Mellor sen dor!

Unha nova vacina en po aspirable podería substituír ás clásicas inxeccións que reciben os nenos na loita contra o sarampelo e salvar milleiros de vidas no mundo. A Sociedade Química Americana, no marco do seu 238º Encontro Nacional, presentou a primeira vacina inhalable de po seco, e anunciou que comenzará a probarse en ensaios clínicos na India o ano próximo.

Para elaborar este tipo de vacinas séguese o procedemento básico das vacinas líquidas, nas que se utilizan como base exemplares do virus do sarampelo debilitado. Neste caso, os virus mestúranse con dióxido de carbono en estado supercrítico (un estado no que parte do CO2 se encontra en estado gasoso e outra en estado líquido) para xerar gotas e burbullas microscópicas. O composto déixase secar e convértese nun po que, logo de ser filtrado, pode administrarse aos pacientes.

Podemos dicir que con esta vacina, ao non ser inxectada, poderá diminur o número de enfermidades (tales como sida, hepatite…) e infeccións que se poden transmitir polo uso antihixiénico das agullas.

Autora: Sabela Escourido

Esta entrada foi publicada en 3. Enfermidades infecciosas, 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Mellor sen dor!

  1. Nildes Abella di:

    As vacinas en po son unha boa idea para evitar a dor e as enfermidades infecciosas pero xa en China no 200 a.C , aos pacientes que sufrían tipos leves de varíolas (viruela) recollíanselles fragmentos de pústulas secas para moelas ata conseguir unha mestura con aspecto de po que logo se lle introducía polo nariz, esperando que isto lles inmunizara. A varíola foi a primeira enfermidade que o ser humano tentou previr inoculándose a si mesmo con outro tipo de enfermidade.
    Foi en 1796, durante o momento de maior extensión do virus da varíola en Europa, cando un médico rural de Inglaterra, Edward Jenner creou a primeria vacina.

    Non hai nada tan rentable como unha boa vacina que te protexe toda a vida. A saúde global está mellor cada ano e co paso do tempo distribuimos máis vacinas e hai menos mortes. Pero aínda hai moito que facer neste campo: o primero da lista son unha vacina contra o sida, unha contra a malaria e outra contra a tuberculosis.
    O sida afecta a 34 millóns de persoas, infectando por ano a 2’5 millóns e morrendo 3’5 millóns de persoas ó ano. A malaria fai enfermar a 500 millóns gravemente cada ano e case de 2 millóns morren a causa de esta enfermidade. Por último a tuberculosis infecta cada ano a 9 millóns de persoas afectando principalmente a adultos xóvenes, o número total de afectados é de 2.000 millóns, e cobra polo menos outro millón e medio de vidas.

    Para previr outras enfermidades que si que teñen cura é necesario que todos poñamos da nosa parte, empregando as vacinas. Co obxectivo de proporcionar a mellor protección, recoméndase que os nenos sexan vacunados tan pronto o seu sistema inmunitario sexa capaz de responder ás vacunas. Na seguiente táboa móstrase as últimas recomendacións do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade de España realizadas en marzo de 2007.
    http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Vacunacion08_espana.png
    O “calendario oficial de vacunación” non é obrigatorio, senon recomendado, por norma ten que haber un consentimento informado previo a súa inoculación.

  2. Evelin López di:

    Paréceme unha boa idea, xa que coñezo ese temor polas inxeccións, e poque ademais estou convencida de que axudaría a miles de nenos.
    O sarampelo é unha enfermidade contaxiosa frecuente en adolescentes e nenos, causada polo virus paramixovirus do xénero Morbillivirus. O diagnóstico realízase polo cadro clínico e a detección de anticorpos no sangue. Caracterízase por presentar manchas típicas na pel de cor roxizo chamadas exantemas, febre e un estado de debilidade xeral, acompañado en certos casos severos de inflamación nos pulmons e o cerebro.
    A vacina en cuestión chega o pulmón logo de inhalarse, eliminando a necesidade de agullas e xeringas que poden provocar temor nos nenos. O dispositivo tería un costo de 10 centavos de dólar, aún se encontra na fase I de ensaios clínicos e espérase xerar tamén unha vacina en forma de pastillas.

    • Evelin López di:

      Fase I dos ensaios clínicos: Constitúe o primer paso na investigación dunha sustancia ou medicamento novo no home. Son estudos de farmacocinética e farmacodinamia que proporcionan información preliminar sobre o efecto e a seguridade do producto en suxeitos sans ou nalguns casos en pacentes.
      Fase II. Representa un estudo na avaliación dunha nova sustancia ou medicamento no ser humano. Se realiza en pacentes que padecen a enfermidade ou entidade clínica de interés. Ten como obxetivo: proporcionar información preliminar sobre a eficacia do producto, establecer a relación dosis-resposta do mesmo, coñecer as variables empregadas para medir eficacia e ampliar os datos de seguridade obtidos na fase I.
      Alguén podería explicar as outras duas fases?

  3. Sara Otero di:

    Sinceramente, na miña opinión este novo avance nas vacinas non é tan innovador e valioso. É verdade que beneficia aos nenos pequenos, porque non teñen que pasar ese momento de pánico e sufrimento que supón clavar a agulla. Aforraríanse moitas bágoas, pero non estou segura de que inhalar ese pó sexa algo máis agradable. A min resultaríame molesto, incluso creo que preferiría unha agulla.
    Dende o punto de vista científico, sí e un gran avance. A inhalación do pó reduce as pequenas probabilidades de transmisión de enfermidades infecciosas por un motivo de antihixiene e tamén diminúe os efectos secundarios que as versións líquidas poidan producir.

  4. Olalla Manteiga di:

    A hepatite é unha enfermidade inflamatoria que afecta ao fígado. A súa causa pode ser infecciosa (viral, bacteriana, etc.), inmunitaria (por autoanticorpos, hepatite autoinmune) ou tóxica (por exemplo por alcohol, venenos ou fármacos). Existen varios tipos. A máis común é a hepatite B causada por un virus que se transmite polo sangue ou por vía sexual dende un enfermo con hepatite activa ou dun portador sano do virus. Pode causar unha infección aguda ou crónica e así persistir no sangue, causando cirrose (cicatrización) do fígado, cáncer do fígado, insuficiencia hepática e a morte. Existe unha vacuna para a súa prevención.

  5. Yolanda Bermúdez di:

    Eu estou dacordo coa miña compañeira Sara, creo que seria peor inalar ese po que un pinchadiño de nada,pero si que e un gran avance cientifico e disminurian as transmisions de enfermidades

  6. Mila Mosquera di:

    Estiven investigando sobre este tema e atopei que a idea non é de todo nova.
    En 1999 efectuouse un ensaio en modalidade “dobre cego” con 4561 adultos sans, elixidos ao azar, con idades comprendidas entre 18 e 64 anos. Estas persoas estaban subscritas a 13 centros de saúde dos Estados Unidos, e mentres un grupo recibiu unha vacina trivalente intranasal elaborada a base de virus vivos atenuados, o outro grupo recibiu un placebo. As persoas vacinadas tiveron un ou máis episodios febrís durante épocas de brote, ao igual que as non vacinadas. Pero a vacina inhalable reduciu de xeito significativo o número de episodios febrís graves e de enfermidades febrís da árbore respiratoria superior.
    Dez anos máis tarde, un sistema similar salvará a vida de centos de miles de nenos.

  7. Diana Fernández di:

    Eu quería dar máis información sobre o creador da primera vacuna , que nombre Nildes , Edward Jenner.
    http://www.vacunas.org/index.php?option=com_content&task=view&id=646&Itemid=376

    O inglés Edward Jenner fixo a primeira inoculación contra a viruela. James Phipps, un neno de oito anos de idade, foi o primeiro inoculado con secreción recollida dunha pústula vacuna (viruela de vacas) na man de unha leiteira que se había infectado durante un ordeño. O primeiro de xulio seguinte inoculou de novo o pequeno, esa vez con pus procedente dunha persona enferma de viruela. Este quedou indemne, co cal demostrouse a acción profiláctica da inoculación contra a viruela humana.

  8. Alexandra Parceiro di:

    As vacinas poden estar compostas de bacterias ou virus, xa sexan vivos ou debilitados, que foron criados con tal fin. Hai catro tipos tradicionais de vacinas:

    Inactivadas: microorganismos dañinos que
    foron tratados con productos químicos ou
    calor e perderon o seu peligro. Este
    tipo de vacinas activa o sistema inmune
    pero é incapaz de reproducirse no
    huéspede. A inmunidad xenerada desta
    forma é de menor intensidad e soe durar
    menos tempo, polo que este tipo de
    vacina soe requerir máis dosis.

    Vivas atenuadas: microorganismos que
    foron cultivados expresamente baixo
    condicionesnas cales perden as suas
    propiedades nocivas. Soen provocar unha
    resposta inmunolóxica máis duradeira, e
    son las máis usuales nos adultos. Esto
    debese a que o microorganismo no se
    encontra inactivado e conserva a sua
    estructura.

    Toxoides: son compoñentes tóxicos
    inactivados procedentes de
    microorganismos, en casos onde esos
    compoñentes son os que de verdade
    provocan a enfermidade, en lugar do
    propio microorganismo.

    Subunitarias: introduce un compoñente
    subcelular purificado dun
    microorganismo (por exemplo, unha
    proteína) dentro do sistema inmunitario,
    para crear unha resposta inmunitaria. Un
    exemplo característico é a vacina
    subunitaria contra a hepatitis B, que
    está composta soamente pola superficie
    do virus (superficie formada por
    proteínas).

    • Xisela Lema Díaz di:

      Outro tipo de vacuans que estanse a probar hoxe en día son:

      Conxugadas: certas bacterias teñen capas externas de polisacáridos que son minimamente inmunitarios. Poñendo en contacto estas capas externas con proteínas, o sistema inmunitario pode ser capaz de recoñecer o polisacárido coma se fose un antíxeno. Dese xeito xeramos anticorpos contra a bacteria e contra o polisacárido. Este proceso é usado na vacina Haemophilus influenzae do tipo B.

      Vector recombinante: combinando a fisioloxía dun microorganismo dado e o ADN doutro distinto, a inmunidade pode ser creada contra enfermidades que teñan complicados procesos de infección. Os esforzos para crear vacinas contra as enfermidades infecciosas, así como inmunoterapias para o cancro, enfermidades autoinmunes e alerxias utilizaron unha variedade de sistemas de expresión heteróloga, incluíndo vectores virais e bacterianos, así como construcións recombinantes de ADN e ARN.

      Vacina de ADN: vacina de desenvolvemento recente, é creada a partir do ADN dun axente infeccioso. Funciona ao inserir ADN de bacterias ou virus dentro de células humanas ou animais. Algunhas células do sistema inmunitario recoñecen a proteína xurdida do ADN estraño e atacan tanto á propia proteína como ás células afectadas. Dado que estas células viven longo tempo, se o axente patóxeno (o que crea a infección) que normalmente produce esas proteínas é encontrado tras un período longo, serán atacadas instantaneamente polo sistema inmunitario. Unha vantaxe das vacinas ADN é que son moi doados de producir e almacenar. Aínda que en 2006 este tipo de vacina era aínda experimental, presenta resultados esperanzadores. Non obstante non se sabe con seguridade se ese ADN pode integrarse nalgún cromosoma das células e producir mutacións.

  9. Boris Lobón di:

    Este novo descubrimento é bo pero eu prefiro un pinchazo que esnifar(pareces un drogadicto)pero non vamos a iso xa que isto é un bo avance para a medicina.Pero claro sempre que se esnife ten mais problema que por alguna razón podes coller adición,al final non sabes vivir sen ela para min é peor porque no fondo os medicamentos son unha droga e todos podemonos engachar aunque,neste caso,so nola poñan unha vez.

    • Adela di:

      Boris, actualmente qué considerase fármaco? Que denominase medicamento? Que considera droga a OMS (Organización Mundial da Saúde)?

      • Mateo Fdez di:

        Pois se soe chamar fármaco a calquera sustancia química que se utilice ou cobre importancia en distintos procesos relacionados cunha enfermidade, como a súa prevención ou diagnóstico. En cambio, un medicamento pode estar formado por máis dun fármaco destinados ó consumo animal ou humano, tamén cun obxectivo preventivo ou de tratamento. Finalmente, a OMS define como “droga” aquelas substancias introducidas no organismo pola vía que sexa e que teña efectos e consecuencias sobre o sistema nervioso central, provocando alteracións anímicas, sensoriais ou de comportamento. Tamén ha de ser aditiva.
        Aínda que algúns fármacos desarrollen dependencia, non se denominan drogas a menos que carezcan de aplicación médica.

  10. mateogarcia di:

    Eu non penso que realmente fixeran isto pensando no pánico que algúns nenos(e outros non tan nenos)padecen no momento de vacinarse, senón como solución para aqueles países onde non hai auga potable nin medios para esterilizar os materiais, asi que iso de evitar o momento da pinchada pareceme secundario. Tampouco estou de acordo con Boris, xa que non creo que ningún neno pequeno atope adictivo meter cousas polo nariz(a non ser que te chames Homer Simpson claro) e, ademais, se esnifar parece de drogadictos, o de pincharse non anda moi lonxe.
    Dito isto, penso que é un gran avance para a ciencia, xa que pode axudar a salvar moitas vidas ao evitar o contaxio de moitas enfermidades crónicas ou mortais e ao ser mais económico permitir o seu suministro a moita xente.

  11. Naomí Mosquera di:

    Eu quería seguir falando do sarampelo pero dunha cousa diferente ao que faluo a miña compañeira Evilin anteriormente. Falarei de como transmitese. A transmisión do virus do sarampelo producese, fundamentalmente, durante a fase na que non existen síntomas o son inespecíficos, o que significa que unha persoa encontrase no seu momento álxido de capacidade de contaxio no momento no que todavía non foi diagnosticada da enfermidade. Durante este período e durante un breve intervalo despois da aparición das lesions cutáneas, o virus encuentrase nas secrecions nasofarínxeas (tos e mocos), o sangue e a orina.

  12. Santiago de la Iglesia di:

    A ciencia avanza, os científicos ansían encontrar novas formas máis cómodas para vivir. Día a día encontrámonos con pequenas cousas que nos sorprenden, pero non por a súa innovación, se non pola súa estúpidez e utilidade prescindible. Qué é isto das vaciñas en pó? Pode ser unha forma de beneficiarse polo temor ás agullas e a súa necesidade vital? Quén me pode dicir canto aumenta o costo desta a da normal? Sinceramente, non creo que axude moito este avance, xa que para salvar á xente do sarampelo en sitios sen recursos, primeiro morirán de outra cousa, e se non cabe esperar a que suceda. Polo tanto, penso que hai que ir un pouco máis adiante e intentar buscar algo para que estas persoas teñan as mismas comodidades que nós, véndoo dende o punto de vista económico e político. Neste caso, e en moitos máis, a ciencia é para ricos.

  13. Amir Pose di:

    Eu penso que é unha boa idea que se utilicen vacinas en po aspirables, pero tamén penso que un pinchazo non é para tanto, e máis o medo a agulla que a dor que nos pode proporcionar a inxeccion.
    Eu queria falarvos da viruela, que foi a primeira enfermidade erradicada no mundo grazas ao funcionamento dunha vacina no século XVIII.
    A viruela era unha enfermidade infecciosa grave, contaxiosa, causada polo viruela virus, que nalgúns casos podía causar a morte. Non houbo nunca tratamento especial para a viruela e a única forma de prevención era a vacinación. O nome viruela provén do latín varis (variado, distinto), e refírese aos avultamentos que aparecen na cara e no corpo dunha persoa infectada. Segundo a OMS, a viruela, xunto coa peste bovina, son as únicas enfermidades que foron totalmente erradicadas da natureza polo ser humano.

  14. Nerea Pardo di:

    As vacinas son imprescindibles e é moi importante que todos os nenos esten vacinados.En España, o calendario de vacinacións recomendado polo Ministerio de Sanidade comeza co nacemento e continúa ata os 14 anos. A administración (no centro de saúde ou nas escolas) das vacinas recollidas no calendario non son obrigatorias, senón recomendadas e gratuítas. Cada Comunidade Autónoma ten o seu propio calendario, que pode variar lixeiramente en relación ás demais comunidades.
    Tamén existen unhas recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS)que relacionan cada vacina coa idade recomendada para que sexan subministradas:
    -Difteria,tétanos e tos ferina(2,4,6,15-18 meses, 4-6 anos)
    -Hepatite B ( 1-2 anos)
    -Haemophilus influenzae tipo b ( 2,4,6,15-18 meses)
    -Meningococo C ( 2,4-6,12-18 meses)
    -Sarampelo, rubéola e papeiras( 12-15 meses,3-6 anos)
    -Polio inactivada ( 2,4,6,15-18 meses)
    -Varicela ( 10-14 anos)
    -Tétanos e difteria para adultos ( 13-16 anos)
    -Virus do papiloma humano ( mulleres de 11-14 anos, 3 doses[0, 1-2,6])

  15. Beatriz Castro di:

    As vacinas son unha preparación en base a substancias que buscan producir unha resposta inmune no corpo, producindo anticorpos.Estas polo xeral son bastante seguras. A protección que proporcionan as vacinas supera amplamente o risco tan pequeno de que estas ocasione problemas graves. As vacinas fixeron que na actualidade sexa rara a aparición de moitas enfermidades graves da niñez.
    Polo que na miña opinión, este novo método de vacinas inhalables é un avance respecto á ciencia pero innecesario, xa que as vacinas xa levan moito tempo sendo usadas (dende 1796) e teñen resultados positivos. Isto non quere dicir que non ven nada mal un novo escalón no ámbito da menciña.

Deixa unha resposta