Un problema moi doce

Un grupo de investigadores da Universidade de California (San Francisco) argumentan que o azucre  debe ser controlado como o alcol e o tabaco para protexer a saúde pública.

Segundo os científicos do presente informe, o azucre está causando unha pandemia global de obesidade, o que contribúe a 35 millóns de mortes cada ano no mundo das denominadas non transmisibles como diabetes, enfermidades cardíacas e cancro.

De acordo coas Nacións Unidas as enfermidades non transmisibles xa representan unha carga para a saúde en todo o mundo máis que as enfermidades infecciosas.

Soamente nos Estados Unidos, o 75 por cento do presuposto na atención de saúde pública gastanse no tratamento destas enfermidades e as súas discapacidades asociadas.

Unha asociación de científicos formados na endocrinoloxía, a socioloxía e a saúde pública tivo unha nova mirada á acumulación de probas científicas sobre o azúcar.

O consumo mundial de azucre triplicouse durante os últimos 50 anos e é considerado como unha das principais causas da epidemia de obesidade. Sen embargo, a obesidade é soamente un marcador do dano causado polos efectos tóxicos do exceso de azucre. Esto axudaría a explicar por qué o 40 % das persoas con síndrome metabólico  (os principais cambios metabólicos que conducen á diabetes, é as enfermidades cardíacas), non son clínicamente obesos.

Mentres que o público pense que o problema do azucre son soamente as calorías non temos posibilidade de solucionar o problema, dixeron os autores. Así como hai graxas boas e graxas dañinas tamén hai calorías boas e malas.

Que cambios produce o azucre no metabolismo? Cales son as grandes empresas azucareiras? Cal é o seu poder económico?

Autora: Cristina González

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Un problema moi doce

  1. Vladislav Babenco di:

    No metabolismo humano, o máis importante glicosa hexoses e galactosa. Estes azucres son esenciais nas funcións químicas de enerxía que producen, así que o corpo ten sensores moi específicos, ligados ao hipotálamo, suficientes para asegurar a presenza destes compostos.

    A mellor enfermidade coñecida asociada con azucre é a diabetes, aínda que a enfermidade non é atribuível a comer máis ou menos doce. Como é coñecido, a diabetes é unha enfermidade causada pola falta de insulina ou resistencia á súa acción. Consecuentemente, existe un déficit de absorción de glicosa por células e niveis elevados de, polo tanto, o azucre no sangue. Baixo estas condicións o consumo de azucre pode causar hiperglucemia.

  2. Nahir Roig di:

    O azucre prodúcese a través dun proceso químico a partir do xugo de cana ou de remolacha, eliminando toda a fibra e as proteínas que forman o 90% das devanditas plantas.
    Para que o organismo funcione en condicións óptimas, a cantidade de glicosa sanguínea debe estar en equilibrio coa cantidade de osíxeno sanguíneo.

    Referíndose aos efectos psíquicos do consumo do azucre, o Dr. M.O. Bruker explica que a elevación nos niveis normais de glicosa ocasionada pola súa inxestión, se experimenta como unha leve euforia. As consecuencias do regreso aos niveis normais, é dicir, a baixa de glicosa, áchase en relación directa coa cantidade de azucre consumida. Se esta foi baixa, a sensación é dunha leve disforia. Entre maior fose a cantidade, a baixa estará máis próxima a experimentarse como unha sensación depresiva que William Dufty deu en chamar sugar blues (tristura do azucre). A maioría da poboación mundial literalmente vive baixo os efectos do azucre sen sabelo e sen notalo.

  3. Lúa Roldán di:

    Eu fálobos un pouco dos orixes do azucre. O monocultivo de azucre condicionou dende sempre a historia de Cuba. O auxe azucreiro inicióuse a finais do S.XVI cando se concederon axudas financeiras para o seu desarrollo e explotación.
    Para 1597 había xa Na Habana polo menos 30 inxenios azucreiros.É nese momento cando increméntase a man de obra esclava,traída exclusivamente para o cultivo da caña azucreira, dende África occidental. Sen embargo a producción de dito cultivo non comeza na illa de Cuba senón en Santo Domingo, para extenderse co tempo por tódalas Antillas.
    A finais do século XIX é abolida a escravitude na isla cando se incrementan notablemente as inversións americanas con obxeto de abastecer as súas propias industrias coa adquisición de azucre cubano sen refinar.
    Posteriormente producíronse altibaixos nos prezos e restriccións nas exportacións e finalmente o cadro xeral depresivo ocasionado dende a caída da bolsa en Wall Street en 1929 que culmina en 1932.
    Sen embargo,a economia estrela cubana de tódolos tempos,continuou firme en 1959 no que os porcentaxes de superficie dedicada ó sector azucreiro alcanzaba o 83,6 % do territorio,fronte frente ó café cun 10,1% ou o tabaco co 4,3%.
    Actualmente América do Sur é unha das principais exportadoras de azucre,como é o caso de Chichipalga,unha cidade situada en Nicaragua coñacida como a terra do Ron e do Azucre.Existe un refrán rexional que di:
    “Chichigalpa,onde os ríos son de guaro (licor) e as pedras de azucre“.Isto débese a que en Chichipalga atópanse establecidas dúas das máis grandes empresas en Nicaragua:unha azucareira e outra licoreira.

  4. Cristina Frade di:

    O nivel alto de azucre no sangue (hiperglucemia) na diabetes ocorre cando o nivel de azucre (glicosa) no sangue aumenta por encima do nivel normal. Para unha persoa que ten diabetes, un nivel alto de azucre no sangue podería ser causado por esquecerse de administrar o medicamento para a diabetes (insulina ou pastillas), por comer moitos alimentos, por non facer exercicios, por unha enfermidade ou pola tensión.

    A diferenza do nivel baixo de azucre no sangue, o nivel alto de azucre no sangue adoita desenvolverse lentamente, no termo de horas ou días. Os niveis de azucre no sangue moi por encima dos límites ideais poderían facerlle sentir canso ou sediento. Se o nivel de azucre no sangue mantense máis alto que o seu intervalo desexado, o seu corpo afarase a ese nivel. Se o nivel de azucre no sangue continúa aumentando, os riles producirán máis ouriños, e vostede pode deshidratarse. Se está gravemente deshidratado, pode entrar en coma e, posiblemente, morrer. Co tempo, o nivel alto de azucre no sangue dana os ollos, o corazón, os riles, os vasos sanguíneos e os nervios.

  5. Evelin López di:

    A diabetes é un trastorno metabólico consistente no exceso de azúcar no sangue ou urina. Existen dous tipos: Diabetes insípida (producida por falta de hormonas vasopresina) e Diabetes mellitus producida por alteracións no metabolismo do azúcar. Dentro desta hai dous variedades:
    Diabetes mellitus insulino dependiente (tipo I) que é unha enfermidade xuvenil e infantil de evolucion moi rapida, caracterizada pola deficencia de insulina no sangue, causada por unha alteracion no páncreas que produce pouca insulina.
    Diabetes mellitus non-insulino dependiente (tipo II) que aparece case sempre a partir dos 40 anos. Cracterizaseor unha incapacidade das celulas de absorber a insulina do sangue, aínda que a produión desta polo páncreas poda ser normal. A súa evolución é moito mas lenta que a diabetes xuvenil.
    Moitas das intervencions que reduciron o consumo de alcohol e tabaco poden ser modelos para abordar o problema do azúcar, tales como a recaudación de impostos especiais de venta, endurecemento dos requisitos nas maquinas expendedoras, etc.
    Non estamos falando de prohibición, o que queremos é aumentar as opcions da xente facendo que os alimentos non estén cargados de azúcar relativamente máis fácil e barato de conseguir.

  6. Damián Rocha di:

    Como asi todos os alimentos se descubriramos o prcesamento alimenticio do azucre quedariamos sorprendidos, o azucre blanco non se pode considerar como un alimento, xa que e unha sustancia quimica pura , extraida de fontes vexetais como a caña de azucar ou remolacha extraendolles o xugo e eliminando toda a fibra para deixar limpio o liquido que conten o azucar añadeselle cal viva e ahi é onde esa reaccion alcalina mata case todas as vitaminas logo añadese dioxido de carbono para acelerar a cal .Este liquido azucarado pasa por tubos que o separan de impurezas logo ven outro tratamento con sulfato de calcio e acido sulfurico para decolorar e deixar case blanco. o azucar refinado non ten proteinas nin vitaminas nin minerais ou enzimas polo que non e de ningun beneficio na saude humana

  7. Nildes Abella di:

    O azucre é o alimento do cerebro por excelencia. Esto non quere dicir que se comemos moito azucre vamos ser máis intelixentes. Senon que o cerebro absorbe os nutrintes de todo o que comemos, na cantidade que necesita, e o azucre é un dos seus favoritos.
    O azucre, sacarosa cristalizada, é fonte de enerxía de fácil e rápida asimilación necesaria para o organismo. Ademáis, proporciona un sabor agradable que axuda a consumir outros nutrintes necesarios na nosa alimentación.

    Calcúlase que unha persona promedio consume 61.3 quilos de azucre por ano, máis ou menos, unhas 300-600 calorías por día. Pero a pesar de isto o azucre non engorda se é consumido de forma moderada, todo alimento consumido en exceso pode producir obesidade.
    O problema co azucre é que aparece en lugares que nin nos imaxinamos como nunha lata de gaseosa ou nun zumo de froita. Por exemplo un xeado de chocolate ten unhas 19 culleres de azucre e unha Coca Cola case 10! Outro exemplo un iogur de froita ten 7 culleres e media a máis da que o consumidor lle pode engadir.

    Neste enlace aparece visualmente canto azucre teñen algúns alimentos:
    http://www.sugarstacks.com/

  8. Laura González di:

    Os voy a hablar de como el azúcar afecta al sistema nervioso:Las enfermedades del sistema nervioso afectan a muchas personas en la actualidad. El consumo de azúcar está íntimamente relacionado con ello. Cuando una persona padece depresión, ataque de pánico o algún tipo de psicosis, puede comprobarse, en general, que su dieta consta de una gran cantidad de azúcar refinado.
    Un cambio de alimentación, prescindiendo de alimentos que pueden ser nocivos para la salud, genera cambios en el comportamiento psicológico y muchas veces ayuda en la resolución del conflicto tanto psíquico como físico.
    La abstinencia de azúcar blanca refinada y el agregado de alimentos que contienen carbohidratos de otra calidad, modifica la química interna, ayudando a mejorar la condición emocional, anímica.

    Suele ocurrir que los síntomas de ansiedad o perturbación emocional estén íntimamente relacionados con un desequilibrio de la glucosa en sangre, debido, justamente, al consumo de sacarosa o azúcar refinada.

  9. Boris Lobón di:

    O poder económico do azucre é moi grande tanto que por cada alimento de azucar vendido nunha tenda calquera xa gañan moito diñeiro, xa que os doces é un alimento que cómprase moito e algunha xente incluso é o único que come é onde se recoñece que sen azucre os alimentos non saben moi bos.O azucre como tabaco e demais drogas etc;é unha mafia mais,o que pasa que esta non mata directamente,senon indirectamente pero matan a largo prazo como neste caso.Unha persoa con alto índice de azucre na súa sangue pode conlevar a padecer diabetes e moitas enfermidades aparte dunha obesidad critica que pode levar a morte por paro cardíaco.

  10. Naomí Mosquera di:

    Para chegar ata o azucre que nos comemos pasa por un procedemento:
    Empeza a partir da caña de azucre. Podemos estructurar o procedemento do azucre nas siguientes etapas:
    1. Cosecha. Cortado e recolección da caña de azucre.
    2. Almacenaxe. Determinase a calidade, o contido de sacarosa, fibra e nivel de impurezas. A caña É pesada E lavada.
    3. Picado da caña. A caña É picada en máquinas especialmente diseñadas para obter pequenos trozos.
    4. Molienda. Mediante presión extraese o xugo da caña. AgregaSE aUGa caliente para extraer o máximo de sacarosa que conten o material fibroso.
    5. Clarificación e refinación. Na clarificación elevase a temperatura do xugo, separase un xugo claro. É posible tamén refinalo e para iso agregase cal que axuda a separar os compostos insolubles. Tamén sole tratarse con dióxido de azufre gaseoso para blanquealo. No todo o azucre de cor blanco proven dun proceso de refinado.
    6. Evaporación. Evaporase o auga do xugo e se obten unha meladura o xarabe con unha concentración aproximada de sólidos solubles do 55 % o 60 %. A meladura é purificada nun clarificador. A operación é similar a anterior para clarificar o xugo filtrado.
    7. Cristalización. Da cristalización se obten os cristais e líquido.
    8. Centrifugado. Se separan os cristais do líquido.
    9. Secado y enfriado. O azucre húmedo é secado en secadoras de aire quente en contracorriente e logo enfriada en enfriadores de aire frío en contracorriente.
    10. Envasado. O azúcar seca e fría se empaca en sacos e está listo para a sua venta.

  11. Yolanda Bermúdez di:

    Os cambios no metabolismo polo consumo de azucre e o aumento da presión sanguínea, alterna gravemente a señalización das hormonas, causa danos importantes no fígado, mal funcionamento no sistema inmunologico, caries nos dentes, deficiencia de cromo(de tanto azúcre hai no corpo fai que o propio corpo no sexa capaz de regular os seus propios niveis de azúcre).Mentres que as persoas pensen que o azucre so son calorias non hai nada que facer.

  12. Xisela Lema Díaz di:

    O 70% do azucre do mundo prodúcese a partir da cana de azucre e o restante 30% da remolacha. Os principais produtores de azucre son a República Dominicana, Arxentina, Colombia, México,Panamá, India, Guatemala, Unión Europea, China, Cuba, Estados Unidos, Thailandia, Brasil, Australia, Paquistán, Perú e Rusia, que concentran o 75% da produción mundial. Sendo Cuba o principal produtor e exportador de azucre a nivel mundial.

    O azucre crea adicción e como calquera substancia aditiva pode ser perigosa para o noso organismo.

    O azucre refinado, en particular, carece de calorías e nutrientes naturais que están presentes en certa medida na remolacha ou na cana de azucre. O azucre refinado con carbohidratos non é boa, o corpo non pode utilizar o carbohidrato refinado do cal se esgotou todas as proteínas, vitaminas e minerais que fan un carbohidrato completo.

    Comer azucre é peor que non comer nada porque á hora de dixerila os tecidos do corpo deben renunciar a preciosas vitaminas e minerais que son vitais para a saúde das células. As deficiencias prodúcense cando as células crecen débiles causando tecidos e órganos tamén débiles deterionando o organismo e polo tanto a nosa saúde.

    Ademais, cando inxerimos hidratos de carbono incompletos (refinados) axuda á formación de substancias tóxicas como o ácido pirúvico e moléculas anormais que conteñen cinco átomos de carbono. O ácido pirúvico acumúlase no cerebro e o sistema nervioso causando todo tipo de problemas. As moléculas anormais acumúlanse nos glóbulos vermellos provocando unha morea de problemas ao noso organismo.
    Estas substancias tóxicas poden interferir coa respiración das células do corpo. As células non poden obter osíxeno abondo para sobrevivir e funcionar normalmente. Co tempo, algunhas das células morren e xa non se substitúen.

    Estas células que morren deixan de interferir nalgunhas funcións do noso corpo, tanto no sistema nervioso coma en órganos, procando o comezo dunha enfermidade dexenerativa.

  13. Mila Mosquera di:

    Mencionarei outro edulcorante como é a sacarina, que é unha das máis antigas xa que foi descuberto, de forma casual, en 1879 polo químico alemá Constantin Fahlberg. Descubriu que un derivado do alcatrán presentaba un sabor extremadamente doce. Foi o primeiro edulcorante sen calorías que se descubriu.

    Dende que comezou o seu uso, a sacarina veuse sometida a ataques por razóns de tipo económico, ó provocar co seu uso a diminución do consumo de azucre, así como polo seu posible efecto sobre a saúde dos consumidores. Nos anos setenta varios grupos de investigadores indicaron que doses altas de sacarina eran capaces de inducir a aparición de cancro de vexiga nas ratas.

    Pero a sacarina non é carcinóxena por si mesma, senón a través do seu efecto como desencadeante dunha agresión fisicoquímica á vexiga da rata, que induce a proliferación celular. Con concentracións na dieta (as utilizadas realmente polas persoas) nas que non exista absolutamente ningunha posibilidade de que se produza esta agresión á vexiga, o risco non será moi pequeno, senón simplemente nulo.

  14. Roxana Cadena di:

    O azúcre, podete dar moita enerxía momentánea, xa que despóis da lugar a insomio entre otros síntomas, aparte da diabete é investigado é encontrado datos nos que dí que o azúcre pode causar ceguera se no se toma serias medidas, además deixamos de producir a insulina necesaria para o noso corpo que é a causa da diabetes.

    Aquí os deixo un link se queredes saber máis :
    http://www.geosalud.com/diabetesmellitus/diabetesgeneral.htm

  15. Rebeca Vila di:

    Enfermidades dexenerativas das que non se ten duda que son causadas polo consumo regular de sacarosa:
    Hypoglucemia
    Diabetes
    Estreñimiento crónico
    Malestar digestivo crónico
    Flatulencia
    Osteoporosis
    Artritis
    Migrañas
    Enfermedades cardiovasculares
    Obesidad
    Candidiasis
    Asma
    Alergias
    Deterioro dental
    Pero o mais sorprendente é que o azucre pode chegar a producir cancer. Creese que a glucólisis aeróbica, é dicir a fermentación do azucre, podería ser responsable de conferir resistencia na apoptosis (morte celular programada) nas células cancerosas.
    As células malignas viven casi completamente de glucosa.

  16. Amir Pose di:

    Claro que o azucre en exceso produce problemas no organismo, pero case como todo o que se toma en exceso, con isto non pretendo defender o consumo de azucre nin moito menos, xa que na maioria dos casos é prexudicial.
    A inxesta de azucre ten moitos problemas e desventaxas como as citadas polos meus compañeiros nos seus comentarios; pero tamen teñe cousas boas.

    Segundo o doutor Richard Knutson dol Centro Médico Delta en Greenville, Mississippi, o azucre granulada acelera o proceso de sanidade do corpo e absorbe a humidade de maneira que reduce a inflamación causada polas lesións.Outra vantaxe do azucre é que lle dá un empurrón á produción de serotonina no cerebro o cal a fai un bo remedio para conciliar o sono. Ademais, o azucre de mesa tamén serve de primeiros auxilios cando a persoa se queima o ceo da boca con café moi quente, pizza ou algunha outra comida.

    Un anaco de cana de azucre de 4 onzas prové a cantidade de calcio que prové un vaso de leite enteiro. Así que para as persoas que non lles gusta o leite ou que non a toleran ben, a cana de azucre podería ser unha opción.

    Non obstante, a pesar das súas vantaxes, a mala fama que ten o azucre, non a conquistou inxustamente. Unha persoa que inxire demasiada azucre podería estar a carecer de cobre, un mineral necesario para a saúde do corazón.

  17. Paula Franco di:

    O meu tio sufre diabetes dende neno, e sinceramente pasaoo moi mal.Cada día ten que medir a súa glicosa no sangue, para iso pinchase nun dedo en dous segundos xa tes a resposta esperada, nunca sufriu un ataque grave aínda que ten unha diabetes perigosa, as detectadas na infancia soen selo, pero sempre anda pendente e co medo de que poida pasar. Co paso do tempo estálle a empeorar, pero como existen avances científicos que permiten facerlles aos diabéticos a vida mais cómoda a preocupación non é tanta.

  18. Diana Pérez di:

    O azúcre refinado ponos de bo humor, pero o seu abuso reduce a enerxía e conduce a acumular grasa. Hai alternativas máis sas, como a stevia ou o xarabe de arce.
    Fai un século, o azúcre branco de caña era un artículo de luxo que só se consumía en ocasions especiais. Hoxe en día, añadese azucre refinado a prácticamente todos os productos que encontramos no supermercado.
    Tamién está aumentando a presenza de un tipo de endulzannte coñecido como xarabe de glucosa rico en fructosa, que sustitue o azucre común en multitud de alimentos procesados: refrescos, zumos, golosinas, salsas, galletas, iogures, sopas, cereais, pan e ata potitos para bebes.

  19. Alexandra Parceiro di:

    O azucre é unha sustancia tan adictiva como as drogas.
    Cando tomamos azucre o sistema inmunoloxico debilitase durante 6 horas o que nos fai máis vulnerables as bacterias, virus e xermenes nocivos.
    Por outro lado o consumo de azucre quitanos a ganas de comer alimentos nutritivos como as verduras.
    Deixovos unha páxina que fala do azucre e das suas consecuencias o tomar moito:
    http://www.mind-surf.net/drogas/azucar.htm

  20. Olalla Manteiga di:

    Como é sabido, as funcións cerebrais dependen dos niveis de glicosa. A falta deste combustible cerebral pode ocasionar dende hipoglicemia ata esquizofrenia debido a que o cerebro se encontra “famento” de glicosa. O azucre refinado é unha glicosa bastante simple que pola súa mesma composición non require dun longo proceso de dixestión, o fígado practicamente non ten que sintetizala e polo mesmo chega con asombrosa rapidez ao sistema nervioso.Para que o organismo funcione en condicións óptimas, a cantidade de glicosa sanguínea debe estar en equilibrio coa cantidade de osíxeno sanguíneo.

    Que facer en caso de emerxencia?

    Nunha crise de hipoglicemia, preséntase unha súbita baixa de glicosa sanguínea que ocasiona suor, tremor, ansiedade, taquicardia, dor de cabeza, sensación de fame, debilidade, convulsións e en casos extremos, convulsións e morte. O individuo que presente unha crise deste tipo debe inxerir de xeito inmediato glicosa ou alimentos que conteñan azucre abondo para restablecer os niveis.

  21. Sabela Escourido di:

    En canto ao aspecto físico, sábese que a inxestión continua de azucre provoca a aparición de carie e ennegrece os dentes. En persoas con glándulas adrenais débiles pode afectar o páncreas ata causar diabete. Nalgúns casos o abuso continuado conduce á hipoglicemia.
    En persoas sas, relaciónase tamén co aumento de peso xa que o azucre é un carbohidrato e o exceso destes convértese en graxa. Encontrouse tamén que ao consumir azucre o corpo elimina o calcio en maior cantidade, de tal maneira que o organismo se ve forzado a subtraelo dos ósos e os tecidos que son as únicas partes onde o almacena o corpo. O desgaste de calcio en ósos causa que se volvan porosos e fráxiles, o cal finalmente conduce á osteoporose.
    O consumo constante deste psicoactivo tamén atrofía o rendemento das glándulas, causando pouca secreción de hormonas ou alterando a composición química destas, posto que se puido comprobar que o azucre afecta a correlación de minerais no organismo.Por último, estudos recentes vinculan ao azucre con problemas no sistema inmunolóxico, tal como o denuncia a doutora Nancy Appleton en Lick the sugar habit:
    Unha das substancias aparentemente inofensivas e non obstante unha das que maiores problemas crea ao atacar o noso sistema inmunolóxico é o azucre. Os macrófagos quedan atorados no azucre e imposibilítase a súa acción. A misión dos macrófagos consiste en destruír, bloquear e activar a inmunidade cando detectan a presenza dunha toxina, un virus ou unha bacteria… Cada vez que inxerimos azucre, aínda que sexa tan pouco como dúas culleradas, as proporcións de minerais entran en desbalance. Este desbalance á súa vez, en persoas xa enfermas, pode durar horas e ás veces xa non se recuperan. Cando os minerais do corpo están en desbalance día tras día, ano tras ano, posiblemente por xeracións, a habilidade do corpo para volver á súa homeostase está esgotada. O corpo xa non pode volver á súa harmonía ou balance… Resulta pois incrible que as autoridades do Departamento de Saúde Pública de diferentes Nacións sigan mantendo o público na total ignorancia. O máis que se conseguiu é obrigar a indicar na etiqueta dos produtos industriais se conteñen azucre, cousa que aparece practicamente no 90% destes xa que mesmo os produtos salgados son conservados en azucre!

  22. Ana Domínguez di:

    Os sete principais productores mundiais de azucre:
    Sudzucker,Alemania, 4.24 Producción de azucre (mt/año)
    Associated British Foods, Reino Unido, 3.85 Producción de azucre (mt/año)
    Copersucar, Brasil, 3.56 Producción de azucre (mt/año)
    Cosan, Brasil, 3.15 Producción de azucre (mt/año)
    Eurosugar, Francia/Alemania,3 Producción de azucre (mt/año)
    Tereos,Francia, 2,8 Producción de azucre (mt/año)
    Mitr Phol, Tailandia, 2.7 Producción de azucre (mt/año)

  23. Jesús López di:

    Vou contaros algo estraño que estaba a ocorrer co azucre en Portugal, as alarmas non acaban máis que de empezar a soar, xa que a escaseza de azucre afecta a toda Europa, pero non vos preocupedes que non faltará azucre en casa.

    O problema, segundo os produtores de azucre e os que a usan na industria, por exemplo para facer os doces de Nadal, é que a Unión Europea ha tido unha política (coñecida por todos) de quitar subvencións á agricultura europea para non prexudicar o desenvolvemento de sistemas agrarios en países en vía de desenvolvemento.

    Total, que agora nin os países en vías de desenvolvemento poden abastecer a demanda europea nin en Europa hai suficiente azucre de colleita propia. E solucións, parece que polo momento ninguén dá. Así que non vos estrañe que en momentos puntuais o azucre suba de prezo.

  24. Cristina González di:

    Estudos recentes mostran que as calorías non son iguais, algúns son moito máis fáciles de queimar que outros, dependendo de onde veñan.

    As calorías boas son:
    _Carbohidratos de baixo IG, legumes, froitas, pasas, pan, legumes, porque son asimilación lenta non alterou os niveis de azucre no sangue e calorías que contan son formados directamente nas fontes de enerxía para o noso corpo.

    _Proteínas: son atopados en peixes, carnes, ovos, produtos lácteos, verduras, dixestión moito máis difícil porque o corpo necesita máis enerxía para realizala-lo evitando atender calor como graxa.

    _Graxas boas:O aceite de oliva, noces de xirasol, peixe azul, dan saciedade, pero deben ser consumidos de forma limitada.

    As Calorías dañinas son: doces, comidas rápidas, grans refinados, que liberan enormes cantidades de insulina para o corpo. Estas calorías non son utilizados na súa totalidade como combutible, pero algúns deles son almacenadas como graxa. Tamen son dañinas as graxas saturadas: presentados en combinación co anterior e crear un cóctel para a liña de maligna ou de saúde, estas graxas son responsables de niveis altos de colesterol e de enfermidades cardiovasculares máis.

  25. Mateo Fdez di:

    Un dos grandes conglomerados azucareros existentes é o da familia Vicini, descendentes dun emigrante italiano nado en 1847 que rematou en República Dominicana á idade dos 12 anos traballando no negocio de exportación de azúcar dun coñecido do seu pobo. El remataría por volverse o verdadeiro dono do negocio, e seus fillos ó herdarían á súa morte, en 1900. Estes modernizaron as instalacións e invertiron grandes sumas tanto en inmobles inmobiliarios coma nas propias fábricas. A familia tivo que vivir exiliada do país durante os anos de goberno do dictador Trujillo, que coincidiron co mando do empresa por parte dos netos do dono primixenio, a quen intentaron derrocar por tódolos medios. Finalmente, o dictador morreu (1961) e entre os grandes beneficiados estarían os Vicini, que colaboraron activamente na democratización e a instauración da nova banca privada.
    A día de hoxe, controlan 3 dos 16 inxenios azucareros da República Dominicana, por 12 de Goberno, e son a única azucareira propiamente dominicana presente no sector. O derradeiro e máis grande dos inxenios pertence a unha multinacional extranxeira.
    A día de hoxe, o 8% da superficie cultivable da República Dominicana está ocupada por azúcar, e a industria representa un 41% das inversións industriais do país, ademais de ser responsable da metade das exportacións. A industria tamén da traballo a cerca de 80000 persoas.

Deixa unha resposta