Respirando fume

As Fragas antes

Saio pola porta da casa, e atópome a min mesmo inspirando aire quemado, divisando no horizonte un arxénteo manto que cubre o ceo e o transforma nunha homoxénea capa de fume. Semellante situación inquiétame. Xiro a esquina da casa, e atópome fronte o cereixo, prantado hai un par de xeracións, que ca chegada de primaveira  amosa as súas primeiras branquecinas follas. Sen embargo, estas non gozan nin da súa cor nin da súa fermosura habituais, senón que vense afogadas por unha grisácea apariencia exterior que se me antoxa extraña. Toco a máis cercana á miña man, a toqueteo lentamente, e diviso como pequenas porcións de cinza abandoan a folla.

Sorprendido, pregúntolle a miña nai que sucede.

“Son las Fragas”, respondía miña nai.

“¿Cómo que son las Fragas?”, preguntei.

Non podía crer o que me contaba: que todas as Fragas estaban calcinándose, reducíndose a cinzas.  Tampouco podía rematar de visualizar semexante atrocidade, coma se Nerón quemara Roma de novo. Que os mosteiros de Caaveiro e Monfero que tantas veces visitara de neno pasarían a ser pouco máis que negros montones de po e malogrados recordos da nosa historia. Que a historia repetíase seis anos despois de igual xeito. Que demostrábamos por enésima vez que o home é o único ser que tropeza ca mesma pedra dúas, tres, catro e infinitas veces do mesmo xeito.

As Fragas agora

Esto foi o que atopeime onte ó saír pola porta da miña aldea: miseria. Non miseria de parados, non miseria de pobreza; miseria de coidado, de pensamento, de racionalidade. Miseria de persoas, aquelas que probablemente empezaran o fogo simplemente porque hai intereses mineros nas Fragas, miseria medioambiental. Miseria de principios. Miseria de futuro para nós e para o das xeracións futuras. Miseria de futuro no que non poderán disfrutar dun dos mellores bosques atlánticos costeiros de Europa, ou dos monumentos monásticos do século X que as Fragas acollen.

Nesta noticia non van datos. Eso podedes aportalo vós. Pero está é a mensaxe, e o recordatorio, que non debemos esquecer, de que detrás de cada desastre que vemos na television e nos causa un momento de tristeza, hai xente que o vive de moi cerca, e que sempre o viviu. Falade vós das pésimas medidas preventivas, do que este goberno, da UME, dos novos presupostos e que se fará con eles, se axudarán a solucionar incidentes coma este no futuro. Comentade que din desde Greenpeace, Europa ou o Consello Consultivo  do Parque Natural, dos intereses mineiros sobre a andalucita, de qué é esta, do pírrico número de efectivos que se encontran para protexer un dos nosos mellores e máis preciados tesouros, da sequía ou das anteriores flora e fauna das Fragas.

Falade vós de todo eso: eu non podo máis.

Autor: Mateo Fdez

Esta entrada foi publicada en 2. O noso lugar no universo, 2. Os Homínidos, 4. Biodiversidade, 4. Deforestacion, 4. Riscos naturais, Xeral e etiquetada , , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.