Con P ó principio…


A psoriase afecta en España a máis 600.000 persoas.
A psoriase é unha enfermidade inflamatoria da pel e, ocasionalmente, das articulacións, que produce lesións escamosas engrosadas e inflamadas, cunha amplía variabilidade clínica e evolutiva, sen ser contaxiosa.
A enfermidade non é hereditaria, pero hai unha predisposición xenética para padecela, e un terzo dos afectados teñen familiares directos con psoriase. Sábese que, ademais desta predisposición, son necesarios outros factores desencadeantes.

Autora: Alexandra Parceiro

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Con P ó principio…

  1. Nildes Abella di:

    A psoriase é un trastorno cutáneo crónico recurrente* que afecta a uns 80 millóns de persoas no mundo. Calcúlase que afecta a entre o 2 e o 3% da poboación europea e ó 1,4% da poboación española.
    A enfermidade pode aparecer a cualquera idade, pero adoita facelo por primeira vez entre os 15 e os 35 anos. A día de hoxe a enfermidade non ten cura, pero existen tratamentos que axudan a controlar os síntomas e facer máis fácil a vida dos pacientes.
    Homes e mulleres presentan o mesmo risco de desenvolver psoriase.

    A orixe asóciase á liberación excesiva de adrenalina ,en situacións de estrés físico ou psíquico, que produce unha sobrecarga no funcionamento do bazo, fígado, riñón e páncreas, polo exceso de toxinas que non son capaces de eliminar.
    Estas toxinas son acumuladas no fígado e en todos aquelos órganos responsables da súa eliminación, e isto leva a unha disminución do fluxo sanguíneo da pel, producindo a morte prematura dos queratinocitos* , sucedendo como resposta un descontrol na división celular, dándose as lesións que estos pacentes adquiren.
    A psoriase pode afectar á regulación da temperatura corporal, dilatar os vasos sanguíneos da pel e aumentar o risco de infeccións, por iso é moito máis cunha mera enfermidade cutánea.
    Prodúcense placas que teñen apariencia de costras que descaman (eritematosas e escamosas). Estas lesións adoitan ubicarse nos lugares de maior roce, aínda que tamén poden encontrarse no coiro cabeludo, cara, unllas, palmas das mans e plantas dos pes, xenitais e corpo en xeral.

    *recurrente: Que volve a ocorrer ou a aparecer, especialmente despois dun intervalo.
    *queratinocitos: son as células predominantes (90%) da epidermis (capa máis superficial).

  2. Yolanda Bermúdez di:

    Eu vou falar dos sintomas que produce a Psoriase. As lesions Psicoriasicas coindicen moitas veces con perturbacions emotivas, que actuan como factores desencadenantes a esta enfermidade, polo que se di que è unha enfermidade psicosomatica. As lesions da Psoriase caracterizanse por presentar eritema e escama, sempre combinadas e formando placas de distintos tamaño e numero, ainda que o numero de placas è limitado. È confundida coa caspa, pero a diferencia dela è que atopase en sistios normais. A psoriase caracterizase pola descamacion da pel.

  3. Lenny Mamani di:

    Eu vou falar sobre as causas da Psoriase e sobre a súa aparición.

    Aunque se desconoñece a orixe da Psoriase sí sabese que é unha enfermidade xenética. De feito, se ha localizado o xen cuxa alteración influe na aparición da psoriase .
    Se un dos dos padres é psoriásico, uno de cada oito fillos pode sufrirla.
    Se son os dous proxenitores os afectados,a probabilidade asciende a un de cada catro.

    Sin embargo, no polo feito de ser psoriásico, os fillos van selo. Además pode ocurrir que se herede a alteración xenética, pero no se desarrollarse a enfermidade.
    Porque también interveñen factores exóxenos (externos) en su aparición ,e decir son factores nos que proveñen do ambiente exterior como pode ser as novas tecnoloxías , cambio dos valores da sociedad, o novas oportunidades ou limitacións do ambiente ( económicos, políticos, legal e social) estos factores externos xeneran a necesidade de realizar cambios.

  4. Diana Fernández di:

    Eu queríavos falar das medidas xerais para que a vida do paciente mellore notablemente:
    – Non tomar o sol.
    – Darse baños na plaia. Tamen en Iodo.
    – Deixar o aire as feridas.
    – Productos hidrantantes , que axudan a que a pel non este irritada.
    Non curan a Psoriase pero palían os síntomas.
    Se esto todo non funciona existen uns tratamentos tópicos.

  5. Mila Mosquera di:

    A psoriasis é unha patoloxía de evolución imprevisible, con períodos libres de enfermidade e agravamentos de aparición e duración moi variables, pero en xeral o seu curso é crónico. Até o 80% dos pacientes padécena durante toda a súa vida, xa sexa de forma intermitente ou continua.
    As formas eritrodérmicas e pustulosas xeneralizada son as máis graves, e potencialmente letais. A pustulosa localizada pode ser moi incapacitante, polo modo en que afecta as mans. A psoriasis ungueal adoita ser moi rebelde ao tratamento, ao contrario que a psoriasis en pingas, que responde moi ben.
    A psoriasis pode supor tamén unha diminución na calidade de vida das persoas afectadas en canto á afectación psicolóxica, debido á gran importancia que ten hoxe en día a imaxe. Os afectados por esta enfermidade, sobre todo nos casos graves, tenden a illarse socialmente debido ao medo ao rexeitamento; nestes casos pode ser necesario o tratamento psicolóxico.

  6. Evelin López di:

    Existen moitas variantes de psoriasis según a morfoloxía das lesions que se presenten na persoa que a padece.
    En términos xerais, a psoriasis agrupase nos seguintes tipos:
    Psoriasis de placas: É o tipo de psoriasis máis común, caracterízase pola aparición de lesions(vermellas) inflamadas cubertas por escamas de cor branco, as cales están formadas por células mortas.
    Pode aparecer en calquer superficie da pel, aunque xeonllos, codos, coiro cabeludo e torso son as zonas máis comuns.
    Psoriasis Guttata; Aparece xeralmente na xuventude ou na adolescencia. Aparecen como pequenos puntos vermellos que tenden a alargarse rápidamente asemellándose a gotas.
    Psoriasis invertida: Normalmente aparece como suaves lesions inflamadas sen escamas e esta particularmente suxeita a irritacions debido a friccions e sudores, xa que se localiza en pliegues e áreas sensibles da pel como por exemplo debaixo dos senos, en axilas, ingles, etc. É un dos tipos mais frecontes de psoriasis .
    Psoriasis pustulosa: Este tipo desenrolase principalmente nos adultos e caracterizase por pústulas brancas rodeadas de pel avermellada. Pode localizarse en áreas concretas do corpo, como por exemplo en mans e pes, ou tamén pode estar extendida cubrindo gran parte do corpo. Soe desenrolarse por ciclos, comezando cun eritema (avermellamento da pel), seguido da formación de pústulas, e finaliza escamando a pel.
    Psoriais coiro cabeludo: Do total de afectados de psoriasis, este tipo afecta aproximadamente á metade. Caracterizase por un elevado número de lesions inflamadas cubertas por escamas brancas, mostrando xeralmente no coiro unha psoriasis de placas.
    Psoriasis de uñas; Afecta tanto ás uñas dos pes como as das mans. Polo xeral aparace como buratos nas uñas de diferentes tamaños, formas e profundidades.
    As veces, a uña desenrola unha cor amarela e vólvese moi delgada. Tamén poden desfacerse fácilmente e estar rodeadas por inflamacions. Outro posible síntoma, é que la uña se separe ou se caiga da base.

  7. Naomí Mosquera di:

    Debido a que os síntomas de psoriasis aparecen na pel, moitas persoas asumen que tratase dunha condición da pel. Pero a verdadeira causa é máis profunda que iso. A psoriase é en realidade unha enfermidade autoinmune, o que significa que comeza no sistema inmunolóxico. En términos xenerales, é o traballo do sistema inmunitario para protexer ao corpo contra infeccions, virus, tumores e outros tipos de enfermidades. Os glóbulos brancos chamados “células T” circulan polo corpo con regularidade, buscando os invasores externos para neutralizalos. Cando o paciente sufre de psoriasis, o sistema inmunolóxico e as células T activanse, incluso cando non encontran invasores externos. Como podese esperar, todas estas células T estan de alerta tamen cando non hai nada para loitar, incluindo a liberación de exceso dunha proteína chamada factor de necrosis tumoral ou TNF-alfa. Un dos efectos de este extra TNF-alfa provoca que a piel vuelvese vermella e hinchada.

  8. Yannick Afonso di:

    A psoriase é unha enfermidade que pode chegar a ser dolorosa e debilitante e que afecta ó desenvolvemento das actividades cotidiás. Está provocada polo funcionamento defectuoso do sistema inmunitario que provoca un exceso de produción de células cutáneas, as encargadas de repoñer as capas da pel, en constatante renovación. Non se sabe certamente a orixe de esta enfermidade pero si que se sabe que é xenética, xa que se localizou o xen na que a súa alteración inflúe na aparición da patoloxía.
    Os síntomas desta enfermidade sole comezar como unha ou máis pequenas placas que se tornan moi escamosas. É posible que se formen pequenas protuberancias ó redor da área afectada. A pesar de que as primeiras placas poden desaparecer por sí soas, enseguida poden formarse outras. Algunhas placas poden ter sempre o tamaño da uña do dedo meñique, pero outras poden extenderse ata cubrir grandes superficies do corpo, adoptando unha forma de anillo ou espiral.
    A psoriase sole afectar ao cuero cabelludo, ós codos, ás rodillas, á espalda e ás nalgas.
    Existen varios tipos de Psoriase:
    -Psoriase leve,moderada,grave,Psoriase en placas,Psoriase en Guttata ou Gotular,Psoriase inversa,eritrodérmica,Postular xeneralizada e Postular localizada.

  9. Roxana Cadena di:

    En primeiro lugar a psoriasis no tén cura.
    Sin embargo, hay deversas opcións de tratamento que, na gran maioria dos casos, poden mantener os síntomas baixo control. Es importantes recordar que non hay tratamento concreto que funciones para todo o mundo e que a forma na que o pacente reponde a o tratmento pode cambiar con tempo; a menudo se necesita un certo grao de ensayo e error para encontrar o tratamento máis eficaz.
    A día de hoxe existen alternativas terapéuticas que estan axudando a moitos pacientes a tener unha vida normal, recuperando a liberdade que tiñan antes de padecer a enfermidade.
    En xeral, os tratamentos para a psioriasis encadranse en catro áreas pincipais :
    Terapias tópicas.
    -Fototerapias.
    terapias sistemáticas orais.
    Terapias biolóxicas.

  10. Karina Espiñeira di:

    Eu querobos falar de dous casos totalmente opostos que tiveron lugar na miña familia con esta enfermidade. Miña bisaboa empezou a mostrar os primeros síntomas con 76 anos, nas máns, nas axilas, pola parte detras das rodillas e dos codos, por zoas onde non transpiraba ven a pel. Miña bisaboa morreu con esta enfermidade pero non lle foi moi grave. Outro caso é a miña prima, que con 11 anos empezouselle a notar por que tiña unha especie de caspa da cabeza, que cando nos pareceu sospechosa descubrimos que tiña a cabeza chea de costras que parecen como escamas. Tiña moitos picores e máis que nada tiña problemas estéticos, debido a que non podía nin recollerse o pelo. Esta enfermidade ten moita influencia psicolóxica e ela ao verse nesa situación a psoriasis empezou a aumentar, empezoulle detras das orellas, nas axilas entre os dedos dos pes e das máns, nas ingles e ante esta situación é cando empezamos a tomarnos a enfermidade máis seriamente a visitar máis dermatólogos e estar máis pendentes. Comenzou a utilizar champús que conteñian acido salicidico e aceite de oliva que non lle eran efectivos e probocaban que o pelo se deteriorase e que caera en maior cantidade. Ao ver que non melloraba deu a casualidade de que vendo un reportaxe de Homeopatia falouse deste tema, e xa que a mediciña non daba resultado probaron cunha homeopata e a día de hoxe case lle desapareceu por completo a psoriase. Como dí no video é unha enfermidade que non se sabe se vai volver ou se non, pero xa que non hai cura fixa, senón medicamentos ou tratamentos para que non se extenda é de utilidade probar diferentes tratamentos, xa que a Homeopatía é cada vez máis utilizada e efectiva

    • Santiago de la Iglesia di:

      Sorprendeume bastante que o uso da homeopatía solucionase unha enfermidade deste tipo. De feito, sorprendeme que solucionase algo. Aínda así, a esperanza e o aumento psicolóxico das posibilidades de curarse ao adentrarse nunha mediciña alternativa diferente, sospeito que axudaron moito para que a túa prima poudese saír adiante. Alégrome moito por ela, parabéns para toda a túa familia que lograron curala en gran medida.

      O vídeo deume a pensar que, sí que é verdade que non teño psoriase, nen eu nen moitas persoas do mundo, sobre o 98% das persoas para ser máis exacto, pero hai moitas máis enfermidades moito máis difíciles coas que convivir. Así que, como todos nestes casos, a esperanza abrirá un abanico de saídas, e unha delas poderá ser a salvación para a persoa que padezca calqueira enfermidade existente. O benestar da mente humana é a cura máis importante na miña opinión.

  11. Ayoub Elghotiss di:

    Os factores que inflúen no desencadeamento desta enfermidade son:

    Traumatismos: É frecuente que as lesións producidas pola psoriase aparezan en pacientes con a pel el sá e logo de recibiren un traumatismo, raspuño, etc. tras un período de incubación de entre 3 e 18 días.

    Infeccións: Aparece despois de 2 ou 3 semanas dunha infección de vías aéreas superiores por estreptococos.

    Fármacos: Poden empeorar a psoriase tratamentos con sales de litio, betabloqueantes, antimaláricos.

    Factores psicolóxicos: O estres tamén pode desencadear a psoriase.

    Factores climáticos: Os climas fríos inflúen para que se agrave, mentres que os calorosos a melloran.

    Factores metabólicos: Cando os niveis de calcio en sangue son baixos, e a inxecte de alcohol e tabaco empeoran a enfermidade.

    Factores endócrinos: Estudos realizados indican que é maior a incidencia na puberdade e na época da menopausa, mellora co embarazo e empeoran tralo parto.

  12. Alba Guzmán di:

    Consultei unha das páxinas que aparecen ó final do video e encontrei a seguinte información sobre unha asociación chamada ACCIÓN PSORIASIS:

    Acción Psoriasis (Acció Psoriasi) é unha asociación sen ánimo de lucro, nacida en Barcelona, integrada por afectados de psoriase e familiares. Acció Psoriasi está asociada a Europso (Federation of European Psoriasis Associations) y a IFPA (International Federation of Psoriasis Associations).
    Gracias ás persoas asociadas na loita contra a psoriase, é posible levar a cabo esta tarefa de información, divulgación e outros obxetivos detallados nos nosos estatutos.
    Os Obxetivos desta asociación son:
    Facilitar información e axuda ós afectados de psoriase.
    Sensibilización da opinión pública, mediante actividades de divulgación da psoriase.
    Aportar a visión dos afectados ós estamentos profesionais sanitarios.
    Colaborar con outras asociacións afectados de esta enfermidade, así coma as asociacións internacionais IFPA e Europso.
    Apoiar a integración social dos afectados, combatindo a ignorancia, os prexuizos e a discriminación.
    Mellorar a calidade de vida dos afectados en aspectos dermatolóxico, social e psicolóxico.
    Manter contactos con entidades e asociacions dedicadas ó estudo desta enfermidade, dentro e fora do noso país.
    Apoiar a investigación e estimular estudos sobre a incidencia, causas, evolución terapéutica, e consecuencias da enfermidade.

  13. Carlos García di:

    Un equipo de científicos de Alemania descubriron que o ADN está involucrado no proceso da psoriase e que, a través da vitamina D, poderíase atenuar a súa aparición. Según reflexan no seu estudio, publicado en ‘Science Translational Medicine’, “hai un xen directamente responsable da inflamación característica da alteración que parece responder á acción dunha sustancia momeada catelicidina“.
    O que observaron é que a vitamina D participa na producción desta sustancia na pel humana, polo que controlando a exposición á vitamina D podería reducirse a inflamación na psoriase ou outras condicións asociadas, como a pel seca e o eczema.
    Na actualidade, hai medicamentos de uso tópico que incluen derivados desta vitamina, como o calcipotriol. “Son cremas que se están usando desde fai alguns anos no tratamento das personas con psoriase. Aunque non evitan a reacción inflamatoria ao 100%, sí consiguen atenuala moito“, sinala, un dermatólogo do Hospital Ramón y Cajal de Madrid.
    Por esta razón, os médicos non recomendan evitar os raios do sol totalmente, xa que son unha importante fonte da vitamina D. Tamen recomendan que a exposición que se consigue camiñando pola rúa, ao menos en España, é suficiente.
    As cremas e a radiación ultravioleta son dous vías moi recomendables para completar o tratamento da psoriase pero, ademáis, a fototerapia, unha alternativa moi utilizada pola maioría destos pacientes (agás para as formas moi graves ou con contraindicaciones)

  14. Sara Otero di:

    Resultoume un pouco impactante esta entrada pois eu non tiña ningún coñecemento sobre esta enfermidade, o cal non sei se é moi bo. Ao final de contas, son arredor de 1000000 de afectados en España e creo que se debera investigar máis para o seu tratamento. Polas fotos e comentarios en foros, pódome supoñer o sufrimento ao que están sometidos, ademáis do rechazo e discriminación por parte das demáis persoas ignorantes desta enfermidade.
    A psoriase non ten aínda unha cura definitiva, soamente remedios paliativos*. Realizouse un estudo a nivel mundial, no cal conseguiron sentar as bases para a elaboración de novos tratamentos. Nos foros que estiven consultando, aportan algunhas solucións máis caseras que axudan a combater a enfermidade: alimentación sana, hixiene adecuada da pel, emprego de roupa de algodón sen costuras, tomar o sol frecuentemente pero con protección… Mais o obxectivo de estos remedios non debe ser a sustitución dun tratamento médico (como pode ser Declobán, Elica, Adventán… ), senón que a combinación de ámbalas dúas pode ser bastante eficaz.
    Como ocorre con moitas outras enfermidades máis coñecidas, existe o día mundial da psoriase, celebrado o 29 de Octubre.*paliativo: son os remedios que se aplican a enfermidades incurables para mitigar a súa violencia e refrenar a súa rapidez.

  15. Nahir Roig di:

    Eu os vou a falar de que é a pel :

    A pel é o órgano máis grande do corpo, en termos de peso, (2.5 e 4 kg) e de superficie, (1.67 metros cadrados). A pel separa o interior do seu corpo do mundo externo.
    A pel:
    . Protéxenos contra as bacterias e virus que pode causar infeccións
    . Axúdao a percibir o mundo externo, se fai frío ou calor, se está húmido ou seco
    . Regula a temperatura do corpo

    As enfermidades que irritan, obstrúen ou inflaman a pel poden causar síntomas tales como arrubiamento, inflamación, ardor e comechón. As alerxias, os irritantes, a constitución xenética e algunhas enfermidades e problemas do sistema inmunolóxico poden causar dermatite, ronchas e outras afeccións na pel. Moitos problemas da pel, tales como a acne, tamén alteran a súa aparencia.

  16. Nerea Pardo di:

    Ao principio do vídeo aparece o termo artrite psoriásica e a min gustaríame falar un pouco diso xa que é outro dos problemas cos que teñen que vivir os psoriasicos.
    A psoriase é unha afección cutánea crónica e común que produce parches vermellos no corpo e a redor de 1 de cada 20 persoas con psoriase terá artrite coa afección cutánea. Na maioría dos casos, a psoriase preséntase antes que a artrite.
    A causa da artrite psoriásica descoñecese, pero os xenes poden ser a causa. En xeral, as persoas que teñen psoriase presentan unha maior taxa de artrite que a poboación xeral.
    A artrite pode ser leve y comprometer só unhas cantas articulacións, particularmente aquelas ao final dos dedos, das mans ou dos pes. En algunhas persoas, a enfermidade pode ser severa e afectar a moitas articulacións, incluíndo a columna vertebral. Cando esta resulta afectada, os síntomas son rixidez, ardor e dor, con maior frecuencia na rexión lumbar e no sacro e con normalmente, a pel empeora ao mesmo tempo que a artrite.

  17. Laura González di:

    Es un tema muy cercano para mi ya que mi madre,mi tío y dos de mis hermanos lo padecen,a los cuatro les salió entre los 18 y 21 años.
    Es una enfermedad cada vez más común.

    Las células cutáneas por lo general crecen en lo profundo de la piel y suben hasta la superficie aproximadamente una vez al mes. En las personas con psoriasis, este proceso es demasiado rápido y las células cutáneas muertas se acumulan en la superficie de la piel.

    Los siguientes factores pueden desencadenar un ataque de psoriasis o hacer que la afección sea más difícil de tratar:

    Infecciones bacterianas o virales, como faringitis estreptocócica e infecciones de las vías respiratorias altas.
    Aire o piel seca.
    Lesión en la piel, como cortaduras, quemaduras y picaduras de insectos.
    Algunos medicamentos, entre ellos antipalúdicos, betabloqueadores y litio
    Estrés.
    Muy poca luz solar.
    Exceso de luz solar (quemadura solar).
    Exceso de alcohol.

  18. Boris Lobón di:

    Eu como moita xente tiven amigos con psoriase e eu os veo normalmente,pero en realidade sofren dor por dentro moitas veces é dor psicolóxico.A psoriase onde encontrase con maior frecuencia é en Mexico pero tamen pode haber complicacions como a artropatía: esta complicación da psoriase é pouco observada en México o se lle pode confundir coa artritis reumatoide xa que presenta un cuadro clínico similar a ésta e que consiste na afectación das articulacions dístales en forma simétrica,con dor e inflamación.Como toda enfermidade ten medicinas para curala pero non son ás veces tan efectivas como os remedios naturais pero eu como din Adela penso que a homeopatia é unha tonteria absoluta.

  19. Victoria Zherdeva di:

    A min ao ver isto sorprendeume moito, xa ainda que pensamos que non é nada e non ten importancia hai xente que sofre. Eu intentei buscar mais información do que xa atoparon os meus compañeiros, pero so encontraba o que xa estaba puesto, polo tanto só queria añadir que debemos respetar esas persoas e non deixarlles de lado e ayudar a pasar con o que tiñan.

  20. Sabela Escourido di:

    Pode que desta enfermidade non se morra, pero o sufrimento tanto físico como psicolóxico que teñen as persoas que a padecen debe ser horrible.
    Persoalmente non coñezo a ninguén que teña esta enfermidade pero tan so ao “poñerme na pel” como din no vídeo dunha persoa con psoriases dáme moita pena.Hai persoas que aparentemente son moi fortes e cando búrlanse ou alóxanse delas dálles igual,pero non e así.Penso que a ninguén gustaríalle estar marxinado, que lles miren con cara de asco ou ata chegar ao estremo dos insultos.
    No vídeo non só se nos incita a buscar mais información sobre a psoriases e coñecer mellor esta enfermidade,tamén estas persoas intentan que cando vaian pola rúa dando un paseo ou en verano teñan que levar camiseta pola calor,a xente non se lles quede mirando mal ou apartándose deles.Eles xa de por si sofren moitísimo, soportar a dor e os picores,porque iamos nos facerlles mais difícil de levar a súa enfermidade?
    Temos que ser mais compresivos e poñernos na pel dos demais non só neste caso,senón con calqueira cousa.

  21. Beatriz Castro di:

    A psoríases non é so unha enfermidade que se poda ver a simple vista e de carácter estético, senón que afecta moito ao estado de ánimo. Un estudo clínico, realizado en pacientes con psoríases moderada-grave, revela que entre un 32% y un 60% de estes pacientes padecen depresión. Nesta mesma liña, outro estudo levado a cabo en pacientes afectados por distintas enfermidades da pel (entre elas, a psoríases), revela que un 10% dos afectados expresou que en algunha ocasión tivo a intención de quitarse a vida.
    Son conclusións que poñen de manifesto a afectación emocional da enfermidade. De feito, o impacto negativo na calidade de vida dos pacientes con psoríases é similar ao de outras enfermidades que poñen en perigo a vida. Por esta razón, a psoríases pode ter un impacto físico e emocional debilitante e non pode considerarse unha simple molestia superficial.

    A depresión é unha das enfermidades que actualmente se asocia á psoríases, aínda que os estudos dispoñibles ata a actualidade non definen se a depresión aparece ben porque o TNF(unha proteína que esta implicada no desenrolo da psoríases) haxa aumentado nas lesións de psoríases, ou por outros signos propios desta enfermidade como a visibilidade das lesións ou a parte do corpo na que afloren.

  22. Eduardo Cagide di:

    O doutor Xavier Bordas, dermatólogo do Hospital de Bellvitge de Barcelona, asegura que están a perfeccionar uns fármacos, que conteñen uns axentes biolóxicos que bloquean determinados eslabóns concretos da cadea da acontecementos a nivel fisiolóxico da psoriase.
    Estes fármacos son unha estupenda noticia para a xente que ten psoriase nun grado grave, xa que logrará practicamente a eliminación dos síntomas da enfermidade.
    Na actualidade as investigacións sobre a psoriase son para buscar unha cura definitiva,que poña fin total a esta enfermidade, xa que é moi dificil mellorar os tratamentos actuais, que o único inconveniente que teñen é que non son permanentes, e dicir, que si os deixas de tomar volven os síntomas.

  23. Thiago Echevarría di:

    A psoriasis e unha enfermidade crónica, a cual non se cura en forma definitiva, pero si podese mellorar si se levan a cabo certos pasos. Estos pasos permiten mellorar a calidade de vida de aqueles que a padecen.

    Evitar situacións de estrés: O estrés agrava a enfermidade, polo tanto e necesario ter unha actitude positiva frente a os avatares da vida. Ademáis e necesario entender
    e aceptar a psoriasis, xa que esta será unha enfermidade que os acompañe toda a vida.

    Tomar sol: A exposición prudente ao sol mellora a enfermidade. Tomar 20 minutos diarios de sol axuda a mellorar notablemente a pel.
    Manter humeda a pel: A pel seca se lastima por iso e necesario colocar cremas humectantes que lubriquen a pel.
    Manter un peso saludable: As persoas con sobrepeso suelen ser máis propensas a padecer síntomas da psoriasis.
    Hixienizar correctamente a pel: E importante evitar inflamación ou infeccións na pel que poidan desencadenar un episodio de psoriasis.

  24. Cristina González di:

    De acordo ao que se estivo investigando, se tes un IMC por riba do normal existen maiores posibilidades de contraer psoriasis.
    Ao parecer o texido adiposo é o responsable de que se produzca esta relación peligrosa.

    Encontráronse dous mecanismos de acción.
    Por un lado, os adipositos de dito texido liberan hormonas que poden contribuir á aparición e á propagación da psoriasis; e por outro lado certas sustancias chamadas adipoquinas que desencadearían unha reacción inmunolóxica contra as células sanas da pel, orixinando a psoriasis.

  25. Diana Pérez di:

    Existe un tratamento para a Psoriase sen efectos adversos que se pode aplicar tanto a adultos como a nenos.
    Este tratamento basase precisamente na desintoxicación do organismo e axudando aos órganos involucrados, a realizar esta acción normalmente, é dicir normalizando o metabolismo das toxinas.
    Para isto utilizanse, entre outras indicacions que o médico lle dará no momento da consulta e dependendo do pacente e do caso:

    Enzimas que se obteñen de plantas orixinarias do Amazonas
    Vitaminas antioxidantesAminoácidos específicos Estas medicacions son inxeridas por vía oral, actuando directamente sobre os órganos responsables da eliminación das toxinas (fígado, páncreas, riñón, bazo) e non externamente como o fan a maioría dos tratamentos existentes ata o momento.

    O tratamento actúa eficazmente en todas as manifestacions da psoriase e en calquer etapa da mesma.

  26. Mateo Fdez di:

    Podemos incluír a Psoriase no grupo de enfermedades cutáneas, máis específicamente neste caso, inflamatorias. Estas enfermedades serán aquelas relacionadas ca pel e os seus anexos, como as uñas, o pelo ou a suor, que ó ser expulsada pola pel, teríamos que ver se rexistramos agún problema cutánede de ter problemas na expulsión da suor. Estas enfermidades son tratadas polos dermatólogos, e existen numerosos tipos distintos de enfermidades que van desde a propia psoriase á quizais máis coñecida, a lepra, pasando pola caspa (que sen ser unha enfermidade propiamente dita, ten a súa orixe nun desorden cutáeno nas células da pel do coiro cabelludo, que se reemplazan demasiado rápido e agrúpanse para logo caer). Dentro da mesma capa, a picor aparece pola presenza do fungo Malassezia furfur, mentres que outro fungo, o fungo FM (antes coñecido como Pityrosporum ovale) é o principal causante da mesma caspa, ó metabolizar a graxa humana e creando un subproducto antihixiénico. A aparición da caspa tamén depende da historia familiar, algunhas alerxias, transpirar de forma abundante e estrés, entre outras.

Deixa unha resposta