Non é a solución

O primero caso coñecido de anorexia nerviosa deuse en Catalina de Siena. Con 26 anos a sua idea de adicar a  vida a Deus chocou cos plans de seus pais de casala. Esta situación levouna a encerrarse na sua habitación a maltratarse deixando de comer, conseguindo ingresar ó final na orden dominicana pero coa mitade do seu peso. O seu prestixio  extendeuse rapidamente e tras a sua morte, ós 28 anos, contaba xa con moitas seguidoras relixiosas.

Durante a Idade Media houbo moitos casos de anorexia nas relixiosas.  O xaxún era un medio para que o espíritu triunfase sobre a carne. Estar sen comer era considerado como un signo de santidade. A esta anorexia sufrida polo seguimento a Deus se lle chamou
“Anorexia santa”.   A palabra anorexia era utilizada polos médicos como sinónimo de falta de apetito, inapetencia e certos trastornos do estómago.

Hoxe en día a anorexia nerviosa é un trastorno do comportamento alimentario que se caracteriza por unha perda significativa do peso corporal producida normalmente pola decisión voluntaria de adelgazar. Este adelgazamento  conseguese suprimindo ou reducindo o consumo de alimentos, especialmente “os que engordan” e tamén con certa frecuencia mediante vómitos, uso indebido de laxantes, exercicio físico esaxerado e consumo de anorexíxenos, diuréticos…  O trastorno soe iniciarse entre os 14 e 18 anos de idade, pero nos últimos tempos está descendendo a idade de inicio.

O pacente anoréxico experimenta un intenso medo ó aumento de peso a pesar de que este disminúe cada vez máis e de unha maneira alarmante. Prodúcese unha distorsión da imaxe corporal, o que obriga a manter a dieta.

O feito da perda de peso é negado practicamente sempre polo enfermo e non soe ter conciencia da enfermidade. Esta malnutrición produce alteracions, síntomas e trastornos: hipotensión, alteracions da pel, caída do pelo, trastornos gastrointestinais, etc. Tamén danse síntomas de ansiedade depresión e obsesivos. Esta malnutrición tamén provoca tristeza, irritabilidade, aislamento social e incluso ideas de morte e suicidio.

Estos casos soen darse en moitas modelos e tamén noutras moitas persoas que temos arredor de nos, pero non decatámonos.

Cales son as últimas normas establecidas para este tipo de enfermidades en anuncios publicitarios?

Autora: Evelin López

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.