xisela Lema Díaz di:

    Como nunha noticia anterior, volvemos falar do planeta Terra e outro día no cal intentamos influír sobre a mentalidade das persoas de hoxe en día, e me parece perfecto, pero, aínda así, a maioría de nós, non colaboramos, segue sen terse en conta que nós somos os últimos que chegamos, que, os recursos pouco a pouco iranse esgotando e, inxustamente a maioría de persoas que os están a pagar son os que menos contribuíron a isto, como os Africanos e a súa escasede de auga.
    A sociedade segue sen mentalizarse disto, e é que, por incrible que pareza, isto non é unha película de ciencia ficción pola cal poidamos emigrar a outro planeta, a ciencia por desgracia non alcanza eses extremos, así que este é o noso planeta, no que vivimos, e o cal debemos coidar.

    Por desgracia, vivimos nunha era de consumo, todos os nenos teñen o último que saíu á venda, esa non é unha conciencia da cal as novas xeracións deban ter, e que por desgracia, xa teñen as actuais.

    Por iso, por moitos días que celebremos, noticias, etc, non faremos nada ata que cada un colabore, porque individualmente, non se consegue moito, pero se pouco a pouco se van sumando, poderemos convivir nun planeta menos contaminado, porque non poderemos emendar o que fixemos, pero se evitar que vaia a mais.

  21. Alba Guzmán di:

    Vou a comentar un chisco as prospectivas para o futuro do noso planeta:

    As perspectivas de futuro, referindome ó medio ambiente son pouco claras. A pesar dos cambios económicos e políticos, o interés e a preocupación polo medio ambiente aínda é importante. A calidade do aire mellorou, pero están pendentes de solución e requiren unha acción coordinada os problemas da choiva ácida, os clorofluocarbonos, a perda de ozono e a enorme contaminación atmosférica do este de Europa. Mentres non diminúa a choiva ácida, a perda de vida continuará nos lagos e correntes do norte, e pode verse afectado o crecemento dos bosques, a contaminación da auga, etc. e este seguirá sendo un problema mentras o crecemento demográfico continúe.

  22. Alexandra Parceiro di:

    A xente non esta concienzada con este grave problema, pero menos mal que existe organización como Greenpeace que axudan a minguar este problema.
    Greenpeace é unha ONG ambientalista. Fundada no ano 1971 en Vancouver, Canadá. Actualmente a sede está en Amsterdan, Países Baixos e conta con 4 millons de membros.

    Greenpeace España foi fundada en 1984 cunha oficina central en Madrid. A compoñen cerca de 100.000 socios en España. Un dos socios fundadores en España foi Manuel Rivas(escritor coruñes) e ocupou cargos directivos na organización durante varios anos. Durante o desastre do Prestige, participou na creación da plataforma ciudadana Nunca Máis.

    España é o país europeo máis afectado polo cambio climático debido a queima de combustibles fósiles, como o carbón, o petróleo e o gas. Ademáis é o país máis alonxado dos obxectivos marcados no Protocolo de Kioto.

  23. Beatriz Castro di:

    Aportan osíxeno, protexen ao solo da erosión, dannos alimento en forma de froitos, sementes e raíces, adornan as nosas casas, proporcionan cortiza, menciñas e papel… os vexetais son seres fascinantes sen os cales non sería posible a nosa vida da Terra.
    Por iso, como o día da Terra tamén se celebrará o 18 de maio o primeiro Dia Internacional da Fascinación polas Plantas.O evento é promovido pola Organización Europea para as Ciencias das Plantas e o seu obxectivo será o de recordar ao mundo que a investigación no mundo vexetal ten unha importancia crítica para a sociedade, o medio ambiente e a economía. Mais de 60 institucións científicas, universidades, xardíns botánicos e museos, xunto a agricultores e empresas, anunciaron que abriran as súas portas.
    A iniciativa será seguida al menos en 30 países.

  24. Adela di:

    Hoxe no periodico El Mundo, podedes ler: “O aumento da poboación nos países en desenvolvemento e as pautas actuais de consumo nas nacións ricas poden arrastrar ao planeta ó caos ambiental e económico.”
    http://www.elmundo.es/elmundo/2012/04/26/ciencia/1335456278.html.

    Comentade esta frase: “A presión sobre un planeta finito vainos a obrigar a cambiar radicalmente a actividade humana”,

  25. Thiago Echevarría di:

    A humanidade e parte dun vasto universo evolutivo. A Terra, noso fogar, está viva con unha comunidade singular de vida. As forzas da natureza promoven que a existencia sexa unha aventura esixente e incerta, pero a Terra brindou as condicións esenciais para a evolución da vida. A capacidade de recuperación da comunidade de vida eo benestar da humanidade dependen da preservación dunha biosfera saudable, con todos seus sistemas ecolóxicos, unha rica variedade de plantas animais, terras fértis, aguas puras e aire limpo. O medio ambiente global, con seus recursos finitos, e unha preocupación común para todos os pobos. A protección da vitalidade, a diversidade e a beleza da Terra, e un deber sagrado.

  26. Cristina González di:

    Para evitar os posibles peligros que nos acechan se o planeta recaléntase, temos que empezar por reducir a cantidade de gases invernaideros que liberamos á atmósfera. Para disminuir os niveles do dióxido de carbono, hai que quemar menos combustible fósil. Isto pódese conseguir se utilizamos enerxías alternativas.
    O racionalizar e optimizar o consumo enerxético tamén é unha maneira eficaz de disminuir a cantidade de dióxido de carbono que emitimos á atmósfera. Outra maneira de reducir o nivel de dióxido de carbono é deter a tala e queima dos bosques.
    Tamén podemos plantar árbores, que obteñen o dióxido de carbono do aire e o transforman, evitando que vaia á atmósfera.
    Un problema moi grave é a destrucción da selva tropical.

  27. Diana Fernández di:

    Esta noticia recordoume a outra que xa se subira anteriormente, a dos 6 graos.
    O ano pasado Breixo puxero un comentario con este enlace :
    http://www.youtube.com/watch?v=gqzmQjN3EXg&feature=related

    Este video pertenece a un documental do National Geographic no que se desvelan as consecuencias irreversibles de este fenómeno e de todo o que puxemos en perigo pola contaminación.

  28. Olalla Manteiga di:

    O transporte foi responsable no 2009 do 24 % das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE. Para 2050 os Estados membros da UE teñen que reducir esas emisións nun 60 % con respecto aos niveles de 1990. Posto que as emisións aumentaron en realidade o 27 % entre 1990 e 2009, a UE debe conseguir unha redución global do 68% entre 2009 y 2050.
    O consumo enerxético anual ligado ao transporte non cesou de aumentar entre 1990 e 2007 nos países membros da AEMA.
    Os obxectivos en materia de calidade do aire incumpríronse en numerosas zonas. No caso do dióxido de nitróxeno (NO2), que pode causar asma e outros problemas respiratorios, os valores límites anuais superáronse en 2009 no 41 % das estacións de medida de tráfico.
    Podemos reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, se imos cara a unha mobilidade máis intelixente e máis beneficiosa para a saúde, elixindo modos de transporte máis sustentables, como a bicicleta ou o transporte público, que non só inflúen de maneira positiva no medio ambiente e calidade de vida das cidades nas que habitamos, senón tamén no benestar físico e mental. Todos debemos traballar cara a un futuro máis sostible, mediante a adopción deste tipo de medidas que os meus compañeiros e eu fomos citando, e que deste xeito coidemos mellor o noso fogar, este lugar que é a nosa Terra.

  29. Mateo Fdez di:

    Non todo é efecto invernadoiro, ou líquidos tóxicos. Aínda temos outro grave problema: a radiación. Episodios coma Chernóbil ou Fukushima nos teñen ensinado que ese non é o camiño, pero como xa creo que todos sabemos, o ser humano é o único que tropeza dúas veces ca mesma pedra.
    Ó principio dos oitenta (década na que ocorrería o accidente do xa mencionado Chernóbil), o excedente de residuos radiactivos era de cantidades inxentes. A solución por parte da empresa que os xestionaba, Enresa, foi sencilla e rápida: tiralos ó océano. Hoxe, eses barriles acumúlanse na fosa atlántica, e crese que hai máis de 140000 toneladas de residuos agochados alí abaixo. A cantidade exacta descoñécese, debido sobre todo ó oscurantismo que rodeou a operación e a negativa que vense repetindo desde aquela de non investigar o estado da zona.´
    Aínda que mantívose que os residuos son de baixa e media radioctividade, calcúlase que a presente na zona acércase ó millón de curios (ollo o dato, en Chernóbil “solo” hubo, na explosión, 130000).
    E estes residuos están a só 630 kilómetros das nosas costas, pero a resposta administrativa é de relengar competencias ó Goberno central (no caso da Xunta), que á súa vez delega nun organismo internacional, xa que esas augas son augas internacionais.
    Total, que temos unha enorme e mastodóntica morea de contaminación agochada a 3000 metros de profundidade, dentro de barriles que vanse corroíndo pola salinidade e a presión. Pero o peor é que leva case trinta anos alí, e nadie lles fai caso.

Deixa unha resposta