A Hora do Planeta

Hoxe celebrase a hora do planeta, a maior campaña de sensibilización contra o cambio climático. En España todas as capitais da provincia confirmaron a sua participación na Hora do Planeta.  A nosa querida Torre de Hércules xunto a Sagrada Familia de Barcelona, o Palacio Real de Madrid, a Alhambra de Granada e a Torre del Oro de Sevilla son unha pequena mostra dos milleiros de edificios emblemáticos que quedaranse a escuras durante a Hora do Planeta. O mundo irase oscurecendo  ás 20:30.

A Hora do Planeta converteuse en seis anos nun fenómeno mundial. O que comenzou coma un acto simbólico de loita contra o cambio climático nunha soa cidade, agora cruza o planeta enteiro pasando por mais de 5.000 cidades de 135 países.

       

Autora: Naomi Mosquera

Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to A Hora do Planeta

  1. Alexandra Parceiro di:

    En 2011, máis de 5.000 cidades de 135 países apagaron as luces dos seus principais monumentos e edificios emblemáticos, enviando así un claro mensaxe: os xestos simbólicos poden xerar grandes cambios se conseguimos un compromiso global durante todo o ano.
    Ir “máis alá da Hora” foi o lema desta última edición. A campaña tomou enton unha nova dimensión invitando os cidadans a ir máis alá e adoptar medidas de aforro enerxético durante todo o ano.
    En 2012, WWF quere desafiar o mundo. É o ano dos compromisos e os retos. Das accions a favor do medio ambiente durante todo o ano.

    “WWF invitate a retar os teus amigos, familiares, empregados e clientes: Que serías capaz de facer para salvar o planeta? Usa a tua imaxinación e as tuas redes sociais para difundir a campaña entre os teus seguidores e anímarlles a facer o mesmo.” Estas palabras atopeinas na páxina web da hora do planeta española, deixovola por si vos interesa:
    http://www.horadelplaneta.es/que-es.php

    O entrar en youtube pode verse como tamén está concienciado con esta hora; porque, o día de hoxe, ten un enlace co debuxo dunha bombilla onde o premerlle vai o canal de earthhour.

  2. Mila Mosquera di:

    A Hora do Planeta é un evento internacional promocionado polo World Wide Fund for Nature (WWF) que se celebra o último sábado de Marzo de cada ano e que consiste nun apagamento eléctrico voluntario, no que se pide a fogares e empresas que apaguen as luces e outros aparellos eléctricos durante unha hora. Con este evento preténdese concienciar á sociedade sobre a necesidade de adoptar medidas fronte ao cambio climático e as emisións contaminantes, así como aforrar enerxía e minorar a contaminación lumínica. Segundo os organizadores do evento internacional, apagar ou reducir a enerxía en negocios, casas, e outros lugares, resultará na baixa das emisións de CO2.
    A Hora do Planeta foi concibida pola WWF e The Sydney Morning Herald (un xornal con sede na cidade de Sídney, Australia). A primeira Hora do Planeta celebrouse nesta mesma cidade o 31 de marzo de 2007, entre as 19:30 e as 20:30. O aforro de enerxía en Sídney durante esa hora estimouse entre o 2,1% e 10,2%, coa participación de aproximadamente 2,2 millóns de australianos. Seguindo o exemplo de Sídney, moitas outras cidades en Canadá e outros países adoptaron o evento o sábado 29 de marzo de 2008, de 19:30 a 20:30. A Hora do Planeta en 2010 celebrouse o 27 de marzo de 20:30 a 21:30, hora local en cada país. En 2011, levou a cabo en 5,251 cidades en 135 países e territorios en todos os continentes.
    En Estados Unidos esta data coincide co National Dark-Sky Week, un evento no cal, durante unha semana, a xente de Estados Unidos apaga as luces dos seus fogares para observar a beleza do ceo nocturno, sen a interferencia da luz artificial.

  3. Thiago Echevarría di:

    Este dia esta moi ben para dedicarlle unha hora a noso planeta…Pero non e suficiente , todos deberiamos aportar a nosa parte DIA A DIA , porque hai un grave problema que e o esquentamento global,un dos problemas mais grandes que xamais tivemos antes. A poboación parece non importarlle moito, pero xa se percataran do problema , cando xa non quede ningunha solución. Agora eo momento de actuar, para que ese esquentamento non chegue a mais.
    Con medidas tan sinxelas, como cambiar a bombilla, usar mais o transporte público, reciclar…poderiamos evitar miles de toneladas de co2 a Atmósfera. As escolas deberían ensinar métodos para combatir o esquentamento.
    E referindome a hora do planeta, deixovos un ligazón , onde os esplica en que consiste
    http://www.horadelplaneta.es/que-es.php

  4. Boris Lobón di:

    Esto hora tiñase que facer todolos dias en todos os paises,cidades e demais lugares da Terra aportando cada un o seu momento ó planeta,incluso nos paises do Tercer Mundo podianno facer e asi contribuir porque aunque sexa unha bombilla so a que se apague fai moito a favor da estabilidade climática do planeta.

  5. Sabela Escourido di:

    Esta sexta edición de La Hora del Planeta foi récord: apagaron as súas luces 6494 cidades de 150 países para enviar unha mensaxe unificada acerca da necesidade de accionar a favor do planeta. Algúns dos edificios que se apagaron foron: o Opera House de Sydney, a Torre de Tokyo, a muralla China, o Gateway de India, a Torre Eiffel, a Torre de Pisa, a cúpula da Basílica de San Pedro no Vaticano, o Pazo Buckingham; o Big Ben; o Cristo Redentor, e o edificio do Empire Sate entre outros.
    Ás 20.30 h, para dar comezo a La Hora del Planeta, o Ministro de Ambiente e Espazo Público de a cidade de Bos Aires, Diego Santilli; e o Director Xeral de Vida Silvestre, Diego Moreno, apagaron as luces do planetario.

  6. Sara Otero di:

    En certo grao eu estou de acordo co meu compañeiro Boris. Coma di no vídeo que nos amosa Naomi, este movemento global comezou coma unha idea, que se convertiu nun símbolo, que logo se convirtiu nun movemento. Pero eu penso que este momvemento que hoxe xa é global, e que cada ano é compartido por máis cidades, é soamente un principio. Se de verdade queremos reparar os danos feitos a esta, a nosa Terra, e reducir o quecemento global debería haber máis de unha hora do planeta.
    O principal obxectivo da WWF con este movemento é alertar e concienciar á poboación mundial do perigo que nos estamos causando a nós mesmos provocando este quecemento. Traballan con gobernos e institucións para fomentar o uso das enerxías renovables, contruir e reformar edificios para conseguir os denominados Edificios Cero, pero sobre todo traballan para impedir que o aumento da temperatura chegue aos 2ºC. Na miña opinión, é por este aumento da temperatura (a cada grao maior, máis perigoso) que debería haber unha dedicada ao planeta máis dunha vez ao ano.

    • Santiago de la Iglesia di:

      A iniciatica de construir “edificios cero” pareceme moi axeitada e eficaz para combatir ao cambio climático, pero o que non entendo é porque non se fixo xa (en realidade sí, o diré ao final). Penso que instalando fontes de enerxía renovable, neste caso paneis solares nos edificios, surxirían moitos cambios na sociedade. Como por exemplo en solucionar a crisis mundial do momento, xa que o aforro en enerxía triplicaría o prezo do gastado na súa instalación. O problema surxe en países onde a meirande parte dos servizos son privados e o poder do estado débil, xa que os intereses de moitas empresas nacionais e, deporablemente, multinacionais inclínanse pola oposición deste proxecto.

  7. Olalla Manteiga di:

    A min paréceme un movemento positivo en todos os sentidos, e debemos concienciarnos de que se non queremos perder a nosa casa, temos que facer todo o que estea nas nosas mans para resolver os problemas que nós mesmos creamos. Aínda sendo unha hora ao ano, apéname ver que hai xente que non se suma a esta iniciativa, xa que este evento é unha acción de loita medioambiental que busca o aforro enerxético para reducir o quecemento global. Pero como os meus compañeiros, eu tamén penso que todos deberiamos aportar o noso grao de area día día para facer do noso un mundo libre de contaminación para que poidan disfrutar del as futuras xeracións.

  8. Cristina Frade di:

    Eu creo que como din os meus compañeiros non chega só con unha hora ao ano adicada ao coidado do noso planeta, necesitamos máis, a Terra necesita máis. Non hai máis que ver os estragos que estamos a facer nela, as especies que non conseguen sobrevivir, coma os osos polares. Esta situación non só nos vai afectar a nós, as nosas próximas situacións tamén deberían poder disfrutar do paraíso onde vivimos e non lles temos que privar delo.
    Penso que entre todos poderíamos conseguir que esta hora pasase a ser dúas horas ao ano primeiro, e despois ir evolucionando o máis rápido posible para amañar as desfeitas.
    Segundo WWF, “os xestos simbólicos poden xerar grandes cambios se se consigue un compromiso global durante todo o ano”.

  9. Beatriz Castro di:

    O Observatorio Astronómico da Complutense monotorizou o ceo nocturno de Madrid durante a Hora do Planeta do Sábado 31 de marzo
    O obxectivo é comprobar se os apagóns previstos diminúen o brillo do ceo madrileño.
    As imaxes nocturnas de Madrid tomadas dende a Estación Espacial Internacional (ISS) permiten identificar zonas moi brillantes, que son puntos negros de contaminación lumínica. A última imaxe de Madrid de noite obtida desde a ISS ten unha extraordinaria resolución espacial. Foi tomada o pasado 12 de febreiro desde a órbita da ISS, a uns 400 km de altitude. Se a comparamos con imaxes previas, se detectan cambios na iluminación madrileña. Por exemplo, as luminarias dalgunhas estradas se están apagando, tal vez debido á crise económica. Sen embargo, aparecen novos puntos brillantes, algo que para GUAIX indica que a sociedade non está concienciada do problema da contaminación lumínica.

  10. Nildes Abella di:

    WWF,a organización que leva a cabo esta iniciativa, traballa por un planeta vivo e a súa misión é frear a degradación ambiental da Terra e construir un futuro no que o ser humano viva en armonía coa natureza:
    Conservando a diversidade biolóxica mundial,
    asegurando que o uso dos recursos naturais renovables sexa sostible e promovendo a redución da contaminación e o consumo desmedido. Outro obxectivo é a conservación de aquelas especies e entornos que presentan estados críticos.
    Na actualidade, WWF ten 1.200 proxectos en marcha aredor do mundo.

    O motivo polo cal esta asociación leva a cabo estes proxectos é porque o actual nivel de consumo da poboación mundial supera nun 30% a capacidade da Terra de dar “servicios ambientais” como, por exemplo, alimentos, regulación do clima e provisión de agua doce.
    Esto significa que estamos consumindo as reservas que dispoñemos para a nosa propia subsistencia.
    Actualmente, necesitamos 1,3 planetas para sostener a actividade humana.

    O cambio climático é a consecuencia máis visible do uso desmedido que estamos facendo dos recursos naturais. La temperatura media del planeta vai crecendo e para evitar que siga aumentando desta manera acelerada tománse medidas como a da noticia. Deixovos algunhas imaxes do impacto que tivo este acontecemento polo mundo:
    http://www.rtve.es/mediateca/fotos/20120331/imagenes-hora-del-planeta-2012/92135.shtml
    Aínda que non existen rexistros oficiais do aforro que supon a Hora do Planeta, en 2009 a Red Eléctrica de España cifrou en 300 megavatios o descenso do consumo de enerxía no punto máis acusado no noso país. Un megavatio é un millón de vatios ou mil kilovatios. Para que vos fagades unha idea para iluminar catro millóns de fogares con bombillas incandescentes necesitaríanse 100 megavatios.

    En España as familias somos responsables do 30% do consumo total da enerxía do país (o 18% corresponde a usos domésticos e o outro 12% á utilización do coche). Algunhas medidas que nós podemos tomar para aforrar enerxía son:
    -Á hora de adquirir un novo electrodoméstico elexir sempre aparatos de clase A, A+ ou A++
    -Utilizar menos o coche e máis os transportes máis eficientes, como o tren e o autobús. (Se deixamos de usar tan so un 1% dos vehículos privados para ir o traballo, aforraríamos máis de 20 millóns de litros de combustible.
    -Utilizar bombillas de baixo consumo e apagar as luces cando non estés nas habitacións.
    -Recicla, reutiliza e reduce.

  11. Cristina González di:

    Esta iniciativa pareceme boa ainda que insuficiente. O tema da campaña é concienzar, e iso toma moito máis tempo que unha hora.
    Se queres colaborar: apaga o teu ordenador pola noite, non deixes as luces prendidas innecesariamente, usa focos aforradores, non merques cousas impulsivamente, cambia o sistema de enerxía que usas..etc.

    ¿Cuanto diñeiro, esforzo e enerxía gastase en difundir esta campaña? ¿Esta cantidade de diñeiro, esforzo e enerxía poden ser mellor aproveitados e ter unha efectividade maior?

  12. Nerea Pardo di:

    España é un dos 135 paises que respaldou a Hora do Planeta en mais de 150 cidades.
    Un centenar de empresas, colexios e universidades, asociacións, sindicatos e partidos participou nesta iniciativa global do Fondo Mundial para a Natureza WWF, que se converteu nun dos maiores eventos mundiais de sensibilización ecolóxica.
    Unha das súas accións centrais tivo lugar fronte ao Palacio Real de Madrid, onde mais de 500 persoas formaron un mosaico humano en forma de oso panda xigante (logo de WWF).A Torre de Hércules de A Coruña, a Sagrada Familia de Barcelona, o Palacio Real de Madrid, a Alhambra de Granada, a Torre do Ouro de Sevilla, a Mezquita de Córdoba, o Palacio Real de Aranjuez, o Acueduto de Segovia ou a Muralla de Avila foron algúns dos monumentos mas importantes que se uniron a este movemento.
    Na miña opinión,paréceme moi ben que tanta xente participe en isto pero ao igual que os meus compañeiros, opino que non é suficiente, o mundo necesita moitas horas mais para poder recuperarse, pero como comezo está moi ben sempre que a concienciación vaia a mais.

  13. Diana Pérez di:

    A hora do planeta é unha chamada a tomar conciencia das tonterías que facemos co noso bolsillo e os nosos recursos, para no conseguir nada positivo.
    Temos xa pouca enerxía fósil para alimentar a cada vez mais persoas ansiosas de emplear enerxía nas súas vidas. E a enerxía fósil xenera cambio climático, e con él, movementos migratorios masivos.
    A hora do planeta danos a oportunidade de pensar cómo podemos conseguir o mesmo, ou máis do que queremos, con unha disipación mitad da enerxía necesaria, e claro, con un gasto económico mitad do que hoxe facemos, moitas veces para nada.

  14. Eduardo Cagide di:

    Estas iniciativas serven para concienciar a xente de que se segimos contaminando o noso planeta acabaremos con el.
    Pero non só está a hora do planeta, tamén hai outras iniciativas moi importantes coma o día do medio ambiente, que é organizado pola Organización de Nacións Unidas (ONU). Neste día fanse concentracións nas calles, concertos ecolóxicos, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe, e o máis importante, moitas charlas e eventos para concienciarnos a nos, a xuventude, de que temos que mirar polo noso planeta para que as vindeiras xeracións poidan disfrutar dun planeta como mínimo como o tivemos nos, e non deixarllo en pesimas condicións.

  15. Alba Guzmán di:

    Na miña opinión, esta hora do planeta, deberíase celebrar máis veces ó ano, porque soamente con unha vez, pareceme algo que non todo o mundo faría, e con isto quero dicir que se se fixera polo menos unha vez ó mes ou unha vez á semana, e aínda así atreveríame a dicir que non todalas persoas practicarian esta acción que é moi importante para todos nos, porque tratase do noso fogar, onde vivimos dia a dia, e estamos chegando a un punto no cal todos os habitantes das terra deberían colaborar contra o Cambio Climático.

  16. Karina Espiñeira di:

    Como xa comentamos en clase, necesítase un cambio de mentalidade para que a situación que estamos a vivir mellore. A mín buscando información para comentar esta noticia chamoume a atención este video de organización Greenpeace:
    http://www.youtube.com/watch?v=DW6wB-GXjTI
    Como dí o personaxe do video, a forma de cambiar a mentalidade é a educación, e poucas veces tratase este tema coa seriedade que é necesaria, na clase cando se trata este tema todos quedamos abraiados e preocupados, pero eso duranos os 50 minutos que dura a clase, e é o que non podemos consentir, este tema ten que ser tratado todos os días nos telediarios, falar del coa familia, que os políticos mostrasen preocupación e tomasen medidas… Non só os xovenes temos que cambiar a mentalidade.

  17. Evelin López di:

    A hora do Planeta é un chamado para que cada persoa, negocio, empresa privada, goberno ou comunidade actúe. É unha alerta para asumir responsabilidades e involucrarnos no traballo por un futuro sustentable.
    É un primer paso para tomar conciencia sobre a nosa conducta frente o nose planeta, podemos apagar as luces das nosas casas, apagar os nosos equipos electrónicos,etc.
    ¡Cada acto que realicemos é importante!Arrancou en 2007 na cidade australiana de Sidney como unha iniciativa local e terminou convertindose nunha cita anual e global á que tamén se unen millons de ciudadanos de todo o mundo. “Ó actuar xuntos hoxe, poderemos ter un mellor futuro mañá”.

  18. Carlos García di:

    Coa Hora do Planeta, WWF quixo mostrar aos líderes políticos de todo o mundo que estamos seriamente preocupados polos efectos que está tendo o cambio climático sobre as personas e a natureza, e que lles instan a que actúen para controlar as emisións de CO2 antes de que sexa demasiado tarde. Queren xerar o impulso social e politico necesario para que se adopte dunha vez por todas un novo tratado mundial xusto, ambicioso e vinculante para reducir as nosas emisións de gases de efecto invernadoiro e iniciar o cambio real cara unha economía baixa en carbono. WWF tratou que todo o mundo se sumara a esta chamada, apagando o interruptor durante unha hora como símbolo a través do cal poñer o seu pequeno granito de arena e esixir unha acción política decidida contra o cambio climático.
    “Este xesto é un símbolo do compromiso ca enerxía sostenible para todos. Temos que alimentar o futuro con enerxías limpas, eficientes e abordables.
    Ó actuar xuntos hoxe, podremos ter un mellor futuro mañá
    “, segundo palabras do secretario xeral das Naciones Unidas.

  19. Ana Domínguez di:

    A Hora do Planeta é o movemento máis amplo e representativo que se fixo ata agora contra o cambio climático, aínda que moitas organizacións loitan continuamente contra o calentamento o cambio climático segue producíndose no noso planeta e se espera que este movemento non dure so unha hora, senon que se cumpra e se loite contra o calentamento día tras día.

  20. Xisela Lema Díaz di:

    A nivel mundial, a luz comezou a apagarse en Austria e estiveron ás escuras máis de 100 iconas do mundo como a Ópera de Sydney, a Torre Eiffel (Francia), a Torre de Pisa (Italia), ou o Pazo de Buckingham e o Big Ben (Reino Unido), ou o Empire State (Estados Unidos).

    Esta iniciativa, que se celebra por sexta vez, contou nesta ocasión cun “récord” de países, ata un total de 147 –fronte aos 135 de 2011–, algúns dos cales nunca participaran antes. Ese é o caso de Libia, Alxeria, Bután ou a Guyana Francesa. Igualmente, celebrou a gran participación das empresas de todo o mundo e que só en España máis dun centenar de corporacións de distintos sectores se sumaron para apagar a luz .

    WWF ha recordado que hace seis años ‘La hora del Planeta’ comenzó en Australia, con dos millones de personas y la acción en favor del clima ha ido creciendo hasta llegar a 1.800 millones de personas en 2011.

Deixa unha resposta