Un perigo do pasado

A peste negra ou peste bubonica, foi a maior pandemia que tivo que soportar a Europa do século XVI.
Existen varias teorías sobre esta peste, xa que non se sabe moito sobre a súa procedencia, pero esta é a máis aceptada polos científicos e investigadores deste suceso:

 Orixinouse en Asia, e chegou a Europa grazas ás rutas comerciais marítimas xa que os animais que a portaban ían no interior dos buques comerciais. Unha vez chegada a Europa, expandiuse dende Italia a todo o resto de Europa. A enfermidade, traíana as ratas, pero contaxiábanlla as pulgas, por tanto calquera contacto con estes 2 animais provocaba a transmisión inmediata.

Esta peste, matou 25 millóns de persoas, e por exemplo, en Florencia (Italia), só sobreviviu a quinta parte da súa poboación. Con todo, a cantidade de mortes en Alemaña, foi moito menor, xa que Alemaña non dá lugar ao mar e por tanto tardou máis en expandirse até ese punto.

Tras esta catástrofe tivo lugar un descenso da man de obra barata na agricultura, o que provocou máis mortes pola falta de alimentos. A falta de hixiene daquela época tamén axudou á súa expansión.

Como desapareceu esta enfermidade?, Cal foi a súa  cura?, Vós pensades que se puido expandir segundo a teoría exposta?
Autor: Iván Ramos Vázquez.

Esta entrada foi publicada en 3. Enfermidades infecciosas, 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Un perigo do pasado

  1. Alexandra Parceiro di:

    Coa aparición desta enfermidade rápidamente acusouse os xudeos como os causantes da epidemia por medio da intoxicación e o envelenamento de pozos.Polo que foron asesinados miles de xudeos.

    Considera que foi a causa da morte do enton rei de Castilla, Alfonso XI.

    Aparte da morte, que podría ser considerado o máis severo, existen moitos outros síntomas como:
    Dores de cabeza
    Una diarrea
    Escalofríos
    Febre amarilla
    Dor dos ganglios e gónadas
    Trombos pola pel de cor negro-azulado
    Alucinacions

  2. Sabela Escourido di:

    Eu penso que a teoría que se expón e bastante fiable xa que etiven mirando en varias paxinas e todas coinciden en que se orixinou en Asia.
    Agora vou a explicar vos síntomas desta peste.
    Os primeiros síntomas da enfermidade consistían en febre elevada e calafríos, que en ocasións se confundían cos doutras enfermidades. Pouco despois facían acto de presenza angustia e ansiedade, unidas a un aumento da febre, mareos e vómitos. O paciente, que vivía nunha estado de prostración constante, perdía en ocasións o coñecemento, todo iso no medio de fortes suores que desprendían un profundo e particular olor, segundo os cronistas “similar ao da palla podre”. A iso uníanse terribles dores de cabeza, desnutrición, sensación de asfixia, grandes tremores e unha lingua pastosa e esbrancuxada.
    Pero, aínda que desagradable, aquilo non era o peor: pronto aparecían inchazos nas inguas, baixo as axilas ou detrás das orellas -alí onde se encontraban os ganglios linfáticos-, signos inequívocos de que a letal enfermidade estaba a actuar. En ocasións alcanzaban o tamaño dunha mazá ou un ovo, polo que o vulgo comezou a chamalos “bubones“, palabra derivada do grego boubon -vulto, tumor-, que deu orixe á denominación de “peste bubónica”, tamén coñecida como “peste negra”, pois os vultos, manchas e úlceras adquirían unha cor moura.

  3. mateogarcia di:

    Esta enfermidade é producida por un bacilo chamado “Yersinia pestis”, que a maiores da peste bubónica pode producir tamén peste pneumónica e peste septicémica. O foco principal de infección desta enfermidade son as ratas, pero aínda que ao ser infectadas a maioría morre, unha pequena porcentaxe sobrevive podendo asi trasmitir a enfermidade.
    Ao ser introducidas as células bacterianas no torrente sanguíneo estas desplázanse cara os nódulos linfáticos onde xeran unhas hinchazóns chamadas bubóns que están cheos de partículas bacterianas. En pouco tempo estes nódulos linfáticos son invadidos por bubóns secundarios ata que reventan e as células pasan de novo ao torrente circulatorio pero esta vez en maior número, o que causa unha septicemia xeralizada. Neste estado, prodúcense moitas hemorraxias que dan lugar a manchas negras na pel, gangrena nalgunhas extremidades e unha forte dor nos nódulos linfáticos con posterir shock e delirio. Se isto non é tratado, a morte chega nun período de 3 a 5 días.

    • Mila Mosquera di:

      A peste foi inicialmente introducida en Caffa como arma biolóxica. Cadáveres de turcos que morreran desa doenza foron catapultados para dentro das murallas da cidade, de onde se espallou dando orixe á Peste Negra do século XIV.
      Durante a Primeira guerra mundial, o exército do Xapón desenvolveu a peste encanto arma biolóxica de diseminación por pulgas. Foi usada contra civís chineses e prisioneiros de guerra na Manchuria.
      Durante a Guerra fría os EUA e a URSS desenvolveron estirpes xeneticamente modificadas de bacilos Yersinia pestis para a diseminación aerosolizada. A Unión Soviética probabelmente desenvolveu armas eficaces en grande volume, segundo algúns relatorios dos servizos secretos dos Estados Unidos, mais os datos específicos non son coñecidos e é probábel que os arsenais xa teñan sido destruídos.

  4. Naomí Mosquera di:

    Responderei a pregunta de como se cura. Os antibióticos de elección para a cura ou prevención son: estreptomicina e tetraciclina combinadas, é posible aplicalos individualmente como a estreptomicina; isto evita o rápido da enfermidade, su uso non debe esperar o resultado do cultivo bacteriolóxico. A incisión e o drenaxe dos bubones, en xeral non son necesarios.

    Actualmente a ameaza persiste, en América do Norte, nos Estados Unidos. Un exemplo, do que pode suceder se deu a principios do siglo XX no estado de California, onde rexistraronse casos de peste no barrio chino de San Francisco, de inmediato o goberno federal enviou un funcionario de Salubridad para o seu control, pero os californianos indignaronse, por so a suxerencia, de que había peste bubónica no estado, os seus habitantes públicamente atacaron o funcionario. Por isto foron obligados, baixo ameaza dunha cuarentena federal de privar a xente e as suas mercancías da autorización para salir do estado.

    Hoxe a existencia da enfermidade rexistrouse en: esquios, marmotas, ratas e ratones salvaxes, desde California ata Kansas, especialistas en epidemioloxía vixilan estos animales, en especial o máis pequeño: o hurón que convive coa rata doméstica no invierno.

  5. Amir Pose di:

    Gustariame mencionar dous casos de peste negra ocurridos en Europa no século XVII.
    A Gran Praga (1665-1666), foi unha epidemia que matou entre 70.000 e 100.000 persoas en Inglaterra, e máis dunha quinta parte da poboación de Londres. Históricamente, se identificou á enfermidade como a peste bubónica, unha infección causada pola bacteria Yersinia pestis, transmitida a través das pulgas das ratas. A epidemia de 1665-1666 foi similar á anterior “Peste Negra” un virulento brote da enfermidade en Europa entre 1347 e 1353, pero aconteceu nunha escala moito máis pequena, e foi recordada como a “Gran Praga” debido a que foi un dos últimos grandes brotes de peste europeos.
    A gran peste de Viena tivo lugar en 1679 na cidade austríaca de Viena, residencia imperial dos Habsburgo austríacos. A partir das descricións contemporáneas á epidemia, cre que se tratou dunha epidemia de peste negra ou bubónica, provocada pola bacteria Yersinia pestis, que é portada por pulgas asociadas ás ratas negras e outros roedores. A poboación foi minguada pola peste, subindo o número de vítimas a 76.000 habitantes.

  6. Thiago Echevarría di:

    Eu vou falar sobre os tratamentos e as recomendacions sobre esta enfermidade:

    A primeira medida a tomar e aislar ao pacente, para iniciar un tratamento sintomático e de sostén. Para repoñer líquidos e estabilizar ao paciente.
    O tratamiento antibiótico debe iniciarse o antes posible, con estreptomicina como antibiótico de elección. A gentamicina, e tetraciclina son útiles cando non se dispoñe de estreptomicina; o cloramfenicol debe administrarse nos casos de meninxitis e de hipotensión pronunciada.
    Os bubones remiten sen necesidade de tratamento local, pero durante a primeira semana de tratamiento poden volverse fluctuantes e aumentar de tamaño y poden ser necesaria a sua incisión e drenaxe.

    EPIDEMIAS: En caso de epidemia de peste se deberán administrar antibióticos pola vía parenteral e aislar 48 horas, a aqueles que presenten febre ou tos de corta evolución. Os antibióticos preferidos como profilaxis en caso de epidemia de peste son as tetraciclinas ou as sulfamidas.

    A profilaxis (prevención) en áreas endémicas basase en evitar a picadura adoptando medidas de protección contra roedores e pulgas. O control ambiental disminue o risco de que as persoas sexan picadas por pulgas de roedores e outros animais infectados. Para prevenir os brotes de peste hai que adoptar medidas sanitarias para disminuir a población de ratas e outros roedores.

  7. Nildes Abella di:

    Durante a Idade Media, as enfermidades propagábanse con moita rapidez dado que evidentemente non se contaba cos avances no campo médico que tenemos na sociedade actual. O ser humano soamente podía confíar no seu sistema inmunolóxico para defenderse do ataque de virus e bacterias.
    Nesta época non existían as vacinas, xa que foi en 1796 cando un médico de Inglaterra, Edward Jenner crea a primeira vacina contra a varíola; Entón como puido extinguirse a peste? A enfermidade desapareceu de forma gradual aínda que houbo algunas pragas fortes en 1670, un brote en Inglaterra bautizado como “a gran Praga” e donde morreron unhas 100,000 persoas. Posteriormente, en Marsella rexistrouse a última manifestación da peste negra en 1720.
    Despois desta última manifestación, a enfermidade desaparece de Europa sen causa aparente, entendéndose que se debeu a unha visión diferente en canto as normas de hixiene e conduta social. As casas dividíronse en habitacións reducíndose considerablemente a insalubridade. A xente empezou a preocuparse polo aseo, tanto persoal como ambiental.
    Ademáis outro factor influínte podría ser o cambio da rata negra inicial a unha de cor gris máis corpulenta e forte na que as pulgas que a parasitan, son menos eficaces como transmisoras da peste ó home, que as que parasitan á rata negra.

    Hai duas formas de peste, dependendo da súa gravidade.
    A máis importante é a peste bubónica, que afecta ós ganglios linfáticos e provoca a inflamación de aquelos situados na gorxa, axilas e ingles. Na Idade Media a mortalidade para os afectados era superior ó 75%: a maior parte morría na primera semana. Aparecía sobre todo nos meses de verán e adoitaba alcanzar un pico en septembro.
    A outra variedade, chamada peste neumónica (máis grave que a anterior), é unha das enfermidades máis infecciosas e mortais coñecidas polo ser humano. Ten a capacidade de contaxiarse polo aire, sen ter que mediar unha rata ou unha pulga infectada, propagándose como o lume. Era habitual nos meses fríos do inverno, afectaba ós pulmóns e se trasmitía con gran facilidade a través da tos ou espirros. Era fatal nun 95% dos casos e as súas víctimas morrían uns tres días despois da aparición do brote.

    Suponse que a peste negra recorreu a Ruta da Seda, a senda transasiática utilizada para o transporte da seda dende China hasta Europa. Un historiador da época despois de sepultar os seus cinco fillos escribiu:
    “Ninguén choraba polos mortos, pois todo o mundo esperaba a morte”.A continuación deixo un vídeo donde fai un percorrido polo desenvolvemento da enfermidade na época:
    http://www.youtube.com/watch?v=bPQzCg8fg-4&feature=player_embedded#!

  8. David Lamas di:

    Encontrouse ADN de Y. pestis nos dentes daqueles que morreron de peste negra pero, non obstante, cadáveres medievais que morreron doutras causas non deron positivo para Y. pestis. Isto suxire que foi un factor que contribuíu ás pragas europeas, pero probablemente non o único. É posible que as presións selectivas inducidas pola praga puidesen cambiar o modo en que o patóxeno se manifesta en humanos, seleccionándose en contra de individuos ou poboacións que eran máis susceptibles.

    Sobre o tratamento a Y. pestis presenta resistencia natural á penicilina, pero a maioría das cepas son sensibles á estreptomicina, o cloranfenicol e as tetraciclinas. Actualmente hai certas evidencias da sensibilidade de Y. pestis a gentamicina e doxiciclina.
    Se o tratamento se inicia rapidamente, a mortalidade da peste bubónica pode reducirse ata o 1-5% dos infectados.

  9. Nahir Roig di:

    O reservorio natural da enfermidade son os roedores salvaxes, coellos e lebres, carnívoros salvaxes, e gatos domésticos.

    A peste é transmitida ao home pola picadura da pulga oriental da rata, Xenopsylla Cheopis, por iso as persoas e os animais que viven ou visitan lugares onde recentemente morreron roedores corren o risco de contraer a enfermidade polas picaduras das pulgas.

    A pulga introduce miles de bacilos na pel, que emigran a través dos vasos linfáticos ata os ganglios linfáticos rexionais, onde se multiplican causando a destrución e necrose(morte dun tecido) da estrutura ganglionar.A peste bubónica non se transmite de persoa a persoa salvo que exista contacto físico cos bubones supurantes. As persoas poden infectarse tamén ao ter contacto con animais infectados, roedores, coellos, carnívoros salvaxes, cans e gatos, cando as bacterias infectadas penetran no seu organismo a través da pel.

    • Xisela Lema Díaz di:

      En condicións normais, a pulga pica a un animal infectado e succiona sangue que pasa ao estómago onde é dixerida. Neste caso, a pulga non é infectante. Se a temperatura ambiental é baixa, os encimas gástricos non funcionan axeitadamente e parte do sangue pode quedar indigerida no estómago, onde se forma un coágulo no que as bacterias se multiplican activamente. Co estómago bloqueado, a pulga non logra facer unha dixestión, e empeza a ter fame. A pulga vólvese voraz e pica a calquera hospedero para continuar alimentándose. Non obstante, non logra satisfacer a súa fame, pois durante o proceso de alimentación, o sangue non pode fluír a través do estómago bloqueado, e consecuentemente parte deste sangue é regurxitado, arrastrando con ela bacterias e producindo así o contaxio do animal picado. Finalmente, a pulga morre de inanición. De aí a importancia que a temperatura ten na transmisión desta enfermidade.

      Teoricamente todas as especies de pulgas están capacitadas para transmitir a peste, se ben cada especie ten un hábitat ideal en función das súas propias características fisiolóxicas. Aínda que se illou Yersinia pestis en carrachas e piollos, non se conseguiu demostrar a transmisión a partir deles.

  10. Boris Lobón di:

    Eu penso que si poderia ser exposta esa teoria pero eu teño outra que tamen pode ser posible, ahi vai:a peste todos pensamos que ven de Asia pero eu penso que se creou en Europa e sintoo polos historiadores pero eu so moi mal pensao,creo que o fixeron por puro etnocentrismo.Dado que os europeos nese momento crianse os amos do mundo e por manter iso echaronlle a culpa os asiáticos.Esta é a miña maneira de ver a Peste Negra dende un punto de vista realista aunque admito que podo equivocarme non todos somos perfectos.Aun asi eu a veo como digo non a versión oficial,porque desprestixiarse nun momento de auxe non gusta e menos co racismo historico que hai cos paises como China e Japón.Eu non entendo porque en clase,en supermercados escoitas palabras soeces e ultraracistas contra estas culturas que llevan muchos años antes de los griegos y que todo occidente.China por exemplo é milenaria,eu a apoio porque a veo mais rica en cultura que alguns paises de Europa.Eu odio os que se meten cos chinos chamandoles despectivamente amarillos e demais insultos e isto pasa moito nas clases.

  11. Yannick Afonso di:

    Busquei información sobre isto xa que sobre a peste negra se fala moito pero non teño moita idea exactamente de donde proveñe nin nada..A peste negra é unha epidemia que desde 1347 a 1350 azotou a casi todo o continente europeo. Non está enteramente claro onde comezou a maior epidemia do século XIV, quizá en algún lugar polo norte da India, pero máis probablemente nas estepas de Asia central, desde onde foi levada ó oeste polos exércitos mongois. A peste foi traída a Europa pola ruta de Crimea, onde a colonia xenovesa de Kaffa (Feodosiya) foi asediada polos mongois.

  12. Carlos García di:

    Como xa dixeron anteriormente,a peste negra, foi causada por unha bacteria, unha variante específica de la Yersinia pestis, cuxo xenoma completo logrou agora secuenciar un equipo científico internacional. Os investigadores utilizaron as mostras tomadas dos restos de catro víctimas da peste negra enterradas no cementerio londinense de East Smithfield, entre 1348 y 1350.
    Johannes Krause (Universidade de Tubinga, Alemania) e os seus colegas concluyen que esa cepa da mortífera bacteria que eles secuenciaron é o ancestro de todas as cepas de peste actuais, que provocan unhas 2.000 mortes cada ano en todo o mundo.

    É a primeira vez que os científicos logran reconstruir o xenoma dun patóxeno tan antigo, e é importante porque permite seguir o rastro dos cambios na súa evolución e virulencia ó largo do tempo, explican os expertos da Universidade McMaster (Canadá), que participaron na investigación.

  13. Cristina Frade di:

    Unha epidemia ocurre cando unha enfermidade afecta a un amplio número da poboación. En cambio una pandemia é cando esta epidemia se extende por varias rexións de varios continentes ou por todo o mundo. Tamén existe unha variable da epidemia que é cando esta epidemia afectase a unha zona por bastante tempo.
    Según varios datos que atopei hai bastantes epidemias que están orixinadas polo virus H1N1, como a Gripe A, a Gripe española e a Gripe Rusa.
    Vouvos falar un pouco da Gripe Española. Orixinouse en Kansas, Estados Unidos. Foi causada polo virus H1N1 nunha combinación de gripe humana e aviar. Tamén foi coñecida como “A Gran Pandemia de Gripe”, “La Epidemia de Gripe de 1918”, etc.
    Foi unha pandemia de gripe bastante grave, matou entre 50 e 100 millóns de personas en todo o mundo entre 1918 e 1919.
    Crese que foi unha das pandemias máis letais da historia da humanidade.

  14. Sara Otero di:

    A peste negra foi unha pandemia que afectou a toda a poboación europea, provocando unhas taxas de mortalidade excesivamente elevadas (por exemplo dun 75% en Londres). A xente daquel momento incluso chegou a pensar que se trataba da Apocalipse. A poboación en Europa en 1340 calculábase que era de 73,5 millóns de habitantes, e en 1450 xa era soamente de 50 millóns. Os motivos que incentivaron a expansión desta enfermidade poden deberse a que durante o século XIV, a medicina apoiábase na antiga doutrina clásica, deformada por unha dialéctica teórica e pouco experimental. Soamente en Italia e España recurrían á ciencia xudea e árabe. Por contra, para explicar a peste, prefiriron invocar á conxunción dos astros e a mala reputación de Marte. Os remedios aos que recurrían os médicos eran contraindicados, como evitar toda corrente de aire.
    A maitoría dos médicos que axudaban aos afectados eran voluntarios, e vestían uns traxes esperpénticos (os da fotografía da entrada) para protexerse e evitar o contaxio. Levaban esas máscaras con forma de longo pico porque creían que a enfermidade se transmitía polo olfato e porque probablemente fora contaxiada polos paxaros e estas axudarían a espantalos. No interior contiñan unhas herbas aromáticas que servían para neutralizar o aire corrupto e impedir que entrara polas fosas nasais. Levaban tamén uns anteollos negros a modo de amuletos contra o “mal de ollo”, pois esta morte negra era considerada maldita. Tiñan o corpo cuberto por unha larga túnica negra, un enorme sombreiro protexía a súa cabeza, e cargaban unha vara larga ou bastón de madeira e guantes para non entrar en contacto directo cos apestados.
    Finalmente, para acabar coa dispersión da pandemia, sacaban os cadáveres en carretillas fora das cidades para introducilos nunhas grandes fosas e logo quemalos. De este modo, a plaga desapareceu gradualmente a partir de 1670.

  15. Beatriz Castro di:

    O mundo enfrontouse recentemente a varios brotes epidémicos, como a neumonía atípica o síndrome respiratorio revero e agudo (SARS), unha doenza grave producida por un coronavirus moi contaxioso que irrompeu en Hong Kong, en 2002. Aquel brote finalmente contívose.
    Unha das epidemias mais recentes é a Gripe A. A gripe é unha enfermidade que afecta desde a antigüidade ás persoas e a outras especies animais (aves, porcos…) e que cause epidemias cada ano, principalmente durante os meses de inverno. Esta enfermidade a producen distintos tipos de virus que ademais poden combinarse entre eles dando lugar a unha nova gripe.
    A gripe é moi contaxiosa xa que transmítese facilmente dunha persoa a outra a través das gotiñas de saliva ou secrecións que expulsamos ao falar, tusir ou esbirrar.
    Para mais información: http://www.informaciongripea.es/

    • Mateo Fdez di:

      A gripe A foi provocada polo virus de tipo A e subtipo H1N1. Sen embargo, esta non foi a primeira pandemia (como así foi declarada pola OMS durante 14 meses) que sufriron as especies humana e animais por parte deste virus.
      A anterior epidemia por parte deste virus fora a “Gripe Española”, chamada así pola gran importancia que se lle deu no noso país mentres o resto de Europa e o mundo vivía pendente do que acontecía na Guerra (xa que desenvolveuse durante o final da I Guerra Mundial ata o ano 1920 e censuraba aquelo que contribuíse ó desánimo nacional. As cifras de mortes e afectados mantense aínda hoxe pouco esclarecidas e claroscuras, pero calcúlanse que entre un 10 e un 20% das persoas afectadas chegaron a morrer, e a enfermidade rematou con entre o 3 e o 6% da población mundial. Crese que as aglomeracións de xente e o déficit da hixiene nos cuarteis e outros lugares durante a Guerra axudaron a que a gripe se expandira, aínda que sen embargo non foi a causa da gripe. A gripe provocaba unha tormenta de citocinas, o que provocaba unha realimentación positiva, formando obturacións e a causa deles síntomas coma febre, hinchazóns, fatiga ou náuseas.
      A gripe española destacaba pola súa elevada “efectividade”: en cuestión de semanas a poboación quedaba diezmada: por exemplo, nunha semana un pobo de Alaska viu cómo pasaba de ter 80 habitantes a só dous.

  16. Alba Guzmán di:

    Quería falarvos sobre as máscaras brancas que levan os persoaxes da imaxen que aparece neste artigo.

    A realidade é que hay muy pouca información sobre a orixe de dita máscara, pero todo apunta a que estas eran levadas polos apotecarios no S.XV co fin de evitar o contaxio a través do aire de diversas enfermidades. Empleouse coma unha máscara de gas, a cal realmente non sirveu para gardar as distancias cos pacentes enfermos, como alguns pensan.

    Dentro das máscaras, colocábanse herbas aromáticas (para evitar a olor que desprendían os corpos en composición) e produtos químicos, co fin de previr o contaxio dos males transmitidos a través do aire (miasma), entre eles a peste. Isto é, que a crenza popular, naqueles tempos, transformou a enfermidade da peste nun “aire maligno”, un aire infecto, que discurría a través das calles e ía contaxiando a todo aquel que ía desprotexido ante este mal. Ademáis estas adoptaron unha forma que nos recorda á das aves, e resulta que naquela época, pensouse ademáis que a enfermidade era transmitida por ditos animais; aparte da rata negra (Rattus rattus) a cal contraía a enfermidade a través das picaduras das pulgas, como ben se di no artigo.

  17. Roxana Cadena di:

    Eu encontrei unha paxina na que fala sobre uns tipos de pestes.
    A peste pulmonar e unha das varias formas de peste, que ocurre de maneira separada ou en combinación, dependendo das circunstancias:
    A peste pulmonar._ ocorre cando a Yersinia pestis infecta os pulmones. Este tipo de peste pode propagarse de persoa a persoa a través do aire, tamén pódese propagar por a inhalación da Yersina pestis suspendida nas gotas minúsculas que se forma nas vías respiratorias da persoa o do animal que sufre a peste.
    A peste bubónica._ e a máis común. Esto ocurre cando a pulga infectada pica a persoa o cando ésta se infecta coa materia contaminada que entra na pel.
    A peste septicémica._ ocorre cando a basteria da peste multiplicase na sangue por si sola , é a consecuencia da complicación da peste bubónica, pero non se forman bubones. Os pacientes presentan fiebre, escalofríos, postración, shock e hemorragias.

  18. Evelin López di:

    A Yersinia pestis é un cocobacilo gram negativo, é dicir que se tiñe débilmente ó aplicarlle a técnica de gram véndose rosada a diferencia das gram positivas que se tiñen moradas xa que non teñen membrana externa. Ó principio clasificouse dentro da familia Pasteurella, pero logo, debido á similitude de híbridación do seu ADN reclasificouse na familia das enterobacterias aínda que presenta diferencias con estas en aspectos bioquímicos.
    É anaeróbica, aínda que soporta a presencia de osíxeno; é sensible á luz solar e á desecación. Non forma esporas. A súa temperatura óptima de crecimento é 28ºC.
    Estructuralmente, está formada por unha bicapa lipídica. Na sua capa externa presenta endotoxinas termoestables e non difusibles, que son lipopolisacáridos que forman o 40% da sua membrana e se asocian có 60% restante que son proteínas.
    Estas endotoxinas inducen respostas do individuo como a febre, hipotensión, faio cardíaco e actividade necrótica dos texidos ó estimular unha serie de mecanismos defensivos.
    Na capa interna non hai lipopolisacáridos, senon que fosfolípidos e lipoproteínas. Entre a membrana externa e a citoplasmática hai un espacio acuoso chamado periplasma con función osmorregulatoria.
    A Yersinia pestis é inmóvil a temperatura ambiente. O bacilo divídese cada 20 minutos, podendo unha soa bacteria xerar mil millons de copias en 10 horas.
    Según algúns estudos esta bacteria habería evolucionado hace poucos milenios de outra coñecida como Yersinia pseudotuberculose (a cal era máis benigna).

  19. Diana Pérez di:

    A peste negra foi transmitida polas ratas e a bacteria causante é a iersinia pestis, debido a falta de hixiene e a deficiencia de un sistema de drenaxe s ciudades de esa época, me mandaron un correo onde decía que na idade media bañabanse casi unha vez ao ano, todos utilizaban a mesma auga, primero se bañaban os homes da casa, despois as mulleres e ao final os nenoss e os bebes, que o abano o utilizaban para espantar a mal olor, así que imaxinate o grao de falta de hixiene que houbo para que apareciera esta epidemia. Tiveron que aislar aos enfermos e quemar cadaveres e roupa.
    Non se curou a peste negra, os que se infectaron morreron, quemaronse os cadáveres, os que non se contaxiaron (por boas defensas ou boa predisposición xenética ou ben porque se alexaron dos focos infecciosos) sobreviviron.
    Penso que si se puido expandir segundo esta teoría exposta.

  20. Cristina González di:

    Ante o terror inmenso que provocou este mal descoñecido, buscouse a explicación no sobrenatural.
    A peste considerouse un castigo divino polos pecados dos mortais. En plena desesperación, buscáronse culpables e víctimas que calmaran a ira divina. Se dixo que os xudeos e os leprosos habían envenenado os pozos e desencadenouse unha ola de violencia contra eles.

    Os hombes de esos tempos estaban convencidos de que a podredumbre do alma reflexábase no corpo, e por iso os leprosos, simplemente polo seu aspecto corporal, considerábanse pecadores.
    Tambén desconfiouse de todolos extranxeiros e dos peregrinos. As cidades e aldeas pecharon as súas muraias para protexerse da enfermidade.

    O medo aos “outros” (chámense xudeos, extranxeiros o leprosos) propagouse, e foi tan dañino como a peste porque causou persecucións e mortes inxustas que dificultaban aún máis a resistencia dos debilitados pobladores.
    A ciencia médica da época tiña creenzas acerca de cómo se contamiñaban os contaxiados de peste, pero sen dúbida descoñecían os mecanismos de transmisión: de esta maneira a explicación dun Deus vengador, que castigaba aos pecadores, dominou as conciencias dos europeos medievais.

  21. Nerea Pardo di:

    Na actualidade a peste segue entendéndose a través das pulgas de roedores. Esta enfermidade afecta a case 3.000 persoas en todo o mundo, sendo mais común en Estados Unidos, Madagascar, China, India e América do Sur.
    Co tratamento adecuado,o 85 % das vítima actuais sobrevive á enfermidade. O feito de que o xenoma da bacteria cambie tan lentamente suxire que o coñecemento médico moderno e a vulnerabilidade ante a enfermidade (non é unha versión menos virulenta de Yersinia pestis) poderían ser o motivo polo que a peste xa non acaba con poboacións enteiras.
    É posible que cambie tan lentamente debido a que so existe unha cepa de peste no mundo, polo que a bacteria unicamente pode desenrolarse de forma lineal.
    En cambio, a gripe cambia moi rapidamente debido á recombinación entre cepas cocirculantes, que provocaron a cepa extremadamente perigosa de 1918.
    Gracias á lenta evolución da peste, os antibióticos actuais son efectivos contra o moderno Yersinia pestis.

  22. Ishaka Osigbemhe di:

    Ante o terror inmenso que provocou este mal descoñecido, buscouse a explicación no sobrenatural. A peste considerouse un castigo divino polos pecados dos mortais. En plena desesperación, buscáronse culpables e vítimas que acougasen a ira divina. Díxose que os xudeus e os leprosos habían envelenado os pozos e desencadeouse unha onda de violencia contra eles .
    Os homes deses tempos estaban convencidos de que a podremia da alma reflectíase no corpo, e por iso os leprosos, polo seu mero aspecto corporal, considerábanse pecadores. Tamén se desconfiou de todos os estranxeiros e dos peregrinos. As cidades e aldeas pecharon as súas murallas para protexerse da enfermidade.

    O medo aos outros (chámense xudeus, estranxeiros ou leprosos) propagouse, e foi tan daniño como a peste porque causou persecucións e mortes inxustas que dificultaban aínda máis a resistencia dos debilitados poboadores. A ciencia médica da época tiña crenzas acerca de como se contaminaban os enfermos de peste, pero sen dúbida descoñecían os mecanismos de transmisión: desta maneira a explicación dun Deus vengador, que castigaba aos pecadores, dominou as conciencias dos europeos medievais.

Deixa unha resposta